Diocese de Ourense
| Diocese de Ourense Diœcesis Auriensis |
|
| Información xeral | |
|---|---|
| Erixida como diocese | século V |
| Diocese sufragánea de | Santiago de Compostela |
| Rito | Rito latino |
| Xerarquía Apostólica | |
| Papa | Francisco |
| Bispo | Leonardo Lemos Montanet |
| Xurisdición | |
| Conferencia Episcopal | CEE |
A diocese de Ourense (en latín: Dioecesis Auriensis) é unha sede territorial galega da Igrexa Católica sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Desde xaneiro de 2010 a cadeira bispal está vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo. Porén, en febreiro de 2012 tomará posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet[1].
Índice |
Xurisdición [editar]
A diocese comprende a provincia de Ourense agás a comarca de Valdeorras, pertencente á diocese de Astorga. Abrangue 5.281 km², e a súa sé está na cidade de Ourense, na Catedral de San Martiño. Reúne 735 parroquias, agrupadas en 28 arciprestados.
Historia [editar]
Moitos dos seus arciprestados fan referencia a pobos prerromanos, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. A data de creación da diocese é incerta, pero tradicionalmente vénse considerando no ano 433, cando un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo. A primeira datación documentada é no ano 572, cando o bispo Vitimiro participa no Segundo Concilio de Braga. Nese momento a diocese era sufragánea de Lugo.
Trala conquista de Ourense por parte dos árabes no 716 a diocese foi suprimida, restablecéndose no 881. Con todo, non se sabe nada desde o ano 986 até o 31 de xullo de 1071, cando foi restablecida por segunda vez co bispo Edoronio, e como sufragánea da Arquidiocese de Braga. Pasou a formar parte da arquidiocese de Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 1120. A catedral foi consagrada o 4 de xullo dese mesmo ano. En 1804 fundouse o seminario diocesano, baixo a advocación do Divino Mestre.
Os límites da diocese foron modificados, na parte que lindaba coa Diocese de Tui-Vigo, en outubro de 1954 para facelos coincidir aproximadamente cos da provincia administrativa.
Lista de bispos [editar]
- Artigo principal: Lista de bispos da diocese de Ourense.
Datos [editar]
A finais de 2004 había 314.107 bautizados, sobre unha poboación de 315.407 persoas, o 99,6 % do total.
| ano | poboación | sacerdotes | diáconos | relixiosos | parroquias | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| bautizados | total | % | total | clero secular |
clero regular |
bautizados por sacerdote |
homes | mulleres | |||
| 1950 | 408.565 | 410.260 | 99,6 | 572 | 520 | 52 | 714 | 85 | 263 | 684 | |
| 1970 | 380.335 | 381.061 | 99,8 | 634 | 560 | 74 | 599 | 109 | 504 | 656 | |
| 1980 | 385.200 | 386.000 | 99,8 | 558 | 480 | 78 | 690 | 124 | 351 | 734 | |
| 1990 | 316.513 | 317.628 | 99,6 | 482 | 427 | 55 | 656 | 89 | 315 | 737 | |
| 1999 | 311.715 | 312.450 | 99,8 | 420 | 379 | 41 | 742 | 109 | 358 | 735 | |
| 2000 | 311.670 | 312.400 | 99,8 | 412 | 372 | 40 | 756 | 117 | 354 | 735 | |
| 2001 | 310.795 | 311.530 | 99,8 | 404 | 366 | 38 | 769 | 101 | 349 | 735 | |
| 2002 | 311.652 | 312.400 | 99,8 | 396 | 359 | 37 | 787 | 97 | 346 | 735 | |
| 2003 | 314.107 | 315.407 | 99,6 | 396 | 360 | 36 | 793 | 97 | 357 | 735 | |
| 2004 | 314.107 | 315.407 | 99,6 | 393 | 358 | 35 | 799 | 79 | 352 | 735 | |
Notas [editar]
- ↑ "Ourense terá bispo en febreiro tras dous anos sen el", artigo en La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2011.