Anxo Quintana
| Anxo Quintana | |
|
|
|
|---|---|
| 2 de agosto de 2005 – 20 de abril de 2009 | |
| Precedido por | Alberto Núñez Feijóo |
| Sucedido por | Desaparece o cargo |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 25 de febreiro de 1959 (54 anos) Allariz, Ourense |
| Partido | Bloque Nacionalista Galego |
| Profesión | Enfermeiro, político |
| Alma mater | Universidade de Vigo |
Anxo Manuel Quintana González, nado en Allariz o 25 de febreiro de 1959, é un político galego. Foi o Voceiro Nacional do BNG desde 2003 ata 2009 e vicepresidente da Xunta de Galicia desde 2005 ata 2009.
Índice |
Traxectoria [editar]
Diplomado en Enfermaría pola Universidade de Vigo. Traballou no Hospital Cristal Piñor de Ourense e foi nomeado socio de honra da Sociedade de Medicina Xeral pola mellora da atención primaria no medio rural.
Dende mozo, colabora na introdución do sindicalismo agrario nacionalista na provincia de Ourense. No 1982 participa na fundación do BNG e un ano máis tarde entra na corporación de Allariz como concelleiro.
En 1989, dous anos despois de celebrárense as eleccións municipais e coincidindo cunha tempada de seca que deixou o río Arnoia e as billas sen auga, as revoltas populares expulsan o alcalde de Allariz e danlle o temón do concello a Quintana.
Nas municipais de 1991, sae elixido alcalde, cargo que desempeñará ata o 2000. Entre 1995 e 2000, ocupa tamén a vicepresidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Durante o mandato de Quintana, Allariz recibe o premio do Consello Europeo de Urbanismo pola “ordenación e recuperación do conxunto histórico e do seu río” (1994) e é un das vilas seleccionadas para representar a España no concurso Hábitat da ONU que recoñece os concellos que destacan na defensa do desenvolvemento sustentable.
Quintana pasa a ocupar o cargo de senador por designación autonómica en abril de 2000, como único representante do BNG, cargo que desempeña ata setembro de 2005.
A X Asemblea do BNG, celebrada no 2002, designa a Anxo Quintana Coordinador da Executiva Nacional. É Voceiro Nacional do BNG desde o 23 de novembro de 2003.
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 [editar]
Tras as eleccións ao Parlamento de Galiza do 19 de xuño de 2005 sae escollido parlamentario, e a través do pacto entre BNG e PSdeG que constituíu o bipartito galego, asume a vicepresidencia da Xunta de Galicia o 2 de agosto de 2005.
O 14 de marzo de 2009 presentou a súa dimisión[1] coma Voceiro Nacional do BNG logo dos resultados nas eleccións ó Parlamento de Galicia, aínda que seguirá en funcións ata a vindeira Asemblea Nacional da organización.
Datos persoais [editar]
A súa familia sufriu a persecución do réxime franquista, chegando os seus tíos a exiliarse.[2]
Foi ao colexio dos xesuítas na cidade de Vigo (Pontevedra).
De rapaz, Quintana destacou como futbolista, sobre todo como dianteiro centro, ata o punto de que o Elx, daquela en Segunda, ofreceulle un contrato profesional, rexeitándoo para quedar na súa terra[3].
Comezou os estudos de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, deixándoos en segundo curso para adicarse á política.
Como os seus dous avós, foi alcalde de Allariz.
Durante o seu mandato como alcalde, Allariz conseguiu o Premio Europeo de Urbanismo pola mellora sustancial da calidade de vida acadada, sendo seleccionado polo programa Hábitat da ONU como exemplo de desenvolvemento sostible[5].
Quintana está divorciado da súa primeira muller Teresa[6]. Na actualidade vive coa súa parella Cristina Cid, coa que tivo dous mellizos, Xabier e Lía nacidos no ano 2006[7].
O que máis lle gusta é a lamprea e os viños galegos, "sobre todo dos que fan nas novas adegas na zona de Monterrei".[8].
Foi o primeiro alto cargo da Xunta de Galicia que pediu o permiso de paternidade.[9].
| Predecesor: Leopoldo Pérez Camba |
alcalde de Allariz 1989-1999 |
Sucesor: Francisco García Suárez |
| Predecesor: Xosé Manuel Beiras |
Portavoz Nacional do BNG 2002-2009 |
Sucesor: Guillerme Vázquez |
Notas [editar]
- ↑ Quintana anuncia diante do Consello Nacional que deixa o liderado do BNG
- ↑ Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo, El Periódico de Aragón, 15/06/2005
- ↑ "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo", El Periódico de Aragón, 15 de xuño de 2005 (en castelán).
- ↑ "Anxo Quintana", El Correo gallego, 18 de marzo de 2007.
- ↑ "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo", El Periódico de Aragón, 15 de xuño de 2005.
- ↑ "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo", El Periódico de Aragón, 15 de xuño de 2005.
- ↑ "Anxo Quintana", El Correo gallego, 18 de marzo de 2007.
- ↑ "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo", El Periódico de Aragón, 15 de marzo de 2005.
- ↑ "Anxo Quintana, primer alto cargo de la Xunta que pedirá permiso de paternidad", ABC, 5 de febreiro de 2006 (en castelán).
Bibliografía [editar]
Libros de conversas [editar]
- Vontade de nación, conversas con Anxo Quintana, de Xosé Luís Barreiro Rivas, 2008, Difusora.