Didier Deschamps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Didier Deschamps
Deschamps en 2011.
Información persoal
Nome Laurent Robert Blanc
Nacemento 15 de outubro de 1968 (55 anos)
Lugar de nacemento Baiona
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1976–1983 Bayonnais
1983–1985 Nantes
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1989 FC Nantes 111 (4)
1989–1994 Marseille 123 (6)
1990–1991 Bordeaux (cedido) 29 (3)
1994–1999 Juventus 124 (4)
1999–2000 Chelsea 27 (0)
2000–2001 Valencia 13 (0)
Total 427 (17)
Selección nacional
1989–2000 Francia 103 (4)
Adestrador
2001–2005 Monaco
2006–2007 Juventus
2009–2012 Marseille
2012- Francia
Na rede
IMDB: nm1125717 Allocine: 37288
Discogs: 2019940 FIFA: 48455 UEFA: 4997 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Didier Deschamps, nado o 15 de outubro de 1968 en Baiona (Pireneos Atlánticos), é un exfutbolista e adestrador francés, que é o técnico da selección nacional desde 2012.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou como centrocampista defensivo en clubs como o Chelsea, Juventus e Marseille. Foi dúas veces campión da liga francesa en 1991 e 1992, e tres campión de Italia co Juventus (1995-1997 e 1998) e como parte do Marseille da Champions League en 1993. Deschamps foi tamén o capitán máis novo en dirixir o seu equipo ao título da Champions League. Co Juventus xogou tres finais da Champions League, gañándoa en 1996 e gañou a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental. Despois de Franz Beckenbauer e seguido por Iker Casillas, foi o segundo capitán na historia do fútbol en recibir os trofeos da Champions, a World Cup e o European Championship. Foi xogador francés do ano en 1996, entrou na lista FIFA 100. Foi 52 veces capitán coa selección nacional. O seu último club como futbolista foi o Valencia CF, co que foi finalista en 2001 da Liga de Campións e tras retirarse como xogador, ocupou a función de adestrador de fútbol en diferentes equipos europeos como no Marseille de 2009 a 2012, mais tamén no AS Monaco ou no Juventus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Didier Deschamps officiellement sélectionneur des Bleus". Le Parisien. 8 de xullo de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]