Gerardus 't Hooft
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerardus 't Hooft |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 5 de maio de 1946 Den Helder |
||
| Campo | Física teórica | ||
| Alma mater | Universidade de Utrecht | ||
| Director tese | Martinus J. G. Veltman | ||
|
|||
Gerard (Gerardus) 't Hooft, nado en Den Helder o 5 de xullo de 1946, é un físico holandés cuxo traballo en física teórica na Universidade de Utrecht foi recoñecido co premio Nobel de Física do ano 1999.[1] Os seus principais méritos consistiron en elucidar a estrutura cuántica da interacción electrodébil na física de partículas.
Tamén realizou importantes contribucións na teoría das variables ocultas, establecendo que é posible unha mecánica cuántica determinista mediante aplicacións de autómatas celulares nunha teoría cuántica de campos discreta.[2]
O asteroide 9491 Thooft, para cuxos futuros habitantes escribeu unha constitución,[3] é chamado así na súa honra.
Notas [editar]
- ↑ Autobiografía (en inglés)
- ↑ Classical cellular Automata and Quantum Field Theory, Gell-Mann Symposium, Singapur, febreiro 2010, Int. J. Mod. Phys. A25, no 23 (2010) 4385-4396, ITP-UU-10/24, spin-10/21.
- ↑ "Constitución para o asteroide 9491 Thooft". http://www.phys.uu.nl/~thooft/constitution.html.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Autobiografía (en castelán).