Córdoba, Arxentina
Córdoba é unha cidade arxentina, capital da provincia homónima, situada na rexión central do país, a ambas beiras do Río Suquía, con preto de 1.400.000 habitantes. O seu territorio está dividido en 10 Centros de Participación Comunal, e é o único municipio do Departamento Capital.
Pola súa extensión, 576 km². Ten forma de cadrado de pouco menos de 24 km de lado. Limita ao norte co departamento Colón; ao leste co Departamento Colón (norte do río Suquía) e o departamento Santa María (sur do río Suquía); ao sur co Departamento Santa María e ao oeste co Departamento Santa María (sur do río Suquía) e o Departamento Colón (norte do río Suquía).
Índice |
Historia [editar]
Córdoba foi fundada o 6 de xullo de 1573 polo adiantado Jerónimo Luis de Cabrera co nome de Córdoba da Nova Andalucía, mais desobedeceu as ordes do Virrei do Perú e fundou Córdoba máis ao sur da xurisdición que se lle asignara. Dita desobediencia motivou que Cabrera fora decapitado na cidade de Lima, o 17 de agosto de 1574.
En 1580 comezou a construción da Catedral de Córdoba, finalizada en 1758. En 1610 fundouse o Colexio Máximo do cal derivou en 1613 a Universidade de Córdoba (actualmente Universidade Nacional de Córdoba), a máis antiga do país e a cuarta de América.
Xeografía [editar]
O río Suquía atravesa o termo municipal en sentido noroeste a leste. Ten as súas nacentes no Val de Punilla a máis de 70 km ao oeste do centro da cidade, sendo as súas augas embalsadas no Lago San Roque a máis de 25 km de dicho centro. Por outro lado, o arroio La Cañada transcorre en sentido suroeste a norte e conflúe co río Suquía na zona céntrica da cidade. Este arroio foi encauzado na terceira década do século XX xa que provocaba inundacións fatídicas. A cidade esténdese sobre ambas orelas e é atravesado por outros cursos de auga menores, como o arroio do Infiernillo.
Barrios [editar]
Córdoba posúe máis de 400 barrios, algúns extensos como Alto Alberdi, pero a maioría de poucas mazás. Os máis coñecidos son: Alta Córdoba, Alto Alberdi, Argüello, Centro, Cerro de las Rosas, Xeneral Paz, Güemes, Nova Córdoba.
O centro histórico está conformado por mazás cuadrangulares duns cento trinta metros de lado. A disposición dos barrios e avenidas principales é radial, é dicir, do centro da cidade nacen as avenidas que levan aos barrios máis periféricos.
Poboación [editar]
Segundo o último censo provincial (2008), a cidade conta con 1.315.540 habitantes, representando un aumento do 3,78% respecto aos 1.267.521 habitantes rexistrados durante o censo nacional de 2001. Segundo o Instituto Nacional de Estatística e Censos de Arxentina, o Gran Córdoba concentra o 40,89% da poboación provincial e representa o 3,31% da poboación nacional, que segundo estimación de xuño de 2008 ascende a 39.745.613.
Economía [editar]
Córdoba é un importante polo de industrias e empresas de alta tecnoloxía en Arxentina.
En 2005 o Produto Bruto Xeográfico de Córdoba foi aproximadamente de $20.147.896.422 pesos argentinos correntes, que equivalen a uns $14.974 per cápita anual. A cidade contribúe co 52% do PIB provincial e o 4,026% do Nacional.[1]Córdoba, en xeral, ten unha baixa participación na actividade primaria respecto ao lugar que ocupa a Provincia de Córdoba
O sector industrial, en cambio, ocupa un lugar principal na actividade económica. Entre as empresas estabelecidas encontramos a Renault, Fiat, Iveco, Marco Polo ou Volkswagen, que producen aproximadamente o 25% do total do país, xerando a localización de máis de 160 empresas automobilísticas ao seu arredor. Os sectores servizos e comercio continúan destacándose como a actividade máis importante na cidade, cun 35,78% e 51,39% respectivamente de ocupación.[2]
A eclosión da construción dos últimos años, fixo de Córdoba unha cidade con numerosos edificios comerciais e residenciais de gran categoría, cunha notable expansión do tecido urbano. A instalación da Cidade Empresarial, empresas relacionadas co software e a alta tecnoloxía, centros comerciais e o reformado aeroporto internacional, converten a Córdoba nun punto importante para a Arxentina.[3]
Cultura [editar]
Arquitectura e patrimonio histórico [editar]
Córdoba, preserva numerosos monumentos históricos da época da colonia española, en especial templos da Igrexa Católica. O máis recoñecido destos monumentos, é tal vez, a Mazá Xesuítica, que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.
Aeroporto [editar]
O Aeroporto Internacional Ingeniero Ambrosio Taravella atópase a 9 km ao norte da cidade. O movemento de pasaxeiros e avións que xera, convérteo no terceiro aeroporto con maior tráfico de Arxentina, detrás do Aeroparque e Ezeiza. Actualmente posúe 1.020 ha e unha plataforma de 57.350 m².
Notas [editar]
- ↑ "Observatorio Urbano: Capítulo 5: Economía." (en Español) (pdf). 2005. http://www.cordoba.gov.ar/cordobaciudad/principal2/docs/informacionestrategica/sie/Cifras5.pdf. Consultado o 17 de outubro de 2008.
- ↑ "Barrios bajo la lupa: Economía." (en Español) (pdf). 2006. http://www.cordoba.gov.ar/cordobaciudad/principal2/docs/informacionestrategica/sie/06-Economia.pdf. Consultado o 17 de outubro de 2008.
- ↑ "Ciudad empresaria, un emprendimiento hacia el futuro." (en Español) (web). 2007. http://www.cordoba.com.ar/Destacada/00338.html. Consultado o 20 de novembro de 2008.