Manuel Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seoane
Seoane color 1923.jpg
Manuel Seoane, 1923.
Información persoal
Nome completo Manuel Seoane
Lugar Arxentina
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Fábrica Campomar
1918–1920 Club Progresista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1920–1923 CA Independiente
1923–1924 El Porvenir
1924 CA Independiente
1924 El Porvenir
1925 Boca Juniors
1926–1933 CA Independiente
Selección nacional
1921–1931 Selección de fútbol de Arxentina 21 (16)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Manuel Seoane, sobre o seu nacemento existe unha controversia, segundo a versión oficial naceu o 19 de marzo de 1902 en Piñeiro, Partido de Avellaneda (Provincia de Buenos Aires), porén el nunha entrevista realizado en 1922 dixo que nacera o 19 de decembro de 1901 en Rosario, e finado o 21 de agosto de 1975 en Quilmes (Provincia de Buenos Aires), foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrados españois comezou a traballar nunha cristalería com aprendíz, porén con 15 anos comezou a xogar a fútbol no equipo da fábrica Campomar.

En 1918 inscribiuse no Club Progresista do barrio La Mosca, onde xogou ata decembro de 1920 cando o debutou con CA Independiente cun hat-trick ante Estudiantes, dous encontros amigábeis despois foi fichado oficialmente polo club.

Debutou en encontro oficial con Independiente o 3 de abril de 1921 como titular, condición que non perdeu ao longo de toda a súa carreira futbolística, o seu primeiro gol tivo que agardar ata o seu segundo encontro, o 10 de abril ante o CA Lanús.

En 1922 chegou o primeiro campionato obtivo por Independiente, quedando primeiro por diante de River Plate e San Lorenzo con 55 goles de Manuel Seoane.

O 11 de novembro de 1923 viuse involucrado nun incidente no encontro ante River, no que foron expulsados varios xogadores, entre eles a Seoane e Ronzoni que foron sancionados durante un ano, polo que foron a xogar a El Porvenir que militaba na Asociación Arxentina, campionato paralelo ao disputado por Independiente.

Tralo indulto regresou a Independiente, porén so disputou un encontro xa que volveu a El Porvenir, equipo que o acollera nos malos momentos

En 1925 foi chamado por Boca Juniors para a xira que realizou o equipo por Europa, Seoane foi o máximo goleador da xira con 16 tantos.

De volta en Arxentina ficha outra vez por Independiente co que conquistou o campionato de 1926, ao quedar o equipo invicto, e a Copa Competencia. Finalmente retirouse en 1933, disputando o último encontro o 8 de outubro ante Ferro Carril Oeste.

O 22 de agosto de 1934 realizouse un encontro de homenaxe no que se lle entregou o produto dunha colecta para a adquisición dunha casa, xa retirado do seu traballo de sempre, Clasificador de lanas en Campomar.

Manuel Seoane foi un dianteiro que podia xogar en calquera posición de ataque, que compensaba unha constitución tendente á obesidade cunha gran calidade e intelixencia. Viviu o paso do amateurismo do fútbol arxentino, do que é o máximo goleador con 207 goles (sen contar os anotados con El Porvenir) en 208 encontros, ao profesionalismo. No fútbol profesional xogou 56 encontros e anotou 34 goles.

Faleceu en Quilmes aos 73 anos de idade.

Ca selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Foi internacional ca Selección de fútbol de Arxentina en 21 ocasións entre os anos 1921 e 1931, anotando 16 tantos. Ca selección conquistou a Copa América no ano 1925.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alma Roja, editorial Cuatro Vientos, escrito por Claudio Keblaitis.