Real Racing Club de Santander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Racing de Santander
Nome Real Racing Club de Santander, S.A.D.
Alcume(s) Racing;
Racinguistas;
Verdiblancos;
Montañeses
Fundación 14 de xuño de 1913 (101 anos)
Estadio El Sardinero,
Santander, España
Inauguración 1988
Capacidade 22.500
Presidente España Juan Antonio Sañudo
Adestrador España Paco Fernández
Liga Segunda División
2013–14 (2ªB – Grupo 1)
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Real Racing Club de Santander, S.A.D., é un club de fútbol español da cidade de Santander, en Cantabria. Foi fundado o 14 de xuño de 1913 e compite na Segunda División Española.

Logo de finalizar en sexta posición na tempada 2007–08, o Racing xogou por primeira vez na súa historia a Copa da UEFA. Actualmente ocupa a 14ª posición na clasificación histórica de Primeira División.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca con detalles verdes e negros, pantalón negro e medias verdes con volta branca.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verdinegra, pantalón verdinegro, media dereita verde e media esquerda negra.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul claro e vermella, pantalón branco con detalles azul e vermello e medias brancas con liñas azul e vermella.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Estadio[editar | editar a fonte]

El Sardinero.
Artigo principal: Campos de Sport de El Sardinero.

Disputa os seus partidos oficiais nos Campos de Sport de El Sardinero, coñecido normalmente coma El Sardinero, situado próximo á praia santanderina do mesmo nome, sendo propiedade do concello de Santander. O estadio inaugurouse en 1988. Dispón de 22.500 localidades, todas elas de asento. As dimensións do terreo de xogo son 105 por 68 metros.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Racing de Santander

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 2 de setembro de 2013
Posto País Xogador
POR España Mario Fernández
POR España Dani Sotres
POR España Sergio Pérez
DEF España Francis
DEF España Agustín
DEF España Saúl
DEF España Oriol Lozano
DEF España Pedro Orfila
DEF España Javi Barrio
DEF España Javi Soria
DEF España Iban Zubiaurre
Posto País Xogador
DEF España Juanpe
MED España Borja Granero
MED España Andreu
MED España Ander Lafuente
MED España Rubén Durán
MED España Iñaki Sáenz
MED España Miguel Ángel Nieto
DIA Costa do Marfil Mamadou Koné
DIA España David Miguélez
DIA España Mariano Sanz
DIA Francia John-Christophe Ayina

Cedidos[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
DEF España Gonzalo Herrero (ao Tropezón)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Real Racing Club de Santander B.

O Racing de Santander B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1926 e conseguiu ascender a Segunda B na tempada 2005-06, aínda que agora xoga na Terceira División Española. O Rayo Cantabria é actualmente o segundo filial do Racing de Santander.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]