Verducido, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°28′47″N 08°37′11″W / 42.47972°N 8.61972°W / 42.47972; -8.61972

Verducido
VerducidoP.jpg
igrexa parroquial
Concello Pontevedra
Área 9,82 km²
Poboación 1.032 hab. (2004)
Densidade 105,09 hab./km²
Entidades de poboación 7

San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.032 habitantes (533 mulleres e 499 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.

Situación[editar | editar a fonte]

Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acival, que supera os 600 metros de altitude. Conta con paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro do Pontillón do Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer.[1]

No cumio dun monte próximo sitúase un miradoiro cunha escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar o contorno da cidade de Pontevedra.

A igrexa parroquial foi totalmente reedificada durante o século XVIII e que inclúe no seu conxunto unha peza abovedada anterior que se cre podería ter sido unha antiga sancristía.

A festa patronal é o día 12 de novembro (san Martiño), pero tamén se celebran san Breixo, santa Bárbara e o Corpus Christi.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Verducido[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Verducido no concello de Pontevedra

A Abelleira | Bordel | Covadáspera | O Gabián | O Outeiriño | Rosende | Verducido | Vilariño

Parroquias de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]