Rabal, Oímbra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rabal.
Rabal
Fondorabal.JPG
Rabal
Concello: Oímbra
Área: 2,5 km²
Poboación: (Ano 2007) 198 hab.
Densidade: 79,2 hab./km²
Entidades de poboación: 1

Santo André de Rabal é unha aldea e parroquia do concello de Oímbra, na provincia e diocese de Ourense, partido xudicial de Verín, cunha poboación de 198 habitantes. Máis da metade da superficie total de Rabal está situada a unha altitude que non supera os 400 m. O seu término é traspasado integramente de norte a sur polo río Támega, que nace nas proximidades da Serra de San Mamede. Os montes que rodean a aldea de Rabal son O Penedo (386 m), Outeiro do Terrón (405 m) e Outeiro da Cruz (469 m).

Índice

[editar] Historia xeolóxica

Durante o Precámbrico a superficie do lugar formaba parte do fondo dos mares, o que deu lugar á composición de rochas como pizarras e cuarcitas que se viron afectadas, ó final do Paleozoico, pola intrusión de granitos herciniáns. No Secundario, a erosión, converteu todo este relevo en solo chan, e durante o pregamento alpino prodúcese a deformación do chan mediante fracturas e flexións. O relevo resultante viuse afectado posteriormente pola erosión continua a que se viu sometida durante miles de anos, como amosan os depósitos fluviais que alberga e dan lugar ás augas mineiro medicinais.

[editar] Climatoloxía

A temperatura media anual é de 12ºC, pero a amplitude térmica é de 13ºC, o que lle dá un matiz continental. As precipitacións non son moi abundantes; sobre todo se fan máis presentes cara finais de outono e principios de inverno; os días máis calorosos son de principios da primavera a mediados do verán.

[editar] Festas

  • Festa do San Antón: 13 de xuño. Este santo é o segundo patrón de Rabal.
  • Festa da Virxe das Flores: o último fin de semana de agosto ten lugar a festa grande de Rabal. Durante o fin de semana organízanse competicións de trial, lanzamento de ósos de oliva, xogos infantís e verbena o sábado e o domingo ata altas horas da madrugada, na verbena do domingo sóese preparar chocolate e queimada.
  • Festa do Santo André: 30 de novembro. Este santo é o patrón de Rabal e na súa honra faise unha chocolatada para toda a veciñanza ao redor dunha fogueira amenizado todo con músicos do pobo, licor café e queimada.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares de Rabal

Lugares da parroquia de Rabal no concello de Oímbra (Ourense)

Rabal


[editar] Parroquias de Oímbra

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Oímbra

Bousés (Santa Baia) | As Chás (Santa María das Neves) | A Granxa (San Xoán) | Oímbra (Santa María) | Rabal (Santo André) | San Cibrao (Santa Cruz) | Videferre (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas