FA Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FA Cup
The FA Cup Trophy.jpg
Fundación 1871
Rexión Inglaterra Inglaterra
Gales Gales
Equipos 759
Actual campión Arsenal (11º título)
Máis laureado Arsenal
Manchester United
(11 títulos)
Sitio web www.thefa.com

A Football Association Challenge Cup, mellor coñecida como a FA Cup é unha competición anual de fútbol inglés de eliminación directa, organizada pola Football Association. Por razóns de patrocinio o seu nome oficial é FA Cup with Budweiser.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira vez que se disputou a FA Cup foi en 1871. É a competición futbolística máis antiga do mundo. Desde 1916 até 1919 a competición suspéndese por mor da Primeira Guerra Mundial. Entre 1940 e 1945 a Segunda Guerra Mundial obriga a suspender a competición de novo.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

O sistema de competición é o de eliminatorias directas a un partido, dentro dun cadro xeral de competición no que participan todos os clubs. En caso de empate, xógase un partido adicional en campo do equipo que sexa visitante no primeiro encontro. Outra igualdade en goles implica que o paso á seguinte rolda é para o equipo que marque máis goles de visitante. Si a paridade persiste hai lanzamentos de penaltis. O campión da Copa de Inglaterra consegue un posto na seguinte edición da Copa da UEFA agora Europa League.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]