Alfio Basile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfio Basile
Información persoal
Nome Alfio Basile
Nacemento 1 de novembro de 1943 (80 anos)
Lugar de nacemento Bahía Blanca
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1964 Club Bella Vista
1964–1970 Racing Club 186
1971–1975 CA Huracán
Adestrador
1975–1976 CA Chacaritas Junior
1976 CA Rosario Central
1977 Racing Club
1977 CA Racing
1978 Instituto
1980 CA Racing
1981 Instituto
1982 CA Huracán
1983 CA Racing
1983 Club Atlético Talleres
1984-1985 CA Vélez Sársfield
1985-1989 Racing Club
1989-1990 CA Vélez Sársfield
1990-1991 Uruguai Club Nacional
1991-1994 Arxentina
1994-1995 España Atlético de Madrid
1996-1997 Racing Club
1998 CA San Lorenzo
2000-2001 Club América
2004 CA Colón
2005-2006 CA Boca Juniors
2006-2008 Arxentina
2009-2010 CA Boca Juniors
2012 Racing Club
Na rede
UEFA: 100536 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Alfio Basile máis coñecido como Coco Basile, nado o 1 de novembro de 1943 en Bahía Blanca (Provincia de Buenos Aires) é un futbolista e adestrador arxentino retirado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coma xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional no modesto Club Bella Vista, da súa cidade natal. En 1964 fichou polo Racing Club, onde permaneceu ata 1970 participando nunha grande época do equipo, que gañou o título de liga en 1966 e a Copa Libertadores e Copa Intercontinental en 1967.

En 1971 fichou polo CA Huracán, equipo que tivo que abandonar en 1975 por problemas no xeonllo.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Unha vez se retirou coma xogador profesional comezou a súa carreira de adestrador de fútbol. Pasou por gran número de equipos arxentinos, coma CA Huracán ou CA Rosario Central. Desta primeira época destaca Racing Club, co que gañou a Supercopa Suramericana e Supercopa Interamericana en 1988.

En 1991 substituíu Carlos Bilardo na dirección da Selección de fútbol da Arxentina de cara o Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994, equipo no que adestrou a Gabriel Batistuta, Diego Armando Maradona ou Claudio Caniggia. Con este equipo gañou a Copa América en dúas ocasións (1991 e 1993) e a Copa Confederacións da FIFA (1992). A fase de clasificación para o Mundial tivo os seus claroscuros tendo que xogar unha fase de repesca ante o gañador do grupo de Oceanía, Australia, partidos para os que Maradona volveu ao equipo. O Mundial seguiu está tónica, comezou cunha goleada por catro a cero ante Grecia e rematou co equipo eliminado en oitavos de final ante Romanía trala expulsión de Maradona tras dar positivo nun control antidopaxe. Tras esta sorprendente eliminación Basile deixou o equipo, a pesar deste fracaso baixo a súa dirección o equipo marcou a maior racha de encontros sen perder da historia da selección arxentina, 33 encontros.

Nos seguintes anos Basile dirixiu a diversos equipos tanto arxentinos coma estranxeiros, coma o Club América de México, Club Nacional de Football do Uruguai ou Atlético de Madrid español. Porén non obtivo bos resultados con ningún destes equipos.

No ano 2000 recibiu o Premio Konex, coma un dos cinco mellores adestradores arxentinos da década.

En xullo de 2005 fichou polo CA Boca Juniors co que colleitaria varios títulos, tanto nacionais coma internacionais coa Recopa Suramericana en dúas ocasións, Torneo Apertura, Torneo Clausura e Copa Suramericana. O 15 de setembro foi substituído por Ricardo La Volpe para facerse cargo outra vez da Selección da Arxentina susbtituíndo a José Pekerman. Permaneceu no posto ata outubro de 2008 cando renunciou ao cargo tras a derrota ante a Selección de fútbol de Chile, o seu posto ocupouno Diego Armando Maradona.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Torneo Apertura CA Boca Juniors Arxentina 2005
Torneo Clausura CA Boca Juniors Arxentina 2006

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Supercopa Suramericana Racing Club Brasil 1988
Copa Xigantes da Concacaf Club América Estados Unidos 2001
Recopa Suramericana CA Boca Juniors Colombia 2005
Copa Suramericana CA Boca Juniors Arxentina 2005
Recopa Suramericana CA Boca Juniors Brasil 2006

Coa selección da Arxentina[editar | editar a fonte]

Título Equipo (*) Sede Ano
Copa América Selección de fútbol da Arxentina Chile Chile 1991
Copa Kirin Selección de fútbol da Arxentina Xapón 1992
Copa Confederacións da FIFA Selección de fútbol da Arxentina Arabia Saudita 1992
Copa América Selección de fútbol da Arxentina Ecuador 1993