Inscrición de Behistún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Inscrición de Behistún, tallada na parede dun acantilado, fornece o mesmo texto en tres linguas, contando a historia das conquistas do Rei Darío. Está ilustrada con imaxes en tamaño real de Darío con outras figuras.

A inscrición de Behistún (tamén Bisitún ou Bisutún, بیستون en persa) é para a escrita cuneiforme o que a Pedra Rosetta é para os xeróglifos: o documento máis importante no desciframento dunha lingua até entón esquecida. Localízase na provincia de Kermanshah, no Irán.

O texto é unha declaración de Darío I da Persia, e inclúe tres versións do mesmo texto, escrito en tres linguas en escrita cuneiforme: Persa antigo, Elamita e Babilonio. Un oficial do exército británico, Sir Henry Rawlinson, transcribiu a inscrición en dúas veces, en 1835 e 1843. Rawlinson foi capaz de traducir o texto cuneiforme en Persa antigo en 1838, e os textos en Elamita e Babilonio foron traducidos polo mesmo Rawlinson e outros despois de 1843. O babilonio foi unha antiga forma de Acadiano: ambas son linguas semíticas.

A inscrición[editar | editar a fonte]

Column 1 (DB I 1-15), deseño de Fr. Spiegel (1881)

O texto da inscrición é unha declaración de Darío I, escrita tres veces en tres alfabetos e linguas diferentes: dúas linguas lado a lado, persa antigo e elamita, e babilonio enriba delas. Darío gobernou o imperio persa de 521 a 486 a.C.. Por volta de 515 a.C., el mandou facer unha inscrición coa longa historia da súa ascensión ao poder diante do usurpador Smerdis da Persia (e sobre as súas guerras subsecuentes e supresións de rebelión) a ser inscrita nunha falesia preto da actual cidade de Bisistun, aos pés das montañas Zagros, no Irán, exactamente a onde se chega vindo das planicies de Kermanshah.

A inscrición ten aproximadamente 15 m de altura por 25 m de largura, e fica a 100 m de altura nun acantilado á beira dunha antiga estrada ligando as capitais da Babilonia e do imperio dos Medas (Babilonia e Ecbatana, respectivamente). É practicamente inaccesíbel, pois a parte lateral da montaña foi removida a fin de tornar a inscrición máis visíbel despois da súa finalización. O texto en persa antigo contén 414 liñas en cinco columnas; o texto en elamita inclúe 593 liñas en oito columnas e o texto babilonio está disposto en 112 liñas. A inscrición ilustrouse cun baixo-relevo de Darío en tamaño real, dous servos e 10 figuras de 1 metro representando os pobos conquistados; o deus Ahura Mazda flutúa sobre a ilustración, abenzoando o rei. Unha figura parece ter sido acrecentada despois das outras teren sido completadas, así como (curiosamente) a barba de Darío, constituída dun bloque de pedra independente fixado con ferro e chumbo.

Na Antigüidade[editar | editar a fonte]

A primeira mención histórica coñecida da inscrición foi feita polo grego Ctesias de Cnidos, que notou a súa existencia por volta de 400 a.C.. Tamén Publio Cornelio Tácito a menciona, incluíndo unha descrición dos monumentos auxiliares da base do acantilado, onde se encontra unha fonte. O que resta delas está de acordo coa súa descrición. Diodoro tamén escribe sobre "Bagistanon" e afirma que fora inscrito pola raíña Semíramis da Babilonia.

Despois da caída do imperio persa e dos seus sucesores, e o desaparecemento da escrita cuneiforme, o significado da inscrición foi esquecido e interpretacións e orixes fantasiosas tornáronse a norma. Durante séculos, en vez de ser atribuída a Darío — un dos primeiros reis persas — considerouse ser do reino de Khosrau II da Persia (ou Chosroe) — un dos últimos (590 - 628). Unha lenda surxiu afirmando que fora creada por Farhad, un amante da muller de Khosrau, Shirin. Exiliado pola súa transgresión, Farhad recebe a misión de escavar a montaña para encontrar auga; se tivese éxito, recibiría o permiso de casar con Shirin. Despois de varios anos e da escavación de metade da montaña, el acaba por encontrar auga, mais Khosrau dille que Shirin xa morrera. El fica louco e tírase do cantil. Shirin non morrera, naturalmente, e enforcouse ao saber da morte de Farhad.

Descuberta[editar | editar a fonte]

Foi soamente en 1598, cando o británico Robert Sherley avistou a inscrición durante unha misión diplomática na Persia por conta da Austria, que a inscrición retivo a atención dos estudiosos europeos. Sherley chegou á conclusión de que se trataba dunha imaxe representando a acensión de Xesucristo. Falsas interpretacións bíblicas pola parte dos europeos foron comúns durante os dous séculos seguintes, incluíndo a idea de que se tratase de Cristo e os seus apóstolos, ou as tribos de Israel e Shalmaneser da Asiria.

En 1835, Sir Henry Rawlinson, un oficial do exército británico adestrando o exército do do Irán, comezou a estudar seriamente a inscrición. Como o nome da cidade de Bisistún estaba anglicizado para "Behistun" na época, o monumento pasou a ser coñecido como a "Inscrición de Behistún". A pesar do seu difícil acceso, Rawlinson foi capaz de escalar o cantil e copiar a inscrición en persa antigo. O texto elamita estaba do outro lado dun abismo, e o babilonio 4 metros enriba; ambas eran de difícil acceso, e deixáronse para máis tarde.

Desciframento[editar | editar a fonte]

Textos da escrita cuneiforme nas tres linguas

En posesión do texto persa, e con aproximadamente un terzo do silabario fornecido polo especialista alemán Georg Friedrich Grotefend, Rawlinson comezou a traballar no desciframento do texto. Por sorte, a primeira sección do texto contiña unha lista dos reis persas idéntica a aquela mencionada por Herodoto, e comparando os nomes e os caracteres, en 1838 Rawlinson foi capaz de descifrar os caracteres cuneiformes usados no persa antigo.

Despois de este éxito, viñeron os dous textos restantes. Despois dun período de servizo no Afganistán, Rawlinson retornou ao traballo en 1843. Utilizando táboas de madeira, el conseguiu atravesar o espazo que separaba o texto en persa antigo e o elamita, e copiouno. El conseguiu, entón, encontrar un rapaz suficientemente áxil para escalar o cantil por unha fisura e instalar cordas á altura do texto en babilonio, de modo que el puído copialo en papel maché. Rawlinson púxose novamente ao traballo e traduciu a escrita e a lingua babilonia independentemente de Edward Hincks, Julius Oppert e William Henry Fox Talbot, que tamén contribuíran no desciframento; Edwin Norris e outros foron os primeiros en facer o mesmo para o elamita. Sendo tres das linguas primarias da Mesopotamia, e tres variacións da escrita cuneiforme, estas decifracións foron unha das chaves para colocar a Asirioloxía na era moderna.

Pénsase que Darío colocou a inscrición naquela posición inaccesíbel para tornala infalsificábel. A lexibilidade era secundaria (o texto é completamente ilexíbel desde o solo) diante deste imperativo. Mais o rei persa non contou coa fonte no pé do cantil, o que trouxo tráfego humano crecente á área. Iso causou unha destrución considerábel dalgunhas figuras. O monumento tamén sufriu danos durante a Segunda Guerra Mundial, cando os soldados o usaban como albo na práctica do tiro.

Referencia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Inscrición de Behistún

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]