José María Minella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Minella
Información persoal
Nome José María Minella
Nacemento 1909
Lugar de nacemento Mar del Plata
Falecemento 13 de agosto de 1981
Lugar de falecemento Buenos Aires
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Independiente de Mar de La Plata
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1928-1934 Gimnasia y Esgrima de La Plata
1935-1942 CA River Plate
1942-1943 CA Peñarol
1944 Green Cross
Selección nacional
Selección de fútbol da Arxentina 24 (1)
Adestrador
1945-1959 CA River Plate
1960 Newell's Old Boys
América de Cali
1963 CA River Plate
1964-1965 Selección de fútbol da Arxentina
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José María Minella, nado en 1909 en Mar del Plata e finado o 13 de agosto de 1981, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar en Independiente de Mar de La Plata e comezou a destacar no Gimnasia y Esgrima La Plata.

En 1935 fichou polo CA River Plate onde foi o 5 titular durante varios anos, incluídos os primeiros de La Máquina, como foi alcumado o equipo millonario neses anos, posteriormente alternou a titularidade con Bruno Rodolfi. En 1942 foi cedido ao CA Peñarol e de aí pasou definitivamente ao Green Cross chileno, despois denominado Deportes Temuco, onde rematou a súa carreira.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador, con grande éxito en River Plate, dirixindo ao equipo dende 1945 a 1957, afrontando a renovación da xeración denominada La Máquina substituíndo as grandes figuras desta (Juan Carlos Muñoz, José Manuel Moreno, Adolfo Pedernera, Ángel Labruna e Félix Loustau) por xogadores como Walter Gómez, Santiago Vernazza, Enrique Omar Sívori ou Norberto Menéndez. Deixaría o banco de River cun saldo de sete campionatos arxentinos, este rexistro so sería superado por Ramón Díaz

Posteriormente adestrou en Colombia, ao América de Cali, e o Uruguai para volver a River en 1963, porén so permanecería un ano no cargo. En 1964 faríase cargo da selección de fútbol da Arxentina, gañando a Copa das Nacións celebrada ese ano no Brasil e clasificando ao combinado para o Mundial de Fútbol Inglaterra 1966, porén a AFA decidiu renovar a dirección da selección. Tras esta destitución Minella retirouse do fútbol.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1936
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1937
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1941

Participación na Copa América

Título Club Sede Ano
Copa América Selección de fútbol da Arxentina Arxentina 1937
Copa América Selección de fútbol da Arxentina Chile 1941

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1945
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1947
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1952
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1953
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1955
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1956
Campionato da Arxentina River Plate Arxentina 1957

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Biografía do xogador en El Gráfico (en castelán)