Szeged

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Szeged e o río Tisza

Szeged é a terceira cidade de Hungría, capital rexional do sueste do país e capital do condado de Csongrád. Ten 170.285 habitantes (2011), o 93.5% etnicamente húngaros, 0.7% xitanos e 0.6% alemáns. Situada preto da fronteira sur de Hungría, a cidade está na ribeira do río Tisza.