Éver Banega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Éver Banega
Éver Banega.jpg
Banega xogando con Arxentina
Información persoal
Nome completo Éver Maximiliano David Banega
Nacemento 29 de xuño de 1988 (25 anos)
Lugar Rosario, Arxentina
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Valencia
Número 10
Carreira xuvenil
Nuevo Horizonte
Alianza Sport
2000–2007 Boca Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007 Boca Juniors 28 (0)
2008– Valencia 89 (4)
2008–2009 Atlético (cedido) 24 (1)
Selección nacional
2007 Arxentina sub-20 14 (0)
2008 Arxentina sub-23 6 (0)
2008– Arxentina 14 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 16 de maio de 2012.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 12 de agosto de 2011.

Éver Maximiliano David Banega, nado o 29 de xuño de 1988 en Rosario, é un futbolista arxentino. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Valencia Club de Fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Boca Juniors[editar | editar a fonte]

Banega deu os seus primeiros pasos coma xogador no Boca Juniors, chegando ao primeiro equipo aos 18 anos, e gañando recoñecemento inmediatamente debido ás súas actuacións e en especial ás súas asistencias na Primeira División. Tras a fichaxe do seu compañeiro Fernando Gago polos Real Madrid en xaneiro de 2007, foi nomeado coma o seu sucesor, malia a súa corta idade.[1] Banega fixo o seu debut coma profesional na vitoria por 4-0 contra o Club Atlético Banfield o 10 de febreiro de 2007.

Valencia[editar | editar a fonte]

O 5 de xaneiro de 2008, Banega fichou polo Valencia CF por cinco anos e medio, a cambio de 18 millóns de euros.[2] Fixo o seu debut no Valencia en xaneiro de 2008, saíndo ao campo tras o descanso na derrota por 0-1 contra o Atlético de Madrid.

Banega foi cedido ao Atlético de Madrid para a tempada 2008-09.[3] Fixo o seu debut oficial na vitoria por 3-0 contra o PSV Eindhoven na primeira fase da UEFA Champions League desa mesma tempada.[4] Porén, non se asentou no once titular do equipo, e mesmo se quedou fóra da convocatoria en varias ocasións.

Na seguinte tempada volveu ao Valencia, e fíxose cun posto no once titular, e cun papel moi importante dentro do equipo, ata que o 19 de febreiro de 2012, foi operado da súa perna esquerda tras ser atropelado polo seu propio coche.[5]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Tempada Liga Copa Europa Total
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
Valencia 2007–08 12 0 2 0 0 0 14 0
Total 12 0 2 0 0 0 14 0
Atlético Madrid 2008–09 12 1 0 0 5 0 17 1
Total 24 1 4 0 3 0 31 1
Valencia 2009–10 36 2 2 0 7 0 45 2
2010–11 27 2 2 1 4 0 33 3
2011–12 13 0 8 1 4 0 25 1
Total 88 4 12 2 20 0 122 6
Carreira 112 5 17 2 23 0 148 7

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Boca Juniors
Valencia

Selección[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]