Presidente de Armenia
A Armenia constituiuse nunha república independente por primeira vez entre 1918 e 1920. Durante este tempo, o seu xefe de estado foi Avetis Aharonyan, que gobernou entre o 30 de maio de 1918 e o 2 de decembro de 1920.
A República de Armenia (1991-presente)[editar]
En setembro de 1991 convocouse un plebiscito, no cal a maioría da poboación da Armenia votou pola independencia da Unión Soviética. No mes seguinte, convocouse a primeira elección presidencial, na cal Levon Ter-Petrosian foi elixido con 83% dos votos.
Segundo a constitución do país, o presidente é o xefe de estado de Armenia. É elixido directamente pola poboación para un mandato de 5 anos, sendo posíbel convocar unha segunda volta no caso de que ningún candidato obteña a maioría absoluta na primeira volta.
Esta é unha lista dos presidentes de Armenia despois de 1991.
| Nome | Comezo do mandato | Final do mandato | Partido | |
| 1 | Levon Ter-Petrosian | 16 de outubro de 1991 | 3 de febreiro de 1998 | Movemento Nacional pan-Armenio |
| 2 | Robert Kotcharian | 3 de febreiro de 1998 | 9 de abril de 2008 | (ningún) |
| 3 | Serzh Sargsian | 9 de abril de 2008 | (presente) | Partido da República |