Signal Iduna Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Signal Iduna Park
Logo SIGNAL IDUNA PARK 2010.svg
Westfalenstadion von oben.jpg
Alemaña Westfalenstadion
UEFA EstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svg
Datos
Localización Dortmund, Alemaña
Arquitecto Planungsgruppe Drahtler
Custo 32,7 millóns de marcos (1974)
111,6 millóns de euros (est. 2005)
Inauguración 2 de abril de 1974
Superficie Céspede
Capacidade 80.720 (nacional)
65.982 (internacional)
Dimensións 105 x 68 m.
Propietario Westfalenstadion Dortmund GmbH
Localía Borussia Dortmund
Outros nomes Westfalenstadion (até 2005)
Eventos

O Westfalenstadion, que se chamará entre 2005 e 2016 por motivos de patrocinio Signal Iduna Park, é un estadio de fútbol situado na cidade de Dortmund, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ao oeste de Alemaña. É a sede habitual do club de fútbol Borussia Dortmund. Coas súas torres de suspensión amarelas o estadio é un símbolo da cidade.

Foi reconstruído para ser unha das subsedes da Copa Mundial de Fútbol de 2006 celebrada en Alemaña, converténdose entón no estadio de fútbol máis grande do país. Para este evento, o estadio levou temporalmente o nome de Estadio da Copa Mundial da FIFA de Dortmund, por razóns estipuladas no regulamento da FIFA. A arquitectura externa do Signal Iduna Park está composta de oito alicerces de suxeición amarelos de 62 metros de altura. O resto da estrutura é de aceiro.