Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
| Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo | |
|---|---|
Logo da Escola de Enxeñería Industrial |
|
| Localización: | Vigo |
| Reitor: | Juan María Pou Saracho (director) |
| Estudantes: | 4.443 |
| Enderezo: | Cidade: Rúa Conde de Torrecedeira, nº 86 (42°13′38.2″N 8°44′4.9″W / 42.227278°N 8.734694°W).
Campus: Campus Universitario Lagoas-Marcosende (42°10′5.3″N 8°41′21.2″W / 42.168139°N 8.689222°W) |
| Páxina web: | eei.uvigo.es[1] |
A Escola de Enxeñería Industrial é un centro da Universidade de Vigo onde se imparten estudios de enxeñería industrial. Está constituída en dúas sedes unha no centro da cidade de Vigo e outra no campus universitario de Vigo.
Índice |
[editar] Historia
A Escola de Enxeñería Industrial xurde da integración dos dous centros dos que dispoñía a Universidade de Vigo dentro do ámbito da enxeñería industrial: a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais.
A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo fundouse hai máis de 110 anos. Dende a súa creación en 1901 sufriu varios cambios de denominación e de plans de estudio: naceu ca denominación de Escola Superior de Industria, posteriormente pasou a denominarse Escola de Peritos Industriais cas titulacións de peritos Industriais de mecánica, química industrial e electricidade. En 1971 transformouse ea Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial ca titulación de Enxeñería Técnica Industrial, e cas especialidades de Mecánica, Electricidade e Química Industrial, con unha duración de tres años. No ano 1988 integrouse a especialidade de Electrónica Industrial e Automática. No ano 2000 implantáronse os plans de estudio de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Electricidade (dúas intensificacións), de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Mecánica (catro intensificacións), de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Química Industrial (dúas intensificacións) e de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Electrónica Industrial (dúas intensificacións).
A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo naceu no 1976 cas especialidades de Electrónica e Automática, cunha duración da titulación de seis anos. Posteriormente, a oferta educativa se ampliouse cas especialidades de Organización Industrial, Electrotecnia e Mecánica. No curso 2001 modificáronse os plans de estudio e pasou a unha titulación de cinco anos académicos cas intensificacións de Mecánica, Construción e Instalacións, Organización Industrial, Deseño e Fabricación, Electricidade e Automática e Electrónica. Ademais, implantáronse na Escola dúas titulacións de segundo ciclo: Enxeñería en Organización Industrial e Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial.
En outubro de 2009 ambas escolas iniciaron o estudio da converxencia nun centro único co obxectivo de mellorar e integrar a xestión das actividades docentes dos graos. En abril de 2010 foi aprobada no Consello de Goberno da Universidade de Vigo a creación da Escola de Enxeñería Industrial. Finalmente, en abril de 2011 publicase no Diario Oficial de Galicia a supresión das antigas escolas e a creación da nova escola [2].
No curso 2010-2011 comenzou a impartirse o novo plan de estudios adaptado o Espazo Europeo de Educación Superior. Con mais de 4.400 alumnos matriculados e 350 profesores é unha das escolas mais grades do sistema universitario galego.
[editar] Titulacións
[editar] Titulacións de grao
- Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais
- Grao en Enxeñería en Organización Industrial
- Grao en Enxeñería Eléctrica
- Grao en Enxeñería Mecánica
- Grao en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática
- Grao en Enxeñería en Química Industrial
[editar] Titulacións de posgrado
- Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade
- Mestrado en Prevención de Riscos Laborais
- Mestrado en Enxeñería da Soldadura
- Mestrado en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil
- Mestrado en Enxeñería da Edificación e Construcións Industriais
- Mestrado en Dirección e Xestión da Loxística e a Cadea de Subministro
- Mestrado en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control
- Mestrado en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
- Mestrado en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria
- Mestrado en Enxeñería Química
- Mestrado en Enxeñería Térmica
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo, páxina web oficial.
- Universidade de Vigo, páxina web oficial.
- Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, páxina web oficial
- Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, páxina web oficial
- Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña, páxina web oficial
- Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, páxina web oficial
- Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, páxina web oficial