Cordilleira do Cáucaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo é sobre a cadea de montañas terrestre. Existe tamén unha cordilleira lunar, chamada Cáucaso.
Pintura do Cáucaso.

A cordilleira do Cáucaso é unha cadea de montañas de 1.200 km entre o mar Negro e o mar Caspio, frecuentemente considerada o límite do extremo sudeste da Europa. Forma dúas cadeas distintas:

  • O Gran Cáucaso esténdese de Sochi, nas marxes do nordeste do mar Negro, ao leste-sudeste, alcanzando o mar Caspio preto de Bakú. Na maior parte da súa extensión, forma a fronteira natural da Rusia con Xeorxia e Acerbaixán. Os picos do Gran Cáucaso inclúen o monte Elbrus, con 5.642 m que o converten na montaña máis alta de Europa.
  • O Pequeno Cáucaso esténdese paralelamente ao Grande Cáucaso, a unha distancia media de 100 km ao sur. As fronteiras da Xeorxia, Armenia e do Azerbaixán corren a través desa cadea, a pesar de que as cristas non definen a fronteira de maneira xeral.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cordilleira, rectilínea, medra en altitude a 300 km do estreito de Kerch e culmina, na súa parte central, en vastos volcáns xeados:

En tanto que o Cáucaso central está cuberto por numerosas xeleiras, o Cáucaso occidental está cuberto por fragas, e o Cáucaso oriental, máis baixo e seco, é unha rexión case desértica. O contraste é menos visible entre os flancos norte e sur.

O Cáucaso non presenta vales lonxitudinais susceptíbeis de atenuar o seu papel de obstáculo. No centro, pode ser cruzado por diversas estradas, como a do val do Tarek, que leva ao Paso da Cruz (2.388 m). Entre o Grande e o Pequeno Cáucaso, a Transcaucasia esténdese por 700 km, entre o mar Caspio e o mar Negro. É unha rexión complexa, que asocia cuncas ben desenvolvidas: a Colchida ó oeste e a planicie do Acerbaixán ó leste. No centro, os corredores paralelos da Kura, do Iori e do Alazani, asi como a planicie de Gori, superpóñense entre 150 e 700 m. Ao sur, as montañas da Xeorxia e da Armenia constitúen o terceiro sector do Cáucaso, o Pequeno Cáucaso, cunha altitude media de 2.000 m. A cadea é, porén, interrompida por vastos macizos volcánicos; a oeste do lago Sevan, o monte Aragats (80 km de longo) constitúe a parte máis elevada do macizo de Alaghez (4.095 m), punto cumio do Pequeno Cáucaso, na Armenia.

Recursos naturais[editar | editar a fonte]

O Cáucaso posúe xacementos de metais non ferrosos e reservas de petróleo (Azerbaixán e rexións de Maikop e de Grozni).