Torino FC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torino
Nome Torino Football Club SpA
Alcume(s) Il Toro;
Il Granata
Fundación 1906 (AC Torino)
2005 (Torino FC)
Estadio Stadio Olimpico,
Turín, Italia
Inauguración 1933
Capacidade 28.140
Presidente Italia Urbano Cairo
Adestrador Italia Giampiero Ventura
Liga Serie A
2012–13 16º
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Torino Football Club, comunmente chamado Torino ou simplemente Toro, é un club italiano de fútbol da cidade piemontesa de Turín. Foi fundado en 1906 (refundado en 2005) e compite na Serie A.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1906 como Foot-ball Club Torino, o club naceu como resultado da fusión de varios clubs mais antigos, algúns deles fundados en 1887, o cal convirte ó Torino no club de fútbol coa herdanza mais antiga de Italia.

O club acadou o seu primeiro Scudetto na tempada 1927-28, non obstante, a época de maior esplendor da entidade foron os anos 40, cando o seu rexistro de títulos e vitorias fixeron que fose considerado o mellor equipo do mundo. Daquela Il grande Torino converteuse no primeiro equipo italiano da historia que gañou 5 ligas seguidas, capitaneado e liderado por Valentino Mazzola, e con outros 9 integrantes da selección italiana. O 4 de maio de 1949, cando o equipo volvía de Lisboa tras xogar un encontro amigable co SL Benfica, o avión que levaba a tódolos xogadores de volta, esnafrouse cun muro da Basílica de Superga, situada nun outeiro próximo á cidade de Turín, morrendo os 31 tripulantes no accidente, entre xogadores, directivos e xornalistas.

A pesar de gañar aquela liga un mes despois, o Torino non loitou de novo por mais títulos ate a década dos 70, na que o club acadou un novo título de liga e varios subcampionatos. Nos últimos tempos o club pasou por unha crise de resultados que o levou á Serie B durante anos, e sobre todo por unha crise económica que levou a unha refundación do club en agosto de 2005. Actualmente o equipo disputa a Serie B co obxectivo do ascenso.

Con 68 tempadas na Lega Calcio Serie A, constituída como tal en 1929, o Torino FC ocupa a 7ª posición na táboa histórica da liga italiana segundo o número de puntos acadados; por detrás da Juventus FC, do FC Internazionale, do AC Milan, do AS Roma, do ACF Fiorentina e do SS Lazio.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Torino FC disputa os seus encontros como local no Stadio Olimpico, mais coñecido como Stadio Comunale, inaugurado en 1933 para acoller varios encontros do Mundial de Fútbol Italia 1934. O Torino FC e o Juventus FC compartiron este estadio durante décadas, ate a inauguración do Stadio delle Alpi en 1990, construído por mor do Mundial de Fútbol Italia 1990, e ó cal marcharon os dous clubs turineses. Trala reconstrucción do estadio en 2006 para acoller as cerimonias de apertura e peche dos Xogos Olímpicos de Inverno dese ano, ámbolos dous clubs volveron ó seu antigo fogar. En 2011 o Juventus FC marchou ó seu novo estadio, e o Torino FC ficou como único residente do Comunale. Actualmente o recinto conta cunha capacidade para 27.994 seareiros.

Palmarés[editar | editar a fonte]

O palmarés do club é un dos mais salientables do fútbol italiano, con 7 títulos de liga, 5 títulos de copa e 1 título da desaparecida Copa Mitropa.

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Scudetto Scudettos (7) = 1927-28, 1942-43, 1945-46, 1946-47, 1947-48, 1948-49, 1975-76
    • Subcampionatos (9) = 1907, 1914-15, 1928-29, 1938-39, 1941-42, 1971-72, 1976-77, 1977-78, 1984-85
  • Coppa Coppa Italia (5) = 1935-36, 1942-43, 1967-68, 1970-71, 1992-93
    • Subcampionatos (8) = 1937-38, 1962-63, 1963-64, 1969-70, 1979-80, 1980-81, 1981-82, 1987-88

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Paolo Pulici é o xogador que mais goles anotou para o club (172 goles) e o segundo que mais encontros disputou defendendo as cores do Torino FC (437 encontros entre 1968 e 1982), só superado por Giorgio Ferrini (566 encontros entre 1959 e 1975). Valentino Mazzola (123 goles entre 1942 e 1949) era o capitán do Grande Torino. Silvio Piola, o máximo goleador histórico da liga italiana e da selección italiana, disputou unha tempada co Torino.

Outros grandes xogadores que vestiron a camisola granata do club foron Denis Law, Cesare Maldini, Álvaro Recoba, Martín Vázquez, Enzo Scifo, Hakan Şükür, Enzo Francescoli, Abedi Pele, Müller etc.

Rivalidades[editar | editar a fonte]

Os seareiros do Torino FC teñen unha boa relación cos seareiros da ACF Fiorentina, e tamén cos do CA River Plate, CA Peñarol, Liverpool FC, Celtic Glasgow, SC Corinthians e West Ham United FC. Por contra, o seu máximo rival histórico é o veciño Juventus FC, aínda que tamén mantén unha forte rivalidade co UC Sampdoria, AS Roma, Atalanta BC, Bologna FC e Hellas Verona entre outros.

Ate o ano 2009 o Torino FC e o Genoa CFC mantiñan unha histórica relación de fraternidade que se rachou cun encontro ligueiro que mandou ó Torino á Serie B trala vitoria do Genoa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Torino FC

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]