Pablo Pinillos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Pinillos
Información persoal
Nome completo Pablo Pinillos Caro
Nacemento 9 de xullo de 1974 (40 anos)
Lugar Murillo de Río Leza, España
Altura 1,73 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1996 Calahorra 35 (5)
1996–1997 Pontevedra 34 (0)
1997–1999 Deportivo B 64 (0)
1997–1998 Deportivo da Coruña 7 (0)
1999–2000 Toledo 40 (0)
2000–2003 Compostela 110 (2)
2003–2005 Levante 65 (0)
2005–2011 Racing de Santander 172 (3)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Pablo Pinillos Caro, nado en Murillo de Río Leza (A Rioxa) o 9 de xullo de 1974, é un ex futbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pinillos compaxinou nos seus comezos os seus adestramentos co traballo de albanel, comezando a xogar na tempada 1995–96 no CD Calahorra de Terceira División e a tempada seguinte nas filas do Pontevedra CF de Segunda División B. Na tempada 1997–98 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club co que debutou en Primeira División o 11 de xaneiro de 1998, nun partido contra o CD Tenerife que rematou con victoria para os galegos (1–0). Sen embargo xogaría a meirande parte dos partidos no filial branquiazul, permanecendo no Deportivo B até 1999.

A tempada 1999–00 xogou no CD Toledo, onde estivo un ano, para recalar posteriormente no SD Compostela, no que permaneceu até 2003. No club santiagués pousou espido xunto cos seus compañeiros para unha revista, para así denunciar que levaban sete meses sen cobrar.

Na tempada 2003–04 foi contratado polo Levante UD, co que conseguiu o ascenso a Primeira esa mesma tempada. Neste club coincidiu con Manuel Preciado, grazas ao cal o adestrador o chamaría na súa segunda tempada como adestrador do Racing de Santander. Por isto, en 2005, foi contratado polo Racing, club onde hoxe é un dos capitáns.[1]

Marcou o seu primeiro en Primeira o 26 de abril de 2009, nun partido que enfrontou ao Athletic Club co Racing e que rematou con derrota (2–1).[2] O seu segundo e de momento derradeiro gol Primeira logrouno o 23 de setembro de 2010, nun partido que enfrontaba ao Racing co Sevilla FC no estadio Ramón Sánchez Pizjuán.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]