San Juan, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

San Juan é unha cidade de Arxentina, capital da provincia homónima. Está situada no centro norte do Val do Tulum e a unha altitude de 650 msnm. É o centro administrativo e comercial do aglomerado urbano do Gran San Juan, que, para o ano 2010, contaba cun total de 471.389 habitantes e está situado entre os dez maiores aglomerados do país.

Foi fundada o 13 de xuño de 1562 polo conquistador español Juan Jufré baixo o nome de San Juan de la Frontera, a través do mandato da antiga Capitanía Xeral de Chile. A finais de 1593, Luis Jufré traslada a cidade á súa localización actual.

A súa fisonomía urbana está caracterizada por unha arquitectura contemporánea, onde destacan amplas rúas, avenidas e vereas excelentemente trazadas cunha espléndida e frondosa vexetación de árbores de distintas especies irrigadas mediante canles, sendo o motivo polo cal se coñece co sobrenome de "cidade oasis", xa que a arrodea un espazo árido. Aspecto que nace tras a destrución masiva provocada polo terremoto de 1944.

É cidade natal de Domingo Faustino Sarmiento, quen foi un destacado político, escritor, docente, e Presidente da República Arxentina, recoñecido pola súa incansable loita na educación pública arxentina.

Conta cunha importante infraestrutura de aloxamento e transporte, e nas proximidades destacan atractivos como Embalse e dique Ullum, a Quebrada de Zonda, termas, museos e é punto de partida para a Rutas do viño de San Juan.

Esta cidade foi, para agosto de 2010, sede do XXXIX Cumio de Mercosur.[1] Tamén para setembro de 2011 foi elixida sede do Campionato mundial de hóckey sobre patíns[2]

Notas[editar | editar a fonte]