Asemblea Nacional-Popular Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG)
Organización suprapartidaria da Galiza
Asemblea Nacional-Popular Galega.png
Dirixentes e organización
Líder Lois Diéguez
Historia
Fundación 1974
Disolución 1982
Posicións políticas
Ideoloxía Esquerda
socialismo
nacionalismo
comunismo
independentismo, anticolonialismo, democracia

A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus principios eran a autodeterminación, o autogoberno, o anticolonialismo, a democracia e o protagonismo das forzas políticas propias de Galiza e tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisional tras conseguir o poder. A AN-PG tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era quen convocaba as manifestacións do 25 de xullo. Celebrou o seu I Plenario en abril de 1976 que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á UPG, ese sector constituíu a Asemblea Popular Galega. No III Plenario celebrado en outubro de 1977 aprobou os seus estatutos nos que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaría colexida, na que Lois Diéguez exercía como portavoz. Logo das eleccións municipais de 1979 a AN-PG sufriu unha reestruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En 1981 sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en 1982, dando paso á formación do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que Galicia era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituíu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como Darío Xohán Cabana, Manuel María, Emiliano Picouto ou Xesús Vázquez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]