Biblos
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Biblos (homónimos).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Biblos foi unha antiga cidade fenicia situada nun outeiro chamada Gubla nos textos cuneiformes e Gebal na Biblia. Actualmente é unha cidade do Líbano denominada Djubayl, trinta quilómetros ao norte de Beirut. A súa etimoloxía provén do outeiro no que estaba situada (Gablu, montaña en lingua hebrea) que derivou no seu nome orixinal hebreo Gebal, pasando de aquí á forma grega Byblos e de alí a palabra Biblion "libro", que tamén orixinará o termo Biblia. Foi unha activa cidade mercantil, mercado de papiros, madeira de cedro, e cobre do Cáucaso, convertida no centro comercial do Mediterráneo oriental. Mantivo vasalaxe cos faraóns do antigo Exipto; posteriormente foi cidade tributaria de asirios e persas. Da antiga Biblos se conserva unha muralla de comezos da Idade do Bronce, o templo Baalat Gebal, unha necrópole e numerosos restos da época romana e medieval. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1984
[editar] Véxase tamén
- Nina Jidéjian, Byblos through the ages, Dar al-Machreq, Beyrouth, 1968
- Jean-Pierre Thiollet, Je m'appelle Byblos, H & D, Paris, 2005