Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Estatuto de Autonomía de Galicia (ou sinxelamente Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.

Tivo o seu precedente no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, aprobado o 28 de xuño de 1936 por maioría en referendo, cando era xefe do goberno da Segunda República Española o galego Santiago Casares Quiroga.

No estatuto recóllese entre outras cousas:

Flag of Galicia.svg
  • O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia (e a cooficialidade co castelán)
  • Os símbolos propios do país galego: bandeira, escudo,...
  • A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais
  • O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro
  • Facenda e patrimonio propios
  • Diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.

Logo de ser aprobado en referendo polo pobo galego o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha moi baixa participación na votación, o 6 de abril de 1981, este estatuto foi asinado por O Rei Xoán Carlos I de España, e polo presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo, no Palacio Real de Madrid.

Historia[editar | editar a fonte]

A Asemblea de Parlamentarios galegos constituída o 25 de xullo de 1979, que de acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978, tiña as competencias para elaborar e aprobar o proxecto de autonomía, acordou nomear unha comisión composta por 16 representantes de partidos con e sen representación parlamentaria para elaborar un primeiro texto. 8 dos membros pertencían á UCD, 2 ao PSOE, 2 a AP, 1 ao PCG, 1 ao POG, 1 ao PG e 1 ao PTG. O texto que elaborou esa comisión coñeceuse como o Estatuto dos 16 e foi considerado por partidos nacionalistas e de esquerdas como pouco ambicioso e de segunda orde en relación a Cataluña e o País Vasco, polo que se convocou unha manifestación en Vigo para o 4 de decembro de 1979 que resultou multitudinaria, dando lugar a que Adolfo Suárez recoñecera que se errara na elaboración do estatuto galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]