La Plata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°55′07″S 57°57′07″W / 34.91861°S 57.95194°W / -34.91861; -57.95194

La Plata
Bandera-LP.png
Bandeira
Escudo-LP.gif
Escudo
Información
País Flag of Argentina.svg Arxentina
Poboación 186.527 hab. (2001)
Alcalde Pablo Bruera
Páxina Oficial
Galería
Ciudad La Plata montage.jpg

La Plata é unha cidade arxentina, capital da provincia de Buenos Aires e do Partido de La Plata, situada a 56 km ó sudeste de Buenos Aires. É coñecida como a «Cidade das Diagonais» ou a «Cidade dos Tilos»[1].

A cidade foi deseñada para servir como capital da provincia despois de que a cidade de Buenos Aires fose declarada Distrito Federal en 1880. É o principal centro político, educativo e administrativo da provincia. Segundo o censo feito polo Instituto Nacional de Estadística y Censos (INDEC), en 2001 tiña 186.527 habitantes, e o seu aglomerado urbano (Gran La Plata), composto polo partido homónimo, Ensenada e Berisso, 694.253 habitantes.[2].

La Plata foi fundada oficialmente polo gobernador Dardo Rocha o 19 de novembro de 1882 e a súa construción foi totalmente documentada en fotografías por Tomas Bradley.[3] Entre os anos 1952 e 1955, a cidade chamouse Ciudad Eva Perón.

Esta cidade planificada é recoñecida polo seu trazado, un cadrado perfecto co Eixo Histórico conservado ate hoxe en forma intacta; ó igual que o deseño sobresaínte das diagonais que o atravesan formando rombos dentro do seu contorno, fragas e prazas colocadas con exactitude cada seis cuadras.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización[editar | editar a fonte]

A cidade de La Plata é a cabeceira do partido homónimo e limita coas localidades (ou centros comunais) de Villa Elvira, Altos de San Lorenzo, Los Hornos, San Carlos, Tolosa e o Partido de Berisso.[4]

Clima[editar | editar a fonte]

De clima temperado, a temperatura media anual ronda os 16,3 °C e as precipitacións medias anuais calcúlanse en 1.023 mm. Pola súa proximidade ao Río de La Plata a humidade adoita ser abondosa, sendo a humidade media anual dun 80%. No tocante ao vento, a súa intensidade media anual chega ós 12 km/h, sendo predominantes os ventos que veñen do leste, nordeste e suroeste.[5]

A súa temperatura máis alta foi de 39 °C no verán e a súa mínima de -5,7 °C no inverno.[6]

Climograma de La Plata.
Precipitacións en La Plata[5]
Estación Precipitación Promedio
Verán
(decembro, xaneiro , febreiro)
289 mm 27.8%
Outono
(marzo, abril, maio)
289 mm 27.8%
Inverno
(xuño, xullo, agosto )
196 mm 18.8%
Primavera
(setembro, outubro, novembro)
266 mm 25.6%

As nevaradas son feitos atípicos e moi pouco frecuentes na cidade. Tan só se rexistraron 2 casos de nevarada e outro de auga neve. A primeira nevarada en La Plata aconteceu o 22 de xuño de 1918, mentres que a última nevarada importante tivo lugar o 9 de xullo de 2007.[7]

Terremotos[editar | editar a fonte]

A rexión está próxima á Falla de Punta del Este, con sismicidad baixa. O último tremor produciuse en 1888, cunha magnitude de 5,5 na Escala de Richter. [8]

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe da cidade[editar | editar a fonte]

Dardo Rocha, o fundador da cidade.

O fracaso do alzamento porteño de 1880, motivado polos enfrontamentos que se producían na Provincia de Buenos Aires co Goberno da República polo control da cidade de Buenos Aires (naquelas datas capital tanto do Estado Provincial coma do Nacional), concluíu na federalización de Buenos Aires, e polo tanto, Buenos Aires deixou de ser a capital da Provincia de Buenos Aires. Dardo Rocha, nomeado gobernador da Provincia trala revolta, viuse entón coa necesidade de instalar o seu goberno e a súa administración provincial noutra cidade.

Entre tódalas cidades xa existentes nesa época, Dardo Rocha elixiu Ensenada, na beira do Río da Prata e unida con Buenos Aires polo ferrocarril Buenos Aires-Ensenada. O 14 de marzo de 1882 anunciouse a "capitalización" do Partido de Ensenada.[9] Non obstante, a decisión non incluía a instalación do goberno e da administración na costeira Ensenada, senón que se proxectou o emprazamento dunha nova cidade 10 km terra adentro nas Lomas de Ensenada. Aqueles terreos, cubertos por fragas, constituían parte das propiedades de Martín Iraola, e estaban preto do pobo de Tolosa, fundado en 1871, e que daquela tiña uns 7000 habitantes. Para o deseño da nova urbe, chamóuselle ó enxeñeiro Pedro Benoit que fixo os planos da futura capital da provincia.[10]

A estrutura levantada na praza levaba gravadas lendas de contido ideolóxico, como: «Paz e Liberdade»; «Orden e Progreso»; «Vías de Comunicación e Vida Consistorial»; «Educación Común e Sufraxio Libre»; «Non Abonda Con Odia-la Tiranía, É Preciso Ama-la Liberdade».

Finalmente, o 19 de novembro de 1882, en presencia do gobernador Dardo Rocha e do ministro Victorino de la Plaza en representación do presidente arxentino Julio Argentino Roca, colocouse a primeira pedra nunha furna enterrada no centro xeográfico da cidade (hoxe a Praza Moreno).[11] Nese acto, Dardo Rocha pronunciou as seguintes palabras: «Démoslle á nova capital o nome do río magnífico que a baña, e depositamos baixo esta pedra, agardando que aquí queden sepultadas para sempre, as rivalidades, os odios, os rencores, e tódalas paixóns que retardaron por tanto tempo a prosperidade do noso país».[12]

Dende finais de 1882, os primeiros habitantes (moreas de albaneis italianos) comezaron coas obras fundacionais. En xuño de 1883 comezouse a construír o Palacio Municipal de La Plata.[13] Un ano despois, en 1884, os poderes públicos da Provincia se instalaron finalmente.

Entre o 25 e o 29 de marzo de 1884 levouse a cabo o primeiro censo da cidade. Na cidade habitaban 10.407 persoas (8779 homes e 1628 mulleres), sendo 1278 arxentinos e o resto estranxeiros, que viñan maioritariamente de Italia, España, Francia, Portugal, Austria e Inglaterra.[14]

En abril de 1886 rematouse coa instalación do alumeado eléctrico da cidade, co cal La Plata foi a primeira cidade de Sudamérica con este servizo.[15]

Tan só 5 anos despois de ser fundada a cidade, fundouse o Club de Gimnasia y Esgrima La Plata o 3 de xuño de 1887, comezando as súas actividades deportivas cos dous deportes que forman o seu nome, a ximnasia e a esgrima.

O 20 e 24 de agosto de 1887 foron inaugurados os servizos de telegrafía e de telefonía da cidade. As liñas telefónicas instaladas facían posible a comunicación coas cidades de Buenos Aires, Ensenada e Tolosa.[16]

La Plata no século XX[editar | editar a fonte]

En 1905 o doutor Joaquín Víctor González fundou a Universidade Nacional de La Plata. O 4 de agosto dese mesmo ano, fundouse o Club Estudiantes de La Plata.

Baixo a administración de Marcelo Torcuato de Alvear entre 1922 e 1928, Enrique Mosconi, o presidente da petroleira estatal Yacimientos Petrolíferos Fiscales (YPF), construíu a refinería de La Plata, que foi a décima refinería máis grande do mundo.[17]

O 22 de novembro de 1931 se inauguraron os primeiros servizos de transporte en autobús da cidade, servizos ofrecidos pola empresa "Argentina de Ómnibus".

O 10 de decembro de 1945 casáronse Juan Domingo Perón e mais Eva Duarte na Igrexa de San Francisco de Asís desta cidade.[18]

En 1952, trala morte de Eva Perón, a cidade foi rebautizada como Ciudad Eva Perón, volvendo logo ó seu nome orixinal trala caída do goberno de Juan Domingo Perón en setembro de 1955.

Selo postal conmemorativo polos 100 anos da cidade.

En 1977 o vello Teatro Argentino de La Plata sufriu un incendio que destruíu boa parte das instalacións e afectou seriamente á estrutura do edificio. Só quedaron en pe as paredes do perímetro do edificio. A pesares da petición popular para reconstruír o teatro, o goberno militar de entón decidiu tirar abaixo os restos queimados do edificio e promoveu a construción dun novo edificio cultural no mesmo sitio. As obras comezaron en 1980 cunha estimación de catro anos para o seu remate, que non se cumpriu.[19]

En 1982 celebrouse o centenario da cidade e se emitiu un selo postal no cal se destacaban o Palacio Municipal, a Catedral, o Museo de Ciencias Naturais e o Observatorio.

O 10 de decembro de 1991 asumiu o goberno Julio Alak con 32 anos de idade, sendo reelexido en 1995, 1999 e 2003, e mantivo o seu cargo ata as eleccións de 2007.

En outubro de 1998, a Unesco aprobou a candidatura da cidade para acadar o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade. A distinción aínda non lle foi dada por problemas co mantemento arquitectónico e paisaxístico nas últimas décadas, que en opinión dalgúns especialistas lle xenerou danos estéticos.[20][21]

Actualidade[editar | editar a fonte]

Catedral de La Plata.

El 7 de xuño de 2003 se inaugurou na cidade o Estadio Ciudad de La Plata, un dos máis modernos de Sudamérica, aínda que as obras estaban sen rematar.

O 28 de outubro de 2007 foi elixido Pablo Bruera co 26% dos votos, reemplazando a Julio Alak, quen levaba no cargo dende 1991.[22]

Durante o ano 2009, o concello da cidade, o goberno da provincia e a presidencia da Nación, acordaron a cesión definitiva de parte das terras do Paseo del Bosque ós clubs Estudiantes e Gimnasia. O 24 de xuño, o Consejo Deliberante aprobou o convenio polo cal os clubs Estudiantes e Gimnasia recibirán en carácter de "donación con cargo" as terras onde agora se erguen os seus estadios no Paseo del Bosque.[23]

En abril de 2009 reabriu a suas portas ó público o Pasaje Rodrigo como centro comercial. A galería comercial fora inaugurada en 1929 por Basilio Rodrigo (un inmigrante español) e levaba pechada dende facía 10 anos.[24]

En 2011, o Estadio Ciudad de La Plata foi a sé principal da Copa América 2011, acollendo o encontro inaugural e outro 5 encontros.[25]

Goberno[editar | editar a fonte]

Casa do Goberno da Provincia de Buenos Aires.

O sistema federal de goberno de Arxentina ten 3 niveis: o Nacional, o Provincial e o Consistorial. Polo tanto, compre referirse ós 3 poderes en cadanseu nivel.

O poder executivo en La Plata é exercido polo Intendente municipal, elixido por sufraxio cada catro anos, con posibilidade de reelección ilimitada. O edificio gobernamental é coñecido como Palacio Municipal, situado entre as rúas 51, 53, 11 e 12, no centro da cidade, está separado da catedral pola Praza Moreno. O actual intendente é Pablo Bruera.

O goberno da cidade divídese en diferentes áreas. Estas son: Secretaría Privada, Secretaría Xeral, Secretaría de Economía, Secretaría de Xestión Pública, Secretaria de Desenrolo Social, Secretaria de Cultura, Secretaria de Modernización e Desenrolo Económico, Secretaría de Xustiza de Faltas, Secretaría de Saúde e Medicina Social, Xefatura de Gabinete, Mercado Rexional La Plata, Consorcio de Xestión Porto La Plata, Unidade Executora de Ingresos Públicos, Unidade Executora Axencia Ambiental, Subsecretaría de Dereitos Humanos, Secretaría de Goberno, Consello de Planificación de Políticas, Produción e Emprego Rexional, e o Consello Deliberante.[26]

Demografía[editar | editar a fonte]

O casco urbano, segundo o Censo Nacional de Poboación e Vivendas de 2001, conta cunha poboación de 186.524 habitantes.[27]

Evolución da poboación do Partido de La Plata dende 1960 a 2001.

A poboación do Partido de La Plata tivo dende 1960 a seguinte evolución:[28]

Entre 1991 e 2001 o crecemento sufriu unha desaceleración, como lle ocorreu a moitas cidades arxentinas, pero sin deixar de medrar.

O aglomerado de Gran La Plata contaba con 745.027 en 2001, e polo tanto era a 6ª de Arxentina.

A poboación é maiormente descendente de españois e italianos, aínda que tamén se destacan alemáns, árabes, bolivianos, xudeus, paraguaios, peruanos e polacos.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Vista do concello de La Plata e Praza Moreno dende a Catedral.
Vista aérea da cidade.
Praza Dardo Rocha dende o aire.
Vista da Praza Moreno e da Catedral.
Vista da diagonal 73 en primavera.
Palacio de Xusticia.
Xulgados Federais de La Plata.

La Plata é unha cidade planificada, paradigma da planificación urbanística de finais do Século XIX. Tamén é un exemplo do "hixienismo" que comezaba a coller importancia nesa época.

O debuxo da cidade foi feito polo arquitecto Pedro Benoit, e se caracteriza por ter forma de cuadrícula e polas súas numerosas avenidas e rúas diagonais. Na Praza Moreno se produce a unión das dúas diagonais máis importantes, 73 e 74, que atravesan a cidade de este a oeste e de norte a sur respectivamente. Esta praza é a principal da cidade e nela están o Palacio Municipal de La Plata e a Catedral de La Plata, de estilo neogótico, con torres de 112 metros, que foron rematadas en 1999. Outros puntos destacados da cidade son o Museo de Ciencias Naturais de La Plata, o edificio da Gobernación, a Lexislatura Provincial, o novo Teatro Arxentino de La Plata e o Hipódromo de La Plata. Moitos deses edificios foron construídos ó mesmo tempo na época da fundación da cidade, despois dunha convocatoria internacional de propostas, se lles adoita chamar "edificios fundacionais", e a maioría encóntranse sobre o eixo fundacional, que son as mazás situadas entre as rúas 51 e 53.

Outra obra importante é a casa matriz do Banco de la Provincia de Buenos Aires, situado entre as rúas 6, 7, 46 e 47. Esta construción foi proxectada polos arquitectos Juan A. Buschiazzo y Luis Viglione. Foi inaugurado e 19 de abril de 1886, sendo modificado en 1913 e na década de 1970.

Na «cidade dos tilos e as diagonais», cada seis rúas hai unha avenida, e en cada cruce de avenidas hai un dos seus 23 parques e prazas (incluído o Paseo del Bosque), conectados entre si á súa vez por rúas diagonais. As rúas da cidade están poboadas por especies de árbores como tilos (o árbol representativo da cidade), plátanos (a especie máis abondosa no trazado), jacarandás, arces, laranxeiros, etc, facendo das vías da cidade unhas das mais forestadas entre as cidades do país, dándolle sombra ós camiñantes, e fogar ás especies de aves como estorniños, colibrís, cotorras, etc.[32]

A cidade é moi verde, sendo o seu maior parque o chamado Paseo del Bosque, co seu lago, o anfiteatro Martín Fierro, o seu Xardín Zoolóxico e Botánico de La Plata de estilo victoriano, o Observatorio Astronómico, e o Museo de Ciencias Naturais.

Arquitectonicamente destacan a Catedral de La Plata, de estilo neogótico, chamada La Colorada, a antiga estación central de ferrocarril. En 1977 a cidade perdeu por un incendio un dos seus máis importantes monumentos: o Teatro Arxentino de La Plata, de estilo neoclásico. No seu lugar construíuse un novo teatro de estilo brutalista. A cidade conta ademais co Estadio Ciudad de La Plata.

Autoestrada La Plata - Buenos Aires.
Museo de Ciencias Naturais.
Centro Cultural Pasaxe Dardo Rocha.
Imaxe dun encontro entre Estudiantes e Gimnasia.

Cultura[editar | editar a fonte]

A cultura ten un gran papel na cidade de La Plata. Isto se reflexa na boa cantidade de centros culturais, teatros, museos, cines e bibliotecas que hai na cidade, ademais da Universidade Nacional de La Plata e o Observatorio Astronómico de La Plata.

  • Teatros: Teatro Arxentino de La Plata, Teatro Municipal Coliseo Podestá, Anfiteatro Martín Fierro, Teatro La Nonna, Teatro La Hermandad del Princesa, Sala 420, Taller de Teatro de la UNLP, Complexo El Teatro, Teatro La Lechuza.
  • Museos:[33][34] Museo de Ciencias Naturais de La Plata, Museo de Arte Contemporáneo Latinoamericano, Museo Provincial de Belas Artes, Museo Municipal de Belas Artes, Museo de Arte Fra. Angélico, Museo de Instrumentos Musicais Colección Dr. Emilio Azzarini, Museo Histórico do Forte da Ensenada de Barragán, Museo e Arquivo Dardo Rocha, Museo Almafuerte, Museo do Teatro Arxentino, Museo José Juan Podestá, Museo da Catedral, Museo Indixenista Yana Kúntur, Museo Internacional de Bonecos, Museo do Automóbil Colección Rau, Museo do Tango Platense, Museo Policial Inspector Maior Vesiroglos, Museo Histórico Contralmirante Chalier, Museo Histórico Militar Tte. Julio A. Roca, Museo de Anatomía Veterinaria Dr. Víctor M. Arroyo, Museo de Artesanía Tradicional Juan Alfonso Carrizo, Museo de Astronomía e Xeofísica, Museo de Botánica e Farmacognosia Dr. Carlos Spegazzini, Museo e Casa de Descanso Samay Huasi, Museo de Física, Museo de Historia da Medicina Dr. Santiago Gorostiague, Museo Biblioteca de Química e Farmacia Prof. Dr. Carlos Sagastume, Museo de Odontoloxía, Museo de Ciencias Agrarias e Forestais Prof. Julio Ocampo.
  • Bibliotecas: Biblioteca Central Xeneral José de San Martín, Biblioteca Municipal Francisco López Merino, Biblioteca da Universidade Nacional de La Plata, Biblioteca da Lexislatura da Provincia.

Deporte[editar | editar a fonte]

O deporte máis popular na cidade, ó igual que en todo o país, é o fútbol. Entre os moitos clubs que o practican destacan na Primeira División os clubs Estudiantes de La Plata e Gimnasia y Esgrima La Plata, sendo este último o decano do fútbol arxentino.[35] Entre ámbolos dous equipos se disputa o chamado "Clásico Platense", un dos derbis mais apaixonados da Arxentina. Destes equipos xurdiron recoñecidos xogadores como Manuel Pelegrina, José María Minella, Martín Palermo, Francisco Varallo, Juan Sebastián Verón e o seu pai, Juan Ramón Verón, Guillermo Barros Schelotto, entre outros.

En baloncesto, a través da Asociación Platense de Básquetbol, a cidade conta con ligas e torneos para todos los niveis ou categorías.

Os clubs de rugby máis representativos da cidade son La Plata Rugby Club, Club de Rugby Los Tilos, Club San Luis La Plata, etc.

Tamén hai que destacar a tradición da hípica na cidade. O Hipódromo de La Plata é o terceiro do país en número de carreiras e afluencia de xente.

Turismo[editar | editar a fonte]

Os lugares turísticos máis importantes encóntranse no eixo fundacional da cidade, entre as rúas 51 e 53, sendo o centro da cidade a Praza Moreno. Esta praza separa dous grandes obras arquitectónicas da cidade: a Catedral Metropolitana de La Plata «Inmaculada Concepción» e o Palacio Municipal de La Plata.

A cidade de La Plata ten varios monumentos e sitios históricos. Entre eles encóntranse: a casa maior do Banco Provincia de Buenos Aires, a Casa Curutchet, Casa de Goberno da Provincia de Buenos Aires, Casa Mariani-Teruggi, Centro Cultural Islas Malvinas, Centro Cultural Estación Provincial, Centro Cultural Pasaxe Dardo Rocha, Igrexa de San Benxamín, a Lexislatura Provincial, Museo de Ciencias Naturais de La Plata, a Quinta Oreste Santospago, o Rectorado da UNLP, o Museo Ferroviario de Tolosa, o Teatro Municipal Coliseo Podestá, o Paseo del Bosque, o Anfiteatro Martín Fierro, o Estadio Ciudad de La Plata, o Parque Saavedra, a feira de artesáns en Praza Italia, o Parque Ecolóxico Municipal, entre outros.[36]

Ademais, ó estar na cidade de La Plata pódense percorrer os monumentos das cidades veciñas de Berisso, Ensenada e Gonnet, estando entre elas a Rúa Nova York, o Frigorífico Swift, a Parroquia Católica Ucraniana «Nosa Señora da Asunción», o Centro Cultural Vieja Estación, o Forte Barragán e Museo Histórico, a Ponte Xiratoria Ensenada, a República de los Niños, entre outros.[37]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La ciudad de las diagonales, los tilos y los estornudos", artigo en Diario Hoy (acceso o 5 de novembro de 2010) (en castelán).
  2. Estimaciones de población total por departamento y año calendario Período 2001-2010 (acceso o 11 de xaneiro de 2009) (en castelán).
  3. "Curiosidades 1882 a 1912 - 2". http://www.laplatamagica.com.ar/web/?q=node/46. Consultado o 23 de outubro de 2010.
  4. "Estadística". http://www.estadistica.laplata.gov.ar/. Consultado o 6 de novembro de 2010.
  5. 5,0 5,1 "Clima-Suelo". http://www.estadistica.laplata.gov.ar/paginas/climasueloLP.htm. Consultado o 2 de novembro de 2010.
  6. "La Plata". http://www.smn.gov.ar/?mod=clima&id=30&provincia=Buenos%20Aires&ciudad=La%20Plata. Consultado o 10 de febreiro de 2009.
  7. "Otro espectáculo blanco". 2007. http://www.eldia.com.ar/edis/20070710/20070710074744.htm. Consultado o 5 de febreiro de 2009.
  8. "Listado de Terremotos Históricos". http://www.inpres.gov.ar/seismology/seismology/historic/hist.panel.htm. Consultado o 9 de marzo de 2009.
  9. "LEY 1463". http://www.gob.gba.gov.ar/legislacion/legislacion/l-1463.html. Consultado o 6 de novembro de 2010.
  10. "Pedro Benoit (1836 - 1897) Responsable del Trazado de la ciudad". http://www.interlap.com.ar/laplata/secciones.php?Historia=5. Consultado o 5 de novembro de 2010.
  11. "Plaza Moreno". http://www.infociudad.com/turismo_detalle.asp?ID=26&path=Argentina,%20La%20Plata,%20Al%20Aire%20Libre,%20,%20,%20Plaza%20Moreno. Consultado o 10 de febreiro de 2009.
  12. "Historia". http://www.laciudad.laplata.gov.ar/historia. Consultado o 11 de outubro de 2010.
  13. "Palacio Municipal". http://www.interlap.com.ar/laplata/secciones.php?Historia=9. Consultado o 12 de febreiro de 2009.
  14. "Curiosidades 1882 a 1912 - 4". http://www.laplatamagica.com.ar/web/?q=node/48. Consultado o 5 de novembro de 2010.
  15. "Historia de la electricidad platense". http://www.edelap.com.ar/100consejos/laplata/laplata.htm. Consultado o 11 de xaneiro de 2009.
  16. "Curiosidades 1882 a 1912 - 1". http://www.laplatamagica.com.ar/web/?q=node/45. Consultado o 25 de outubro de 2010.
  17. Felipe Pigna, Los Mitos de la historia argentina, 3, ed. Planeta Historia y Sociedad 2006, p.153
  18. "Por Iglesia y en secreto". http://www.lanacion.com.ar/nota.asp?nota_id=210477. Consultado o 8 de febrero de 2009.
  19. "Teatro Argentino". http://www.laciudad.laplata.gov.ar/edificios-emblematicos-/teatro-argentino-. Consultado o 27 de outubro de 2010.
  20. "La Plata está en carrera para ser patrimonio de la humanidad". 1999. http://edant.clarin.com/diario/1999/04/12/e-04601d.htm. Consultado o 24 de novembro de 2010.
  21. "Especiales - La Plata Histórica". http://www.eldia.com.ar/especiales/historicas/index.htm. Consultado o 11 de xaneiro de 2009.
  22. "Bruera es intendente y sacaba más de 5 puntos". http://www.eldia.com.ar/edis/20071029/20071029171038.htm. Consultado o 24 de outubro de 2010.
  23. "El Concejo aprobó cesión de tierras del Bosque a clubes". http://www.eldia.com.ar/edis/20090625/laciudad9.htm. Consultado o 26 de xuño de 2009.
  24. "Reabre el Pasaje Rodrigo convertido en un shopping". 2009. http://www.lanacion.com.ar/nota.asp?nota_id=1117819. Consultado o 23 de outubro de 2010.
  25. "La Plata, sede principal de la Copa América 2011". http://www.argentina.ar/_es/deporte/C2066-la-plata-sede-principal-de-la-copa-america-2011.php. Consultado o 3 de marzo de 2010.
  26. "Autoridades". http://www.municipalidad.laplata.gov.ar/autoridades. Consultado o 5 de novembro de 2010.
  27. "Casco Urbano". http://www.estadistica.laplata.gov.ar/paginas/datosccCASCO.htm. Consultado o 3 de novembro de 2010.
  28. "Población". http://www.estadistica.laplata.gov.ar/paginas/CENSO/1%20Poblacion/p1-3.pdf. Consultado o 28 de outubro de 2010.
  29. 29,0 29,1 INDEC (1981). Censo nacional de población y vivienda 1980. Resultados provisionles por localidad censo 1980 y resultados definitivos censos 1970 y 1960. Serie A.
  30. 30,0 30,1 INDEC. Censo nacional de población y vivienda 1991. Resultados definitivos por localidad censos 1991 y 1980. Serie G nº1. ISBN 950-9888-80-X.
  31. "Provincia de Buenos Aires según localidad. Población censada en 1991 y población por sexo en 2001." (XLS). INDEC. http://www.indec.gov.ar/censo2001s2_2/Datos/07000LC121.xls. Consultado o 3 de setembro de 2008.
  32. "Llamativo ingreso a la Ciudad de distintas especies de aves". 2006. http://www.eldia.com.ar/edis/20061119/laciudad4.htm. Consultado o 11 de xaneiro de 2009.
  33. "Atracciones, Museos". http://www.laplatavive.com/atracciones/museos.asp. Consultado o 26 de setembro de 2010.
  34. "Red de Museos de la UNLP". 2010. http://www.unlp.edu.ar/articulo/2008/6/28/redmuseosunlp. Consultado o 23 de outubro de 2010.
  35. "¡Feliz Cumpleaños, Gimnasia!". 2009. http://www.eldia.com.ar/edis/20090603/deportes24.htm. Consultado o 24 de outubro de 2010.
  36. "Circuitos Turísticos". http://www.laciudad.laplata.gov.ar/turismo/circuitos-turisticos?showall=1. Consultado o 5 de novembro de 2010.
  37. "Circuito turístico". http://www.ensenada.gov.ar/index.php?option=com_content&view=article&id=15&Itemid=36. Consultado o 9 de novembro de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: La Plata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Soler, Ricardo. 100 años de vida platense.
  • La Plata. Argentina.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]