Río Búbal, río Támega
| Río Búbal | |
|
|
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Serra do Larouco |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | ? Km |
| Caudal medio | ? m³/s |
| Conca | n/d |
| Desembocadura | Río Támega |
O Búbal ou Buble é un río galego que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín. É afluente do río Támega.
Índice |
Étimo [editar]
O nome do río ten relación co do pobo prerromano dos Bíbalos, que habitaba na comarca, segundo consta no Padrón dos pobos da ponte de Chaves.
Descrición [editar]
Fontes [editar]
Nace na serra do Larouco, dacabalo entre os concellos de Cualedro e Baltar, na provincia de Ourense, e o de Montalegre, en Portugal. Recolle as augas das chairas entre a Alta Limia e a fronteira con Portugal.
Percorrido [editar]
O seu tramo final está declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e incluído na Rede Natura 2000, xunto co tramo do Támega augas arriba da desembocadura.
Afluentes [editar]
Os seus principais afluentes son o río Pichos, no concello que Cualedro, que percorre as parroquias de Lucenza, A Xironda e San Millao, e o río Rubín no concello de Monterrei, que percorre as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |