Gainesville, Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGainesville, Florida
Gainesville (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 29°39′55″N 82°20′10″O / 29.6653, -82.3361Coordenadas: 29°39′55″N 82°20′10″O / 29.6653, -82.3361
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Alachua (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación141.085 (2020) Editar o valor em Wikidata (858,03 hab./km²)
Número de fogares51.180 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGainesville metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:339.247) Editar o valor em Wikidata
Superficie164,428812 km² Editar o valor em Wikidata
Auga1,743 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude54 m Editar o valor em Wikidata
Creación1853 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoHarvey Ward (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico352 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgainesvillefl.gov Editar o valor em Wikidata
Twitter: GainesvilleGov Editar o valor em Wikidata

Gainesville é a sede de condado e cidade máis grande do Condado de Alachua (Florida), e ademais a cidade principal da área metropolitana de Gainesville. A súa poboación no censo estimado dos Estados Unidos de 2013 era de 127.488 persoas[1][2], cun crecemento de poboación dun 2,4% desde 2010. É a cidade máis grande da rexión de North Central Florida. Ademais, tamén é parte da área estatística de Gainesville-Lake City, que tiña unha poboación en 2013 de 337.925 habitantes.

Gainesville é sede da Universidade de Florida (o oitavo campus universitario máis grande dos Estados Unidos segundo o número de estudantes), así como do Santa Fe College. A área metropolitana de Gainesville foi elixida como o mellor lugar para vivir en Norte América na edición de 2007 de Cities Ranked and Rated[3]. Tamén en 2007, Gainesville was elixido como un dos "mellores lugares para vivir e xogar" dos Estados Unidos, segundo a National Geographic Adventure[4]. Porén, Gainesville tamén foi elixida por dúas veces como "a quinta peor cidade" dos Estados Unidos pola National Coalition for the Homeless: a primeira, en 2004 pola súa criminalización dos sen teito[5]; e, a segunda, en 2009 polas súas ordenanzas municipais sobre os comedores públicos que limitaron o número de comidas diarias ofrecidas a 130[6][nota 1].

A cidade foi fundada en 1854 e foi incorporada aos Estados Unidos o 14 de abril de 1869.

Gainesville tamén é coñecida popularmente polos nomes de Gatorville, G-Ville, Gainesvegas, Hogtown e GNV.

O lema da cidade é "Every path starts with passion" (todo camiño da comezo con paixón).

Historia[editar | editar a fonte]

Poboamentos prehispánicos[editar | editar a fonte]

Placa de lugar histórico no campus da Universidade de Florida

Hai preto de doce mil anos os pobos paleoamericanos viviron en Florida[7], pero deles apenas foron descubertos menos dun cento de xacementos[8]. Aínda que non se sabe con certeza se existiron asentamentos permanentes daquel período dentro dos límites da actual Gainesville, a evidencia arqueolóxica constata a presenza humana[9]. Coa fin da glaciación e a retirada do xeo ao norte, o nivel do mar elevouse inundando amplas zonas da costa de Florida e reducindo a súa masa de terra mentres o sueste dos Estados Unidos volveuse máis húmido que ata o momento. Por iso, os pobos paleoamericanos precisaron moverse menos entre as áreas inundadas e apareceron máis campamentos habitados durante períodos máis longos. Un dos lugares onde foi atopado un campamento do final deste período foi nos arredores de Paynes Prairie, moi preto de Gainesville[10][11].

Co tempo, foi xurdindo unha organización social máis complexa e iniciáronse actividades agrícolas dentro do que os arqueólogos clasifican como a cultura de Deptford (2500 − 100 A.C.). Precisamente foi escavado un asentamento desta cultura baixo uns restos da posterior cultura Alachua, no chamado "Túmulo da Facultade de Dereito" ("Law School Burial Mound") nos terreos da Universidade de Florida[12]. Ao redor do século I, individuos da cultura Deptford comezaron a moverse nos arredores do actual Gainesville para tomar posicións nas zonas húmidas das inmediacións de Paynes Prairie e do norte do lago Orange, converténdose entón na chamada cultura de Cades Pond[13].

Tipis da aldea de Timucua en Florida (circa 1562)

No século VII o pobo da cultura Deptford foi desprazada pola migración da chamada cultura Ocmulgi procedente dos vales ribeiráns do sur de Xeorxia, que pasou a denominarse cultura Alachua posto que a meirande parte das súas vilas hoxe se atopan no actual Condado de Alachua[14]. O túmulo do campus da Universidade de Florida foi construído sobre o ano 1000 da nosa era polos habitantes da cultura Alachua que probablemente viviron ao longo da ribeira do lago Alice[12].

As vilas da cultura Alachua xurdiron formando conglomerados conectados entre si por unha serie de sendeiros nos bosques, moitos deles aínda en uso como estradas pavimentadas[15]. Entre estes conglomerados de asentamentos hai algún dentro do actual perímetro da cidade de Gainesville, próximo a Devil's Millhopper e do lago Moon (a súa beira oriental está a 640 metros dos límites da cidade[geo nota 1]), así como ao noroeste e na parte central norte de Paynes Prairie e ao oeste do lago Newnans[16].

No período descrito, a rexión foi o fogar dos Potano, un cacicado Timucua descendente da cultura Alachua (a cidade de Potano existiu no que hoxe é o San Felasco Hammock, ao noroeste de Gainesville) [17] .

Colonización europea[editar | editar a fonte]

Hernando de Soto e o seu exército pasaron por Gainesville en agosto de 1539 ao comezo dos seus catro anos de exploración do que hoxe é o sueste dos Estados Unidos. A terceira vila que visitaron foi Utinamocharra, despois de estar no denso conglomerado situado ao leste do lago Moon,[18] no límite noroeste do actual Gainesville.

Os pobos amerindios, debido á súa escasa resistencia ás enfermidades introducidas tras a chegada dos europeos ao novo continente, viron reducido significativamente o seu número, e, por riba, aínda máis pola represión española ás revoltas dos nativos americanos.

Os restos dos timucua foron convertidos ao catolicismo e organizados en misións supervisadas polos sacerdotes franciscanos[19]. A Misión de San Francisco de Potano, a primeira doutrina (unha misión cun sacerdote residente) en Florida ao oeste do río Saint Johns, foi fundada en 1606 ao sur do actual Parque Estatal e Reserva de San Felasco Hammock[20]. Xa fora nos terreos da actual cidade de Gainesville ou xunto dela, houbo nela dúas misións (cada unha chamada de acordo a advocación do día no que se dixo a primeira misa[21]), Santa Ana e San Miguel, que estiveron a un día de camiño ao sur da misión de San Francisco[21], probablemente no conglomerado este do lago Moon, onde foron atopados restos españois e indios do período das misións[22]. As primeiras misións aparentemente se estableceron xunto a aldeas de nativos visitadas por De Soto nas súas expedicións. Crese que Santa Ana estivo situada onde se encontraba Utinamocharra, e mesmo en 1606 ao freire que serviu como sacerdote nela contáronlle das crueldades que os homes de De Soto cometeron sobre o seu xefe cando era un cativo[23]. Durante o perído colonial, o xefe da cidade dos Potano foi trasladado forzosamente desde a beira oeste do lago Orange ás inmediacións de Devil's Millhopper, que hoxe está no termo municipal de Gainesville[18].

Non obstante, na primeira década do século XVIII, os soldados coloniais da Provincia de Carolina e os seus aliados os indios Yamasi[24] mataran ou capturaran a case todo o resto dos nativos (de dez a doce mil nativos floridanos foron escravizados, segundo o gobernador da Florida española) e os poucos timucua que quedaron fuxiron para terminar vivindo nas proximidades de Saint Augustine[25].

Os colonos españois comezaron coa cría de gando na área de Paynes Prairie empregando man de obra timucua[26], e a maior facenda foi chamada La Chua (que combina o artigo castelán la co termo timucuano chua, que significa "dolina"[27]). Aínda que La Chua foi destruído polos soldados da Carolina antes mencionados, a facenda deu o seu nome á área Alachua no que a tribo Seminola estableceuse no século XVIII baixo o liderado do gran xefe Ahaya Gardavacas[28] (inglés: Cowkeeper).

Entre 1763 e 1784 o que agora é Gainesville caeu na xurisdición da colonia británica de Florida Oriental[29].

Primeiros asentamentos dos norteamericanos[editar | editar a fonte]

Localización de Gainesville no Condado de Alachua e no estado de Florida

Gainesville foi fundada para crear a sede do Condado de Alachua ao longo da liña de ferrocarril proposta pola Florida Railroad Company, na ruta de Cedar Key a Fernandina Beach. Como dita compañía propuxo que o ferrocarril evitara pasar pola que era a sede do condado nese momento (Newnansville), os habitantes do condado decidiron en 1853 trasladala a unha nova poboación que se chamaría Gainesville. En 1854 foi elixido un lugar en Black Oak Ridge, por onde o ferrocarril tiña previsto pasar. En xeral se acepta que o novo asentamento debe o seu nome ao Xeneral Edmund Pendleton Gaines[30], comandante das tropas en Florida do Exército dos Estados Unidos ao principio da Segunda Guerra Seminola. O ferrocarril de Fernandina a Gainesville rematouse en 1859, pasando a seis quinteiros ao sur do pazo de xustiza[31][32].

Adoitase dicir que o nome orixinal de Gainesville foi Hogtown; porén, Hogtown foi realmente un asentamento de principios do século XIX situado no actual Westside Park (na esquina nordeste da intersección da NW 8th Avenue e a 34th Street), onde se atopa unha placa histórica[33][34][35] que sinala a localización de Hogtown nese lugar. Hogtown é a vila epónima do inmediato Hogtown Creek, regato que flúe 9,2 kms a través de Gainesville[36]. Hogtown seguiu existindo despois da fundación de Gainesville, tal como o demostra un mapa que recolle ámbalas dúas poboacións[37], que foi publicado en 1864 en base a enquisas realizadas en 1855. Dous residentes de Hogtown xogaron un papel relevante no desenvolvemento de Gainesville. Un deles foi William Lewis, propietario dunha plantación en Hogtown, quen deu vinte votos que lle foran prometidos para crear unha nova cidade no prevista ruta do ferrocarril que ía chamarse Lewisville. O outro foi Tillman Ingram, quen tamén posuía unha plantación ademais dun serradoiro en Hogtown e axudou a inclinar o voto para mover a sede do condado á nova cidade ofrecendo a construción dun novo pazo de xustiza a baixo prezo. Os veciños de Newnansville, descontentos coa perda da cabeceira do condado, chamaron ao lugar elixido para construír a nova cidade "Hog Wallow" (algo así como envorcallarse o cocho), debido á súa situación entre Hogtown (traducible como vila do cocho) e Paynes Prairie (pradeira de Paynes). O antigo asentamento de Hogtown foi anexado á cidade de Gainesville en 1961[38][39][40].

Os novos terreos da cidade, cunha extensión de 103,25 acres (41,78 ha), foron mercados por 642,51 dólares. A Comisión do Condado ordenou a venda pública de lotes da cidade en 1854, pero non se rexistrou ningunha merca ata 1856. O Pazo de Xustiza de Gainesville construíuse en 1856, sendo trasladada oficialmente a sede do condado desde Newnansville nese momento. O cárcere construíuse en 1857 e, no mesmo ano, escavouse un pozo e instalouse unha bomba para uso público. O valor das propiedades aumentaron rapidamente. Un quinteiro da cidade no bordo dela mercouse en 1857 por 14,57 dólares e apenas un ano despois vendeuse por 100 dólares. O ferrocarril de Fernandina chegou a Gainesville en 1859 e prolongouse a Cedar Key ao seguinte ano. Nese momento había oito ou nove tendas e tres hoteis ao redor da praza do pazo de xustiza[41].

A Secesión e Guerra Civil[editar | editar a fonte]

Estatua ao confederado no centro de Gainesville

Na década de 1850 o sentimento secesionista callou fondamente en Gainesville. A metade dos brancos residentes en Gainesville naceran en Carolina do Sur (onde os sentimentos secesionistas eran moi fortes) ou o fixeran os seus pais. Á parte duns poucos residentes nacidos no estranxeiro, o resto dos brancos da cidade naceran en Florida ou outros estados do Sur. Outro factor era o medo aos negros. Os negros, case todos escravos, constituían a maioría da poboación do Condado de Alachua (aínda que había poucos no mesmo Gainesville). A incursión do abolicionista John Brown en Harpers Ferry in 1859 atemorizou aos brancos de Gainesville, levándoos a organizarse nunha compañía de milicianos chamada Gainesville Minutemen (pola súa suposta capacidade de estar listos para o combate nun minuto)[42].

Os minutemen de Gainesville foron incorporados ao Primeiro Rexemento de Florida pouco despois de que Florida se separara dos Estados Unidos. Outras moitas compañías foron recrutadas en Gainesville e no Condado de Alachua durante a Guerra Civil. Durante a guerra, Gainesville serviu como depósito da comida requisada na área circundante polo Goberno Confederado. Un pequeno posto no lado leste de Gainesville chamado Fort Lee foi un punto de captación de homes para o ingreso no Exército dos Estados Confederados[43].

En dúas ocasións Gainesville sufriu pequenos enfrontamentos. O 15 de febreiro de 1864 unha pequena partida da Unión ocupou Gainesville. Elementos do Segundo de Cabalería de Florida tentaron unir as forzas unionistas da cidade, pero foron derrotados nun enfrontamento nas rúas. A partida pertencía a un plan maior de invasión de Florida por parte da Unión, que foi derrotada cinco días despois na Batalla de Olustee. As tropas da Unión non saquearon nin destruíron ningunha propiedade nesta incursión, pero distribuíron a comida almacenada entre os residentes, que sufrían de escasezas[44]. Seis meses máis tarde, na mañanciña do 17 de agosto, 265 unidades da Unión e 15 "floridanos leais" alcanzaron Gainesville. As tropas detivéronse ao leste da cidade para preparar o almorzo e dar acomodo aos cabalos. A pequena garda local, composta por trinta ou corenta vellos e rapaces, atacaron o campamento unionista, sendo expulsados con facilidade. Porén, as tropas da Unión romperon filas e saquearon a cidade. Pero, mentres estaban dispersos pola cidade, viuse aproximar un gran número de tropas confederadas. Durante unha hora e media os unionistas resistiron o avance confederado, pero ao final foron expulsados de Gainesville tras sufrir moitas baixas[45].

Despois da Guerra Civil[editar | editar a fonte]

Durante moitos meses, unha vez rematada a Guerra Civil, situouse en Gainesville o Terceiro das Tropas de Cor dos Estados Unidos (United States Colored Troops), que animaron aos libertos de cor a asentarse alí. Ao mesmo tempo os traballadores negros do campo foron recrutados polos estados de Xeorxia e Carolina do Sur para axudar á recolección da que se esperaba unha grande colleita de algodón. Pero, as fortes chuvias arruinaron o algodón e os traballadores segundo chegaran tiveron que regresar sen traballo. Aínda que os residentes brancos de Gainesille chegaron aos 223 en 1860, pronto os residentes negros superaron en número a aqueles. A vagancia e os roubos pasaron a ser considerados os maiores problemas da cidade e, como resultado, moitos negros foron arrestados polas tropas federais[46][47].

Os residentes brancos volveron a formar parte da vida política floridana tras rematar a Guerra Civil e a cidade foi recoñecida como cidade en 1866, aínda que o goberno local era débil e nin sequera era capaz de manter reunións regulares. Co control militar asegurado sobre Florida en 1867 como parte da chamada Reconstrución, o reconstituído poder lexislativo do estado fixo un chamamento a tódalas cidades para que se reincorporaran, e Gainesville fíxoo en 1869[48]. Durante a Reconstrución un bo número de negros de Gainesville foron elixidos para ocupar postos estatais e locais. Porén, na década de 1890 os negros foron en gran medida marxinados[49].

Alachua Avenue (agora University Avenue), no centro de Gainesville (circa de 1882)

Despois da Guerra Civil, a cidade prosperou como un importante centro de recepción e despacho de algodón. Florida produciu máis algodón de Sea Island na década de 1880 que calquera outro estado, e Gainesville foi o principal lugar de distribución do algodón de Florida. Outros dous ferrocarrís chegaron á cidade nesa mesma década e os cítricos e as hortalizas convertéronse en cultivos locais importantes[50]. Non obstante, a industria dos cítricos terminou cando a grandes xeadas de 1894-95 e 1899 destruíron os cultivos, abandonándose na zona a produción de cítricos. A minería de fosfatos e a industria da madeira convertéronse en parte importante da economía local. Unha área manufactureira creceu ao sur do centro, preto do ferrocarril[51][52].

A primeira escola para negros de Gainesville, a Union Academy (Academia da Unión), fundouse en 1866 polo Bureau of Refugees, Freedmen, and Abandoned Lands (Oficina de Refuxiados, Libertos e Terras Abandonadas) para educar aos escravos liberados. Os brancos de Gainesville opuxéronse á educación dos negros e tentaron amedrentar aos seus mestres, incluíndose incidentes nos que os propios rapaces lanzaban "mísiles" dentro das clases. En 1898 a escola tiña 500 alumnos e continuou funcionando até 1929[53][54]. Os estudantes brancos só tiñan á súa disposición escolas privadas antes de 1869, incluíndo o Seminario de Florida do leste (East Florida Seminary), que foi trasladada desde Ocala en 1866 e fusionouse coa Academia de Gainesville (Gainesville Academy; fundada en 1856). Aínda despois de establecerse un sistema de escolas públicas no Condado de Alachua, a maior parte dos nenos brancos que ían á escola o facían só en centros privados. A Union Academy tiña clases unha gran parte do ano e os seus profesores estaban mellor pagados que os das escolas públicas. A educación pública mantívose sen apenas fondos durante a década de 1880, tento que celebrarse as clases mesmo en edificios abandonados ou en habitacións alugadas. O curso escolar nas escolas públicas chegou a ser de só tres meses nalgúns anos. O primeiro edificio construído como escola pública inaugurouse en 1885. O Instituto e Escola de Graos de Gainesville (Gainesville Graded and High School), con doce clases e un auditorio, abriu en 1900, e a maioría das escolas privadas pecharon pouco despois. A xunta escolar do condado tamén proporcionou algúns fondos para o mantemento da Union Academy[48][55].

Non houbo igrexas nos primeiros anos da existencia de Gainesville. Os presbiterianos construíron unha en 1859, que foi compartida por predicadores itinerantes das súas diversas denominacións até 1874. A misión metodista de Gainesville desapareceu da localidade durante a Guerra Civil e o templo que construíron foi usado por unha congregación negra despois da guerra. Numerosas denominacións de igrexas protestantes brancas organizaron congregacións e construíron igrexas na década de 1870. Os católicos, que durante 25 anos celebraron os seus servizos en casas particulares, construíron unha igrexa en 1887[56][57][58]. Por fin, familias xudías comezaron a chegar a Gainesville a finais da década de 1860. Aínda que houbo un cemiterio xudeu desde 1872, non houbo sinagoga en Gainesville ata 1924[59].

Gainesville foi unha cidade violenta despois da Guerra Civil e a principios do século XX. Brancos e negros portaban habitualmente armas de fogo e a miúdo escoitábanse disparos á noite. Os asasinatos e os feridos graves eran frecuentes. Parte da violencia era racial. Os Young Mens Democratic Clubs (Clubs Democráticos de Homes Novos, que era un nome encuberto empregado con frecuencia polo Ku Klux Klan), formados a finais da década de 1860 para loitar contra a dominación política dos republicanos do norte do país e os negros, queimaron as casas de moitos republicanos e asasinaron a dezanove persoas, incluídas cinco negras. En 1871 un home negro foi sacado do cárcere e linchado e en 1891 pasoulles o mesmo a un negro e un branco membros dunha temida banda. A finais deste último ano, un negro foi acusado de dar acubillo a Harmon Murray, outro membro desa banda, quen do mesmo xeito foi excarcerado e linchado. A cidade tiña un só axente de policía ata ben entrado o século XX, o que resultaba insuficiente para facer fronte á violencia. Unha cuadrilla cidadá foi autorizada a patrullar polo consello da cidade, pero fixo pouco para deter a violencia. Os castigos para estes delitos incluíron execucións públicas, a picota, a flaxelación e multas[59][60][61][62].

Epworth Hall, construído en 1884, foi usado polo Seminario de Florida do leste ata a súa fusión coa Universidade de Florida

Un departamento de bombeiros voluntarios organizouse en 1882, pero foi incapaz de deter os graves incendios que en 1884 queimaron a maioría dos edificios de madeira do centro de Gainesville. Os edificios queimados foron substituídos por estruturas de ladrillo. De feito, un pazo de xustiza deste material substituíu o vello de madeira en 1885. Os servizos públicos foron progresivamente instalados na cidade a finais do século XIX. Así, o gas en 1887, a auga corrente en 1891, e os teléfonos e a electricidade a finais da década de 1890. En 1900 Gainesville era a sétima maior cidade de Florida con máis de 3.600 residentes[63].

O Partido Republicano mantívose forte en Gainesville aínda despois da fin do período da Reconstrución en 1876, debido ao gran número de negros e de brancos dos estados do norte que se estableceron alí despois da Guerra Civil. Algúns sureños tamén uníronse ao Partido Republicano. O Condado de Alachua foi un dos poucos de Florida no que dito partido gañou nas Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 1880. Na década de 1880, republicanos e demócratas chegaron a un acordo. Nas eleccións de 1883 case todos os distritos da cidade foron gañados por amplas maiorías, tanto republicanas como demócratas, tanto brancas como negras, sendo elixidos os representantes sen apenas disputas. Non obstante, dentro do Partido Republicano houbo moita tensión entre os brancos norteños e os negros. Sobre 1885, a chegada de brancos dos estados do norte e a marcha de negros, propiciou unha maioría branca. A imposición polo Parlamento de Florida en 1889 dun imposto de capitación para exercer o voto e, por outra banda, dunha proba de alfabetización (literacy test) de facto consistente en que houbera urnas separadas nos colexios electorais, o que obrigaba aos votantes a ser capaces de ler as etiquetas de cada urna para votar correctamente, discriminaron á maioría dos negros dunha maneira moi efectiva. De feito, algúns negros equivocaron o voto ao Partido Demócrata, debilitando aínda máis aos republicanos de xeito que o Partido Republicano deixou de ser determinante na política de Gainesville na década de 1890[64][65].

O século XX[editar | editar a fonte]

Gainesville, circa de 1900

Foron grandes os cambios que se produciron en Gainesville desde principios do século XX. Os cidadáns caeron na conta de que a cidade non tiña suficientes recursos nin atribucións para proporcionar a unha cidade en crecemento. Por isto pediuse á Asemblea Estatal que lle outorgara un novo estatuto a Gainesville, e así sucedeu en 1905, así como ampliaron o seu perímetro. A cidade creou a súa primeira emisión de bonos no mesmo ano. O diñeiro destes bonos foi empregado para construír a primeira rede de sumidoiros e para pavimentar as principais rúas, inicialmente con pedra triturada e despois de 1910 con ladrillos. Cando as compañías privadas se mostraron incapaces de proporcionar un adecuado servizo eléctrico a Gainesville, foi a propia cidade quen construíu unha planta xeradora que entrou en funcionamento en 1914[66].

No ano 1905 tivo un impacto importante no futuro de Gainesville outro avance. Naquel tempo Florida financiaba oito escolas de ensino superior (chamado de "terceiro nivel" ou "de educación post-secundaria"). Preocupados polo aumento das solicitudes de financiamento e a duplicación da oferta de cursos, a cámara lexislativa estatal aprobou a Lei de Buckman, fusionando as oito institucións en catro escolas segregadas, incluíndo para os brancos a Universidade do Estado de Florida (rebautizada Universidade de Florida en 1909)[67]. Gainesville competiu por ter a universidade con Lake City. Para conseguilo, Gainesville ofreceu á institución educativa o acceso gratuíto á auga do sistema da cidade, así como 500 acres (200 ha) ao oeste da cidade, a merca polo Estado do Seminario de Florida do leste por 30 mil dólares e a entrega doutros 40 mil dólares ao contado. O feito de que o Condado de Alachua fora un dry county (condado seco, literalmente), no que estaba prohibida a venda de alcohol, salvo a cervexa de baixo contido alcohólico, foi un punto a favor de Gainesville. Finalmente, o estado elixiu a Gainesville, o que causou a maior celebración da historia da cidade[68].

A universidade abriu as súas portas con 136 estudantes no outono de 1906. A primeira década da súa existencia desenvolveuse nunha contorna rural, estando conectada co centro de Gainesville por un só camiño de pedra triturada. O centro tiña que pechar as súas portas pola noite para deixar soltas ás vacas[69]. Os edificios da universidades foron en principio construídos con fondos estatais, pero en 1919 a cidade investiu mil dólares para construír un ximnasio que permitira traer á cidade aos New York Giants para realizar os seus adestramentos de primavera. A medida que a universidade crecía ían estendéndose novos establecementos comerciais cara ao oeste ao longo da University Avenue e novas canalizacións desenvolvéronse preto do campus[70][71].

Manancial de abastecemento de auga de Boulware Springs

A cidade tivo problemas polo seu crecemento nas primeiras décadas do século. A única subministración de auga da cidade foi durante moitos anos o manancial de abastecemento de Boulware Springs, pero se pasaron os límites da súa capacidade de subministración, e a cidade non foi quen de conectar novas canalizacións aos servizos públicos. Precisouse unha nova emisión de bonos para perforar un pozo e construír unha torre de auga. A estación de bombeiros contruíuse en 1903 e o corpo de bombeiros modernizouse substituíndo os seus derradeiros cabalos por equipos motorizados en 1913. Agora ben, o corpo permaneceu como unha organización de voluntarios ata a década de 1920[72].

A economía de Gainesville sustentábase no sector primario agrario. Era o maior centro de despacho de algodón ata que a industria foi devastada pola praga de gurgullo do algodón de 1916-18, despois do que o cultivo deste arbusto foi abandonado na área. O cultivo de produtos hortofrutícolas pasou a ter importancia na parte central norte de Florida, que expedía unha gran cantidade de verduras e melóns de Gainesville aos mercados do norte dos Estados Unidos. A minería dos fosfatos continuou sendo importante, a pesar de dar comezo o seu declive, e industrias como as que procesaban a resina do piñeiro (empregada para a industria naval) e as que facían fertilizantes prosperaron en Gainesville. A PGM afectou gravemente á economía local. Os mercados europeos, particularmente o alemán, quedaron pechados durante este período, e a minería de fosfatos e a industria da resina do piñeiro entraron en recesión, e todo agravouse polas perdas no procesado e despacho de algodón[73].

Auxe e caída[editar | editar a fonte]

Edificio Seagle (tamén coñecido como Hotel Kelley ou o Dixie Hotel)

Gainesville desfrutou do boom económico que seguiu ao fin da PGM. En 1925 Gainesville viuse no medio da burbulla inmobiliaria que deu comezo en Miami Beach a principios dese ano. Novas urbanizacións foron planeadas e postas á poxa, os títulos de propiedade foron vendidos e revendidos a prezos crecentes, e case un cento de axentes inmobiliarios rexistráronse no primeiro día no que se pediron licenzas. Xurdiron planes para construír un moderno hotel de primeira clase na cidade. Despois dun primeiro intento errado de encontrar financiamiento, un promotor do sur de Florida que se involucrara no mercado inmobiliario de Gainesville, W. McKey Kelly, presentou un proxecto de hotel de dez plantas e 120 habitacións. A construción do Hotel Kelly, tamén coñecido como o Dixie Hotel, deu comezo en 1926, pero Kelly quedou sen cartos antes de rematalo e a explosión da burbulla inmobiliaria deu ao traste co proxecto. O hotel inacabado quedou baleiro durante máis dunha década, ata que unha subvención federal e unha doazón privada permitiron completar o coñecido como Edificio Seagle[74].

A mediados da década dos 20, construíuse en Glen Springs a primeira piscina de formigón de Gainesville. Foi un lugar de esparexemento moi popular durante máis de corenta anos[75].

Na mesma década dos anos 20 producíronse cambios no goberno da cidade. Así, cambiou os seus estatutos para engadirlle a figura dun xerente municipal (city manager). As forzas da policía reforzáronse, pasando de tres a nove efectivos e engadindo un sarxento de garda dispoñible para contestar ao teléfono as vinte e catro horas do día. O hospital do condado de Gainesville abriu as súas portas en 1928. Foron pavimentadas máis rúas empregando asfalto en lugar de ladrillo. O incremento da demanda de electricidade levou á comisión municipal a considerar contratar coa compañía Florida Power and Light mellor que emitir novos bonos para aumentar a capacidade xenerativa da cidade, pero algúns votantes presentaron unha emenda aos estatutos municipais para prohibir tal acordo. Coa explosión demográfica, as escolas víronse desbordadas. O Instituto de Gainesville (Gainesville High School) foi inaugurado en 1926 e ampliado dous anos despois. O antigo Instituto e Escola de Graos de Gainesville (Gainesville Graded and High School) pasou a ser unha escola primaria. A Lincoln School, aberta en 1923, ofrecía doce graos para os negros e foi o primeiro instituto público na cidade para negros[76].

O KKK gañou presenza en Gainesville a principios da década de 1920. Como en outras partes, tiña unha liña de actuación contra negros, xudeus e católicos, así como velaba polo mantemento da moralidade. Nun dos primeiros incidentes, secuestraron a un traballador a altas horas da noite e mallaron nel por desatender á súa esposa e fillos. Un axente de policía tentou intervir, pero botouse atrás cando aqueles sacaron as súas armas. Os funcionarios da cidade acabaron por desculpar o incidente. O exalcalde William Reuben Thomas condenou o caso e pediu ao alcalde e o xefe de policía, que ao parecer eran membros do Klan, a renunciar aos seus postos, sen obter ningún resultado. O Klan tamén opúxose a un sacerdote católico que organizou un club de teatro na Universidade e en 1923 os sacerdotes católicos foron prohibidos oficialmente de todas as universidades estatais. Ao ano seguinte, tres homes en traxe de gala do Klan secuestraron ao sacerdote da súa reitoría, bateron con forza sobre el e castrárono. O sacerdote e outra testemuña identificaron a dous dos raptores como o alcalde e máis o xefe da policía de Gainesville, pero non houbo publicidade nin investigación do sucedido. Na década de 1930 o Klan atribuíuse a queima das casas de prostitución de North Main Street, baixo o pretexto de protexer a moral dos estudantes da Universidade[77][78].

O colapso que seguiu á burbulla inmobiliaria en 192526 non foi tan grave en Gainesville como no sur de Florida, pero arrefriou á economía local. Como resultado, o Crac do 1929 non sentiuse tan fortemente como noutros lugares do país. A cidade de Gainesville mantívose solvente ao longo de todo o período da Gran Depresión, e o desemprego foi menor que na maioría do país. A agricultura seguiu a ser un dos piares da economía local. En 1922 árbores de tung plantáronse no Condado de Alachua, e Gainesville converteuse no centro de produción de aceite de tung nos Estados Unidos. Ata entón, o aceite de tung só se cultivaba na China. Tanto o aceite como as sementes da árbore de tung foron enviados a todo o mundo desde Gainesville. A Universidade de Florida, con cerca de mil empregados e dous mil estudantes, axudou a estabilizar a economía local durante a Depresión. Entre mediados e finais da década dos 30 varios programas da New Deal trouxeron diñeiro e emprego a Gainesville. Os servizos públicos ampliáronse, as rúas pavimentáronse e as beirarrúas instaláronse. O Edificio Seagle rematouse e foi ocupado pola Universidade de Florida. Por fin, foi construído o primeiro aeroporto de Gainesville[79].

Desde a SGM ata a actualidade[editar | editar a fonte]

A SGM trouxo un crecemento económico e demográfico á cidade. Incluso antes de que os Estados Unidos entraran na guerra, a apertura do campo de adestramento militar de Camp Blanding facilitou a presenza de soldados de permiso que visitábana e o alugamento de vivendas para as familias dos oficiais. O aeroporto foi mellorado e pasou a ser xestionado polo Corpo Aéreo do Exército como a Base Aérea Militar de Alachua. A agricultura prosperou e as industrias locais recibiron contratos para a produción de subministracións militares. A construción de edificios tamén aumentou. O hospital ampliouse coa axuda financeira do goberno federal. A universidade utilizouse para adestrar aos recrutas, cadetes e oficiais do Exército do Aire[80].

A fin da SGM, paradoxalmente, tamén proporcionou un maior crecemento a Gainesville. A Lei de Reintegración dos Militares de 1944 (Servicemen's Readjustment Act) permitiu aos veteranos de guerra asistir á universidade, de xeito que o alumnado na Universidade de Florida creceu espectacularmente. Máis da metade dos cerca de nove mil estudantes da universidade no curso de 1946 a 1947 eran veteranos. Moitos deles tiñan familias, tendo que darse un pulo á dispoñibilidade de vivenda na cidade. A educación universitaria pasou a ser mixta 1947, coa admisión de máis de oitocentas mulleres. A poboación de Gainesville duplicouse entre 1940 e 1950, coa construción e o emprego na universidade como potenciadores da economía local. Novamente viuse que a central eléctrica da cidade era claramente insuficiente para a crecente demanda. O goberno federal requiriu á cidade durante a segunda guerra mundial mercar electricidade ás compañías eléctricas privadas no canto de ampliar constantemente a súa propia capacidade de xeración. Despois de que os votantes novamente rexeitaran a proposta da cidade de mercar por xunto a enerxía eléctrica, a cidade embarcouse nunha importante expansión na xeración de enerxía. Os sistemas de auga e sumidoiros tamén ampliáronse considerablemente. O aeroporto foi devolto á cidade e os voos regulares de pasaxeiros comezaron en 1950. O departamento de policía pasou de ter uns dez funcionarios en 1930 a corenta en 1950. Tamén en 1950, o antigo sistema de nomes das rúas foi substituído por un sistema en cuadrantes de rúas numeradas[81].

O rápido crecemento de Gainesville trouxo tensión ás aulas das súas escolas públicas. Cando os residentes votaron contra a proposta de emitir bonos para a construción de escolas, a xunta escolar decidiu adquirir barracóns das bases militares para ser empregadas temporalmente como aulas. A chegada de novos residentes a principios da década de 1950 axudaron a aprobar a emisión dos bonos escolares. O regreso dos veteranos a Gainesville e o crecemento da Universidade tamén influíron na política da cidade. Na década dos 30 a propiedade da terra na contorna de Gainesville, co poder político que isto implicaba, tíñase concentrado en poucas mans. Os veteranos que regresaron á cidade despois da SGM atoparon moitas dificultades para entrar nos círculos políticos e financeiros. Os profesores e o persoal universitario estaban ben integrados na comunidade antes da guerra, pero o seu crecemento despois dela propiciou unha profunda desafección de boa parte do profesorado co statu quo político en Gainesville[82]. A fin de evitar tensións cos políticos locais, Joseph Hillis Miller, reitor da Universidade de 1947 a 1953, prohibiu ao profesorado e o persoal universitario participar na vida política da cidade[83].

Durante a década de 1960, Gainesville converteuse nun centro do activismo universitario, chegando a ser descrito polo profesor Marshall Jones como «o Berkeley do Sur»[84]. A cidade foi o centro do chamado caso dos Oito de Gainesville na década de 1970, no que oito activistas anti-Vietnam foron acusados de conspiración por interromper violentamente a Convención Nacional Republicana de 1972 en Miami Beach[85]. Trala súa absolución, o activismo declinou, pero tivo un rexurdimento a mediados da década de 1980 cando a Universidade de Florida pasou a ser o foco do activismo anti-apartheid[86].

A cidade gañou notoriedade en 2010 e 2011 despois de que a igrexa local de Dove World Outreach Center (Centro de Expansión Mundial da Pomba) se viu envolta nas campañas contra a xaria, nas queimas do Corán e na promoción do tráiler da película "A inocencia dos musulmanes" (Innocence of Muslims)[87].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gainesville está situada a 29°39'55" Norte e 82°20'10" Oeste (29.665245, −82.336097)[88], aproximadamente á mesma latitude que Houston, Texas. De acordo á Oficina do Censo dos Estados Unidos, a área total da cidade é de 161,6 km², dos que 158,8 km² son terra e 2,8 km² son auga (un 1,74%)[1].

O dosel arbóreo de Gainesville é denso e rico en especies, incluíndo árbores de folla perenne de folla ancha, coníferas e especies caducifolias. A cidade foi recoñecida pola National Arbor Day Foundation (Fundación do Día da Árbore Nacional) todos os anos desde 1982 como unha "Cidade da Árvore dos Estados Unidos".

Gainesville é a única cidade que ten máis de dez mil residentes dentro da Área Estatística Metropolitana Floridana de Gainesville (condados de Alachua e Gilchrist) e a área rural que a rodea, incluíndo as 8.500 hectáreas silvestres dePaynes Prairie na súa parte meridional. A cidade caracterízase polo seu tamaño medio e a súa posición central, a cerca de noventa minutos en coche tanto de Jacksonville como de Orlando, a dúas horas de Tampa e a cinco horas tanto de Atlanta como de Miami. A zona conta coa importante presenza da Universidade de Florida[89], que en 2008 era o terceiro maior campus universitario dos Estados Unidos[90] e a finais de 2011 era o sétimo maior campus do país por número de alumnos.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima de Gainesville defínese como subtropical húmido (Köppen: Cfa). Debido á súa localización no interior, padece unhas oscilacións de temperaturas bastante acusadas para ser Florida. Durante a estación do verán, do 15 de maio ao 30 de setembro, o clima da cidade é similar á do resto do estado, con frecuentes tormentas polas tardes e unha alta humidade. As temperaturas estivais adoitan ser calorosas, de 30º de media, dentro dun rango medio de temperaturas desde principios dos anos 70 de 21-23 °C polas noites ata os 33 °C durante o día[91]. O récord de máximas acadouse o 27 de xuño de 1952 con 40 °C. Porén, de novembro a marzo as temperaturas da área son algo diferentes do resto da península de Florida, con dezaseis noites de media anuais con xeadas e períodos de xeadas cada poucos anos. A temperatura máis baixa da que se ten rexistro data do 13 de febreiro de 1899, durante a Grande Xistra, no que se acadaron os -14 °C[92], aínda que na Noiteboa de 1989 houbo refachos de neve e auga-neve. Episodios de neve tamén rexistráronse en 1976, 1996 e, de novo, o 26 de decembro de 2010. A temperatura media en xaneiro é de 12 °C. En invernos medios, aparecen temperaturas por debaixo dos -1 °C[93]. En Gainesville, as temperaturas frías adoitan ir acompañadas case sempre por ceos claros e sistemas de altas presións, polo que son infrecuentes os episodios de neve.

A fauna e a flora da cidade tamén son diferentes ás das rexións costeiras do estado e inclúe moitas especies de folla caduca como o sangomiño, pradairos, nogueiras de pecán e liquidámbares, así como palmeiras, aciñeiros da area e outras árbores de folla perenne. Debido a isto, a cidade goza de breve períodos coas cores da caída das follas a finais de novembro e decembro (aínda que dificilmente comparables a áreas máis ao norte). Tamén é notable a primavera (mediados de febreiro a primeiros de abril), un período agradable no que abundan as flores de azaleas e dos árbores do amor nun ceo despexado, sendo a época de menores precipitacións e humidade do ano. A media anual de precipitacións é de 1.210 mm, sendo de xuño a setembro cando hai maior pluviosidade, mentres outono e o principio do inverno é cando menos chove[91].

Datos climáticos para Gainesville, Florida (medias 1981−2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °F (°C) 89
(32)
88
(31)
96
(36)
96
(36)
101
(38)
104
(40)
102
(39)
103
(39)
99
(37)
96
(36)
91
(33)
87
(31)
104
(40)
Media máxima en °F (°C) 66,2
(19)
69,6
(20,9)
74,6
(23,7)
80,3
(26,8)
86,9
(30,5)
90,0
(32,2)
90,9
(32,7)
90,2
(32,3)
87,4
(30,8)
81,3
(27,4)
74,4
(23,6)
67,9
(19,9)
80,0
(26,7)
Media mínima en °F (°C) 42,3
(5,7)
45,3
(7,4)
50,0
(10)
54,9
(12,7)
62,4
(16,9)
69,3
(20,7)
71,5
(21,9)
71,6
(22)
69,0
(20,6)
60,5
(15,8)
51,1
(10,6)
44,4
(6,9)
57,7
(14,3)
Temperatura mínima en °F (°C) 10
(−12)
6
(−14)
22
(−6)
32
(0)
42
(6)
50
(10)
60
(16)
60
(16)
48
(9)
32
(0)
20
(−7)
13
(−11)
6
(−14)
Precipitación media polgadas mm) 3,35
(85,1)
3,40
(86,4)
4,27
(108,5)
2,74
(69,6)
2,52
(64)
6,91
(175,5)
5,99
(152,1)
6,26
(159)
4,83
(122,7)
2,75
(69,9)
2,12
(53,8)
2,41
(61,2)
47,56
(1 208)
Media de días con precipitacións (≥ 0.01 in) 8,7 7,5 8,1 5,9 6,4 14,6 15,3 15,9 11,5 7,1 6,3 7,0 114,1
Fonte: NOAA (datos 1890−actualidade)[94]

Paisaxe urbana[editar | editar a fonte]

Pazo de Xustiza do Condado de Alachua, Centro de Xustiza Civil e da Familia
University Corners, vistas desde a entrada principal da Universidade de Florida en febreiro de 2012.
Centro de Gainesville
Hippodrome State Theatre (Teatro Estatal do Hipódromo)

Desde a década de 1990, a expansión suburbana foi unha preocupación para a maioría dos comisionados da cidade. Non obstante, o plan de "Nova Urbanización" para xentrificar a área comprendida entre o centro histórico e a Universidade de Florida pode retardar o crecemento dos suburbios e provocar unha migración cara aos apartamentos de nivel superior no interior da cidade. A zona inmediatamente ao norte da Universidade de Florida está sendo reurbanizada. Moitos planes de xentrificación dependen de polémicos incentivos fiscais[95], e aínda así moitas veces resultan infrutuosos. As chamadas University Corners, que non se houberan materializado sen o programa de incentivos fiscais da cidade por valor de 98 millóns de dólares[96], ían ser a "xoia da coroa dos esforzos reurbanizadores da cidade"[97], con 450 condominios e unidades hoteleiras, e 9.100 m² de superficie comercial para oito grandes tendas cubrindo tres quinteiros da cidade[98], sobre 1,4 hectáreas mercadas por valor de 15,5 millóns de dólares[99]. Dezanove florecentes negocios[95] foron demolidos en abril de 2007[99]; pero, en maio do 2008, os cheques depositados foron reintegrados aos cerca de 105 investidores que reservaran espazos[100]. En xullo de 2008 os promotores gastaron "120.000 dólares para embelecer o lugar, para non ter que ver este horrible valado"[99].

O lado leste de Gainesville aloxa á maioría da comunidade afroamericana da cidade, mentres que o lado oeste alberga a unha comunidade residencial e de estudantes brancos. Tamén planificáronse unhas comunidades a grande escala no extremo oeste, sobre todo en Haile Plantation, construído na localización dunha antiga plantación.

A destrución na década de 1960 do Pazo de Xustiza, símbolo vitoriano da cidade, que algúns consideraron innecesario, trouxo a idea da preservación da historia en atención á comunidade. O eslamiado novo Edificio do Condado que substituíu o gran Pazo de Xustiza pasou a ser coñecido por algúns fregueses como o edificio do "aire acondicionado". Porén, seguiu a destrución doutros edificios históricos do centro da cidade. Só restan un puñado dos edificios máis antigos, como o Hippodrome State Theatre, que é ao mesmo tempo un edificio federal, non dependente do goberno da cidade. A revitalización do núcleo da cidade recuperouse e moitos aparcadoiros e edificios infrautilizados están sendo substituídos por proxectos de recheo e residencias preto do campus que se mesturan coas existentes estruturas históricas. Hai unha proposta para construír unha réplica do antigo Pazo de Xustiza nun estacionamento a un quinteiro da localización orixinal.

Para axudar neste esforzo, son moitas as áreas e edificios engadidos ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos. Ducias de exemplos de residencias en estilos vitoriano e raína Ana do período de auxe agrícola da cidade das décadas de 1880 e 1890 pódense encontrar nos seguintes distritos:

Ademais, o Distrito Histórico do Campus da Universidade de Florida consta de once edificios, máis un adicional con catorce propiedades dentro dos límites da cidade. A maior parte dos edificios do Distrito Histórico do Campus construíronse nalgunha das variantes do gótico colexial, que volveu á fama a finais dos séculos XIX e XX.

Monumentos históricos que están no Rexistro tanto no centro histórico como nos arredores son:

Urbanizacións e promocións inmobiliarias[editar | editar a fonte]

  • Celebration Pointe[101]
  • Innovation Square [102]
  • University Corners [103]
  • The Continuum – Graduate and Professional Student Housing [104]
  • Embassy Suites 12 Stories[105][nota 2]

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación
Censo Pob.
18902.790
19003.63330,2%
19106.18370,2%
19206.86010,9%
193010.46552,6%
194013.75731,5%
195026.86195,3%
196029.70110,6%
197064.510117,2%
198081.37126,1%
199084.7704,2%
200095.44712,6%
2010124.35430,3%
Est. 2014128.460[106]3,3%
U.S. Decennial Census (Censo Decenal dos Estados Unidos)[107]
Demografía de Gainesville
Censo de 2010 Gainesville Condado Alachua Florida
Poboación total 124.354 247.336 18.801.310
Poboación, % incremento, 2000 a 2010 +30.3% +13.5% +17.6%
Densidade de poboación 783,2/km² 109,1/km² 135,4/km²
Brancos (incluíndo hispanos brancos) 64.9% 69.6% 75.0%
(Brancos non-hispanos) 57.8% 63.7% 57.9%
Negros ou afroamericanos 23.0% 20.3% 16.0%
Hispanos ou latinos (de calquera raza) 10.0% 8.4% 22.5%
Asiáticos 6.9% 5.4% 2.4%
Nativos americanos e nativos de Alasca 0.3% 0.3% 0.4%
Insulars do Pacífico e nativos de Hawai 0.1% 0.1% 0.1%
Dúas ou máis razas (multiraciais) 2.9% 2.6% 2.5%
Outras razas 1.9% 1.7% 3.6%

A poboación de Gainesville estimouse en 2011 en 125.365 persoas. A súa poboación no censo de 2010 era de 124.354 habitantes, un incremento dun 30,3% con respecto ao do 2000. No mesmo censo de 2010 existían 51.029 vivendas, cunha media de 2,2 persoas por vivenda. Os nenos de menos de 5 anos supoñían o 4,4% da poboación; os de menos de 18 anos, o 13,4%; e os maiores de 65 anos, o 8,3% da poboación total. O 64,9% da poboación eran brancos, o 23% negros, o 6,9% asiáticos, o 0,3% nativos americanos e de Alasca, o 0,1% nativos de Hawai e outros insulars do Pacífico, o 1,9% doutras razas e, finalmente, o 2,9% declarábanse de dúas ou máis razas. O 10% eran hispanos ou latinos de calquera raza, mentres o 58,7% eran brancos non hispanos. Por fin, o 51,6% da poboación eran mulleres. Para o período 2007-11, os ingresos medios por fogar estimábanse en 30.952 dólares, e a renda per cápita ascendía a 19.100 dólares[108].

Linguas faladas[editar | editar a fonte]

Sobre o ano 2000, o 87,1% dos residentes falaban inglés como primeira lingua, mentres o 6,31% falaba castelán, o 1.,8% falaba chinés, o 0,55% falaba francés, o 0,52% falaba coreano e o 0,5% falaba alemán como lingua nai. En total, o 12,89% da poboación total falaba unha lingua distinta ao inglés[109].

Economía[editar | editar a fonte]

Numerosas guías, como o libro de 2004 Cities Ranked and Rated: More than 400 Metropolitan Areas Evaluated in the U.S. and Canada (Cidades Clasificadas e Puntuadas: Máis de 400 Áreas Metropolitanas Avaliadas nos Estados Unidos e o Canadá), fan mención ao baixo custo da vida en Gainesville. Os restaurantes próximos á Universidade de Florida tamén tenden a ser de baixo custo. Os impostos á propiedade son elevados para compensar o custo da Universidade, xa que esta está exenta do pago do imposto sobre bens inmobles. Porén, o custo medio por fogar é lixeiramente inferior ao nacional, e os habitantes de Gainesville, como todos os floridanos, non pagan o imposto sobre a renda estatal.

A citada guía Cities Ranked and Rated puntuou o mercado de traballo da cidade con só 6 sobre 100 puntos posibles, xa que o baixo custo de vida xera un extremadamente débil mercado local de traballo, e debido tamén ao exceso de oferta de man de obra que ven da presenza de tantos universitarios. A renda media por fogar en Gainesville é lixeiramente inferior á media dos Estados Unidos.

A cidade de Gainesville apostou fortemente pola enerxía solar creando as primeiras políticas de balance neto (inglés: Feed-in Tariff, tamén coñecida polas súas iniciais, FIT) no emprego das enerxías renovables dos Estados Unidos. As FIT permiten ás pequenas empresas e propietarios de vivendas a envorcar na rede eléctrica municipal o seu excedente eléctrico, pagándolles unha prima pola enerxía limpa xerada de tipo solar. As FIT empezaron a recibir unha taxa fixa de 0,32 dólares por quilovatio hora e permitían á persoa ou á empresa acceder a un contracto de 20 anos de duración polo que os Servizos Públicos Rexionais de Gainesville (Gainesville Regional Utilities) mercarían a electricidade durante ese período[110]. As políticas FIT remataron no 2013[111], cando as tarifas fixáronse en 0,18 dólares/kWh, aínda que a cidade aínda é considerada líder na produción de enerxía solar. O crecemento en instalacións de enerxía solar puxeron a Gainesville no 5º posto do mundo en enerxía solar instalada per cápita, superando ao Xapón, Francia, a China e os Estados Unidos no seu conxunto[112].

Por outra banda, o Departamento de Cítricos de Florida (Florida Department of Citrus) ten un departamento propio de investigación económica dentro do campus da Universidade de Florida[113].

A bebida deportiva Gatorade creouse en Gainesville na década de 1960 coa intención de refrescar o equipo de fútbol americano da Universidade de Florida. De feito, a Universidade aínda recibe unha parte dos beneficios que xera a bebida. Non obstante, a sede actual de Gatorade atópase hoxe por hoxe en Chicago.

Maiores empregadores[editar | editar a fonte]

De acordo ao Informe Financeiro Anual Integral de Gainesville de 2011 (Comprehensive Annual Financial Report)[114], os maiores empregadores da cidade son:

Empregador Nº de Empregados
1 Universidade de Florida 14.723
2 Shands HealthCare 12.588
3 Veterans Health Administration 4.317
4 School Board of Alachua County 4.299
5 Concello de Gainesville 2.200
6 Publix 2.056
7 North Florida Regional Medical Center 1.700
8 Nationwide Mutual Insurance Company 1.300
9 Condado de Alachua 1.120
10 Santa Fe College 796

Educación[editar | editar a fonte]

Universidade de Florida

A área urbana de Gainesville depende a nivel educativo da rede de Escolas Públicas do Condado de Alachua (Alachua County Public Schools), que ten 75 diferentes institucións no condado, moitas delas na área de Gainesville. A cidade é sede tanto da Universidade de Florida como do colexio universitario Santa Fe College. A Universidade de Florida é un dos maiores polos económico financeiros da comunidade e orixe de centos de miles de dólares de ingresos adicionais en eventos deportivos que se levan a cabo nela, incluíndo partidos da liga de fútbol americano da Southeastern Conference (SEC). Tense cuantificado que a Universidade de Florida aporta cerca de 9 mil millóns de dólares anualmente á economía de Florida, e é responsable de cerca de cen mil empregos[115].

Outras institucións académicas son o City College (campus de Gainesville), o Oak Hall High School e o centro católico Saint Francis High School.

Centros educativos[editar | editar a fonte]

  • 18 escolas primarias
  • 5 escolas de ensino medio
  • 6 institutos
  • 3 universidades e colexios universitarios
  • 10 colexios privados

Escolas primarias[editar | editar a fonte]

Nas escolas primarias (elementary schools) recibe educación o alumnado entre 4 e 13 anos de idade.

  • Chiles Elementary School
  • Duval Elementary School
  • JJ Finley Elementary School
  • Foster Elementary School
  • Glen Springs Elementary School
  • Hidden Oak Elementary School
  • Idylwilde Elementary School
  • Lake Forest Elementary School
  • Littlewood Elementary School
  • Meadowbrook Elementary School
  • WA Metcalfe Elementary School
  • Norton Knights Elementary School
  • Prairie View Elementary School
  • Rawlings Elementary School
  • Talbot Elementary School
  • Terwilliger Elementary School
  • Wiles Elementary School
  • Williams Elementary School

Ensino medio[editar | editar a fonte]

Nas escolas de ensino medio (middle schools) do país impártense desde o 6º ata o 8º grao.

Institutos[editar | editar a fonte]

Nos institutos (high schools) de Gainesville impártense desde o 9º ata o 12º grao.

Colexios privados[editar | editar a fonte]

  • Brentwood School
  • Cornerstone Academy
  • Gainesville Country Day School
  • Millhopper Montessori School
  • Oak Hall School

Colexios universitarios e universidades[editar | editar a fonte]

Bibliotecas municipais[editar | editar a fonte]

O Distrito de Bibliotecas do Condado de Alachua (Alachua County Library District) proporciona o servizo de bibliotecas públicas a unha poboación total condal de 253.451 persoas (en 2013). O Distrito de Bibliotecas ten acordos de reprocidade cos condados limítrofes de Baker, Bradford, Clay, Columbia, Dixie, Gilchrist, Lafayette, Levy, Marion, Putnam e Union. Estes acordos diríxense a facilitar o acceso á poboación aos servizos bibliotecarios, independentemente do lugar de residencia dentro do condado.

Infraestruturas e transportes[editar | editar a fonte]

Cara ao este da University Avenue, preto da súa intersección coa 13th Street (US 441)

Estradas principais[editar | editar a fonte]

Gainesville ten un extenso sistema de estradas, servido pola Interestate 75 e varias estradas estatais, incluíndo as denominadas rutas estatais números 20, 24 e 26, entre outras. A Gainesville tamén chega a US 441 e para cerca a US 301, que a une de xeito directo a Jacksonville, Ocala e Orlando.

Véxase: Lista de estradas locais do Condado de Alachua, Florida

  • A I-75 vai de noroeste a sueste atravesando o límite oeste da cidade, con conexións as estradas SR 121/SR 331 (saída 382), SR 24 (saída 384), SR 26 (saída 387) e SR 222 (saída 390).
  • A US 441 é a principal estrada que cruza Gainesville de norte a sur. Vai polo límite oriental da Universidade de Florida. É coñecida polos habitantes da cidade como a 13th Street, antes de xirar ao noroeste para desembocar na SR 20, transformándose nunha estrada oculta baixo outra estatal. Na intersección coa SR 121, a DeSoto Trail (Ruta De Soto) vai da SR 121 á US 441.
  • A SR 20 vai do noroeste ao sueste a través de Gainesville. Ao leste da cidade, a estrada pasa a ser unha ruta independente de catro carrís en dirección a Hawthorne, Interlachen e Palatka.
  • A SR 24 se move de nordeste a suroeste atravesando Gainesville. O punto de encontro da SR 24 e a SR 222 ao nordeste atópase o is the site of the Aeroporto Rexional de Gainesville, antes de encarar Waldo, Starke e Jacksonville (vía U.S. Route 301, Autoestrada Gainesville-Jacksonville).
  • A SR 26 é a prinpipal estrada local do leste e o oeste que atravesa Gainesville. Esténdese desde Fanning Springs a Putnam Hall no Condado de Putnam.
  • A SR 121 vai de norte a sur ao oeste da cidade. A chamada DeSoto Trail interrómpea, mentres a SR 121 encara ao norte para o Lago Butler, Raiford e Macclenny.
  • A SR 331 desprázase de nordeste a suroeste a través da cidade. Tamén emprégase como unha ruta para camións das estradas estatais números 24, 26 e 121. A pesar de bordear os límites da cidade de Gainesville, a SR 331 vai de norte a sur como unha estrada rural dividida de catro carrís.

As rúas da cidade distribúense nun plan hipodámico en catro cuadrantes (NW, NE, SW e SE). Todas as rúas están numeradas, a excepción dalgunhas vías principais que levan a miúdo os nomes das cidades cara ás que se dirixen (como a Waldo Road, SR 24; a Hawthorne Road, SR 20; a Williston Road, SR 121; a Archer Road, tamén SR 24; e a Newberry Road, SR 26). Os nomes das rúas que rematan cos sufixos Avenue, Place, Road ou Lane (que adoita ser lembrado polo acrónimo "APRiL") xeralmente levan a dirección leste-oeste, mentres que o resto das rúas seguen o eixo norte-sur.

Ferrocarril[editar | editar a fonte]

A compañía de autobuses lanzadeira Amtrak Thruway Motorcoach conecta a estación ferroviaria de Jacksonville, cara o norte, coa estación ferroviaria de Lakeland, cara o sur. Os autobuses saen e chegan ás estacións para tomar o chamado Silver Service (Servizo de Prata, que é unha marca de Amtrak que ofrece un servizo ferroviario de calidade da Costa Leste dos Estados Unidos). O servizo estándar de ferrocarril é ofrecido por Amtrak na estación ferroviaria de Palatka, a 51 kms ao leste.

En tempos, Gainesville contou varias liñas de ferrocarril que ían en seis direccións diferentes, ademais de ter varias cocheiras. A primeira liña que chegou á cidade fíxoo en 1859. A medida que os medios de transporte e os tipos de negocios ían cambiando, os ferrocarís foron perdendo o seu liderado e comezando a ser abandonados desde 1943, sendo varias rutas rediseñadas. Os derradeiros trens en circular por Main Street fixérono en 1948[116][117]. Sobre a década de 1980 o único operador de transporte de mercadorías que quedaba na cidade era Seaboard System (antigamente chamado Seaboard Coast Line Railroad, que se fusionou con CSX Transportation). O servizo de pasaxeiros a Gainesville rematou no momento da creación de Amtrak en 1971. En 1984 a derradeira vía férrea de mercadorías (que ía de Gainesville a Hawthorne) foi retirada por Seaboard debido a frouxo tráfico existente na liña[118].

Aeroportos, buses e outros[editar | editar a fonte]

Ademais da súa extensa rede de estradas, a área tamén conta co Sistema de Transporte Rexional de Gainesville (Gainesville Regional Transit System) ou RTS, que é o cuarto sistema de transporte público en autocar máis grande do Estado. Por outra banda, na parte nordeste da cidade encóntrase o Aeroporto Rexional de Gainesville, con servizos diarios a Atlanta, Miami e Charlotte.

De acordo ao censo de 2000, o 5,25% dos residentes de Gainesville empregaban a bicicleta para dirixirse ao traballo, unha das cifras máis altas do país dos grandes centros de poboación.

Cultura[editar | editar a fonte]

Gainesville é coñecida polo seu apoio ás artes visuais. Cada ano, dous grandes festivais de arte atraen a artistas e visitantes de todo o sueste dos Estados Unidos.

As instalacións culturais da cidade inclúen o Museo de Historia Natural de Florida, o Museo de Arte Harn, o Hippodrome State Theatre e o Centro das Artes Escénicas Curtis M. Phillips. Existen pequenos teatros como o Acrosstown Repertory Theatre (ART) e o Gainesville Community Playhouse (GCP). Este último alberga a comunidade teatral máis antiga de Florida, que en 2006 trasladouse a un novo edificio teatral[119].

A presenza dunha grande universidade facilita a aparición de estilos de vida culturais. A Facultade de Artes da Universidade de Florida[120] é a entidade coordinadora da Escola de Música, a Escola de Teatro e Danza, a Escola da Arte e Historia da Arte, e un gran número doutros programas e centros, incluíndo as University Galleries (Galerías Universitarias)[121], o Center for World Art (Centro da Arte Mundial) e os Digital Worlds (Mundos Dixitais). En conxunto, a facultade ofrece moitas actuacións teatrais oportunidades artísticas e conferencias para o alumnado e a comunidade de Gainesville, a maioría a baixo custo ou gratuítas.

Desde 1989, Gainesville foi sede do Theatre Strike Force, unha cualificada compañía de teatro de improvisación da Universidade de Florida. Ademais, Gainesville tamén acolle a varias compañías de sketchs e de comedia en vivo.

En abril de 2003, Gainesville comezou a ser coñecida como a "Comunidade Máis Saudable de América" cando acadou o premio Gold Well City outorgado por Wellness Councils of America (WELCOA)[122]. Encabezada polos Centros de Saúde e Fitness de Gainesville e co apoio de Shands HealthCare e a Cámara de Comercio da Área de Gainesville, vinte e unha empresas, que representan ao 60% da forza de traballo da cidade, se involucraron no proxecto de desenvolvemento do "Gold Well City". Deste xeito en xullo de 2011, Gainesville mantíñase como a única cidade do país en acadar este recoñecemento.

Os condados dos arredores do Condado de Alachua votan claramente aos Republicanos, mentres o Condado de Alachua vota sempre aos Demócratas[123]. Nas eleccións de 2008, houbo unha diferenza dun 22% de votos no Condado de Alachua entre Barack Obama e John McCain, mentres os once candidatos restantes que se presentaron apenas recibiron o 1,46% dos votos[124].

Persoas sen teito[editar | editar a fonte]

A National Coalition for the Homeless (Coalición Nacional para as Persoas Sen Teito) situou nos seus dous últimos informes (2004 e 2009) a Gainesville no 5º peor posto das cidades dos Estados Unidos pola súa criminalización dos sen teito[5][125], e pola súa ordenanza municipal de limitacións no número das comidas ofrecidas[6]. Gainesville ten varias ordenanzas municipais que teñen como obxectivo aos sen teito, incluíndo medidas anti-mendicidade e declarativas da ilegalidade do paso da noite ao aire libre en espazos públicos. En 2005, a Xunta de Comisionados do Condado de Alachua e a Comisión Municipal de Gainesville responderon ás críticas coa presentación do "Plan Decenal para Acabar coas Necesidades dos Sen Teito"[126][127], ao que seguiu en 2010 o escrito "Unha Avaliación das Necesidades das Persoas Sen Teito Desprotexidas en Gainesville, Florida", que foi presentada nunha reunión conxunta das Comisións de Gainesville e do Condado de Alachua[128]. Un refuxio cuberto para os sen teito foi construído nos terreos que antigamente pertenceron á Institución Correccional de Gainesville, cunha zona designada ao redor para colocar tendas de campaña[129].

Marihuana[editar | editar a fonte]

Gainesville é coñecido dentro da cultura de drogas recreativas polo Gainesville Green, unha cepa da marihuana particularmente potente. A revista Orange and Blue publicou en 2003 un reportaxe sobre a historia do Gainesville Green e a cultura local da marihuana en xeral[130]. A mediados da década de 1990, varios Festivais do Cáñamo de Gainesville tiveron lugar no exterior do pazo de xustiza do Condado de Alachua.

Escena musical[editar | editar a fonte]

Gainesville é ben coñecida pola súa escena musical e deu lugar a un bo número de bandas e músicos, incluíndo Tom Petty and the Heartbreakers, Stephen Stills, Don Felder e Bernie Leadon dos Eagles, The Motels, Against Me!, Less Than Jake, Hot Water Music, Loyal Revival, John Vanderslice, Sister Hazel, Hundred Waters e For Squirrels. Tamén é actualmente a sede dos selos discográficos independentes No Idea Records e Elestial Sound, sendo ademais a antiga sede de Plan-It-X Records, que trasladouse a Bloomington, Indiana. Durante dous anos, a organización sen ánimo de lucro Harvest of Hope Foundation organizou o festival Harvest of Hope Fest en Saint Augustine[131]. Gainesville é tamén a sede de www.FLAROCKS.com, os fundadores de Santa Jam que programan concertos cada mes de decembro en todo o norte de Florida para colleitar xoguetes para nenos enfermos, feridos e sen fogar, así como escaparate dos músicos locais. Desde 2011 teñen distribuído preto de setecentos xoguetes en hospitais, igrexas locais e organizacións benéficas para os sen teito, así como para familias necesitadas da zona.

No Idea Records deu pulo a un festival anual de música rock de tres días de duración coñecido como The Fest, que habitualmente ten lugar durante a última semana de outubro, coincidindo co partido anual de fútbol americano entre Florida e Xeorxia (que se xoga en Jacksonville), para minimizar tensións entre os moitos asistentes a festivais de música de fora da cidade e os alumnos e exalumnos da Universidade de Florida[132].

Entre 1987 e 1998, Gainesville desfrutou dunha moi activa escena musical rock, coa estrela de Hollywood River Phoenix tendo a súa base principal no club local Hardback Cafe. A banda de River Phoenix, Aleka's Attic, tivo unha constante presenza na escena rock, xunto a outras[133]. A familia de Phoenix está aínda presente en Gainesville a través da banda de Rain Phoenix (Papercranes) e da tenda de Liberty Phoenix (Indigo)[134].

Hoxe por hoxe, Gainesville aínda é coñecida pola súa forte comunidade musical e é chamada o "Mellor Lugar para Fundar unha Banda nos Estados Unidos", segundo a revista Blender en marzo de 2008[135]. O artigo facía unha descrición da grande poboación estudantil, os baixos alugueiros e a amabilidade dos locais como razóns para tal designación.

Desde a última década do século XX, en Gainesville orixináronse gran variedade de agrupacións musicais, desde os sons latino/afrobeats de Umoja Orchestra ao rock de Morningbell, pasando polo ska dos The Know How[136].

A reputación de Gainesville como meca da música independente remóntase a 1984 cando unha produtora local de vídeos musicais comezou a retransmitir no aire. A emisora chamouse TV-69, emitindo en UHF 69 e era propiedade de Cozzin Communications[137]. A cadea atraeu unha boa atención dos medios grazas á súa promoción do famoso cómico Bill Cosby, que era un dos donos da emisora nos seus comezos. TV-69 ofrecía moitos vídeos de bandas punk e indie, ademais doutros producidos localmente (como a parodia do tema "Clone Love" por unha banda local, e unha canción de Dinosaur Jr.).

Deportes[editar | editar a fonte]

O Florida Gators é o equipo deportivo da Universidade de Florida, que compite desde 1933 na Southeastern Conference (Conferencia Sueste) da National Collegiate Athletic Association. Está incluída dentro dos 10 primeiros da clasificación da NACDA desde a tempada 1983-84. Gañou 32 campionatos nacionais por equipos, incluíndo dous títulos de baloncesto masculino, tres títulos de fútbol, catro títulos de golf masculinos e seis títulos de tenis feminino.

A Pista de Carreiras de Gainesville é un dragstrip (circuíto de aceleración) aberto en 1969 que alberga os Gatornationals, unha das maiores carreiras das catro da National Hot Rod Association.

Eventos culturais anuais[editar | editar a fonte]

  • O Spring Arts Festival (Festival de Artes da Primavera), organizado anualmente a principios de abril polo Santa Fe College (antigo Santa Fe Community College), é un os tres maiores eventos anuais da cidade e é coñecido pola súa alta calidade que reúne obras de arte únicas[138].
  • O recoñecido a nivel nacional The Downtown Festival and Art Show (O Festival e Exhibición de Arte do Centro), organizado cada outono pola Cidade de Gainesville, atrae a artistas premiados e congrega a máis de cen mil persoas[139].
  • A Hoggetowne Medieval Faire (Feira Medieval de Hoggetowne) atraeu a miles de feirantes durante máis de vinte anos[140].
  • O Gainesville Improv Festival (Festival de Improvisación de Gainesville) proporciona un espazo para novos talentos nas artes escénicas.

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

Prensa[editar | editar a fonte]

En Gainesville edítanse The Gainesville Sun e The Independent Florida Alligator, que é o xornal dos estudantes da Universidade de Florida e do Santa Fe College. O centro de edición local de The New York Times ten a súa sede en Gainesville[141].

Radio[editar | editar a fonte]

Nielsen Audio (a compañía que elabora o estudo xeral de medios dos Estados Unidos) situou ao mercado de Gainesville-Ocala como o 83º maior dos Estados Unidos[142]. Trece emisoras de radio teñen licenza para operar na cidade de Gainesville (cinco en AM, seis en FM comercial e dúas en FM non comercial de baixa potencia). Tres das estacións de radiodifusión (WRUF, WRUF-FM e WUFT-FM) están operadas por estudantes da Universidade de Florida. WUFT-FM é a emisora da cidade membro da National Public Radio (Radio Pública Nacional), mentres que o resto das emisoras WRUF son operadas como radios comerciais.

Televisión[editar | editar a fonte]

Gainesville está considerado o 162º mercado televisivo maior dos Estados Unidos, segundo un estudo de Nielsen Media Research[143]. As emisoras de televisión en aberto do mercado de Gainesville inclúen WCJB, unha cadea local afiliada á ABC/CW; WGFL, outra cadea afiliada á CBS, que emite desde High Springs; WNBW, afiliada á NBC e que emite desde Gainesville; WOGX, propiedade da Fox e que emite desde Ocala; WMYG-LP, unha cadea afiliada á MyNetworkTV que emite en analóxico desde Lake City; e WUFT, a emisora de Gainesville da Universidade de Florida afiliada ao servizo público da PBS.

WOGX ten a curiosidade de ser a rede independente de emisoras máis pequena dos Estados Unidos, como semi-satélite doutra emisora propiedade da Fox chamada WOFL, que emite desde Orlando.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Paseo de ribeira no Parque Estatal Xeolóxico de Devil's Millhopper
Lago Newnans

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Gainesville mantén relacións de irmandade con cinco cidades en catro diferentes acordos[144]:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entre tanto, a ordenanza da restrición das 130 comidas diarias foi derogada ("Soup Kitchen Limits End in Gainesville" Arquivado 29 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)).
  2. Está previsto que, coas súas 12 plantas, sexa o edificio máis alto do centro histórico de Gainesville.
Notas de datos xeográficos
  1. Lago Moon: 29.681165,-82.404317. Lugar máis próximo aos límites da cidade: 29.679683,-82.395294 ("City of Gainesville — City Limits June 2009 — City Limits" Arquivado 02 de abril de 2012 en Wayback Machine., consultado o 7-9-2011 (en inglés)). Usando a aplicación de Movable Type Scripts, a distancia é de 619 metros.
Referencias
  1. 1,0 1,1 U.S. Census Bureau, American Factfinder (ed.). "Geographic Identifiers: 2010 Demographic Profile Data (G001): Gainesville city, Florida" (en inglés). Consultado o 6-5-2013. 
  2. Censo dos Estados Unidos de 2013 Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés).
  3. Tugend, Alina (6-5-2007). "The Guy Who Picks the Best Places to Live". The New York Times (en inglés). Consultado o 22-7-2007. 
  4. "The Best Places to Live + Play: Cities". National Geographic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-04-2008. Consultado o 16-4-2008. 
  5. 5,0 5,1 National Coalition for the Homeless, ed. (2004). "Illegal to be Homeless" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04-07-2007. Consultado o 22-7-2007. 
  6. 6,0 6,1 Blog de Gainesville Arquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine. "The Gainesville Sun — Parks as soup kitchens", consultado o 7-7-2011 (en inglés).
  7. "Florida's Indians from Ancient Times to the Present", consultado o 30-6-2011 (en inglés)
  8. "Florida Historical Contexts: The Paleoindian Period", consultado o 30-6-2011 (en inglés)
  9. "Paleo-Indians in Florida" Arquivado 04 de outubro de 2011 en Wayback Machine., consultado o 1-12-2015 (en inglés)
  10. (Milanich 1999, p. 5)
  11. (Milanich 1995, p. 20)
  12. 12,0 12,1 "The Law School Mound" Arquivado 29 de marzo de 2012 en Wayback Machine., recensión na web do Department of Growth Management (Condado de Alachua, Florida). Consultado o 7-9-2011 (en inglés).
  13. (Milanich 1998, p. 61)
  14. (Milanich 1998, p. 75)
  15. (Milanich 1998, p. 77)
  16. (Milanich 1999, p. 30)
  17. (Andersen 2004, p. 39)
  18. 18,0 18,1 (Milanich 1999, p. 53)
  19. (Milanich 1999, p. 120 e 150)
  20. (Milanich 2006, p. 118)
  21. 21,0 21,1 (Milanich 1999, p. 101)
  22. (Milanich 2006, p. 119)
  23. (Milanich 1995, p. 187)
  24. (Milanich 2006, p. 183 e 184)
  25. (Milanich 1999, p. 212)
  26. (Milanich 1999, p. 113)
  27. (Milanich 1995, p. 207)
  28. (Milanich 1995, p. 179)
  29. (Mowat 1974, p. 5)
  30. Gannett, Henry (1905). U.S. Government Printing Office, ed. The Origin of Certain Place Names in the United States. p. 133. 
  31. (Hildreth & Cox 1981, p. 2-6 e 8)
  32. (Rajtar 2007, p. 21-25)
  33. Boone, Floyd E. (1988). Gulf Publishing Company, ed. Florida Historical Markers & Sites: A Guide to More Than 700 Historic Sites Includes the Complete Text of Each Marker. Houston, Texas. pp. 17–18. ISBN 0-87201-558-0. 
  34. "Historical Markers in Alachua County, Florida − HOGTOWN SETTLEMENT / FORT HOGTOWN" Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 27-6-2011 (en inglés).
  35. "Historic Markers Across Florida − Hogtown settlement / Fort Hogtown" Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Consultado o 27-6-2011 (en inglés)
  36. "For the Implementation of Total Maximum Daily Loads Adopted by the Florida Department of Environmental Protection In The Orange Creek Basin". Consultado o 30-6-2011 (en inglés)
  37. Alachua County Library District (ed.). "Map of Hogtown and Gainesville, 1855". Heritage Collection (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29-09-2011. Consultado o 28-6-2011. 
  38. (Hildreth & Cox 1981, p. 2-3)
  39. (Rajtar 2007, p. 15-16, 59 e 133)
  40. City of Gainesville (ed.). "Annexation History" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27-09-2011. Consultado o 13-5-2011. 
  41. (Hildreth & Cox 1981, p. 6-9 e 11-12)
  42. (Hildreth & Cox 1981, p. 21-23)
  43. (Hildreth & Cox 1981, p. 24-26 e 30-31)
  44. (Hildreth & Cox 1981, p. 33-35)
  45. (Hildreth & Cox 1981, p. 35-36)
  46. (Braley 2004, p. 4)
  47. (Rajtar 2007, p. 29 e 31-36)
  48. 48,0 48,1 (Hildreth & Cox 1981, p. 40-42)
  49. (Pickard 1991, p. 27)
  50. (Pickard 1991, p. 1-2)
  51. (Hicks 2008, p. 29)
  52. (Pickard 1991, p. 37)
  53. (Hildreth & Cox 1981, p. 60)
  54. (Rajtar 2007, p. 31-33)
  55. (Rajtar 2007, p. 26)
  56. (Hildreth & Cox 1981, p. 59)
  57. (Rajtar 2007, p. 27-28 e 45-46)
  58. (Hicks 2008, p. 55)
  59. 59,0 59,1 (Rajtar 2007, p. 34)
  60. (Hildreth & Cox 1981, p. 58-59 e 88-91)
  61. (Braley 2004, p. 8, 57-66 e 99-111)
  62. (Hicks 2008, p. 48)
  63. (Pickard 1991, p. 2 e 37)
  64. (Hildreth & Cox 1981, p. 66-68 e 87)
  65. (Braley 2004, p. 129)
  66. (Hildreth & Cox 1981, p. 105-108)
  67. "University of Florida's Beginnings" Arquivado 01 de setembro de 2006 en Wayback Machine.. Consultado o 30-6-2011 (en inglés).
  68. (Hildreth & Cox 1981, p. 102-104)
  69. (Hildreth & Cox 1981, p. 104)
  70. (McCarthy & Laurie 1997, p. 175)
  71. (Pickard 1991, p. 31)
  72. (Hildreth & Cox 1981, p. 108-109)
  73. (Hildreth & Cox 1981, p. 110-111)
  74. (Hildreth & Cox 1981, p. 122-128)
  75. Amy Grossman, Beth Zavoyski (outubro de 2012). Florida Springs Institute, ed. "Glen Springs Restoration Plan" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01-04-2013. Consultado o 22-3-2013. 
  76. (Hildreth & Cox 1981, p. 131-138)
  77. (Hildreth & Cox 1981, p. 139-140 e 183)
  78. (Newton 2001, p. 59-60 e 68-69)
  79. (Hildreth & Cox 1981, p. 143-150)
  80. (Hildreth & Cox 1981, p. 152-157)
  81. (Hildreth & Cox 1981, p. 158-165)
  82. (Hildreth & Cox 1981, p. 172-173 e 178-179)
  83. (Washington 2004, p. 5)
  84. Hellegaard, James (5-9-1993). "Remember 1968? City was Southern hotbed of protest". The Gainesville Sun (en inglés). Consultado o 24-4-2011. 
  85. "The Gainesville Eight". Time (en inglés). agosto de 1973. Arquivado dende o orixinal o 14-12-2008. Consultado o 19-7-2008. 
  86. "Apartheid awakens campus activism". The Ledger (en inglés). 16-9-1985. Consultado o 24-4-2011. 
  87. "Profile: Dove World Outreach Center". BBC News (en inglés). 1-4-2011. Consultado o 6-12-2015. 
  88. United States Census Bureau, ed. (12-2-2011). "US Gazetteer files: 2010, 2000 e 1990". Arquivado dende o orixinal o 20-07-2006. Consultado o 23-4-2011. 
  89. Universidade de Florida (ed.). "University of Florida Facts" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20-05-2011. Consultado o 18-5-2011. 
  90. "Ohio State named nation's largest college – again". Dayton Business Journal (en inglés). 20-10-2008. Consultado o 30-6-2011. 
  91. 91,0 91,1 The Weather Channel (ed.). "Monthly Averages for Gainesville, Florida" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23-10-2007. Consultado o 22-7-2007. 
  92. National Weather Service (ed.). "Gainesville Records for February" (en inglés). Consultado o 21-7-2007. 
  93. The United States National Arboretum, United States Department of Agriculture (ed.). "USDA Plant Hardiness Zone Map, Southeast US" (en inglés). Consultado o 21-7-2007. 
  94. National Oceanic and Atmospheric Administration (ed.). "NowData — NOAA Online Weather Data" (en inglés). Consultado o 6-6-2013. 
  95. 95,0 95,1 "The Alligator — City shouldn't pay for University Corners". Consultado o 9-10-2012 (en inglés)
  96. "The Alligator — Court case makes future uncertain for University Corners". Consultado o 9-10-2012 (en inglés)
  97. "The Gainesville Sun — Will University Corners see daylight?". Consultado o 9-10-2012 (en inglés)
  98. "The Gainesville Sun — Work on Stadium Club to resume; University Corners still on hold". Consultado o 9-10-2012 (en inglés)
  99. 99,0 99,1 99,2 "The Gainesville Sun — University Corners cleans up for church". Consultado o 9-10-2012 (en inglés)
  100. "The Alligator — Developers of stalled University Corners complex return checks". Consultado o 9-10-2012 (en inglés)
  101. Web de Celebration Pointe (en inglés) Consultado o 9-12-2015.
  102. Web de Innovation Square Arquivado 08 de decembro de 2015 en Archive.is (en inglés) Consultado o 9-12-2015.
  103. Curry, Christopher (3-12-2012). Gainesville.com, ed. "University Corners project back before the city" (en inglés). Consultado o 9-12-2015. 
  104. Web de The Continuum, que é un campus de residencias universitarias (en inglés) Consultado o 9-12-2015.
  105. Watkins, Morgan (19-5-2015). "12-story hotel may soon rise from city parking lot" (en inglés). Consultado o 9-12-2015. 
  106. "Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places: April 1, 2010 to July 1, 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23-05-2015. Consultado o 4-6-2015. 
  107. Census.gov (ed.). "U.S. Decennial Census" (en inglés). Consultado o 1-16-2013. 
  108. U.S. Census Bureau (ed.). "State and County QuickFacts Gainesville (city), Florida" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-07-2012. Consultado o 20-6-2012. 
  109. Modern Language Association Data Center Results of Gainesville, FL Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  110. Gainesville, Florida Solar Power Feed-In Tariff Program Maxed Out Before It Begins (en inglés)
  111. Curry, Christopher (19-12-2013). Gainesville.com, ed. "City Commission will not add to feed-in tariff in 2014" (en inglés). Consultado o 7-6-2015. 
  112. Farrell, John (6-1-2012). CleanTechnica, ed. "Gainesville, Florida, Becomes a World Leader in Solar" (en inglés). Consultado o 7-6-2015. 
  113. Contacto do Florida Department of Citrus Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine.(). Consultado o 13-9-2015. "Florida Department of Citrus Economic Research 2125 McCarty Hall – University of Florida Gainesville, Florida 32611-0249 USA"
  114. The Budget& Finance Department (2014). Comprehensive Annual Financial Report. City of Gainesville. Fiscal Year Ended September 30, 2014 (PDF) (en inglés). p. 221. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 09 de decembro de 2015. 
  115. University of Florida News – Study finds UF has $8.76 billion economic impact on Florida Arquivado 01 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
  116. "Gainesville's Railroads / Past Railroads of Gainesville - Florida Historical Markers on Waymarking.com". www.waymarking.com. Consultado o 2019-03-28. 
  117. "Gainesville's Railroads / Past Railroads of Gainesville". Clio. Consultado o 2019-03-28. 
  118. State of Florida. Departmentof Natural Resource. Division of Recreations and Parks, ed. (maio 1985). "An inventory of abandoned railroads in Florida" (PDF) (en inglés). p. 96. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-08-2011. Consultado o 10-12-2015. 
  119. "The Gainesville Sun — Time to raise the curtains". Consultado o 8-7-2011 (en inglés)
  120. University of Florida College of Fine Arts. Consultado o 10-12-2015 (en inglés)
  121. The University Galleries.Consultado o 10-12-2015 (en inglés)
  122. The Wellness Councils of America, ed. (maio de 2003). "Gainesville Goes Gold!" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14-05-2008. Consultado o 21-4-2008. 
  123. "County Results–Election 2008". CNN (en inglés). 7-11-2008. Consultado o 13-3-2009. 
  124. Alachua County Supervisor of Elections (ed.). "OFFICIAL RESULTS — General Election — November 4, 2008 — Summary For Jurisdiction Wide, All Counters, All Races" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27-09-2011. Consultado o 24-7-2011. 
  125. "The Independent Florida Alligator — City named fifth meanest to homeless". Consultado o 7-7-2011 (en inglés)
  126. "The City of Gainesville/Alachua County Ten Year Plan to End Homelessness" Arquivado 07 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 7-7-2011 (en inglés)
  127. Alachua County Commission (ed.). "Ten Year Plan to End Homelessness" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11-07-2007. Consultado o 22-7-2007. 
  128. "Alachua County/City of Gainesville Quarterly Special Meeting — Meeting Agenda August 30, 2010" Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 7-7-2011 (en inglés)
  129. "Indoor homeless shelter opens Wednesday". Gainesville.com (en inglés). Consultado o 8-10-2015. 
  130. Battey, Brandon (outono de 2003). "Gainesville Green isn't just a color". Orange and Blue (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04-07-2007. Consultado o 22-7-2007. 
  131. No Idea Records, ed. (marzo de 2009). "Harvest of Hope Festival" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-02-2009. Consultado o 3-3-2009. 
  132. The Independent Florida Alligator, ed. (novembro de 2009). "Four arrested for punching and kicking GPD officer" (en inglés). 
  133. Alan Bushnell, ed. (maio de 2007). "Hardback Cafe Archive" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31-12-2008. Consultado o 19-7-2008. 
  134. "Liberty Phoenix's Indigo". The Gainesville Sun (en inglés). maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15-06-2011. Consultado o 19-7-2008. 
  135. "Gainesville named best place to start a band in America". Blender Magazine (en inglés). marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 05-06-2009. Consultado o 19-7-2008. 
  136. www.gainesvillebands.com, ed. (xullo de 2008). "Current Gainesville Bands" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09-07-2008. Consultado o 19-7-2008. 
  137. "Gainesille's Only Music Video Station" (en inglés). 1996. Arquivado dende o orixinal o 30-06-2012. Consultado o 19-7-2008. 
  138. "Santa Fe College Spring Arts Festival — Voted Best Arts & Crafts Festival" Arquivado 11 de decembro de 2015 en Wayback Machine.. Consultado o 7-7-2011 (en inglés)
  139. "Downtown Festival & Art Show" Arquivado 14 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 7-7-2011 (en inglés)
  140. "Hoggetowne Medieval Faire" Arquivado 14 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 7-7-2011 (en inglés)
  141. Clark, Anthony (13-11-2009). "Some N.Y.T. News Service jobs moving to Gainesville". Ocala.com (en inglés). Consultado o 9-12-2015. 
  142. Arbitron, Inc. (ed.). "Market Ranks and Schedule" (en inglés). Consultado o 6-9-2007. 
  143. The Nielsen Company (ed.). "Local Television Market Universe Estimates" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27-09-2007. Consultado o 6-9-2007. 
  144. Sister City Program of Gainesville, Inc. (ed.). "Sister City Program of Gainesville" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05-01-2010. Consultado o 6-1-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]