Economía de Armenia
| Economía de Armenia | |
|---|---|
| Moeda | Dram |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CEI |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 17,27 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 133ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 4,7% (2010) |
| PIB per cápita | $ 5.800 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 22%, industria 46,6%, comercio e servizos 31,4% (2010) |
| Inflación | 6,9% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 26,5% (2006) |
| Total da forza de traballo | 1.481.000 (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 46,2%, industria 15,6%, comercio e servizos 38,2% (2006) |
| Desemprego | 7,1% (2007) |
| Industrias | procesamento de diamantes, máquinas de corte de metais, máquinas de forxa, motores eléctricos, neumáticos, roupas, lencería, calzados, seda, produtos químicos, camións, instrumentos, manufactura de xoias, desenvolvemento de software |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 846 millóns (2010) |
| Produtos de exportación | gusa, cobre, metais non-ferrosos, diamantes, produtos minerais, alimentos, enerxía |
| Principais mercados | Alemaña 16,47%, Rusia 15,45%, Estados Unidos 9,64%, Bulgaria 8,6%, Xeorxia 7,57%, Países Baixos 7,48%, Bélxica 6,71%, Canadá 4,91% (2009) |
| Importacións | 2 988 millóns (2009) |
| Principais produtos importados | gas natural, petróleo, produtos de tabaco, alimentos, diamantes brutos |
| Principais mercados | Rusia 24,02%, República Popular de China 8,72%, Ucraína 6,15%, Turquía 5,39%, Alemaña 5,36%, Irán 4,07% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 5 227 millóns (2010) |
| Receitas | 2 063 millóns (2010) |
| Despesas | 2 607 millóns (2010) |
Despois de varios anos de crecemento económico de dous díxitos, a Armenia afrontou unha forte recesión o ano de 2009, con seu PIB retraíndose 14% aquel ano. A caída no sector de construción civil e nas remesas de traballadores armenios no exterior foron as principais causas da retración[1]. A economía comezou a recuperarse en 2010 con case 5% de crecemento[1].
Durante o período soviético cunha economía planificada, a Armenia desenvolveu unha forte industria, fornecendo máquinas-ferramenta, textis e outros manufacturados, como produtos químicos, electrónicos, procesamento de alimentos e caucho sintético ás repúblicas-irmás[1]. Desde a independencia o 1991 o país ten se volto para unha agricultura en pequena escala, afastandose do complexo agroindustrial da era soviética[1]. Ten tamén feito moitas reformas, incluíndo privatizacións, reformas nos prezos e prudentes reformas fiscais[1].