Les Leston
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1920 Bulwell, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de maio de 2012 (91 anos) Bexhill-on-Sea, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1956–1957), empresario, enxeñeiro, piloto de automobilismo | ||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||||||||
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Alfred Lazarus Fingleston nado en Bulwell (Nottinghamshire) o 6 de decembro de 1920 e finado en Bexhill o 13 de maio de 2012, foi un piloto de carreiras británico, máis coñecido como Les Leston.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa xuventude, Leston foi un exitoso batería na banda de jazz The Clay Pigeons. Tamén serviu na segunda guerra mundial como artilleiro. Pouco despois de que terminase a guerra montou xunto ao seu pai Monty un exitoso negocio de accesorios aeronáuticos, Aero Spares, unha compañía involucrada nunha variedade de aparellos técnicos fabricados para avións de guerra.
Comezou a competir nun Jaguar SS100 antes de adquirir un Cooper e o seu propio Leston Special. Gañou o Gran Premio de Luxemburgo en 1952, converteuse en piloto oficial de Cooper en 1954 e gañou o campionato británico de Fórmula Tres o mesmo ano. Participou en tres Grandes Premios do Mundial de Fórmula 1, debutando o 2 de setembro de 1956, pero non logrou puntos de campionato. Participou en Le Mans de 1962 no equipo de Colin Chapman con Tony Shelly como copiloto nun Lotus 23, pero o organizador da carreira, ACO, negoulles a participación, por razón da normativa, na famosa desfeita de Lotus en Le Mans.
Logo de escapar dun accidente grave en Caen en 1958, concentrouse no seu negocio de accesorios para automóbiles en expansión. Les Leston Accessories comercializaba pezas de reposto para automóbiles, como volantes e pancas de engrenaxes. Máis tarde, expandiuse á comercialización de roupa e foi un pioneiro no desenvolvemento de equipos de seguridade como fundas ignífugas e cascos protectores.[1] Aínda que seguía involucrado nas pistas, a comezos dos anos 1960 pilotou o seu Lotus Elite vermello, o famoso DAD10.
A finais da década de 1960 converteuse en xornalista de Fórmula Un para a BBC, ata que foi substituído por Barrie Gill. Na década de 1990, Leston viviu en Hong Kong, onde casou dúas veces e ampliou o seu negocio de merchandising desde China. O seu estilo de vida consistía en posuír un gran cruceiro que sacaba ao mar os fins de semana e un programa de radio de jazz. Frecuentou a barra do Club de Correspondentes Exteriores e, no seu tempo de lecer, montaba unha moto BMW 1.200 cc.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1956 | Connaught Engineering | Connaught Type B | Alta 4 en liña | ARX | MON | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA Ret |
NC | 0 |
1957 | Cooper Car Company | Cooper T43 | Climax 4 en liña | ARX | MON NSC |
500 | FRA | NC | 0 | ||||
Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM 4 en liña | GBR Ret |
GER | PES | ITA |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Obituaries: Les Leston". The Daily Telegraph. 6 de xullo de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Les Leston |