Jerónimo Figueroa
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Jerónimo Figueroa Cabrera | ||
| Nacemento | 15 de xullo de 1982 (30 anos) | ||
| Lugar | As Palmas, España | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Las Palmas | ||
| Número | 24 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Las Palmas | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2002–2003 | Las Palmas B | ||
| 2003–2004 | Las Palmas | 40 | (3) |
| 2004–2008 | Deportivo da Coruña | 5 | (0) |
| 2004–2005 | → Albacete (cedido) | 24 | (1) |
| 2006–2007 | → R. de Santander (cedido) | 13 | (0) |
| 2007–2008 | → Xerez (cedido) | 30 | (0) |
| 2008–2010 | Xerez | 66 | (19) |
| 2010–2012 | Betis | 20 | (0) |
| 2012– | Las Palmas | 14 | (2) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de agosto de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Jerónimo Figueroa Cabrera, coñecido como Momo, nado o 15 de xullo de 1982 nas Palmas de Gran Canaria, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o UD Las Palmas.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou a xogar ao fútbol como profesional na UD Las Palmas B onde permaneceu unha tempada. Con 21 anos subiu ao primeiro equipo onde logra facerse un oco nos onces iniciais desa tempada sendo o xogador revelación de UD Las Palmas esa tempada.
No seu seguinte ano, é traspasado ao Deportivo da Coruña e tachado pola afección amarela como un mercenario. Pero Momo non ten oportunidades no Dépor e ten que irse cedido ao Albacete Balompié, club que acaba descendendo a Segunda División.
Na tempada 2005–06 quédase na Coruña, pero practicamente non xoga case ningún partido e búscaselle outra cesión á tempada seguinte (2006–07). Esta vez foi a recalar nas filas do Racing de Santander, pero de novo tampouco logra facerse un oco no once.
Na tempada 2007–08 non conta con sitio no persoal do Deportivo, así que é obrigado a irse outra vez cedido. Nesta ocasión ten que volver a Segunda División varias campañas despois, esta vez para xogar no Xerez CD. Pero grazas a esa campaña e a chegada de Esteban Vigo a metade de tempada, Momo volve conseguir un gran nivel, sendo un dos responsables da salvación do equipo.
O Xerez decide compralo ao Deportivo, o cal non ten problema en deixalo marchar. Na tempada 2008–09, Momo faise coa banda esquerda do equipo e consegue explotar futbolisticamente logrando ser o pichichi do equipo con 17 goles. Ademais, esa tempada foi nomeado como un dos tres mellores centrocampistas de ataque da Liga Adelante, xunto con Alfaro e Arana.[1]
En xuño de 2010, logo do descenso do Xerez a Segunda División, Momo fichou polo Real Betis para a tempada 2010–11. Nesa campaña, na que participou en 18 encontros, o equipo ascendeu como líder a Primeira División. Na campaña 2011–12 xogou tan só 2 partidos.
Na tempada 2012–13 firmou polo UD Las Palmas, participando en 13 encontros e anotando 2 goles no seu retorno ao equipo insular.
Estatísticas [editar]
Actualizado a 23 de decembro de 2012.
| Club | Temporada | Competición | Partidos | Goles | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Las Palmas B | 2001–02 | Terceira División | 26 | 1 | - | - |
| 2002–03 | Terceira División | – | – | – | – | |
| Las Palmas | Segunda División | 4 | 0 | 0 | 0 | |
| 2003–04 | Segunda División | 36 | 3 | 4 | 0 | |
| Albacete | 2004–05 | Primeira División | 26 | 1 | 1 | 0 |
| Deportivo da Coruña | 2005–06 | Primeira División | 5 | 0 | 1 | 0 |
| Copa Intertoto | 1 | 0 | 0 | 0 | ||
| Racing de Santander | 2006–07 | Primeira División | 13 | 0 | 0 | 0 |
| Xerez | 2007–08 | Segunda División | 32 | 0 | 5 | 1 |
| 2008–09 | Segunda División | 40 | 17 | 5 | 0 | |
| 2009–10 | Primeira División | 26 | 2 | 2 | 0 | |
| Betis | 2010–11 | Segunda División | 20 | 0 | 1 | 0 |
| 2011–12 | Primeira División | 2 | 0 | 1 | 0 | |
| Las Palmas | Segunda División | 4 | 1 | 0 | 0 | |
| 2012–13 | Segunda División | 18 | 3 | 1 | 1 | |
| Copa do Rei | 2 | 1 | 1 | 0 |
Notas [editar]
- ↑ Os mellores da Liga Adelante en LFP.es