Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 27

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35

Wikinews[editar a fonte]

Boas a todos! Nos últimos tempos a Galipedia medrou moito, conseguimos superar a marca dos 100.000 artigos, aumentamos o número de artigos de calidade chegando aos 15, puxemos en marcha varios portais temáticos relacionados con diversas áreas, e conseguimos subir na clasificación de Wikipedias atendendo á calidade ata o posto 30. Vendo esto coido que podemos tentar ir un paso máis adiante e introducir unha sección de novas na portada que nos permitirá seguir medrando con artigos de actualidade. Sei que hai moito traballo por facer na mellora da Galipedia, mais tampouco suporía un gran esforzo, moitos dos editores ven as noticias (eu non, pero moitos outros seguro que o fan) e símplemente habería que tomar algunhas novas destacadas (novos presidentes de países, inicio de conflitos bélicos (esperemos que non o teñamos que poñer nunca), eventos culturais (relacionado cos Oscar, por exemplo), eventos deportivos (o Bayern gaña a Champions, o Liceo gaña a OK Liga -quen sabe-), novas relevantes de ciencia (descubrimento de novos planetas ou galaxias, descubrimento de vacinas, etc), novas relacionadas coa propia Galipedia (a Galipedia se sitúa entre as 30 Wikipedias de maior calidade), ou mesmo para sinalar a morte de personalidades destacadas. En moitos casos esta información se pode ver noutras wikis como a inglesa, a española, a portuguesa, e un longo etc. Creo que pode ser moi beneficioso para o noso crecemento e para os usuarios que consulten a Galipedia, que verán que a enciclopedia medra ao ritmo da actualidade. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 10:18 (UTC)

Symbol comment vote.svg Comentario A idea non é mala pero para min que non temos mans para tanto choio. Segundo esta táboa no mes de marzo (último mes do que ten datos) só houbo 30 editores que fixeron máis de 100 edicións nese mes. Para min isto indica que o número de editores da Galipedia aínda ten que aumentar para poder facer cousas máis elaboradas..., pero non serei eu quen diga que non ó conto :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 12:36 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario. Non teño nada en contra, de feito, penso que está moi ben a idea, e no caso de implantarse, eu mesmo axudaría, o que non sei é se chegará a xente, haberá que crear bastantes artigos e todo iso, pero se hai colaboradores, ningún problema. --JaviP96 5 de xuño de 2013 ás 13:38 (UTC)
Eu mesmo pensei nalgunha ocasión en facer esta proposta (xa que a idea de crear un Galinovas é totalmente inviable nestes momentos e, de feito, xa houbo unha proposta que foi desbotada). Porén, os meus temores son os de Elisardo: o compromiso de termos a sección actualizada. Se ben non é o mesmo, atrás quedou tamén o meu intento de revivir o Xornal da Galipedia, do que volveron saír uns cantos números logo de tres anos para caer de novo no esquecemento (agora leva dous anos inactivo). Como digo, non é o mesmo, pero estas cousas fan que un se bote para atrás. Porque entendo que, de facerse, non hai volta atrás. É dicir, pareceríame dar unha mala imaxe (quizais non sexa o mellor xeito de expresalo) á xente que consulta a enciclopedia o feito de termos que retirar a sección da páxina principal logo dun tempo. Por suposto, contade comigo se hai decisión de facer isto, tanto para organizar os modelos necesarios para facer as inclusións na Portada como para engadir contidos.
En calquera caso, vexo máis viable isto có Xornal, xa que abonda con ir renovando os titulares aos poucos, sen necesidade de redactar novas. Pola outra banda, o outro problema que vexo é a posible falta de artigos sobre algún tema de actualidade que vaia aparecer con ligazón en vermello. A ver que opinan outras persoas. --Toliño Fala aquí comigo 5 de xuño de 2013 ás 14:15 (UTC)

Corrección de nacionalidade[editar a fonte]

Estimados colaboradores da Galipedia:

Esta tarde decateime dunha incidencia no país de nacemento dalgúns personaxes e decidinme a correxilo. Tal erro era a consideración da Comunidade Autónoma de Galiza coma unha nación independiente, en vez de sinalar o verdadeiro Estado de nacemento, isto é, España.

A tal feito, fun contestado do seguinte xeito, levando a un intercambio de ideas:



<<Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Por favor, deteña as súas edicións destrutivas. Se continúa a vandalizar a Wikipedia, pode ser bloqueado/a. --JaviP96 9 de xuño de 2013 ás 13:29 (UTC)
Nación[editar]
Non estou a facer edicións destrutivas nin moito menos vandalizar. A nación recoñécida como tal é a do Reino de España, unha monarquía parlamentaria democrática, e non Galiza, a cal queda definida coma unha Comunidade Autónoma deste país e dependente del. Entendo que esta é a versión da Wikipedia escrita na lingua galega, pero iso lle otorga a tal versión a consideración de Galiza coma un Estado independendiente, nin de defensa de ideais políticos (sexa ben o nacionalismo ou calqueroutro). Entendo que vostedes podan non estar de acordo coa soberanía española nesta Comunidade Autónoma, pero a Wikipedia debe adaptarse ás fronteiras nacionais actuais, como é no caso de A. Merkel nada na Alemaña Occidentar (http://gl.wikipedia.org/wiki/Angela_Merkel), así como acontece con países máis polémicos, como o falecemnto de Ana Frank, na Alemaña Nazi (http://es.wikipedia.org/wiki/Ana_Frank).
Do mesmo xeito, calquera podería poñer como país a Comunidades Autónomas coma Asturias, Cataluña, País Vasco ou Castela e León. Polo tanto rógolles que, para proporcionar unha información fideligna aos usuarios desta versión da Wikipedia, por favor, rectifiquen. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.24.160 (conversa • contribucións)
Esta é a política utilizada na Galipedia, e gústeche ou non tés que aceptala, se continúas a ignorala, serás bloqueado. Se che parece que se debería cambiar podes propoñelo na Taberna. --JaviP96 9 de xuño de 2013 ás 16:26 (UTC)
Desculpe, pero creo que se trata de debatir non de impór cun desafiante "gústeche ou non". A parte, creo que vostede se sobrepasa na confianza ao titearme.
Gustaríame que, por favor, me remitises á política da Galipédia que mencionas, así como ónde podo suxerir os cambios dos que tamén me fala vostede, xa que creo que a finalidade da Galipedia é o de informar obxectivamente e ceñíndose á situación presente en cada momento.>>


Pór unhas nacionalidades non recoñecidas poderían levar a confusión ou erro das persoas que consultan a Galipedia. Se no día de mañá Galiza acada a independencia estaría totalmente correcto pór tal dato, pero mentras tanto debería reflexarse a información adaptada á situación actual e non traer o debate político a unha enciclopedia, xa que iso a desprestixaría e lle restaría credibilidade.

Espero que, por favor, reconsideren as miñas palabras xa que, o obxectivo dunha enciclopedia comunitaria como é ésta é o de informar axeitadamente, independientemente das ideoloxías individuais de cada membro. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.24.160 (conversacontribucións)

Non teño moito interese en polemizar sobre esta cuestión, porque creo que as posicións están claras. A) A nacionalidade, entendida como o pasaporte que a persoa detenta, é un dato menor. B) Non teño constancia de que en ningunha parte da wikipedia se diga que alguén ten nacionalidade galega. Se iso fose así, debería ser cambiado, loxicamente. C) Como parte do marco de referencias da wikipedia galega, tradicionalmente se sinalou especificamente o carácter galego (por nacemento, por residencia ou por ascendencia) dalgúns dos biografados. Non é unha cuestión de exclusión (galego vs español), senón de información de interese para os lectores (galego, e polo tanto español e polo tanto da UE). Agardo que isto aclare un pouco máis as convencións coas que se traballa neste proxecto de Wikipedia. Un saúdo, e grazas polo seu comentario. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xuño de 2013 ás 21:04 (UTC)

Non entendín a argumentación. ¿Se un país non é independente ten menos consideración a efectos de uso cotiá? Israel exisitu durante séculos sen estado recoñecido. Por outra banda España forma parte da CE e iso non xustificaría ignoralá. Tampoco vexo claro que poñer que o Miño está en Galicia Galiza ou España España sexa un dato que desmereza ou revalore a información. No caso de Gran Bretaña fálase de cidadáns británicos, escoceses, irlandeses... Xa para rematar a consideración política de Galiza é indepente da Galipedia. --Nemigo Galicia 11 de xuño de 2013 ás 15:45 (UTC)

A Unión Europea (que non CE), queridos membros, non é un estado soberano nin independente, senón unha organización internacional. Esa comparación que fai vostede coa CE é coma esperar dicir que alguén naciu na ONU ou na INTERPOL, polo tanto non é un argumento válido. Non se trata de menosprezo e a seu país de nacemento (nacionalidade) sí que resulta un dato relevante, así como tamén o son a data de nacemento ou outros datos biográficos. Outras Wikipedias sí que fan tal aprecio, como poden observar: http://ca.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Noriega_Varela. Creo que a mellor solución sería a de reflexar ambos: O nacemento en Galiza polo feito de que se trata da Galipedia e debe darlle valor ás personaxes populares nados neste territorio e, por outro, o país de nacionalidade propiamente dito. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.62.125 (conversacontribucións)

Discrepo mi querido compañero España forma parte da CE. De feito ten fronteiras comúns. Non entendín que fornteiras comúns teñen os países da ONU. Tampouco entendo a relación nacionalidade/nacemento. Pódese nacer nun sito e ter outra nacionalidade. Ou non ter a nacionalidade de onde se nace (os inmigrantes sábeno perfectamente) O Vaticano ten cidadáns e ningún naceu alí. No caso de Gran Bretaña é de libro de nacionalidades sen independencia. Esto non da para máis. (por certo, si nunca leva tilde en galego) --217.126.222.55 11 de xuño de 2013 ás 18:08 (UTC)

Por suposto que España pertence á UE (que non CE, insisto). Do mesmo xeito que Fisterra pertence á Coruña, pero non por iso ésta é un Estado soberano. O único que eu estaba a propoñer é que en todas personalidades galegas aparezan ambalas dúas bandeiras, como aparece en algunhas das personaxes dos vosos artigos (http://gl.wikipedia.org/wiki/Franco). Unha enciclopedia debería ser algo homoxéneo para todos os artigos, e non un reparto imparcial dos datos (a éste poñémoslle unha, a estoutro dúas e a aquel, ningunha). Estou seguro de que máis persoas se animarían a usar a Galipedia se iso fóra así, pois daríalle un certo nivel de seriedade, fidelidade e obxectividade. Agradecemento, por outra parte, pola corrección feita sobre o til do adverbio de afirmación, "si". É posíbel que non sexa o único que realicei. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.62.125 (conversacontribucións)

certamente! Corrixida a bandeira de Franco. Grazas por avisar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de xuño de 2013 ás 21:06 (UTC)

Consecuencias da nova norma sobre topónimos[editar a fonte]

Boas! Como é sabido vimos de mudar a norma sobre topónimos da Galipedia, polo que agora todos os topónimos aparecen no título únicamente en galego (no caso de que o teñan, claro). Unha consecuencia desta nova política, a parte de ter que trasladar todas as páxinas afectadas, a atopamos nas caixas de información das cidades. Veño de editar a caixa de Almassora e a localidade castellonense ten dous nomes oficiais (Almassora en catalán e Almazora en castelán); tal como está deseñada a caixa de información das cidades, o nome que aparece é unicamente a forma en galego, polo que propoño se cambie o modelo {{Cidade}} para que na caixa se inclúan as formas oficiais como facemos cos países ou como se fai na wiki inglesa (por poñer un exemplo, en en:Moscow, onde aparece a forma rusa en cirílico, ou as formas bilingües como en en:Turku). Piquito (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 14:54 (UTC)

  • Paréceme ben e, de feito, eu pensaba que xa se facía (como no caso dos países). --Norrin_strange (Fala-me) 17 de xuño de 2013 ás 14:57 (UTC)
Vendo o modelo parece que non se pode. O modelo en cuestión pon no nome da cidade o nome do título de xeito automático, antes este problema non existía porque o título xa recollía as formas oficiais (ou alo menos unha), agora como a única forma que hai no título é a galega xa non aparece a forma oficial na táboa. Descoñezo se hai algunha opción para introducir outras linguas no modelo (os meus coñecementos técnicos son limitadísimos), mais aparentemente non. Piquito (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 15:01 (UTC)
Feito! Feito! Chega con engadir o parámetro "nome_oficial", de non existir deixa o título do artigo. --Norrin_strange (Fala-me) 17 de xuño de 2013 ás 15:07 (UTC)
Está ben Norrin, mais agora pérdese a forma en galego na caixa... Sabes qué é o que pode fallar? Piquito (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 23:47 (UTC)
Por certo, fixen unhas modificacións en Bon... Pódese facer algo para que non sexa necesario poñer o idioma entre paréntese indicando o tamaño "small" (non sei se me explico)? Piquito (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 23:50 (UTC)

A ver, vouno mirar.... --Norrin_strange (Fala-me) 19 de xuño de 2013 ás 06:53 (UTC)

Feito! Feito!, podes mirar como queda en Copenhaguen. Hai espazo para 4 nomes, pódese engadir máis pero penso que para unha cidade non será necesario. --Norrin_strange (Fala-me) 19 de xuño de 2013 ás 07:03 (UTC)
Moitísimas grazas Norrin_strange!!! Piquito (conversa) 19 de xuño de 2013 ás 15:39 (UTC)

Unificación das caixas de cidades[editar a fonte]

Boas, veño de observar que, a día de hoxe, hai os seguintes modelos en uso para municipios:

Modelo:Cidade, Modelo:CidadeUSA, Modelo:Cidade dos Países Baixos, Modelo:Cidade de Austria, Modelo:Cidade de Alemaña, Modelo:Cidade da República Checa, Modelo:Cidade Alemaña, Modelo:Cidade de Estonia, Modelo:Cidade da Bélxica, Modelo:Cidade de Escocia, Modelo:Cidade de Irlanda, Modelo:Cidade de Italia, Modelo:Cidade de Suíza, Modelo:Cidade dos EUA, Modelo:Concello

O Modelo:Cidade é o máis empregado, e nel baséanse varios doutros. Penso que sería boa cousa empregar un único modelo (e seica mover Modelo:Cidade a Modelo:Municipio ou Modelo:Concello). Seguramente o Modelo precisa melloras, pero se temos un único modelo o traballo será menor.

Outra cousa é, dende o meu punto de vista, o emprego dun modelo distinto para os concellos de Galicia (Modelo:Concello) que paréceme demasiado etnocentrista e que non ten cabida na wiki. Seica poderíase adaptar o modelo:cidade para engadir datos de falantes de galego e concelleiros, se este é o motivo para ter un modelo separado.

Penso que un pequeno esforzo podería vir ben. A situación actual non ten moito sentido. --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 09:15 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo. Como anotación dicir que para mín o mellor modelo dos expostos é o de Modelo:Cidade de Italia (mellor co de Modelo:Cidade en si, por exemplo Florencia), xa que inclúe apartados para colocar o nome nos distintos ifiomas oficiais ou antigos, foto e mapa. Ademais gústame máis estéticamente que o resto. Creo que no de Italia se poden cambiar as cores dos cadros se se desexa.--Adorian (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 12:12 (UTC)
O Modelo:Cidade de Italia da problemas se non se achegan todos os parámetros, non sei se é a mellor opción. --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 12:20 (UTC)
Pódese tomar como base, o outro penso que se pode amañar fácilmente.--Adorian (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 14:09 (UTC)

Por certo, que se alguén sabe ben de código (eu só teño un nivel baixo) pode amañar o que menciona Elisardo na miña conversa, que coido que é o mesmo problema que ten o de Cidade de Italia --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 12:56 (UTC)

Concordo en unificar os modelos cidade pero discordo en unificalo co modelo concello. O modelo concello dá información específica dos concellos de Galicia e esa información non ten senso no modelo cidade, engadirlle eses parámetros complicaríao innecesariamente e non é tanta cousa ter dous modelos distintos. Repecto ó etnocentrismo non o vexo, claro que hai máis información no modelo sobre os concellos galegos na Galipedia, pero é que iso sería o de esperar! :)
Vou avisar a Toliño a ver se pode revisar os cambios do modelo cidade porque hai moitos artigos que agora están a visualizarse mal. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 13:13 (UTC)
A información específica a GZ pódese deixar de xeito condicional, de tal forma que só apareza se existe (por exemplo, os datos de galegofalantes). É dicir, o modelo nos concellos galegos mostraría máis datos que no resto de concellos, pero cun único modelo e, o que é máis importante, cun único formato. Que a verdade mata o de que cada páxina teña un formato distinto, temos moito que traballar nesta wiki niso. En calquera caso, de non sustituir o modelo:concello e manter dous modelos, canto menos poderíase adaptar visualmente ao modelo xeral, e que as diferenzas non fosen tan patentes. --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 13:20 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo, e penso que estaría ben deixar a posibilidade de poñer porcentaxes de linguas faladas para as cidades dos distintos países, explícome: deixar que no modelo se permita poñer a porcentaxe de galegofalantes e falantes de castelán en GZ, ou se hai datos de falantes de finés e sueco en Finlandia poñelo, ou porcentaxes de catalán/vasco e castelán/francés, ou as porcentaxes de falantes das distintas linguas de Sudáfrica (non todas, facelo con xeito e poñer dúas ou tres e un apartado para outras)... de xeito que se podan poñer parámetros de lingua1, lingua2, lingua 3... dentro duña cela de linguas. Non sei se me explico. Non sei se hai algún xeito de que ao poñer só o escudo apareza no centro, tal como está agora deixa o espazo para a bandeira, mais hai moitos concellos (tanto en GZ como no resto do mundo) que non teñen bandeira pero si teñen escudo, e que apareza centrado estéticamente para min queda mellor. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 18:11 (UTC)
(conflito de edición) Paréceme boa idea deixar un modelo único para todo, sempre dá un aspecto máis homoxéneo ao longo da enciclopedia. Na unificación co modelo para concellos xa dubidaría un pouco máis, porque facer opcionais todas as opcións referidas unicamente a Galicia é posible; difícil, pero posible. Ademais, coido que podería chegar a ser confuso e mesmo vexo usos indebidos deses campos en artigos que non corresponden. O que podemos facer para unificar o formato é empregar o estilo das caixas de información con {{Infobox}}. De feito, évos algo que penso que é necesario: adaptar moitas das caixas de información que usan formatos diversos ao estilo de {{Infobox}}, pero a xente non sobra para facer tarefas tan pesadas. En calquera caso, póñome a axudar co que sexa co modelo para cidades. --Toliño Fala aquí comigo 20 de xuño de 2013 ás 18:16 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo coa unificación, e tamén con utilizar o modelo {{Infobox}}. --JaviP96 20 de xuño de 2013 ás 19:06 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo} con basearnos no modelo Infoboz, aínda que non sei, Toliño, como se faría para ter varias imaxes (bandeira+escudo;mapa;imaxes). Vai dar traballo cambialo, mais eu non teño ningún problema en meterlle tempo. E o de meter tamén os concellos galegos paréceme importante (non creo que haxa razón para non facelo, como di Piquito). --Norrin_strange (Fala-me) 21 de xuño de 2013 ás 06:47 (UTC)
Si, o primeiro problema que xa vía e tiña en mente é o das imaxes. Quizais non poidamos usar o modelo directamente, mais si usar partes do código para crealo, non sei se me explico. --Toliño Fala aquí comigo 21 de xuño de 2013 ás 08:34 (UTC)


A mín persoalmente gústame moito e paréceme perfecto o deseño :) Unha pregunta só por curiosidade, cando a cidade ten escudo e bandeira quedan na mesma liña ou unha por riba da outra?--Adorian (conversa) 21 de xuño de 2013 ás 11:52 (UTC)

Eu non sei moito, ou nada, disto, e vou facer comentarios dispersos.

  • Entendo que o modelo Infobox ten unha combianción de estilos (cores) lixeiramente distinta da que propón Norrin.
  • Despois estaría o tema dos campos. E aí creo que non é bo unificar os campos das Cidades de Galicia coas cidades do resto. Nas cidades de Galicia temos unha información, por proximidade, distinta.
  • tamén creo que é importante que pensemos na diferenza entre caixas de cidades e caixas de concellos. Que Ferrol e concello de Ferrol acaben sendo o mesmo artigo non nos debería facer pensar que iso ten que ser sempre así.
  • Creo que o modelo de cidades galegas agora mesmo ten cousas escasamente neutrais. Unha delas é a selección de partidos para os concellos.
  • Outra é o de poñer o estado e a comunidade autónoma. Neste caso, non porque non sexa certo, pero creo que a bandeirización de todo non é desexable. Se estamos facendo unha infobox de Ferrol, na wikipedia galega, para que queremos dicir que é un concello de españa (ou de galicia)? Para poder entrar en guerras de bandeiriñas?
  • As infoboxes deberían servir para localizar rapidamente información importante, de maneira que se poida actualizar tamén rapidamente. Por iso tampouco teño moi claro que información tan pouco substancial como a cantidade de galegofalantes, e tan pouco actualizable, deba estar no infobox. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de xuño de 2013 ás 12:36 (UTC)
Xabier, é certo que por proximidade temos (ou deberiamos ter) máis información dos concellos de GZ, mais eso non quere dicir que non poda haber os mesmos campos para unha cidade de Sudáfrica, a proximidade xeográfica dunha cidade non implica que se teñan máis datos, de feito en ningunha táboa de concello galego que vira eu aparece a altitude sobre o nivel do mar, cousa que si aparece noutras cidades. Se indicamos a porcentaxe de galegofalantes, por que non vamos indicar a porcentaxe de persoas que falan irlandés (máis aínda cando hai concellos nos que é a lingua maioritaria), ou sinalar as porcentaxes das principais linguas faladas en Pretoria? Eu penso que as cidades e concellos galegos deben ter o mesmo trato que as doutros países, debemos pensar que a Galipedia non é de uso exclusivo para galegos, polo que a diferenciación eu non a considero en absoluto boa, polo que si considero que deba poñerse o estado e a comunidade autónoma. Para min todas deben ter os mesmos campos, e se temos información se pon, e se non a temos queda en branco e non pasa nada. Piquito (conversa) 21 de xuño de 2013 ás 15:12 (UTC)

Respondendo ás obxeccións de Xabier:
  • O modelo Infobox permite elixir cor. Optei por unha que queda ben, que non ten connotacións nacionais, etc.
  • A información das cidades galegas é a mesma, engadindo datos de galegofalantes e concelleiros. Non penso que engadir información disto ás demáis infoboxes sexa un problema.
  • É importante o que dis da diferenciación. Pero estamos a falar dun modelo aplicable a concellos. Que se logo se quere facer un aplicable aos diferentes lugares do concello, pois ben, pero non estamos a falar diso, estamos a falar de unificar os 15 modelos diferentes que temos para concellos.
  • O modelo que propoño eu permite engadir outros partidos, é a clave. Soluciónase o que dis da neutralidade.
  • A permanente discusión "enciclopedia galega" - "enciclopedia en galego" non vai a ningún lado. Non creo que ninguén se ofenda porque apareza "Estado: España". A información da Galipedia, por outra banda, non é só para os galipedistas. É universal. E pode que a alguén lle interese saber que un determinado concello está en España e non en Portugal, poño por caso. Non se di "concello de España", dise "Estado España, CA Galicia, etc".
  • A cuestión da conveniencia ou non da cantidade de galegofalantes non a teño clara, mais non é o que estamos a falar aquí. Os datos de galegofalantes están nas infoboxes e, xa que logo, de cara a unificar o modelo, os metín. Que se no futuro quérese quitalos, pois ben. Non é a miña teima. --Norrin_strange (Fala-me) 22 de xuño de 2013 ás 14:00 (UTC)

Entón? Imos adiante coa unificación? (Lembremos que non será necesario ningunha sustitución de contidos nos artigos). --Norrin_strange (Fala-me) 25 de xuño de 2013 ás 14:11 (UTC)

Penso que antes de unificar nada deberiamos definir qué campos vai haber. Eu persoalmente engadiría á caixa das cidades dentro da poboación datos das áreas metropolitanas, datos lingüísticos (para tres linguas, as dúas máis faladas e un apartado para outras, esto pode achegar moita máis información en cidades de Sudáfrica sen ir máis lonxe), lema da cidade, ano de fundación, na superficie da cidade engadiría datos metropolitanos, tamén poría un apartado de subdivisións para as parroquias ou os distritos. Non sei se vos parecen demasiados campos, mais creo que con todo eso o lector pode facerse unha idea das principais características da cidade ou concello. Un súdo!! Piquito (conversa) 25 de xuño de 2013 ás 15:01 (UTC)
Outra cousa que se pode facer é calcular a densidade automaticamente, como xa facemos en modelos como {{Concello}} ou {{Parroquia}}. Así non hai que actualizar tanto dato nin indicar cousas que pode facer o software automaticamente. --Toliño Fala aquí comigo 27 de xuño de 2013 ás 10:42 (UTC)
  • Unificar o que? Vaise unificar Coirós con New York, Venecia con Xenebra e Londres con Tokio? Cada caixa ten o seu uso e non axuda quitar dados necesarios nun sitio e poñer opcións que non se empregarán noutros. --Nemigo Bandeira galega civil.svg 3 de xullo de 2013 ás 13:41 (UTC)
    • Nemigo, tal como está agora non é práctico (dende logo para min non o é), non podemos ter caixas de información para as cidades de cada país, eso é inviable e un esforzo que dende logo para min é innecesario. De todas as cidades do mundo se poden achegar os mesmos datos (agás contadas excepcións de cidades que teñan algunha peculiaridade), que son básicamente datos obxectivos de altitude, poboación, fundación, sitio web, área, etc. Para achegar máis datos podemos poñer un apartado sobre linguas no que se poden (e debera) incluír os datos de galegofalantes nos concellos de Galiza. Sinceiramente, penso que amosar a composición da cámara municipal sobra en calquer tipo de caixa, porque ademais tal e como está só aparecen os "tres grandes partidos" nos concellos galegos. Trátase de simplificar para que tanto os que levamos tempo aquí coma os que cheguen novos non teñan que andar a ver qué caixa deben empregar cando crean un artigo dunha cidade. Un saúdo!! Piquito (conversa) 3 de xullo de 2013 ás 16:05 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── A resposta a todo eso é moi sinxela. Se un usuario está a facer un artigo novo sobre unha cidade é porque levan o tempo suficiente na wikipedia para saber como se fai e se debe facer. Por outra banda: cantas cidades non teñen artigo xa? As importantes coido que todas. As cores de un modelo de cidade poden variar. É lóxico que as de galiza estean en azul e a de Xenebra en Vermello. A variedade dalle máis atractivo aos artigos. Doutra xeira trocar "unificar" milleiros de artigos é un traballo que non aporta nada en contido. Hai tamén que lembrar que moitos modelos teñen problemas. A día de hoxe os modelos de cidades italianas deben ter tódolos campos cubertos e os de Portugal amosan un raro marco sobre as bandeiras das cidades... Os modelos das capitais de cidades é lóxico que teñan máis contido. Trocar o modelo das cidades que xa o teñen e as que non teñen seguirán sen el. --Nemigo Bandeira galega civil.svg 3 de xullo de 2013 ás 21:53 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo A ver a quen lle apetece facelo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de xullo de 2013 ás 22:50 (UTC)
Para Nemigo semella ser lóxico ter un modelo diferente para os concellos de cada un dos mais de 200 estados. E ademáis supoño que lle parecerá lóxico ter mais de 200 para as provincias/departamentos/condados/etc. Eu non vou traballar máis nisto, fixen unha proposta que, a diferenza do que sostén Nemigo, non elimina os campos, tan só unifica as caixas. Se Nemigo non quere colaborar na sustitución do modelo, ben por el. Pero suxírolle que faga unha proposta mellor.--Norrin_strange (Fala-me) 4 de xullo de 2013 ás 06:44 (UTC)
Xa temos unha páxina diferente para cada un dos estados, unha para cada unha das cidades, unha páxina específica para cada personalidade, especie botánica e ata para cada praga endémica. Tamén temos un tipo de caixa unificada para tódalas páxinas. Chamase: Infobox. O meu chollo non é suxerir nada. Son máis partidario de adaptarse ao que hai e engadir contido, non marear as edicións poñendo comas e trocándoas por puntos. (Score treping se chama). Pódeste asociar con vivaelcelta que propuxo engadir os himnos nas páxinas dos países e a día de hoxe segue a haber páxinas de países sen ese campo ou pódeste asociar co que propuxo unificar as táboas de poboación. Proposta aprobada pero el non fixo ningunha --Nemigo Bandeira galega civil.svg 4 de xullo de 2013 ás 11:30 (UTC)
Nemigo ten razón nalgunhas cousas que di, e eu recoñezo a miña parte de culpa, porque se non lembro mal o tema dos himnos o propuxen eu (alo menos se me pasou pola cabeza). Estanse a propoñer moitas cousas en pouco tempo e somos poucos para facelas, penso que debemos ir con calma e primeiro solucionar todo o que temos pendente (hai moitos topónimos que trasladar, himnos que meter nas caixas, táboas de poboación que facer, etc) e logo ir ao seguinte paso. Eu opto por unificar as caixas de cidades, xa o dixen unha chea de veces, poñendo todos os campos que sexa preciso (arriba xa expuxen algo do que pensaba que debía ter), polo monento podemos discutir os cambios e cando rematemos o traballo pendente xa falaremos de unificar todo, coido que será o mellor. Un saúdo!! Piquito (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 11:57 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo--AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:16 (UTC)

Neoloxismos formados a partir de dúas voces patrimoniais galegas[editar a fonte]

A Real Academia Galega parece que non é moi partidaria de termos usados como adxectivos compostos por dous substantivos patrimoniais do tipo de moitos que vemos nalgúns artigos da Galipedia, como en *aliazul (cerceta aliazul), *puntiagudo, etc., agás nalgunhas excepcións como, por exemplo, rabilongo (pega rabilonga) ou paporroibo ou paporrubio. Pero este paporrubio no é un cualificativo que se aplique á cor do papo de certas aves, senón que é un nome común, o nome dun paxaro moi frecuente en Galicia, a especie Erithacus rubecula, paxariño que ten, efectivamente, o papo (e máis a parte inferior da cara, desde os ollos) de cor roiba ou rubia (parecida á da capa das vacas da raza rubia galega). Outros casos son os do ganso sangano [?] e o ganso paporrubio, dos que podedes ver comentarios meus nas páxinas de conversa estas voces.

En principio, dado que ás veces a Academia si admite estes termos (con significado de adxectivo que cualifica o nome dalgunha especie animal), talvez podería admitirse, por analoxía, en todos os casos ou, quizais, só naqueles que estean autorizados expresamente pola autoridade lingüística, utilizado neles expresións como de alas longas, de papo rubio, branco e verde, de cabeza negra, etc.

Que vos parece? --XoioÉche o que hai 5 de xullo de 2013 ás 14:00 (UTC)

Que se non hai fontes externas que avalen eses nomes entón non os podemos usar na Galipedia porque entón seríamos unha fonte primaria. Se non hai fontes que avalen os nomes en galego entón hai que usar o nome científico. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 22:31 (UTC)
Si, o que comenta Elisardo é correcto. A Wikipedia non é fonte primaria, co cal non hai espazo para un debate de nomes, Xoio. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10 de xullo de 2013 ás 10:25 (UTC)
Son consciente de que se non hai "fonte externa" se debe usar o nome científico (ver a miña contestación na sección seguinte). Pero non era ese o sentido da miña ptroposta de discusión, senó a que, se consideramos a Guía das aves de Galicia de Penas Patiño como fonte externa válida, podemos admitir cerceta aliazul (con ese adxectivo non académico) e ganso paporrubio (aínda menos académico), ou deberían substituíurse por cerceta de ás azuis e ganso de pescozo vermello, respectivamente? --XoioÉche o que hai 10 de xullo de 2013 ás 11:55 (UTC)
Perdón por non entender a cuestión, non mirara os comentarios nos artigos que dixeches, síntoo. Eu coido que neste caso si se pode usar os nomes da Guía das aves de Galicia porque, aínda que os nomes non sexan académicos cento por cento, se non hai outra fonte que coa que se poda contrastar haberá que coller o que hai. Pero se a cousa non convence, sempre se pode poñer o nome científico ó artigo e, se é caso, poñer unha nota ó comezo comentando a cuestión... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2013 ás 18:00 (UTC)

Nomes galegos para as especies dos Dendrocigninos[editar a fonte]

Á hora de establecer un nome galego para cada unha destas aves, preséntanse algúns problemas (evidentemente, non hai bibliografía ao respecto). O nome que se lles dá habitualmente en castelán (varias especies habitan na América de fala española) é o de patos silbadores, aludindo á súa característica voz asubiante e aguda, propoñendo algúns como alternativa, o de patos arborícolas (tradución do nome inglés tree ducks), polo seu hábito de descansar polo día, algunhas especies, nas ramas das árbores. A adaptación de ditos nomes para o galego, como patos asubiadores ou patos arborícolas, non parece moi afortunada, xa que estas anátidas, pese ao seu tamaño, teñen un aspecto ben diferente ao dos verdadeiros patos e, no primeiro deles, ademais, poderían confundirse co noso pato asubiador (Anas penelope), que si é un verdadeiro pato. No que respecta ao cualificativo de arborícola, non é que sexa tampouco demasiado axeitado, xa que non viven propiamente nas árbores, só descansan nelas, e non todos.

Polo tanto, e mentres as autoridades da lingua non aproben unha Lista padrón de aves, atrévona a suxerir, de acordo co nome latino do xénero, a denominación de cisnes arborícolas (a pesar do indicado anteriormente). Para as distintas especies, propoño os seguintes nomes particulares:

  • Dendrocygna arborea, cisne arborícola cubano, que vive nas Antillas, ocultándose durante o día nos bosques pantanosos, pousando sobre ramas baixas, ou nadando na superficie de augas de frondosa vexetación;
  • D. arcuata, cisne arborícola errático, que se distribúe polas Filipinas, Borneo, Xava, Célebes, Nova Guinea e o N de Australia, e que realiza breves migracións nas épocas de chuvia;
  • D. autummnalis, cisne arborícola autumnal ou outunal;
  • D. bicolor, cisne arborícola bicolor, de ampla distribución: en Norteamérica desde California a Missouri, polo N, ata Oaxaca (México), polo S; en Sudamérica, desde Colombia e Venezuela ata o centro de Chile e o S do río da Prata; en África, nunha ampla banda que vai desde Nixeria ata Etiopía e Somalia e, cara ao S, por todo o leste, chegando a Angola e Sudáfrica; en Madagascar e, en Asia, na India, Paquistán, Bangla Desh e Birmania, e que, en Sudamérica, durante o descanso diúrno protéxese da pirañas subíndose ás árbores, mentres que en África dorme na superficie da auga;
  • D. eytoni, cisne arborícola falciforme, que vive no N e E de Australia;
  • D. guttata, cisne arborícola manchado, de moi pequeno tamaño, que vive en Idonesia, Nova Guinea e o arquipélago das Bismark, e que parece que dorme preferentemente en árbores das ribeiras de ríos e lagos;
  • D. javanica, cisne arborícola de Xava, que vive nesta illa e ten costumes semellantes ás do cisne arborícola cubano, e
  • D. viudata, 'cisne arborícola de cara branca, de até 50 cm de lonxitude, que vive nas augas interiores das zonas tropicais e subtropicais de Sudamérica, desde Trinidad e o S de Costa Rica até Paraguai, Uruguai e N de Arxentina, e de África, desde o S do Sahara até o S de Angola e o Transvaal.

Como vedes, xa teño recompilados algúns datos destas especies (e podo buscar máis) e, se vos parece apropiada esta proposta, poderei facer as páxinas de cada unha co seu nome galego. Se non, terei que facelas co título do nome científico.--XoioÉche o que hai 7 de xullo de 2013 ás 23:47 (UTC)

Symbol oppose vote.svg Discordo Síntoo, pero polo que eu entendo, se non hai referencias externas deses nomes en galego hai que usar o nome científico para crear os artigos, xa que doutra forma a Galipedia sería unha fonte primaria para esa información e iso vai en contra das nosas políticas. Cando se publique o padrón de aves en galego entón xa non haberá problema en renomear as páxinas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 07:57 (UTC)
Tes razón, Elisardo, no que dis das fontes primarias (e tamén en que, cando se publique unha lista padrón de aves —que non semella que vaia ser cedo— non habería problemas, nen necesidade de cuestións como a presente. E por iso, se teño tempo (e ganas) farei uso da segunda opción que dixen, a de facer as entradas co nome científico. --XoioÉche o que hai 10 de xullo de 2013 ás 12:05 (UTC)
O que viría de perlas sería a publicación desa lista, pero mentras tanto os artigos poden irse facendo co nome científico e cando se publique, se é que a fan :), o único que habería que facer sería mover os artigos e un par de cambios máis, pouca cousa en comparación coa tarefa que estamos a facer :) Saudiños, e a ver se agora que xa estamos no verán e os días son máis longos podemos coincidir polo Burgo! --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2013 ás 18:07 (UTC)

Imaxes de calidade[editar a fonte]

De xeito semellante, non necesariamente igual, a QI en Commons, propoño a creación dunha sección de imaxes de calidade na Galipedia. Así a todo, desexo deixar claro que, tras ser discutida e modificada e aprobada a proposta -de o ser-, necesitaría axuda técnica para a creación das páxinas pois eu non teño dominio técnico suficiente. Iso si, a miña implicación podería ser total. De non haber xente capaz disposta a colaborar, sería case imposible: Eu non sei compoñer esa estrutura, inda que podería intentalo.

Como punto de partida, propoño un esquema moi similar ó que hai en Commons.

Explicación dese esquema. Numero os parágrafos para facilitar a discusión, se ben, antes de discutir hai que ver se interesa:

  • 1. O obxectivo de ‘’Imaxes de calidade’’ é fomentar e apreciar os esforzos dos usuarios para subir imaxes de calidade á Galipedia e ademais, ser un lugar onde contrastar métodos para mellorar unha imaxe e aprender da opinión dos demais co fin de autosuperarse.
  • 2. Só poderán ser propostos arquivos (imaxes, nun futuro poderían admitirse vídeos, sons..., pero fai falla definir o que é calidade neses arquivos) de galipedistas.
  • 3. As imaxes deberán intentar seguir os parametros expresos en Wikipedia:Guía de imaxes de calidade (páxina que pode e/ou debe ser discutida e aprobada).
  • 4. Os usuarios da Galipedia poderán propor imaxes doutros usuarios ou as súas propias imaxes para así poderen poñer en discusión o seu traballo e facilitar que outros o valoren.
  • 5. As propostas manteranse sete días, agás que sexan declinadas ou promovidas. Durante eses días a imaxe poderá ser promovida, declinada, comentada ou trasladada a discusión.
  • 6. Nunca será retirada unha proposta antes de pasaren 48 horas da última participación dun usuario na mesma.
  • 7. Para ser promovida ou declinada a IC (Imaxe de calidade), a imaxe precisará o voto dun único usuario que non sexa o mesmo có que realizou a proposta ou có autor da imaxe, se ben a proposta manterase dous días, a partir da hora en que se realizou o voto, en espera de que ninguén estea en desacordo.
  • 8. Se alguén vota (votar non é o mesmo ca comentar) en contra dunha imaxe promovida ou declinada, a proposta trasladarase á zona de discusión. Tamén poderase trasladar á zona de discusión unha proposta se alguén así o desexa, inda que non vote, pero é preciso facer algún comentario.
  • 9. Na zona de discusión as imaxes serán promovidas sempre e cando teñan máis votos a favor ca en contra. En caso de empate a imaxe será declinada.
  • 10. Poderase volver presentar unha imaxe sempre que se suba unha nova versión da mesma.
  • 11. Calquera usuario pode, rematado o tempo da proposta, tanto se a imaxe ten que ser promovida como declinada, pechar a proposta, marcar a imaxe como imaxe de calidade, categorizala, e comunicar o feito ó usuario que realizou a proposta.
  • 12. En caso de non haber comentarios nunha proposta e pasaren sete días, a imaxe, que será trasladada a unha categoría para o caso e retirada da páxina, poderá volver ser proposta.
  • 13. En calquera momento o autor dunha proposta pode retirar dita proposta.
  • 14. Non se pode votar en contra sen facer referencia ós criterios presentes en Wikipedia:Guía de imaxes de calidade.
  • 15. Só os administradores poden tachar un voto por non se adecuar ós criterios presentes en Wikipedia:Guía de imaxes de calidade.
  • 16. Solicítase ós usuarios experimentados que comenten máis imaxes das que propoñan, se posible.
  • 17. Pódense propoñer imaxes subidas a Commons ou á propia Galipedia.

Non se me ocorre máis agora.-- Lmbuga / Conversa comigo  16 de xullo de 2013 ás 20:10 (UTC)

  1. Symbol comment vote.svg Comentario. Paréceme unha boa idea, mais pérdome co de promover e declinar, non estou ao tanto de cómo funcionan as cousas en Commons ou noutras wikis, se me puideras explicar un pouco o proceso aínda que sexa na miña páxina de conversa agradeceríacho... No aspecto técnico non podo axudar nada, síntoo. Un saúdo!! Piquito (conversa) 16 de xullo de 2013 ás 22:22 (UTC)
Explícoche aquí, porque ha de valer para outros.
Cando eu propoño unha imaxe miña en QI de Commons, cando eu fago unha proposta, un usuario pode promovela (= é unha imaxe de calidade), declinala (= non é unha imaxe de calidade), comentar algo, votar neutro, ou preguntar. Abonda co voto dun usuario para que a imaxe sexa, ou non sexa, imaxe de calidade.
Supoñamos que ese usuario promoveu a imaxe. A proposta mantense dous días aberta desde o último que participa. Outro usuario non está de acordo, polo que envía a imaxe, ó votar en contra, á zona de discusión. Nesa zona, a imaxe necesita ter máis votos a favor ca en contra e mantense nesta zona -faltoume dicir isto- como mínimo unha semana. Se ó final dunha semana, a imaxe ten máis votos a favor ca en contra, é promovida (= é aceptada como imaxe de calidade).
En realidade é así de simple, pero as normas para que funcione son moito máis complexas e seguro que faltan cousas.
Non dubides en preguntarme se precisas máis aclaracións. Só unha reflexión persoal: A min participar en Quality images de Commons axudoume a aprender. O sistema non importa tanto. O crucial para min son dúas cousas: 1ª que un usuario poida propor as súas imaxes, porque se non fose así o carácter didáctico da páxina desaparecería; 2º que as normas de Wikipedia:Guía de imaxes de calidade se axusten ó que a comunidade desexa. Claro que é só unha opinión-- Lmbuga / Conversa comigo  16 de xullo de 2013 ás 23:19 (UTC)
  1. Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 26 de xullo de 2013 ás 18:49 (UTC)

Categoría:Rexións[editar a fonte]

Gustaríame contar cunha categoría que dea cabida aos artigos Faixa de Gaza, Dalmacia e Cochinchina, do mesmo xeito que Categoría:Lagos da cabida a Lago de Bomba e Lago Awe. O único que se me ocorre é Categoría:Rexións, cuxo artigo principal sería Rexión. Se ben a categoría é demasiado xenérica (un continente é unha rexión xeográfica), coido que pode aplicarse a eses tres exemplos. Así de primeiras que opinades? Algunha outra suxerencia sobre como organizar eses tres artigos nunha mesma árbore de categorías que non sexa tan xenérica como Categoría:Xeografía? ─ GallaecioE logo? 4 de agosto de 2013 ás 13:18 (UTC)

Vexo que existe Categoría:Rexións de Europa, o que parece apoiar a proposta. ─ GallaecioE logo? 4 de agosto de 2013 ás 16:37 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 23:27 (UTC)

2ª convocatoria de Individual Engagement Grants de Wikimedia[editar a fonte]

(en castelán) La Fundación Wikimedia ha anunciado la segunda ronda de ayudas personales. Como algunos sabéis desde el pasado abril y con uno de estas ayudas, estoy trabajando para la consolidación de la iniciativa wikiArS. Sé pues de primera mano que resultan una oportunidad para que alguien de la comunidad dedique tiempo y tenga recursos durante unos meses para hacer avanzar algún proyecto.

Está abierta pues la segunda convocatoria. Ya se pueden enviar propuestas a título personal o de un pequeño equipo. La fecha límite es el 30 de septiembre pero conviene empezar a plantear y elaborar la propuesta con tiempo.

Si no queréis optar a una IEG pero tenéis ideas que otros podrían desarrollar podéis escribirlas y participar en el IdeaLab.

Y también podéis colaborar participando en el IEG Committee que seleccionará las propuestas.

Si queréis ver para qué están sirviendo los IEGrants de la primera ronda el último post del blog de Wikimedia hace un repaso a partir de los informes parciales que presentamos los receptores de la primera ronda.

Las IEG son una vía complementaria a las ayudas que se canalizan a través de capítulos locales y organizaciones temáticas de Wikimedia. Permite a una persona o pequeño equipo (sea o no miembro de una asociación) dedicar un tiempo (medio año) a un proyecto o iniciativa y, de esta forma, hacerlo avanzar en beneficio del conocimiento libre, facilitando la actividad de los otros participantes.

Venga ¿quién se anima?--Dvdgmz (conversa) 8 de agosto de 2013 ás 03:16 (UTC)

Artigos curtos de máis como criterio de borrado rápido[editar a fonte]

Propoño que nos criterios de borrado rápido se inclúan os artigos que non conten con suficiente contido. Os casos nos que se daría isto pódense debater, pero creo que un exemplo claro son os case 100 artigos novos que creou en 2 horas un só usuario. Que tan só contan co seguinte contido: "x é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para tal país", e iso aceptable como artigo? --JaviP96 12 de agosto de 2013 ás 19:36 (UTC)

Que un artigo sexa curto non debera ser motivo de escarnio. Galiza ten moitas limitacións en documentación e en acceso a ela. Nese punto estarían case tódolos artigos de poboación e microtopónimos. A min pasoume co rego de Trabe que debía estar máis referenciado (?) Se un caso de creación masiva de artigos sen aportar nada se da pois debera tratarse como tal, caso excepcional e con medidas puntuais e xustificadas. Saúdos --Nemigo Bandeira galega civil.svg 13 de agosto de 2013 ás 13:18 (UTC)
Unha cousa é que dun tema non haxa demasiada información, e outra que só se poña unha definición xenérica, por exemplo "fulano é un futbolista inglés", un artigo debe conter un mínimo de información. Por exemplo se falamos dos dominios anteriores, poderíanse incluír nunha lista, no canto de crear cen artigos iguais, e que non aportan nada. Ademais, non creo que importe se un usuario crea 1, 5, 10 ou 100 artigos, se non aportan nada da igual cantos sexan. Habería que ter un criterio para todos os casos, e non actuar só cando se creen moitos. No artigo que me nomeas, o problema non era que non contivera suficiente información, senón que esta non contaba con referencias, son dous problemas distintos. --JaviP96 13 de agosto de 2013 ás 21:40 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Logo o usuario debera poñer: .ca[1][2][3][4] E entón xa sería un artigo válido por ter referencias. Se o problema é a extensión: que extensión deben ter as definicións do galidicionario? Saúdos --Nemigo Bandeira galega civil.svg 14 de agosto de 2013 ás 10:06 (UTC)

  1. [Normativa ISO23.895:200 Plantación de patacas]
  2. [Normativa ISO23.8565:200 Semente nova]
  3. [Normativa ISO20.895:200 Coristanco pola baixa limia]
  4. [Normativa ISO23.2895:100 Fritidas ao vapor]
Repítoche que son dúas cousas distintas, porque teña referencias, un artigo non deixa de ser demasiado curto, o importante é o contido. A comparación co Galizionario non ten sentido ningún, xa que se trata de diferentes proxectos, con distintos criterios respecto aos artigos. O Galizionario basease só en definicións, un exemplo podes telo en pexego e no equivalente no Galizionario. A definición non sería aceptable na Galipedia e o artigo da Galipedia tampouco no Galizionario. --JaviP96 14 de agosto de 2013 ás 13:19 (UTC)
O dos artigos curtos é un problema de dificil solución. Temos moitos artigos de políticos, xornalistas, escritores, etc, principalmente galegos que son tremendamente curtos, o mesmo pasa con xornais locais, para min o tema é: que se pode dicir dun xornal que estivo operativo 6 meses nunha vila galega? Non creo que moito, debera borrarse? Por outra banda temos artigos como partitura, iniciado por alumnos dun proxecto escolar, cousa que merece todo o meu respecto e admiración polo feito de achegar ao alumnado galego a Galipedia (logo poden ser editores potenciais e usuarios que consulten a wiki). Ao contrario do que seguramente ocorra cos xornais locais, sobre a partitura si que hai unha chea de contido, polo que eu creo que neste caso o artigo debera ser borrado (non o fixen por non desmotivar aos escolares). Un saúdo! Piquito (conversa) 17 de agosto de 2013 ás 00:13 (UTC)

Votación[editar a fonte]

O pasado 20 de agosto, o usuario HombreDHojalata propuxo o artigo Tristan und Isolde para calidade despois de terlle enviado a seguinte mensaxe:

Boas HombreDHojalata! Xa case está rematado o artigo de Tristan und Isolde, quedan uns pequenos retoques e traer algo de en.wiki e seguramente algunha revisión ortográfica e uniformizar o texto (como o fun facendo en días distintos e con pausas de varios días pode que haxa cousas que vaian en cursiva unhas veces si e outras non, mais eso é un detalle menor na miña opinión), mais cres que podería ser proposto para calidade? A finais do mes que vén se vai interpretar na Coruña e estaría ben que algún despistado que mirara na wiki en castelán vira a estreliña ao lado do galego. De propoñelo habería que facelo nestes días para que a semana que se fai na Coruña xa se teña pechado a votación, eu se o propós tentarei ir todo o rápido que poda cos contidos referenciados que haxa na wiki en inglés (básicamente da sección "Reactions to Tristan und Isolde", e pinceladas de "Significance in the development of romantic music", xa que a nosa sección de "Características" está bastantes completa) e que non teñamos na nosa. Teño moita información sobre a Obertura, cres que deberiamos facer un artigo de seu, metela no artigo a modo de exemplo, ou deixalo correr? Xa me contarás. Unha aperta!! Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 09:42 (UTC)

Como resultado, o usuario propuxo o artigo coa descrición dos méritos "Á suxestión de Usuario:Piquito" e unha ligazón á mensaxe anterior e emitiu un voto neutro dicindo "non o lin" (todo esto está en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Tristan und Isolde). Tras ver o comentario do usuario Xoacas remitinlle a HombreDHojalata a seguinte mensaxe:

Ola HombreDHojalata. Quería pedirche que retiraras a proposta para artigo de calidade de Tristan und Isolde, dado que hai usuarios que a consideran unha autoproposta miña, e que a túa descrición dos "méritos" do artigo incita a pensar eso (algo que non é certo) e, na miña opinión, condiciona o voto dos usuarios (todos os que se opoñen a que un usuario propoña un artigo propio non verán con bos ollos o "a suxestión de Piquito"). O único que te pido (a parte de que retires a proposta) é que se te fago outra petición polo estilo non a propoñas porque si, e se non te interesa ou non tes tempo de ler o artigo mo digas, son consciente de que os artigos sobre a ópera, o ballet ou a música clásica en xeral non son do interese da maioría dos usuarios da Galipedia, polo que non me vai molestar que me digas que non o queres ou podes ler. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 15:11 (UTC)

Dado que HombreDHojalata non retira a votación e non me responde cos argumentos que ten para que a votación siga, propoño que se decida aquí se a votación debe seguir ou non. Eu considero que hai que retirar a proposta, xa que a descrición feita por HombreDHojalata (e agora unida ao comentario de Xoacas) fan que, na miña opinión, os votos dos usuarios que non comparten a idea de que os usuarios propoñan artigos propios se condicionen (aínda que tal autoproposta non exista, como se pode ver na primeira mensaxe) e non se avalíe a calidade (ou a falta dela) que poida ter o artigo. Quero pedir que se retire a proposta, ou que se a comunidade decide continuar con ela, os usuarios voten en contra, xa que considero que non é unha votación limpa, e como tal non se debera levar a cabo. Piquito (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 09:08 (UTC)

Retirar proposta
  1. Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 09:08 (UTC)
  1. Symbol oppose vote.svg Discordo. Non vexo motivo para retirar a proposta, incluso se aceptáramos que se tratase dunha autoproposta, ninguén se manifestou en contra disto nas votacións dos cambios nas políticas sobre artigos de calidade. Por que un usuario considere iso un inconveniente para que sexa de calidade non creo que haxa que retirar a proposta, só se trata dunha opinión persoal. Eu penso que se debe confiar no bo facer dos usuarios e en que valoren a calidade do artigo e non se o propuxo x ou y. --JaviP96 27 de agosto de 2013 ás 14:39 (UTC)
  2. Symbol oppose vote.svg Discordo A proposta está feita. A suxestión de Piquito é clara (e con todo o dereito, aínda que a algúns non nos gusten as autopropostas, ó que tamén temos dereito). A retirada da proposta non ten sentido xa que non foi confusa nin a votación sucia. Non se pode pedir ós demais usuarios que voten nun sentido ou noutro ("Quero pedir ... que se a comunidade decide continuar con ela, os usuarios voten en contra"). Todo isto resulta moi desagradable. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 23:49 (UTC)
  3. Symbol oppose vote.svg Discordo. Para min non é unha autoproposta, é certo que houbo algún problemiña de entendemento no comezo da proposta pero para min é válida, agora o que hai que valorar é se o artigo xa está listo para ser de calidade ou non. Ademais penso que esta acción foi de boa fe tanto por Piquito coma por HombreDHojalata así que non vexo máis problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 12:13 (UTC)
  4. Symbol oppose vote.svg Discordo. E aproveito para expoñer que as propostas dos cambios nas políticas sobre artigos de calidade deberían ser sometidas en breve a votacións, unha vez que xa pasaron varios meses dende que foron realizadas e debatidas e que xa rematou o mes de agosto, mes inhábil para realizar votacións que afecten ás políticas da Galipedia. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 30 de agosto de 2013 ás 12:58 (UTC)
Comentarios
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. JaviP96, é certo que ninguén se manifestou en contra das autopropostas nas "votacións dos cambios nas políticas sobre artigos de calidade", mais debes lembrar que eso foi unha "sondaxe", unha recompilación de opinións, un debate... deso non saiu unha política oficial da Galipedia, polo que a día de hoxe debemos atender ao que di en Wikipedia:Escolla do artigo de calidade#Normas de votación (Cando un artigo estea realizado fundamentalmente por un usuario, este non poderá propor o artigo (autocandidaturas prohibidas), nin votar na proposta), foi o motivo polo que a proposta da lista das óperas máis importantes foi retirada. O problema non é unha opinión en contra, o problema é que tal como está feita a proposta o enunciado pode chegar a condicionar (como efectivamente pasou no caso de Xoacas). Para min a mellor solución é retirar a proposta e se algún día algún usuario le o artigo e considera que deba ser proposto xa o fará. Un saúdo, Piquito (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 21:47 (UTC)
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. Lameiro, o que resulta desagradable é que se dea a entender o que non é. Eu en ningún momento lle dixen a HombreDHojalata que propuxera o artigo, le ben, o que lle dixen foi: cres que podería ser proposto para calidade? ... De propoñelo ... se o propós eu en ningún momento lle pido que a propoña, lle pregunto se cre que pode ser, que é ben distinto. HombreDHojalata ben me podía ter dito que non o ía ler e todo tería quedado ahí, punto, de feito antes consultara con outro usuario e nun xesto honesto pola súa parte me respondeu que non se vía capacitado para avaliar se o artigo podía ou non ser de calidade ao non entender moito do tema. Non te engañes, a autoproposta non existe neste caso, outra cousa e que ti e outros usuarios lle querades dar a volta (non sei por que) para dicir que o é (non sei con qué obxectivo). Engánaste en dicir que a votación non foi "sucia", xa que un usuario xa votou sen atender ao contido do artigo alegando a autoproposta, así que non negues a realidade. Digades o que digades, para min a votación non debe seguir e o seu resultado, de ser afirmativo, non debera terse en conta e o artigo debera ficar sen a estrela. Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 08:02 (UTC)
Por certo Lameiro, se está tan claro que é unha autoproposta deberas concordar en retirala, xa que en Wikipedia:Escolla do artigo de calidade#Normas de votación dise expresamente que eso non está permitido, polo que se está a incumprir unha norma da nosa Wikipedia. En que quedamos? Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 08:30 (UTC)
Non teimes, Piquito. Non teimes en dicir a última palabra. Xa te explicaches e dixeches canto tiñas que dicir (quero dicir que non é necesario que repitas argumentos). Os demais sabemos ler e sacamos conclusións, acertadas ou non, pero son as nosas conclusións, mal que te pese. Respecta a opinión dos demais, aínda cando non a compartas. Non será fácil, pero resulta imprescindible nun traballo en equipo. E, para rematar: non digo que sexa unha "autoproposta" senón unha "suxestión", parecido pero non é o mesmo. Sei ler e escribir, sen que teñas que guiarme. Entendo que unha cousa é o que un quere dicir, outra o que di e unha terceira o que o outro entende, por iso tento escribir con coidado para evitar malentendidos. Aínda que cando o outro non quere entender, pouco máis se pode facer. Creo que o que fai isto desagradable é esa insistencia túa en protagonizar as discusións. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 21:48 (UTC)
Non teimo en dicir a última palabra, o único que vou dicir é que deixo este debate, se alguén ten algunha suxestión para a mellora do artigo pode poñerse en contacto comigo. Nada máis. Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 21:57 (UTC)

Peche de ano[editar a fonte]

Levo tempo pensando en propoñer facer algo para o peche de ano, xa que as televisións andan con recordatorios do que pasou no ano e todo eso. Penso que debemos aproveitar este ano para darlle un pouco de bombo ao proxecto, deixar de traballar aquí para traballar máis fóra do proxecto e darlle visibilidade. Penso que é o momento por varios motivos (non necesariamente nesta orde): o primeiro é que este ano foi o 10º aniversario da Galipedia, o segundo é que este ano podemos rematar entre as 20 primeiras wikipedias da lista de calidade, e o tercerio que este ano superamos a barreira dos 100.000 artigos, pode que houber máis acontecementos importantes este ano, mais por citar tres de peso. Eu defendo a idea de que é primordial que a xente da rúa coñeza o proxecto (pode que moitos pensemos que a xente sabe que existe unha versión en galego da Wikipedia, mais non é así e moitos pensan cousas como que é unha sucursal da wiki en castelán, que só fala de Galiza, que os artigos son peores que na wiki en castelán, etc), porque ao fin e ao cabo o proxecto se fai por e para a xente da rúa, para que podan consultar calquer tema en galego, e por qué non, demostrar que en galego se pode falar de ciencia, de xeografía, de informática, de historia, de música, etc, e a un nivel moi alto, sen nada que envexar ao castelán.

Propoño, xa que logo crear unha serie de "medidas" para publicitar o proxecto. A min ocorréronseme algunhas:

  1. Negociar un programa especial ou unha reportaxe longa cos medios de comunicación. O poder da televisión é enorme e penso que debemos facer uso del para gañar editores e usuarios, polo que penso que deberiamos tentar convencer á TVG. Por outra banda, poderiamos propoñer a xornais de gran tirada en Galiza como La Voz de Galicia que inclúan unha reportaxe na que se explique o proxecto nas páxinas de cultura do domingo.
  2. Dentro do traballo na Galipedia penso que sería boa cousa que entre todos fixeramos un esforzo por ascender estes meses que quedan o maior número de postos posibles na lista de Wikipedias atendendo á súa calidade.
  3. Sería moi boa cousa poder presumir de canto menos 20 artigos de calidade, agora temos 17, podemos procurar 3 artigos máis da lista dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter para propoñelos, eu optaría pola Segunda Guerra Mundial, algún país africano (o continente esquecido debera ter un papel maior na nosa wiki) e algún outro non biográfico (temos moitas biografías de calidade) e a poder ser sobre a ciencia. Tamén poderiamos facelo con algún dos 100 artigos fundamentais.

Creo que os obradoiros non nos van ser moi útiles, en tal caso programalos para despois de saír nos medios, seguro que dese xeito haberá máis xente que coñeza o proxecto e se interese por el. Deste xeito alo menos creo que conseguiremos ter xente nos obradoiros.

Xa diredes o que pensades, anímovos a que opinedes e aportedes calquera idea por absurda ou simple que vos poda parecer. Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 17:47 (UTC)

Que quede constancia de que apoio dende este momento a proposta e cando teña un pouco máis de tempo a ver se podo engadir algo máis interesante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 13:00 (UTC)
Comento algunhas cousas agora que teño un momento:
  • Primeiro dicir que a idea paréceme estupenda Piquito e podes contar comigo en todo :)
  • Tes moita razón no que comentas que a Galipedia non se ten tanto en conta na rúa como debería e os pre-xuícios que comentas son os que máis nos afectan, esas cuestións sería bo que se explicaran ós medios de comunicación para que os publicaran e deran a coñecer á xente.
  • A tele é moi cara. Os minutos en TV son moi caros, ademais de en cartos que non é este caso, en forma de conseguilos. Os medios de comunicación o que queren son novas, que hai de novo no proxecto? en que mellorou? O conto dos dez anos xa está descontado porque xa pasou o día e pasou a romería..., pero como ti dis temos opcións de xerar máis interese se conseguimos entrar nas 20 wikis con maior calidade e se ó mesmo tempo conseguimos chegar ós 20 artigos de calidade será outro punto máis (para conseguir isto último eu centraríame en revisar os artigos que teñen maior tamaño porque entre eles hai varios que con pouco traballo poden chegar a artigos de calidade). Temos que xerar unha nova se queremos sair nos medios, e se conseguimos a súa atención entón xa poderíamos falar ó mesmo tempo dos outros temas que nos interesan: cambiar a forma de ver a Galipedia dende a rúa e tentar achegar máis colaboradores. Que outras cousas poderíamos facer para xerar unha nova?
  • Eu teño algunhas direccións de correo de periodistas da Voz, do Ideal e tamén da TVG, pero non estou seguro de que eles podan autorizar unha reportaxe, pero por preguntar non se perde nada. Tamén teño contacto con xente de Praza Pública pero Praza é un medio só dixital e cunha difusión limitada. O que temos que facer é preparar e estruturar ben o que lles queremos presentar para que lles interese.
  • Para a semana tiña pensado comezar a organizar a galixuntanza deste ano, quizais podería ser a finais de setembro e, se saíse a cousa, poderíamos falar un pouco máis en directo deste tema.
  • Tes razón en que os obradoiros non están tendo aceptación, pero non estou seguro de que con esa difusión as cousas vaian cambiar moito. Penso que o dos obradoiros hai que enfocalo doutra forma, non facer unha convocatoria aberta ó mundo e que logo non chega a ninguén, penso que a forma máis efectiva sería facelos en coordinación con mestres e tentando introducir a Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula, tanto a nivel de ESO coma universitario, a universidade penso que podería ser unha boa fonte de novos editores, ó mellor non en cantidade pero sí en calidade. Eu de tódolos xeitos xa quedei coa xente de Coruña en facer o obradoiro en outono e tentarei polo menos que se faga. Penso que avisando con tempo e directamente a centros de ensino, asociacións culturais e de veciños pode sair adiante xa que o que vin da outra vez foi que o concello case non lle deu difusión, o único que fixo foi poñer unha páxina web e listo, non avisou de nada. Outra vía na que penso que ó mellor poderían funcionar os obradoiros sería en colaboración con bibliotecas, pero con bibliotecas que teñen "movemento", é dicir, que organizan actos e charlas e teñen un grupo de xente que as segue.
Polo de agora con isto chega, seguimos falando do conto e animádevos a dar opinións e propostas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 12:34 (UTC)
Interesante o das bibliotecas. Eu vivo moi pretiño da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, en Lavadores, Vigo, que organiza multitude de charlas, monólogos, cursos... Quizáis aí se poida organizar algo. Iso si precisaría por un lado ter unha idea perfectamente delimitada e organizada para lles presentar e logo, de aceptaren, axuda na organización, porque normalmente dispoño de bastante pouco tempo. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 30 de agosto de 2013 ás 13:09 (UTC)
O da tele é complicado polo que dis que costan os minutos, por eso debemos organizarnos pronto para "xerar" noticias que lles podamos "vender". Eu diría que nos propuxéramos chegar a decembro con 20 artigos de calidade, e a vindeira semana eu diría de definir xa qué artigos vamos levar a calidade. Creo que podemos facer propostas para os artigos de calidade e votar estes días, creo que eso debe ser prioritario agora, xa que necesitaremos tempos para facer uns artigos "mallaos". O das bibliotecas tamén creo que pode ser interesante, hai que ver cómo plantexalo, se como charlas, mesas redondas, obradoiros, etc. Piquito (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 18:22 (UTC)

Symbol question.svg Pregunta: Hai algunha plataforma de apoio ao galego en internet? Podería falarse con algún colectivo deste tipo para ter máis posibilidades de sair en televisión. Poderiamos vender unha nova do avance do galego na rede con algunha estatística destas plataformas que falen de crecemento (espero que haxa) do número de páxinas web en galego, sumando a aprobación do .gal, á clasificación da Galipedia na lista de calidade, os 20 artigos de calidade, o resumo do ano da Galipedia (co 10º aniversario e os máis de 100.000 artigos), poden dar unha reportaxe moi completa do galego en internet. Pode saír algún administrador da Galipedia que coñeza ben o proxecto (e quera saír, lóxicamente) xunto con algún dos impulsores de .gal e doutras plataformas do galego na rede. Piquito (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 08:58 (UTC)

Poño un apartado para propoñer (logo porei eu as miñas, ando mal de tempo):

Propostas para artigos de calidade:

Eu proporía traballar sobre a Tanzania ou Sudán (os dous son da África negra e teñen moito traballo, ao ser pequenos e da lista dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter nos axudaría a ascender na lista), tamén se podería traballar sobre a páxina do continente (que ten algo menos de traballo), eu traballaría sobre países e non sobre cidades, esto para a xeografía. Un artigo que nos pode dar pouco ou nada de traballo pode ser o do virus, é moi grande e traducido dunha wiki onde é de calidade, se cadra o único que habería que revisar é se se pode engadir algo máis, en calquer caso se lle pode consultar a Usuario:Miguelferig qué artigos de ciencia son os máis completos da lista dos 1.000. Sobre a historia eu xa me mostrei a favor de presentar o artigo da Segunda Guerra Mundial, JaviP96 comentoume que pensaba amplialo e que cara o final do ano podía ser de calidade, habería que consultarlle se sigue con esa idea. Todos son da lista dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter e de interese universal, o único que nos daría moito máis traballo sería o artigo de xeografía, mais organizándonos ben se pode facer un gran traballo. Tamén podemos coller un artigo de xeografía máis avanzado, mais en calquer caso eu diría que non fora sobre un país ou cidade de Europa (eu traballara no artigo da Antártida, pero é complicado porque habería que crear máis artigos principais que cun país ou unha cidade), todos os artigos de calidade que temos son de Europa, e se levamos a calidade o da II GM será un máis (tamén podemos traballar na Guerra de Vietnam, que creo que tampouco requerirá moito traballo). Facede as vosas propostas! Piquito (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 08:51 (UTC)

Dispoño de bastante bibliografía sobre a IIGM, varias enciclopedias e libros. Unha vez aproximado o artigo a un de calidade (con traducións doutros artigos e achegas doutras fontes) eu podo darlle outro repaso para ampliar as referencias e o texto no que sexa posible. --Alberte Si, dígame? 31 de agosto de 2013 ás 12:58 (UTC)
Eu podo traducir contido que nos falte do artigo virus da wiki en inglés (xa é de calidade alí) e logo xa falo con Miguel para que o revise. O artigo de Pontedeume, aínda que non sexa dos que propuseches, Piquito, penso que xa está listo para proporse a calidade. Así con eses 3 artigos xa teríamos os 20. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 16:14 (UTC)
Si! O artigo de Pontedeume está moi ben, eu pensara en propoñelo para a portada, pero para calidade está tamén moi ben. Penso que poderiamos propoñer tanto Pontedeume como virus xa este mes, non creo que nos vaian requerir moito traballo e podemos mellorar os dous simultáneamente. Eu propuxera os artigos sobre África por meter algo distinto (a calidade da nosa wiki paréceme algo eurocentrista, algo ao que eu tamén contribúo, todo hai que dicilo), e non se lle adoita dar moita relevancia a todo o relacionado co continente africano, ademais de por ser dos 1.000 artigos, o que nos podería facer escalar. De todos xeitos, eses dous xa están moi ben, podemos comezar por ahí e xa teriamos 19, se logo vemos que temos tempo para facer dous máis xa ata poderiamos ir con 21, e mesmo pode que falando con Miguel nos poda dicir algún outro artigo sobre ciencia que teña nivel para ser de calidade... o dos 20 é unha cifra simbólica, se logo buscando atopamos xoias que dean o nivel, perfecto. Tamén diría de mellorar o da IIGM, xa temos a Alberte que se ofreceu e seguro que JaviP96 se anima porque era un artigo que tiña no punto de mira, así que se vos parece ben nos propoñemos lanzar eses tres (Pontedeume, virus e Segunda Guerra Mundial). Un saúdo!! Piquito (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 18:08 (UTC)
Por min perfecto, poreime a revisar o dos virus cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 20:24 (UTC)
Eu proporía recuperar unha vella proposta de HombreDHojalata que non callara no seu momento, pero que penso que é un artigo de sobrada calidade: vaca. Requiriría moito menos traballo co da Segunda Guerra Mundial, xa que tal e como está xa valería como artigo de calidade, e o da IIGM podería ser mellorado máis adiante, dado que daría bastante máis choio. Que vos parece? --Paradanta (Cóntame) 1 de setembro de 2013 ás 12:48 (UTC)
Tamén é unha moi boa opción, mais para min está excesivamente galeguizado, explícome: case a metade do artigo é sobre a vaca en Galiza, creo que se podería crear un ou varios artigos de seu á vista de que hai tanta información e poñelos como artigos principais dunha sección menos extensa; por outra banda, a min persoalmente non me gusta que a sección sobre a heráldica só teña referencias a Galiza, creo que deberiamos procurar algo máis (seguro que está presente en moitos lugares e non me extrañaría que no escudo de algún país ou rexión houbera algo). Penso que é unha moi boa opción, pero para min precisa un pouco de traballo (menos que o da IIGM, que non obstante penso que non deberiamos tardar moito en melloralo e propoñelo para calidade pola súa importancia), e como dixen no seu momento penso que a wiki en francés nos pode axudar (eu francés non sei, pero seguro que atopamos a alguén). Visto o visto temos tres que poden ser de calidade case sen tocalos, así que eu diría de propoñer algún o antes posible para que se non sae desta vez ter marxe para melloralo e facer unha segunda proposta. Se queredes podemos presentar xa Pontedeume, e cando Elisardojm revise o do virus propoñelo (creo que se poden votar simultáneamente, os editores fixeron un gran traballo e non cre que requiran de moito esforzo). Un saúdo!! Piquito (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 14:51 (UTC)
Non está excesivamente galeguizado, de feito a meirande parte da bibliografía que eu atopei falaba sobre a vaca intra-galaica, non creo que fose doado hipergaleguizar nada. A min tampouco me gusta que a sección sobre heráldica fale só de escudos galegos, pero a cuestión é que non atropei máis libros nos que se mencionase a presenza da vaca na heráldica que ese de Valero de Bernabé, que ben pouca cousa é. Para espíritus inquedos hai unha boa chea de escudos en Commons, algúns deles a medio camiño entre a Heráldica e a tapa do queixo de untar La Vache qui Rit (vacas aquí e bois aquí, como se fosen distintas cousas). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 23:59 (UTC)
Para ti pode non estar excesivamente galeguizado, para min achégase información como para crear un artigo independente e deixar este cun uso máis xenérico. Non estou a criticar o teu traballo (entendo que traballaches nel, non mirei quen participou porque sinceiramente impórtame ben pouco con tal de que o artigo estea ben, e este o está), o único que penso é que temos unha sección sobre a vaca en Galiza con 5 apartados que, para min, ocupan demasiado nun artigo que é do animal, se a esto lle sumamos que actualmente a sección de heráldica só fala de Galiza, e que as dúas únicas imaxes que hai na galería son de Galiza, para min o resultado é unha excesiva galeguización (ollo, con esto non quero dicir que cun pouco de traballo non se poda solventar, de feito o da galería é insignificante, non así o da heráldica). Ao meu entender estaría mellor poñer un resumo sobre a vaca en Galiza, aínda que se preferides deixalo así non me vou opoñer sempre e cando se amplíe o que se deba ampliar para ser de calidade (sigo pensando que temos unha boa base na wiki en francés, onde hai referenciadas unha boa cantidade de cousas que nós non temos). Se cadra tamén deberamos pensar en replantexar o título do artigo, xa que nos referimos tanto ao macho como á femia, pero eso xa é outro cantar. Piquito (conversa) 12 de setembro de 2013 ás 14:27 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────¿O status de "de calidade" é compatible co status de "precisa dun traballo de revisión"? Pregunto porque temos un artigo nesa situación.

Iso faime reflexionar sobre que, noutras wikipedias, non é estraño que haxa procesos de revogación do status "de calidade" dun artigo. Igual aquí algún día tamén cheguemos a iso, quen sabe. --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2013 ás 20:19 (UTC)

HombreDHojalata, non creo que sexa malo que haxa marcadores de revisión, eso quere dicir que os artigos se relen e se propoñen melloras, eu o vexo como algo bo. Sobre os procesos de revogación da calidade, a min paréceme ben no sentido que estes procesos poden axudar ao seu mantemento e mellora constante. Eu non me preocuparía, e sobre o caso no que o temos (Prestige) é un tema menor que en ningún caso afecta á información (para min é excesivo poñer o marcador porque a bibliografía non teña o mesmo formato e non estea por orde alfabética, pero é a miña opinión), así que tampouco creo que haxa que pensar en revogar nada (tamén é a miña opinión, discrepar é normal). Un saúdo! Piquito (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 20:31 (UTC)
Parécenme moi boas propostas, concordo con Elisardo en que enfocar os obradoiros cara centros de ensino, bibliotecas, etc, pode ser moito máis produtivo, especialmente se é posible que alguén faga un seguimento dos participantes, e non só un obradoiro puntual. Evidentemente a televisión ou os xornais son bos método para dar a coñecer á Galipedia e co que se comentou anteriormente (100.000 artigos, 20 artigos de calidade, posto 20 nas wikis segundo a calidade...) pódese conseguir unha boa reportaxe, como xa sinalou Piquito. Co comentado dos artigos de calidade creo que o mellor sería que foran dos 1.000 que toda wikipedia debería ter, porque así permitiría enlazar os dous temas. Estaría moi ben que saíra elixido o do virus, xa que sería o primeiro de ciencias e tamén todo aquel que trate unha materia sobre a que aínda non temos ningún artigo de calidade. --JaviP96 1 de setembro de 2013 ás 23:09 (UTC)
Eu tamén penso que deberan ser artigos da lista dos 1.000, mais se Pontedeume está listo para ser de calidade tampouco vexo motivo para non propoñelo, xa que é un artigo que está prácticamente rematado. Sobre o que dis das temáticas, penso que o máis importante é sacar un artigo sobre ciencia sexa da lista ou non (se foran dous mellor, mais hai que ter en conta o tempo, e a non ser que haxa algún máis que non precise case de traballo véxoo dificil, se cadra o propio artigo ciencia, que é enorme, ou o do ADN, SIDA, evolución, o digo por tamaño, non os lin, podemos preguntarlle ao experto Miguel), vai ser complicado (alo menos pola miña parte, xa que non vou dispoñer de moito tempo) presentar outros da lista sobre outras temáticas (poderiamos presentar algún de lingüística como o da lingua castelá ou da portuguesa, mais para min é extraño que teñamos un único artigo de calidade sobre linguas e non sexa da nosa, ademais penso que calquera deles precisarían dun traballo considerable), de tecnoloxía non hai nada salvable (pode que bicicleta, mais tampouco o lin), o artigo da arte é moi longo (creo que o problema poden ser as referencias, pode que sexan poucas e precise máis), eu podo traballar no artigo da ópera (mais teño serias dúbidas de poder rematalo para decembro), o da música rock tamén é grande (o problema son as referencias -21 para un artigo tan grande pode ser un problema-), sobre a relixión tamén está complicado (eu traballaría sobre o budismo, mais teño limitacións polo tempo, se cadra Usuario:Norrin strange se anima coa Igrexa Católica Romana, etc. Vendo esto se podería facer, mais tampouco creo que teñamos moito para elixir, agora co wikiproxecto vamos mellorando, mais leva pouco tempo para dar máis resultados. Podemos elixir un sobre outra temática para traballar entre todos, que era o que pretendía facer co país africano, mais teremos que buscar, ou un dos que menos choio dean ou un que dea moito choio e organizarnos ben. Tamén hai que lembrar que temos dúas propostas (unha a piques de finalizar), e se sae algunha creo que podemos replantexarnos un obxectivo maior xa con menos presión por chegar aos 20. Un saúdo!! Piquito (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 14:21 (UTC)

Symbol comment vote.svg Comentario. Xa temos 19 artigos de calidade!! Só nos queda un para chegar ao obxectivo dos 20 e nos quedan dous meses aínda! Animádevos a facer as vosas propostas!! Piquito (conversa) 7 de outubro de 2013 ás 09:43 (UTC)

Guerra sucia en Arxentina é un excelentísimo artigo, agora proposto para destacado, pero que ben pode ser de calidade, que opinades? --Paradanta (Cóntame) 7 de outubro de 2013 ás 09:54 (UTC)
Non o lin, mais o aspeco é impresionante. Ata finais de mes ou principios do mes que vén non o poderei ler, pero antes de que finalice a votación podo votar se alguén o propón, así que por min perfecto. Eu persoalmente lle mudaría o título por "Terrorismo de Estado en Arxentina", mais é só unha opinión. Piquito (conversa) 7 de outubro de 2013 ás 20:40 (UTC)

Bueno, semella que o tema quedou aparcado, xa se fará algo noutro momento. Piquito (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 09:04 (UTC)

Encontro de galipedistas[editar a fonte]

Boas a todos, quería propor con este comentario que comecemos a organizar a xuntanza anual de galipedistas. Unha ocasión para vernos as caras, para tratar temas que nos interesen e para pasar un bo rato entre colegas. Os que estén interesados poden xa propor datas e lugares, e os bares tamén :), para facer esta reunión.

Tamén, se queredes, podemos facer unha pequena axenda de temas a tratar, xusto enriba deste comentario fálase de tentar que o proxecto apareza nos medios antes da fin de ano e poderiamos falar disto. Deixo os apartados para que vaiades enchendo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 10:35 (UTC)

Data e lugar[editar a fonte]

Usuario Lugar proposto Data proposta Comentarios
Elisardojm A min váleme o 30 de novembro, e Pontevedra e o Culturgal paréceme un estupendo plan ;) En principio, salvo a finde do 1 de novembro o resto, polo momento, estou libre. O lugar éme inverosímil :).
Paradanta. Vigo. En novembro só teño libres a día de hoxe a finde do 9-10 e a do 30 novembro-1 decembro Se se escollese Vigo como lugar, buscaría eu os bares onde quedar e mesmo algunha pequena excursión a algún lugar da cidade moi interesante e pouco coñecido. Pontevedra tamén me viría ben, Compostela e Ourense tentaría ir, e A Coruña, Ferrol e Lugo sería moi complicado para min.
Xoio. Santiago (pola centralidade xeográfica) ou
Ourense (polo da captación de galipedistas desa provincia).
Calquera fin de semana de novembro. Podería ser unha xuntanza-magosto, se achamos un lugar apropiado.
Sexa onde sexa, e para a captación de ourensáns, poreime en contaco co meu curmán Luís Martínez-Risco Daviña, galeguista de pro e bo coñecedor do ambiente cultural.
Xoacas. Lugo ou Santiago. Calquera sábado de novembro. De aquí a Lugo teño dúas horas de estrada, a Santiago xa nin sei.
Atobar. De preferencia Santiago. Venres ou sábado de novembro, agás 15 e 16. Tratrei de adaptarme, pero non poderei confirmar a miña presenza até uns días antes, esa mesma semana. Canto aos contidos, vou máis por saudar wikipedistas que pola charla ou as actividades en si, a verdade.
Lameiro. Santiago venme moi ben pero, se non me facedes madrugar, dáme o mesmo o lugar. Os dias 23 e 24 de novembro non podo. E non volvo estar de garda ata finais de xaneiro. Calquera outra finde me viría ben.
Estevoaei. Santiago ou Pontevedra. Non me importa trasladarme a outro sitio A fin de semana do 30 de novembro é o CulturGal en Pontevedra. Propoño xa que logo facer a xuntanza na Boa Vila.

Temas a tratar[editar a fonte]

  • Pasos a dar para sair nos medios de comunicación antes de fin de ano
  • Como conseguir galipedistas en Ourense
  • Atraer mulleres ao proxecto (ver seguinte proposta)
  • Crear asociación sen ánimo de lucro para a promoción, organización de colaboracións, etc. da Galipedia
  • Engade aquí o teu tema

Comentarios[editar a fonte]

  • Engade aquí o teu comentario
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. Penso que sería unha boa idea organizar o encontro en Ourense, se se publicita ben na prensa local, se contacta con profesores de instituto e/ou universidade, e mesmo con alumnos, pode acadar unha gran repercusión e facer que xente que non colabore se achegue "a ver de qué vai eso da Galipedia" e posiblemente se podan conseguir algúns colaboradores para o proxecto. Plantexándoo como un encontro aberto ao público pode ser atractivo se o plantexamento é bo (habería que darlle algunha volta a eso, podemos aportar ideas para ver cómo facelo atractivo), tampouco creo que poñan ningún problema no concello para conseguir instalacións. É unha opinión, eu non poderei ir, déixoo ahí. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2013 ás 14:49 (UTC)
É unha boa idea, e por min non hai problema. Unha cousa que se me ocorre sería propor ó concello que algún dos asistentes dera unha charla de introdución á Galipedia, para explicar un pouco o funcionamento, os obxectivos, as súas vantaxes e tamén as súas necesidades, etc,... Esta charla sería aberta a todos os interesados e antes ou despois podería facerse a xuntanza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2013 ás 22:25 (UTC)
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. O da xuntanza é bóa idea, sobre todo para atraer a novos usuarios. Se fóra posible gustaríame acudir, pero non sei por anticipado qué fins de semana terei ocupados. Concretade mellor os demáis, e en función diso vexo se podo ou non. Saúdos.--Iago dime 10 de setembro de 2013 ás 09:24 (UTC)
  2. Symbol comment vote.svg Comentario. Paréceme unha boísima idea a xuntanza. No meu caso é difícil porque vivo en Cataluña e necesitaría organizarme con tempo de abondo para poder asistir. O que eu proporía sería unha xuntanza (se iso adicional) polo Nadal para rematar de falar dos proxectos cara o 2014.Nachonion (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:35 (UTC)
  3. Eu vivo no País Vasco, así que non podo acudir. Síntoo. --Norrin_strange (Fala-me) 10 de setembro de 2013 ás 09:54 (UTC)
  4. Symbol comment vote.svg Comentario. A idea paréceme xenial. Pódense poñer moitas cousas en común e tamén é atractiva a idea de coñecer aos wikipedistas (no meu caso, que non coñezo a ninguén). O meu problema é que non dispoño de moita capacidade de movemento polo país xa que non teño coche, pero a idea de Ourense (para potenciar o número de usuarios nesa zona) paréceme axeitada. --Krisko (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 12:26 (UTC)
  5. Symbol comment vote.svg Comentario. Gaña enteiros a proposta ourensá. A verdade é que ten lóxica abonda, tendo en conta que unha das metas é captar galipedistas desta provincia. Aínda que non sexa a miña opción predilecta, ten todo o meu apoio. Non podo confirmar a estas alturas se podería asistir, pero faría o posible por conseguilo. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 10 de setembro de 2013 ás 14:26 (UTC)
  6. Symbol comment vote.svg Comentario. Paréceme ben a idea, pero no meu caso non creo que vaia poder ir.--Miguelferig (conversa) 17 de setembro de 2013 ás 20:04 (UTC)
  7. Symbol comment vote.svg Comentario. Seica o encontro quedou no aire...--Paradanta (Cóntame) 7 de outubro de 2013 ás 09:38 (UTC)
  8. Symbol comment vote.svg Comentario. Con respecto ao último tema que comenta Elisardo, eu hai só ano e medio creei unha asociación con outr@s compañeir@s, así que teño ben fresco cal é o procedemento. Se a idea vai adiante, aínda que non se faga o encontro ou eu non poida asistir, pódovos axudar no proxecto. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 13 de outubro de 2013 ás 16:25 (UTC)
  9. Symbol comment vote.svg Comentario. Boeno, o primeiro pedir desculpas por deixar este tema un pouco abandonado pero non daba atopado un momento tranquilo para poñerme con el, a partires de agora voulle dar máis caña, así que, Paradanta, isto segue adiante :). A estas alturas do conto e polo que se comentou penso que está claro que a cousa terá que pospoñerse, podemos pensar novas datas para finais de outubro ou para mediados de novembro, como vexades. Sobre o tema de Ourense estiven pensando cousas, como a cousa sería facer algo que poida deixar algo de pegada para achegar xente de alí, estiven pensando en celebrar o aniversario do ano que ven, a comezos de marzo, nesa cidade. Con isto conseguiríamos tempo para organizalo dunha forma xeitosa, contactando con colectivos que poidan estar interesados, contactando co concello, etc. Tiña pensado que se podería pedir unha beca á Fundación Wikimedia para organizar todo o tinglado. A cousa podería consistir nunha conferencia sobre a Galipedia e logo unha conferencia sobre o uso das wikipedias nas aulas, charla que podería dar David Gómez, docente e xerador de material didáctico na UOC, consultor wiki e autor de Debats de l’AAVC: Llicències lliures per al retorn social de la producció artística, que non puido vir este ano a participar na celebración no décimo aniversario da Galipedia e que estou certo que podería axudarnos moito a relanzar o proxecto de Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula. Penso que facer unha cousa organizada e xeitosa, traballada con tempo dará mellores resultados que unha cousa feita ás presas.
Se vos parece ben podemos organizar o encontro e falar alí do que facer co evento de Ourense. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2013 ás 23:35 (UTC)
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. A estas alturas, as únicas fins de semana que me quedan libres entre outubro e novembro son as do 9-10 novembro e 30 novembro-1 decembro. Saudiños. --Paradanta (Cóntame) 15 de outubro de 2013 ás 08:33 (UTC)
  2. Symbol comment vote.svg Comentario. Pois entón imos a actualizar a táboa e reorganizar a cousa, avisarei ó resto da xente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2013 ás 23:56 (UTC)

Votación[editar a fonte]

Xa non da a cousa para máis, este sábado día 30 ten que ser o encontro si ou si, é a data na que todos os que están apuntados están dispoñibles, pero agora hai que decidir onde quedamos. Por favor votade a cidade que mellor vos cadre, temos esta semana para organizarnos pero non o deixemos para o último día. As propostas que hai son Santiago e Pontevedra (penso que non paga a pena pensar noutras posibilidades a estas alturas), decidamos entre todos (se alguén non se apuntou na táboa superior pode participar agora na votación, se lle interesa vir este día). Que cada un poña concordo na cidade que escolle:

Santiago[editar a fonte]

Pontevedra[editar a fonte]

  1. Symbol support vote.svg Concordo A ver se desta vez dou ido a unha destas reunións e este sábado andarei pola zona de Pontevedra, polo que se se fai aquí me sería máis ou menos cómodo ir. --Servando2 (Dime) 26 de novembro de 2013 ás 19:39 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Se se fai en Pontevedra poderei ir, en Santiago non podería. Segundo a programación do Culturgal, os eventos empezan o sábado pola tarde ás 4.30, así que poderiamos quedar sobre esa hora. --Paradanta (Cóntame) 27 de novembro de 2013 ás 10:31 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Pero se quedamos a esa hora para estar de palique non poderíamos ir ó Culturgal, que xa nos coñezo ;). E se puidera ser estaría ben atopar un local onde falar tranquilamente. Quizais sería boa idea quedar pola mañá, comer nun sitio xeitoso e logo ir ata o Culturgal e seguir co que sexa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2013 ás 11:22 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Pola mañá tamén hai actos no CulturGal. Podemos quedar directamente alí, caramba. --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de novembro de 2013 ás 11:55 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Boeno, pois quedamos pola mañá, eu xa pedín o día libre así que non teño problema :), como vos veña mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2013 ás 14:11 (UTC)
Xa que Paradanta só pode vir pola tarde, pois podiamos quedar despois de comer, por exemplo ás 4 no concello? --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de novembro de 2013 ás 09:28 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario. Xa que vades estar por Pontevedra estaría ben que conseguirades tirar algunha foto da casa natal de Manuel Quiroga Losada (supoño que haberá algunha placa, está na rúa que lle adicaron ou eso teño entendido). E se alquén atopara algo de información sobre el para completar un pouco o artigo (non sei se a casa será museo tamén ou se nalgures se pode atopar algo). Estaría moi ben ter ese artigo nun nivel alto pola gran relevancia e xeral descoñecemento do violinista pontevedrés. Graciñas!!! Piquito (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 12:28 (UTC)
Pois veña, quedamos ás 4 enfrente do concello, alguén se apunta a ir de tapas antes da reunión? Vou avisar a todos para que non diga ninguén que non se enterou. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 13:06 (UTC)
Eu apúntome, pon hora e sitio.--Servando2 (Dime) 29 de novembro de 2013 ás 15:11 (UTC)
A hora podería ser ás 1:30 ou ás 2:00, como vos veña mellor, o sitio tería que recomendalo outro porque eu non che son dalí. Ti que dis Estevo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 16:13 (UTC)
Tamén diante do concello? Perdón polas horas.--Servando2 (Dime) 30 de novembro de 2013 ás 00:27 (UTC)
Si, diante do concello entre a 1:30 e as 2:00 os que queiran vir de tapas, os demáis vémolos ás 4:00 tamén diante do concello. Ata mañá!, Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2013 ás 01:14 (UTC)

Symbol comment vote.svg Comentario Xa están en Commons as fotos da casa de Manuel Quiroga, mañá farei un resumo da reunión por hoxe xa me chegou. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2013 ás 23:46 (UTC)

Moitas grazas Elisardojm!! Piquito (conversa) 1 de decembro de 2013 ás 08:08 (UTC)

Indiferente[editar a fonte]

Symbol neutral vote.svg Neutro A min váleme calquera das dúas, onde lle vaia mellor á maioría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 08:58 (UTC)

Symbol neutral vote.svg Neutro A min tanto me ten un coma outro. --Beninho (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 17:23 (UTC)

Symbol neutral vote.svg Neutro Calquera das dúas. --Xoio (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 17:50 (UTC)

Decidindo[editar a fonte]

A estas alturas do partido parece claro que o sitio para a xuntanza vai ser Pontevedra, así que para non ter problemas de última hora deberíamos decidir hoxe os detalles da xuntanza: hora e lugar concreto onde atoparnos. Estevo propuxo quedar no propio Culturgal que está no Pazo da Cultura de Pontevedra, perto da Campus de Pontevedra, por min ok. A min a hora váleme calquera pero prefiriría que primeiro fagamos unha xuntanza tranquila falando das cousas da Galipedia, ou o que saia, e logo que planifiquemos o resto do tempo, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2013 ás 09:19 (UTC)

A min o sitio váleme calquera, só que para ir xantar vouno ter complicado. Eu aparecería pola tarde onde esteades, só preciso que alguén me mandase o seu número de teléfono por e-mail para chamalo en canto chegue a Pontevedra. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 28 de novembro de 2013 ás 12:47 (UTC)

E como foi o conto?[editar a fonte]

Finalmente o pasado sábado día 30 xuntámonos en Pontevedra Beninho, Estevoaei, Servando, Lameiro e máis eu, Elisardojm.

Quedamos en fronte á casa do concello e e dende alí demos un paseíño ata a rúa de Manuel Quiroga para facer o recado de Piquito :). Despois fomos cara o recinto do Culturgal pero antes paramos nunha cafetería moi ben ambientada con apeiros e fotos antigas. Botamos un rato falando de distintos pequenos detalles que van sucedendo día a día na Galipedia, e así distraídos case non nos da tempo a falar dos temas previstos. De feito só comentamos un pouco o tema de crear unha asociación para a promoción da Galipedia. Non entramos en profundidades, haberá que ir vendo o interese que hai e as posibilidades que ten o asunto, para iso o que imos facer é crear unha páxina para tratar o tema. O que falamos foi que sería unha asociación para promocionar a Galipedia, para dala coñecer en diferentes niveis e tamén para promover que os distintos contidos libres que hai se publiquen con licenzas libres compatibles coa da Galipedia. A asociación non sería só de editores da Galipedia, tamén estaría aberta ós lectores e a todos os interesados na súa promoción, por suposto. E como todas as asocicións deste tipo (relacionadas coas wikipedias), non tería ningún poder de representación sobre a Galipedia nin sería a súa voz, funcionaría de forma totalmente independente. Moitos coñecedes a asociación Amical, que promociona a Viquipèdia, sería unha cousa parecida. Cando teña outro momento farei unha páxina específica para tratar este tema e darei aviso aquí para que todos os interesados poidan seguir as conversas.

Falando disto saleu o tema de promocionar o uso de licenzas libres e falamos dun exemplo concreto: a web patrimoniogalego.net, unha web sobre monumentos de interese cultural de Galicia feita por voluntarios que ten unha licenza CC-BY-NC (licenza libre que obriga a recoñecer ó autor pero que non permite o uso comercial) que está moi preto da licenza CC-BY-SA da Galipedia. Falamos que poderíamos escribir nunha páxina do proxecto un correo entre todos para solicitar que consideren cambiar esa licenza por unha CC-BY ou unha CC-BY-SA. No correo habería que explicar as vantaxes que tería este cambio e logo os que estén dacordo con esa petición poderían firmala na páxina e logo dun tempo se lle enviaría ós da web para ver o que contestan. Noutro rato libre comezarei esa páxina e logo avisarei tamén para que os que estén interesados fagan as súas achegas.

Logo fomos ó Culturgal, visitamos as casetas, miramos libros, fixemos fotos (que están pendentes de subir :) e preguntámonos, e por que non está a Galipedia aquí? Non tódalas casetas eran de editoriais querendo vender libros, había tamén asociacións culturais promovendo as súas teimas, cooperativas, etc., para a Galipedia había sitio de sobra!

E a cousa xa non dou para máis, o resto de temas haberá que tratalos outro día taberna, foi un pracer contar coa vosa presenza e vémonos no próximo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:29 (UTC)

  1. Symbol comment vote.svg Comentario. O da asociación paréceme unha boísima idea. Unha mágoa non ter ido á xuntanza, a vindeira vez será. Saúdos e parabéns pola actividade.Nachonion (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 22:45 (UTC)

Maior presenza feminina na Galipedia[editar a fonte]

Na nosa wiki teño visto que case non participan mulleres, penso tamén que a presenza feminina nos artigos da Galipedia é moi reducida, polo que creo poderiamos tentar solventalo, estas son algunhas medidas que se me ocorren:

  • Escoller artigos sobre mulleres importantes da historia e facelos de calidade (os que se me ocorren de entrada son Rosalía de Castro e Marie Curie -esta última entre os 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter-, mais podemos procurar algún outro).
  • Crear e mellorar artigos de competicións deportivas femininas e os equipos das mesmas.
  • Crear máis artigos sobre mulleres destacadas do mundo da política, o deporte, a economía, a ciencia. Penso que deberamos crear estes artigos xa cun contido considerable (o penso tamén para os artigos sobre homes).

Estas son as que se me ocorren, podedes engadir as vosas. Se cadra dándolle máis visibilidade á muller (tamén na portada) aumente a participación de mulleres no proxecto. Piquito (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 10:14 (UTC)

Wikiproxecto galegas Este usuario participa no Wikiproxecto galegas.
Bótalle un ollo ó Wikiproxecto galegas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de setembro de 2013 ás 10:20 (UTC)
Boa idea!! Piquito (conversa) 15 de setembro de 2013 ás 16:14 (UTC)

Valencia[editar a fonte]

Por que non poñemos para a cidade "Valencia" en lugar de "Valencia, España" e para os homónimos creamos Valencia (homónimos)? Para min ten máis sentido, creo que a maioría dos usuarios (entre os que me inclúo) buscan a cidade por "Valencia", e queda un pouco raro que acabes nunha páxina de homónimos sendo (creo) a máis coñecida e buscada a da cidade. Que pensades? Piquito (conversa) 6 de setembro de 2013 ás 11:20 (UTC)

  1. Symbol support vote.svg Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 22:32 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. O mesmo pasa con Os Ánxeles, California. --JaviP96 7 de setembro de 2013 ás 11:33 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. E o mesmo pasa tamén con Florencia, Italia. Adorian (conversa) 7 de setembro de 2013 ás 13:28 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo. --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 17:36 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo para Valencia, pero non necesariamente para as demais. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de setembro de 2013 ás 19:41 (UTC)
  6. Symbol support vote.svg Concordo --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de setembro de 2013 ás 19:19 (UTC)

República Popular da China[editar a fonte]

Propoño trasladar República Popular da China a China, porque é o nome más usado e seguindo o mesmo criterio que os demais países, titulamos España e non Reino de España. Máis exemplos:

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 15 de setembro de 2013 ás 23:42 (UTC)

#Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 16 de setembro de 2013 ás 08:20 (UTC)


Symbol comment vote.svg Comentario Creo que está posto desa forma para diferencias as dúas Chinas, a República Popular e a República da China. Na gran maioría das wikipedias fan esa distinción no título. Polo demais a min resúltame indiferente o título, así que me absteño de votar. Adorian (conversa) 17 de setembro de 2013 ás 20:44 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario. Retiro o apoio logo da explicación de Adorian. Piquito (conversa) 21 de setembro de 2013 ás 18:08 (UTC)

Os Ánxeles[editar a fonte]

Propoño trasladar Os Ánxeles a Os Ánxeles (homónimos) e despois Os Ánxeles, California a Os Ánxeles, porque os outros Os Ánxeles que existen son parroquias e lugares de menos importancia que a cidade estadounidense. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21 de setembro de 2013 ás 01:22 (UTC)

  1. Symbol support vote.svg Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21 de setembro de 2013 ás 02:23 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo tamén. --. HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2013 ás 08:09 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. Como xa indiquei anteriormente. --JaviP96 21 de setembro de 2013 ás 12:40 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 21 de setembro de 2013 ás 18:06 (UTC)

Nomes galegos para as especies de balenoptéridos[editar a fonte]

Nas fontes consideradas habitualmente fiábies na Galipedia, xa temos un pequeno repertorio de nomes vulgares galegos para case todas as especies de balenoptéridos.
Porén, cómpre agora decidir cales deste nomes elixir para cada especie.

1. Desde que o dicionario da RAG inclúe os termos balea, rorcual e xibardo, coas correspondentes definicións:

balea1
substantivo feminino
1 Mamífero da orde dos cetáceos do que existen diversas especies, propio dos mares fríos, semellante a un enorme peixe, coas extremidades anteriores en forma de aleta e a aleta caudal horizontal. As baleas xúntanse en grandes mandas.
2 Cada unha das láminas córneas e elásticas que ten este mamífero na mandíbula superior, as cales, debido á súa dureza se aproveitan para diversos usos. Os cetáceos reteñen moluscos, crustáceos e pequenos peixes nas súas baleas. Sinónimo barba3.
por extensión
3 Lámina de calquera material similar a esa. As baleas do corpiño. balea1

rorcual
substantivo masculino
Zooloxía Mamífero da familia dos balenoptéridos (Balaenoptera physalus) de gran tamaño, corpo esvelto e cunha pequena aleta dorsal. O rorcual cando é perseguido polos baleeiros pode acadar velocidades de ata 20 nós. rorcual

xibardo
substantivo masculino
Zooloxía Balea da familia dos balenoptéridos (Megaptera novaeangliae), de cor case negra, cunha aleta pectoral de gran tamaño e protuberancias carnosas na cabeza. O xibardo emite complexos cantos. xibardo

1.1 Queda claro que podemos denominar estas especies cos termos xerais balea ou rorcual (e xibardo para o nome específico de Megaptera novaeangliae, desbotando, por tanto, o apelido *xibarte que lle dá a SGHN na súa Lista padrón (provisoria) dos verebrados de Galicia, publicada como apéndice do Tomo I: O medio da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti en 1982, e publicada por Sálvora.
1.2 Lendo as definicións de xibardo no dicionario da RAG comprobamos que é unha balea. Por outra parte, na de rorcual vemos que é un mamífero [non unha balea] da familia dos balenoptéridos, aínda que só especifica a especie Balaenoptera physalus non facendo, como noutros casos, a apreciacíón "do que existen varias especies". Comuniquei á RAG que normalmente os cetólogos de practicamente todos os países (incluíndo os de Galicia), adoitan reservar o nome rorcual no só para a devandita especie, senón para todas as da familia dos Balaenopteridae, mesmo á de Megaptera, o xibardo, que por iso tamén algúns denominan rorcual xibardo, como, por exemplo, Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario multilingüe (que, por certo, leva a supervsión do TERMIGAL ≈ Semiamnrio de Terminoloxía da RAG). A Academia contestoume dicindo que "grazas, e que terían en conta a miña suxestión" (iso si, sen dicir se favorable ou desfavoravelmente, pero, loxicamente, terán que pensalo).
1.3 Como todos os algo versados en cetáceos saben, os cetólogos usan rorcual SÓ para as especies dos balenoptéridos, reservando o termo xenérico balea para os da dos balénidos (aínda que admitindo que, por extensión, tamén se poden denominar baleas ás dúas especies monoespecíficas das familias dos Neobalaenidae (Caperea marginata) e dos Eschrichtidae (Eschrichtius robustus) por seren moi semellantes ás verdadeiras baleas, e porque tampouco paga a pena andar expremendo os miolos para "iventar" novos nomes, tendo en conta, tamén, que para o "gran público" todos os misticetos son baleas, e incluso algún odontoceto, como o cachalote (recordemos Moby Dick or the White Whale ("Moby Dick" ou a balea branca), de Herman Melville (e desprezando olimpicamente aos cursis que empregan o anglicismo Killer Whale ou "balea asasina" para chamar á nosa candorca que, nin é balea nin, moito menos, asasina).
Polo tanto, e xa entro nas miñas opinións, penso que o nome xen´werico para todos os balenoptéridos debe ser rorcual, aínda que admitido tamén balea cono sinónimo non preferente.
1.4 Aínda queda outros asuntos por considerar.
Por un lado, que a RAG non é demasiado partidaria de utilizar certos adxectivos compostos, como puntiagudo (prefire "de punta aguda"), branquiazul (prefire "branco e azul"), ou... alibranco. Polo tanto, o máis sensato nsería, para o nome específico de Balaenoptera acurostrata o de de aletas brancas.
Por outro, semella (polo menos a min) un pouco desafortunado apelido que lle dan tanto Lahuerta e Vázaquez (ver bibliografí) como Díaz d'a Silva e Cartelle (ver bibliografía) a Balaenoptera borealis: de pintas (aínda que as teña; pero sería mellor, en todo caso, e máis galego, pinto), aínda que é pouco comprensíbel esta decisión, que nos afasta dalgúns dos idiomas próximos, que prefiren adoptar o nome específico borealis:
castelán: rorcual norteño (segundo Lahuerta e Vázquez, rorcual negro; e as pintas?)
catalán: rorqual boreal
francés: rorqual boréal
italiano: balenottera boreale
portugués: baleia-boreal (entre outros nomes usados)

A miña proposta (para discutir, obviamente)
Na miña opinión, uns adecuados nomes galegos para os balenoptéridos citados na bibliografía galega, e que contan con fontes fiábeis, serían:

  • Balaenoptera acurostratarorcual de aletas brancas
  • Balaenoptera borealisrorcual boreal
  • Balaenoptera edenirorcual de Byrd
  • Balaenoptera musculusrorcual azul, sinónimo balea azul (nome moi estendido)
  • Balaenoptera physalusrorcual común, sinónimo balea común (nome bastante estendido)
  • Megaptera novaeangliaexibardo, sinónimos rorcual xibardo e balea xibardo

Queda, aínda, as dúas especies non citadas na nosa bibliografía. Para min, uns nomes consontes cos das outras linguas poderían ser, por extensión, os seguintes:

  • Balaenoptera bonaerensisrorcual austral (debido á súa distribución, e en contraposición ao boreal)
  • Balaenoptera omurairorcual de Omura (adaptando o nome específico)

Pero isto xa sería obxecto doutra discusión.
Espero as vosas opinións.--XoioÉche o que hai 22 de setembro de 2013 ás 21:56 (UTC)


Bibliografía citada
  • Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 84-85779-12-6.

Symbol support vote.svg ConcordoPara min o que Xoio diga vai a misa, e ademáis neste caso parece sensato/coherente/razoable. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22 de setembro de 2013 ás 22:24 (UTC)

Florencia[editar a fonte]

Propoño trasladar Florencia, Italia a Florencia, xa que agora mesmo Florencia redirixe a Florencia, Italia, e existe Florencia (homónimos). Porque os outros Florencia que existen son de menos importancia que a cidade italiana.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Vivaelcelta (conversacontribucións) 23 de setembro de 2013 ás 13:26‎

  1. Symbol support vote.svg Concordo--Adorian (conversa) 23 de setembro de 2013 ás 18:44 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 13:54 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. --JaviP96 25 de setembro de 2013 ás 14:01 (UTC)

Que vos parece como obxectivo para medio prazo?[editar a fonte]

Curioseando un pouco na Wikipedia en catalán atopeime co que eles chaman temas de calidade, o certo é que me parece unha moi boa idea para considerar nun futuro. Penso que pode ser unha boa idea enfocar algúns dos nosos esforzos en crear temas de calidade e temos artigos que ben os poden xerar, por exemplo: temos o artigo de calidade da Catedral de Santiago de Compostela, se cadra poderiamos ampliar artigos relacionados como Pórtico da Gloria, Panteón Real da catedral de Santiago, Coro pétreo do Mestre Mateo, o artigo do arquivo ou do museo (ou os dous), tamén podería ser algunha fachada, mesmo o botafumeiro, o Códice Calixtino (este sería discutible porque non ten que ver co edificio), o propio artigo do Mestre Mateo, ou todos os que se nos ocorran relacionados co edificio; tamén temos Tristan und Isolde, aínda que eu vexo moito máis traballo en levar a calidade artigos relacionados con Wagner que coa catedral, porque no caso desta xa hai un traballo importante feito e podería ser nuns meses tema de calidade; se traballaramos no Camiño de Santiago tamén hai moitas opcións facendo artigos de calidade das distintas rutas, o museo das peregrinacións, etc. Penso que podería estar ben, o que habería que facer sería definir os requisitos para determinar qué teñen que ter os distintos temas para ser de calidade. Que pensades? Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 12:20 (UTC)

Pasóuseme o arroz con este comentario, de tódolos xeitos aínda que sexa tan tarde poño o meu comentario: eu persoalmente non o vexo a medio prazo, penso que para poder facer iso habería que aumentar bastante o número de editores habituais. Penso que debemos seguir concentrándonos en facer Wikipedia:artigos de calidade, nos 1.000 artigos que toda wikipedia debería ter e tamén na Wikipedia:lista de artigos que a Galipedia debera ter. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 15:43 (UTC)
Elisardojm, concordo con facer artigos da lista dos 1.000, mais sobre a Wikipedia:lista de artigos que a Galipedia debera ter, penso que é unha lista sen moito sentido, é aleatoria, realmente non está feita (véxase a sección de división territorial, hai que seleccionar, non todo o que hai na sección é importante -véxase parroquias e lugares, que dende logo para min sobran-), non hai unha sección tan importante como a de historia, está mal confeccionada na súa estrutura (en literatura galega temos dous artigos que corresponden á sección de historia da lingua galega, e unha chea de defectos máis. Penso que habería que refacela, e se acaso cambiarlle o nome por "Lista de artigos sobre a cultura galega que todas as Wikipedias deberan ter" e facer algo parecido á wiki en catalán. Saúdos! Piquito (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 20:50 (UTC)
Si claro, esa lista de artigos habería que amañala antes, habería que empezar por aí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 23:47 (UTC)

Retiro proposta, sen interés para a comunidade. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 12:03 (UTC)

Benin[editar a fonte]

Segundo a RAG o nome do país non leva til, así que a ver se alguén o pode mover. Moitas grazas. Por outra banda, existe algún motivo polo que o artigo se chame "República de"? Somos a única wiki que o fai, ademais que na propia entrada da RAG ven "Benin" a secas. Saúdos. Adorian (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 09:58 (UTC)

  • O mesmo se dá en República de Botsuana, onde sobra o de República de, e nome pode ser Botsuana (seguindo o libro de dúbidas linguísticas da Área de Normalización Linguística da Universidade de Vigo, [1]) ou Botswana (segundo pon en botswaniano no dicionario en liña da RAG). Sei que no tema toponómico lin por aquí que se segue o dito libro de dúbidas linguísticas, e entón seguiría con el. Facer redireccionar Benin (Botswana) cara a Benín (Botsuana), ademáis de República de/do Benín/Benin (Botswana/Botsuana). No galicionario están tamén: wiktionary:gl:Benín, wiktionary:gl:Botsuana--Calq (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 10:33 (UTC)
Póñome a amañar o de Benín>Benin. Por outra banda a wiki en inglés di que o nome oficial é o de República de Benin... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 22:57 (UTC)
Creo que o de *Benín está amañado, quedan pendentes as outras cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2013 ás 21:48 (UTC)

Sudáfrica/Suráfrica[editar a fonte]

O artigo Sudáfrica comeza decindo Suráfrica ou África do Sur é unha república situada no extremo sur do continente africano, pero non hai referenzas máis que para Suráfrica, non para África do Sur nin para Sudáfrica. Con cal nos quedamos? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoacas (conversacontribucións) 19 de outubro de 2013 ás 22:55‎

Segundo a RAG é Suráfrica ou África do Sur -> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do Saúdos -Nemigo Bandeira galega civil.svg 23 de outubro de 2013 ás 18:09 (UTC)

Titulos de obras musicais[editar a fonte]

Boas! Que pensades de cambiarlle o título ao artigo Finlandia (poema sinfónico) por Finlandia (Sibelius)? Para min ten máis sentido o último, xa que temos outro caso de poema sinfónico que nomeamos dese xeito, Also sprach Zarathustra (Strauss), polo que creo que sería mellor mudalo; por outra banda, o título actual paréceme longo de máis e achega un dato que pode ser problemático (se agora por exempo se lles da a Esa-Pekka Salonen, Magnus Lindberg ou Leif Segerstam por facer poemas sinfónicos co mesmo título teríamos un problema); penso que indicar que se trata dun poema sinfónico non é necesario, quen non saiba que se trata dun poema sinfónico o ten na primeira frase do artigo (a parte de que é irrelevante no título dende o meu punto de vista), penso que é máis útil poñer o compositor, xa que deste xeito quen busque o artigo xa sabe que se trata dunha composición do compositor finlandés. Que pensades? Piquito (conversa) 22 de outubro de 2013 ás 19:21 (UTC)

Pois eu creo que non, porque nos demais temas emprégase a aclaración do seu ámbito. Por exemplo: Galegos (programa de televisión), Matalobos (serie de televisión), Paparazzi (canción), Radio (canción de The Corrs), Puzzle (álbum)...
Así que non vexo por qué os poemas sinfónicos van ser a excepción. O que creo é que hai que trasladar Also sprach Zarathustra (Strauss) a Also sprach Zarathustra (poema sinfónico). --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de outubro de 2013 ás 23:07 (UTC)
Home, tamén nos pode axudar a estandarizar títulos, se temos Sinfonía Nº 1 (Sibelius), Sinfonía Nº 4 (Sibelius), Sinfonía nº 39 (Mozart), Otello (Rossini) (aínda que no eido da ópera habería que cambiar algún título)... é dicir, estamos poñendo o compositor entre parénteses en todos os artigos de música, creo que o deberiamos facer tamén neste caso. Por outra banda, facendo o que dis ti teriamos que poñer Otello (ópera de Rossini) e Otello (ópera de Verdi) (se cadra a ti te gusta así, a min non). Nos casos que citas, nos programas de televisión eu non vexo posibilidade de poñer un título máis curto (podería poñerse a canle, pero como moitos son feitos por produtoras e poden pasarse a outras canles non o vexo práctico), no caso de Puzzle e Paparazzi non lle vexo ningún problema a como están (son títulos curtos e específicos), mais para min o caso de Radio debería cambiarse o título para Radio (canción) ou no caso de que haxa máis dunha canción con ese título para Radio (The Corrs). Así o vexo eu. Piquito (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 07:20 (UTC)
Vendo que pasaron máis de dous meses e que a participación no debate foi escasísima (un único comentario) procedo a facer o que propuxen. Proceo ao cambio para estandarizar con respecto aos outros artigos sobre música clásica, xa que nos casos das sinfonías empregamos "Sinfonía Nº x (xxxx)", nos concertos "Concerto para xxxx Nº x (xxxx)"; outro motivo é o espacio, ocupa máis poñer "Also sprach Zarathustra (poema sinfónico)" que "Also sprach Zarathustra (Strauss)", e "Finlandia (poema sinfónico)" que "Finlandia (Sibelius)"; o outro motivo é para aforrarnos duplicidade de títulos, xa que pode haber máis dunha obra co mesmo título. En definitiva, os mesmos argumentos que expuxen hai máis de dous meses e sobre os cales ninguén se pronunciou a excepción de Vivaelcelta, polo que entendo que é un tema indiferente para a maior parte da comunidade e procedo empregando o meu criterio. Piquito (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 13:48 (UTC)

Logos[editar a fonte]

Coca-Cola logo.svg
Cocacola-5cents-1900.jpg
19th century Coca-Cola coupon.jpg
AmericanDruggist22Oct1900CocaColaAd.jpg

Boas, como saberedes hai moitas Wikipedias que permiten a carga de logos de empresas, partidos políticos, clubs deportivos, etc quería propoñer que adoptaramos unha política que permitira a carga de logos e escudos do mesmo xeito que se fai en wikipedias como a inglesa, a francesa, a alemá, a portuguesa, a italiana, a finlandesa, a rusa, e dentro do Estado español as Wikipedias en aragonés e catalán. Sei que os logos (ou a meirande parte deles) teñen unha licencia non compatible, mais eu entendo (e creo que todos coincidiremos neso) que os logos son unha parte fundamental da información sobre, por exemplo, un club de fútbol, xa que o logo é a súa imaxe e fai que a xente coñeza esa imaxe. Non sei se a licencia non é compatible por temas de falsificación, se é así paréceme un pouco absurdo, xa que na rede, quen quera un escudo do Deportivo, pode atopalo sen ter que vir á Galipedia. Entendo que se hai Wikipedias que tratan este tema dun xeito máis libre nos o podemos facer tamén, e mais aínda tratándose de información fundamental. Tampouco se trata de abrir a man e que todo valga, lóxicamente non podemos permitir que alguén cargue un ficheiro dun xornal que teña licencia, no caso do que falo se trata da imaxe dunha empresa, partido político, club deportivo... que (repito unha vez máis) é unha información básica para unha enciclopedia. Un saúdo!! Piquito (conversa) 21 de novembro de 2013 ás 13:26 (UTC)

Por suposto, discordo. Os mesmos argumentos que dás poderíanse aplicar a absolutamente calquera contido de calquera tipo. Dito doutro xeito, e resumidamente, sería permitir o copyvio. . HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2013 ás 20:24 (UTC)
Pois eu non entendo por qué se o fan na wiki aragonesa ou catalá non o vamos poder facer nós. Piquito (conversa) 21 de novembro de 2013 ás 20:40 (UTC)
Pois ao mellor, quen sabe, non sei, diosmelibre, un día un xuíz pecha a wikipedia aragonesa ou catalá e a nosa non. Teño entendido que a francesa xa a pecharon unha vez por problemas deste tipo. . HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2013 ás 20:51 (UTC)
Eu tamén discordo, a Galipedia é a enciclopedia libre, pero se lle metemos polo medio contidos que teñen copyright o único que poderíamos conseguir son problemas. Os escudos, os logotipos de empresas, as capas dos libros, etc, teñen os seus dereitos de autor e para min non teñen cabida neste proxecto e tampouco penso que sexan necesarios. E xa o dixeches ti Piquito, o que queira o escudo do Deportivo pode atopalo nun millón de sitios, non fai falta que o saque da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2013 ás 23:10 (UTC)

A información sobre o Deportivo sen o seu escudo pode considerarse sesgada, xa que logo poderiamos dicir que nin ese artigo nin o do Celta poderían ser de calidade. Non sei a qué vén o tema das capas dos discos... eu do que falo é dos logos, nin discos nin carteis de peliculas. Que dereitos de autor pode ter un escudo de 1900, por exemplo? O problema non son os dereitos de autor, non nos engañemos, o problema é que deles se lucran empresas, o que deseñou ese escudo hai moito tempo que morreu, por exemplo. Piquito (conversa) 21 de novembro de 2013 ás 23:47 (UTC)

O das capas dos libros era outro exemplo de contidos que se permiten noutras wikipedias. Nos artigos do Celta e do Deportivo o escudo dos clubs están presentes en varias imaxes, non de forma explícita é certo, pero penso que de forma axeitada para completalos.
Un escudo de 1900 ten por seguro que está en dominio público, a versión orixinal claro, esa versión si se pode usar. E un detalle que non comentei antes, a Galipedia, paso a paso, vai tendo máis imaxes que as enciclopedias en papel. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2013 ás 00:42 (UTC)
Mira como exemplo estas imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2013 ás 10:45 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── A discusión non ten senso nin obxecto. Por motivos descoñecidos optouse por unhas limitacións que fan o chollo complicado ata condicións absurdas. Téñenme borrado imaxes de meu alegando que xa estaban na internet (estaban na internet en creative commons) Por outra banda hai contidos xa na galipedia que incumplen esas limitacións. Dende logos ata escudos de equipos deportivos. Esto ven a ser como o vexa o admin-censor. A mesma imaxe que é quitada un día por dereitos de autor pódese ver (a mesma ou outra similar) noutro sitio. Parece ser que a actual política ten como único obxecto quitar contidos sen máis base que unha suposta violación de dereitos de autor e que isa mesma explicación xustifique a censura sen medio algún de control e defensa dos usuarios traballadores. Saúdos Nemigo Bandeira galega civil.svg 1 de decembro de 2013 ás 00:13 (UTC)

Di, por favor, os contidos que violan os dereitos de autor para revisalos e de ser o caso solicitar que se borren. Se alguén atopa un contido que viola os dereitos de autor debe notificalo no taboleiro dos administradores para que o revisen e o eliminen se é o caso. En tódolos sitios hai erros e Commons ten case 20 millóns de ficheiros, vai saber todos os contidos incorrectos que hai, pero hai que ir pouco a pouco detectándoos e eliminándoos.
Se che borraron algunha imaxe de forma incorrecta podes contactar cos administradores de Commons no seu taboleiro para que revisaran esa acción, pode que fose realmente un erro ou pode que che explicaran mellor o problema que tiña. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2013 ás 01:28 (UTC)
Non sei por qué Nemigo di que a discusión non ten senso nin obxecto. As políticas se revisan, se retocan ou se mudan totalmente co paso do tempo, é un proceso normal. Aquí se optou por non poñer ese tipo de imaxes, mais eso non quere dicir que agora se cambie esto se a comunidade o cre oportuno. Non creo que unha imaxe de baixa resolución poda supoñer un perigo para falsificar unha camiseta dun club de fútbol, por exemplo (a non ser que queras o escudo pixelado), por esa regra de tres se deberían pechar blogs e multitude de páxinas persoais, de peñas de clubs, etc, para min eso é o que non ten sentido, que eu poda poñer o escudo do Curuxou de Arriba no meu blog e non pase nada e se o poño na Galipedia xa é un problema... se alguén quere falsificar o vai coller de onde sexa, é como presupoñer que cando te compras un teléfono ou un ordenador vas empregalo para delinquir descargándote contidos da rede de xeito ilegal. Hai moitos sitios de onde tirar imaxes mellores que as que se porían aquí. Piquito (conversa) 1 de decembro de 2013 ás 08:05 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────As normas da galipedia son tan inintelixibles (sobre dereitos de autor) que é imposible saber o que se pode e o que non se pode facer. Tampouco entendín eso de avisar aos admin de posibles violacións de dereitos de autor. Eu pensaba que serían eles os que avisarían e explicarían eses presuntos erros aos autores dos ficheiros. Xa vexo que é ao revés. Por outra banda é imposible seguir tódolos arquivos que hai no wikimeta. Saúdos Nemigo Bandeira galega civil.svg 2 de decembro de 2013 ás 00:33 (UTC)

Piquito ó blog tamén o poden denunciar, pero quen quere denunciar a un blog? Pero sen embargo, a cantos centos de empresas non lles apetecería conseguir publicidade moi barata e cunha repercusión mundial denunciando á Wikipedia? Ó que ten o blog non lle importa demasiado a repercusión desa acción pero ó movemento wikimedia pode facerlle moito dano de perda de prestixio con todo o que iso conlevaría a moitos niveis. Non paga a pena un risco tan elevado por poñer unha foto nun artigo. Cando teña outro momento contesto a Nemigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2013 ás 10:20 (UTC)
Nemigo estou consultado as imaxes que ligaches enriba, en canto saiba algo xa o aviso. Sobre o tema da política de dereitos de autor tentarei facer un resumo sinxelo: na Galipedia, e máis en Commons, só se poden subir ficheiros que teñan unha licenza que permita o uso comercial e obras derivadas. Hai que ter en conta un dato importante, se unha imaxe en Internet non especifica licenza (se non é unha imaxe que se asume que está no dominio público) entón por defecto ten copyright.
Que imaxes se asume que están no dominio público? Imaxes antigas nas que o autor morreu fai máis de 70 anos (para autores españois 80) ou imaxes que só conteñen texto con formatos simples e/ou con formas simples xeométricas que non superen o limiar de orixinalidade (en castelán), ou imaxes que indican que están no DP. Non me quero liar moito con esta parte porque ó final é pero, se hai algunha parte que haxa que aclarar mellor coméntaa en entramos en profundidades.
Sobre o tema de avisar das violacións de dereitos de autor: todos os usuarios (admin ou non) que detecten unha violación teñen o deber de avisar dese problema, iso faise poñendo o modelo de {{copyvio}}, tanto na Galipedia coma en Commons. Na axuda dese modelo xa avisa que hai que deixar unha mensaxe ó usuario que subiu o contido para que o revise, aclare ou amañe de ser posible. Neste proceso os admin son iguais ó resto de usuarios, eu ó que me refería coa miña mensaxe era que se che borraron algunha imaxe o máis sinxelo é contactar co admin que fixo o borrado xa que están afeitos a tratar ese tipo de temas e poden aclarar o problema de forma máis sinxela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2013 ás 14:52 (UTC)
Se vos decatáchedes borrouse en Commons a imaxe do escudo da policía municipal de Fene, ficheiro que puxo Nemigo nesta conversa como dúbida sobre os dereitos de autor. Fíxose unha revisión en Commons que levou ó borrado de toda a categoría de Commons, máis de 90 imaxes eliminadas. É o que dicía antes, non podemos fiarnos do que hai en Commons xa que en case 20 millóns de ficheiros hai moito contido que está sen revisar, pero que vaise revisando, é o mesmo que pasa na Galipedia, hai centos e miles de artigos con problemas, pero porque un artigo teña unha incorrección non podemos basearnos niso para facer achegas inválidas. Con isto o que quero dicir que o que hai que facer é basearse nas licenzas, non nos contidos. A imaxe do outro escudo propúxena como copyvio porque está copiada da páxina de Facebook do equipo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2013 ás 15:52 (UTC)
Escudo RC Celta de Vigo.svg

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── O que si se pode facer é crear un novo ficheiro seguindo a definición do escudo (igual que se fan os escudos dos concellos), pero para iso hai que ter tempo, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2013 ás 19:42 (UTC)

O ficheiro do escudo do Mugardos tamén foi borrado nesta wikipedia por violación dos dereitos de autoría. Se alguén ten dúbidas sobre a corrección dalgún ficheiro que as plantexe, coa súa resolución todos aprenderemos un pouco mellor a aplicación e alcance das licenzas libres. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2013 ás 14:41 (UTC)

Datas de votacións[editar a fonte]

Engadín nos modelos das votacións as datas nas que se vai facer a votación, énchense automáticamente se funciona ben, pero atopei nas votacións a artigo destacado pon que durará 15 días mínimo. É a única votación deste tipo de propostas que ten ese engadido e o que quería propor era que se elimine, para unificar todas as propostas de votación e para simplificar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 00:24 (UTC)

Creo que non te entendín ben, a que te refires? Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:18 (UTC)
Nas páxinas de propostas pon: A duración da votación deberá ser de X días., salvo na páxina de propostas dos artigos destacados qeu ten: A duración da votación deberá ser de 15 días mínimos.. Non hai razón, ou eu non a vexo, para que esta votación teña o engadido de mínimos e por iso penso que habería que quitalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:53 (UTC)

Artigos que a Galipedia debera ter[editar a fonte]

Boas, na Galipedia temos a páxina Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter. Penso que esta denominación non é moi correcta (a Galipedia debera ter todos os artigos posibles), polo que quero propoñer que se cambie o seu nome por Wikipedia:Lista de artigos sobre a cultura galega que toda Wikipedia debera ter ou Wikipedia 1.000 artigos sobre a cultura galega que toda Wikipedia debera ter (a min gústame máis a segunda). Penso tamén que deberiamos replantexarnos a lista e refacela, xa que eu entendo que non todos os artigos que figuran nela son de relevancia máis aló da propia Galipedia, isto é, non son artigos de relevancia capital que teñamos que dicir "este artigo debe estar nas wikis en inglés, en alemán, en ruso, en xaponés, etc (con esto me refiro a todos os concellos, por exemplo). Eu propoño para a lista os seguintes artigos sobre a música (que poden ser máis):

Música
Músicos

As dúas orquestras por ser os dous máximos expoñentes da música culta e pola relevancia internacional da OSG. Dos instrumentos se cadra se podería engadir algún máis. Das personalidades: Carlos Núñez se cadra é a personalidade máis coñecida internacionalmente da nosa música; Milladoiro non creo que haxa discusión; Soutullo pola súa gran relevancia na zarzuela; Quiroga tampouco creo que haxa moito que discutir; Groba é un dos nosos compositores máis prolíficos e internacionais; Carlos López é outro dos pesos pesados; Bal y Gay eu o metería porque ten relevancia; Pascual Veiga o metería máis polo himno que por outra cousa, tampouco soa demasiado; Gaos porque nos últimos anos foi gañando popularidade e cada vez soa máis e se coñece máis a súa obra. Los Suaves e Siniestro Total me parecen os dous grupos máis coñecidos do rock galego fóra de Galiza. Los Tamara tiveron moito éxito no seu momento en Galiza e mesmo fóra das nosas fronteiras. Concordades con esta lista? Engadiriades ou quitariades a alguén? Que propoñedes para outras categorías? Un saúdo!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:43 (UTC)

Eu antes do choio aclararía conceptos. A Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter penso que é unha lista de artigos da cultura galega que a Galipedia debería ter e coa mellor calidade posible. É dicir, debería ser unha escolma dos artigos imprescindibles dunha enciclopedia de Galicia e a cultura galega, os que non poden faltar e que deberían ter a maior calidade posible. O título que ten non me parece mal pero tampouco me importaría que se cambiara. Iso si, habería que reorganizala e revisala porque tal e como está non vale de nada. E esa lista paréceme interesante e necesaria cun contido ben organizado.
Agora, podería facerse outra lista co que propós, facer unha lista nova ollo, non cambiar de nome a que xa hai. Pero antes de enchela eu pensaría, ¿que cantidade de artigos debería ter unha lista de artigos da cultura galega que toda wikipedia debería ter? É dicir, que peso ten a cultura galega dentro da cultura mundial? Se miras Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter na sección de biografías creo que non hai nin un só galego... Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:26 (UTC)
Eu non creo que haxa que crear outra lista, vamos perder máis tempo en crear a nova e organizar a que xa hai do que nos levaría o que eu propoño. É certo que na lista dos artigos que toda Wikipedia debera ter non hai ningún galego (tampouco propuxemos artigos relacionados co noso país como o Camiño de Santiago). A idea que teño eu da lista é unha lista de artigos sobre Galiza que toda Wikipedia deba ter para considerar que é completa en distintos aspectos sobre o noso país, isto é, que ten os artigos máis importantes de cada tema. Creo que me vou explicando. Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:33 (UTC)
Por outra banda, Elisardojm, sobre o que dis da lista dos artigos que toda Wikipedia debera ter. Hai que ter en conta ónde se fai esa lista e quén a fai, se te fixas case non hai países da África negra (6 países e ningún en negra por 9 europeos, varios en negra). Se a maioría dos africanos non teñen ordenadores e os que editan na Wikipedia son maioritariamente europeos, americanos e asiáticos o normal é que os artigos da lista vaian por ahí. Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:41 (UTC)
Paréceme unha idea interesante... pero véxolle dous inconvenientes.
  • o bo da proposta estándar para todas as wikipedias e que é heterógama. É dicir, fíxonos facer artigos moi importantes que doutra forma non faríamos, porque cadaquén ten a súa pequena axenda. Se nós decidimos os 1000 artigos galegos que a wikipedia debería ter... é moi probable que eses 1000 artigos xa os teñamos (ou 990), e non vai ser moi operativo. O único, para conseguir neles un tamaño mínimo, ou dedicarlles maior esforzo a completalos.
  • de facelo, preferiría que fose sobre Galicia, non sobre a cultura galega. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de decembro de 2013 ás 14:37 (UTC)
Xabier, a miña idea é unha lista similar á dos 1.000 artigos, é dicir, a primeira opción que plantexas, crear unha lista para darlles prioridade para ser artigos de calidade, por exemplo. Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:42 (UTC)
O nome da lista non me parece de todo adecuado, como contén só artigos sobre Galiza, deberíase especificar no título, ben dicindo sobre Galiza ou sobre a cultura galega, con respecto aos artigos que contén, están un pouco desequilibrados, mentres que hai preto de 40 sobre deportes, non hai ningún sobre a historia de Galiza, tan só un par deles sobre a historia da lingua. Dalgunha maneira habería que solucionalo. --JaviP96 18 de decembro de 2013 ás 15:48 (UTC)

Mès dates[editar a fonte]

Para min está claro que é cuestión de concepto. De que é a lista, para que é e para quen e onde? Se se trata de artigos específicamente de tema galego, a zanfona xa pode ir caíndo. Se é para que nós fagamos eses artigos e os teñamos en conta, como di XCid, xa estarán feitos. Ten sentido se é para desenvolvelos con calidade. Se é para o resto das wikis, tería sentido colgalo nun Portal:Galicia do resto das wikis. Por certo, na lista non vexo nin a Andrés do Barro, nin a Luar na Lubre ou Rosa Cedrón. E como sempre, para ser avogado demónico, boto en falta a visión non humanista: u-la industria (sobre todo na que somos innovadores: Zeltia, Televés, Pescanova, Fenosa, Inditex, Castromil, Castrosúa, Autocares Barreiro, Lignitos de Meirama, Alúmina aluminio, mina de Corcoesto, aeroxeneración, acuicultura), comercio (Inditex, Gadis, Banco Pastor, Fundación Barrié, Caixa Galicia, Caixanova), as institucións (Xunta de Galicia, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Seminario de Estudios Galegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Laboratorio Xeolóxico da Laxe, Parque Nacional das Illas Atlánticas), investigación (Joaquín Loriga, Padre Feijoo, Padre Sarmiento, Padre Sobreira, Cruz Gallástegui Unamuno, Roberto Novoa Santos, Doutor Carracido, outro matemático Categoría:Matemáticos galegos e outros Científicos de Galicia que agora non lembro: astrónomo -Ramón María Aller Ulloa- e outros biólogos (Baltasar Merino y Román, o museo da USC e o barco oceanográfico do Vigo) e cartógrafos Domingo Fontán e xeólogos (Juan Ramón Vidal Romaní) e botánicos (Castroviejo, Colmeiro) e zoólogos (Seoane) e lamentablemente o que nos dá fama internacional, ultimamente de xeito especial á capital: accidente de Angrois, Códex Calixtinus, Operación Pokémon, Mariano Rajoy, José Blanco, Ignacio Fernández Toxo, Francisco Franco, Manuel Fraga, Fidel Castro, Julio Iglesias, Juan Pardo. ※ Sobreira ►〓 parlez 13 de decembro de 2013 ás 11:03 (UTC)

Sobreira, o que puxen eu son algúns artigos do que eu creo que máis coñezo e digo que poden ser moitos máis, lóxicamente habería que debatir qué artigos entran, e algúns dos que eu propoño poden sair da lista e entrar algúns dos que dis ti, ou mesmo manter os que puxen e incluír os que indicas ti ou outros usuarios. Sobre a visión non humanista, non puxen exemplos simplemente porque eu non sei de industria, por exemplo, non sei qué empresas son importantes, non ser da relevancia de Joaquín Loriga. Sobre a zanfona, certo que non é un instrumento típico galego, máis está moi frecuente no noso folclore, tampouco Juan Pardo ou Fidel Castro son galegos e os asumimos como galegos pola súa ascendencia. O que quero dicir é que fagamos unha lista similar á lista dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter, mais con contidos galegos: Personalidades galegas, historia de Galiza, xeografía de Galiza, especies animais galegas, etc... en ningún momento digo que sexa só unha lista de carácter humanista (pode que o título que propoño poda dar a entender eso, mais non é a intención). Para refacer a lista habería que pensar as categorías, despois definir o número de artigos que debe haber, e logo definir os artigos, cada quen do que máis coñeza ou do que quera. Piquito (conversa) 13 de decembro de 2013 ás 11:19 (UTC)
E a lista suponse que é para todo o mundo en calquer lugar. Se nós suponse que sabemos máis de Galiza que un samoano, é normal que decidamos qué artigos son os máis importantes sobre o noso país para que o samoano poda engadir os contidos máis importantes sobre Galiza na wiki samoana, por exemplo. Tamén nos servirá para coller os artigos máis importantes sobre Galiza e traballar sobre eles para melloralos e que cheguen a ser de calidade. Piquito (conversa) 13 de decembro de 2013 ás 11:24 (UTC)
  1. Xa sei que é provisional, e non hai desprezo á ciencia e industria, era simplemente para lembrar que tamén temos outros sectores que moitas veces esquecemos, eu incluíndome. Estará ben ter esa lista para ver que falta noutras wikipedias.
  2. Por certo, hai pouco, non sei onde (xuraría que na páxina dalgún usuario, mirei que só nos faltaba un artigo en wikidata para ter unha categoría de determinado tipo, e que era este, o cal agora non me coincide por que temos fábula, pero é un dos artigos que toda wiki debería ter. ※ Sobreira ►〓 parlez 13 de decembro de 2013 ás 13:45 (UTC)
  • Creo que ó que me refiro é isto, pero agora non sae. Debe ser que testean cada vez cun corpus distinto. ※ Sobreira ►〓 parlez 13 de decembro de 2013 ás 14:14 (UTC)
O de fábula, e outros cambios que se fixeron, foi un artigo que un usuario meteu na lista sen que houbese consenso e que foi retirado, actualmente xa non está, tampouco os outros cambios que fixo. O problema foi que a cousa non se dectectou a tempo e os procesos automáticos usaron eses datos para facer a clasificación das wikis, creo que por iso agora aparece na lista que falta un artigo, pero ó consultar o artigo que falta non aparece nada. Isto tamén lle pasa ás wikis rusa, catalá e outras. Esperemos que para a seguinte actualización da clasificación iso quede amañado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2013 ás 14:23 (UTC)

Fío paralelo[editar a fonte]

Hai uns días abrín unha proposta similar en Conversa Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter, onde aparecen institucións, lugares, personalidades e outros artigos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de decembro de 2013 ás 11:43 (UTC)

Eu creo que deberíamos centrar o debate, e o traballo, na páxina que di Estevoaei. Se queredes cambiarlle o nome á páxina é o de menos, pero xa que o obxectivo é conseguir esa lista o axeitado é ter esta conversa alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2013 ás 12:29 (UTC)
A min a lista de artigos que presenta Estevoaei paréceme unha boa base para traballar, mais penso que deberiamos seleccionar, porque non todos os concellos galegos son de importancia vital para que unha Wikipedia sexa completa sobre Galiza (sen menospreciar a ningún, pero hai moitos que non teñen relevancia nin histórica nin por poboación), tampouco creo que a teñan todos os escritores aos que se lles adicou o día das letras galegas (creo que todos concordamos en que internacionalmente -e a nivel galego tamén- non son comparables Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño). A lista que propón Estevoaei presenta moitas biografías, mais non fala de empresas (por poñer un exemplo), a min fáltanme personalidades importantes da música como Quiroga (menos dúas todas son de música moderna ou folk), eu engadiría moitos máis artigos de historia Reino de Galicia, Reino Suevo, cultura castrexa, Primeira República Galega ou os Irmandiños, tamén me faltan artigos de montes, serras, ríos, cabos, etc... Total, que creo que hai moito do que falar. Piquito (conversa) 13 de decembro de 2013 ás 12:55 (UTC)
Si, hai moito choio pero vaiamos aquí a organizalo :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2013 ás 13:19 (UTC)

Retiro a proposta, logo de case dous meses da última mensaxe non houbo aportes nin aquí nin na páxina que indicou Elisardojm. Piquito (conversa) 13 de febreiro de 2014 ás 09:22 (UTC)

Títulos e cargos actuais[editar a fonte]

Boas a todos. Estiven pensando e traballando nunha propsta que podería ser interesante. Se vos fixades, en moitos dos artigos con caixas de información aparecen datos que están desactualizados. Isto sucede porque somos poucos e non temos tempo de ir artigo por artigo cambiando o novo alcalde nomeado, o presidente de Tadxiquistán ou o bispo de Astorga, por exemplo.

Por isto, penso que se poderían crear unha serie de Modelos, co formato Modelo:Cargos de XXXX (por exemplo Modelo:Alcaldes de Galicia, Modelo:Bispos de España, etc) que serían como o que podedes ver aquí:

O resultado, por exemplo, cando nunha Infobox metemos {{Cargos da Igrexa Católica|Papa}} é este:

Francisco

(editado --Norrin_strange (Fala-me) 4 de febreiro de 2014 ás 09:17 (UTC))

Isto leva a que non habería que ir cambiando unha por unha a información nas táboas, chegaría con cambialo no modelo. Outra cousa a ter en conta é que non é preciso facer o cambio dunha vez, senón que abonda con ir facéndoo pouco a pouco.

Qué vos parece? Eu podo ir creando un Modelo:Cargos da Igrexa Católica e Modelo:Cargos da Igrexa Ortodoxa. --Norrin_strange (Fala-me) 15 de decembro de 2013 ás 10:20 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo. Paréceme unha idea boísima.--Adorian (conversa) 15 de decembro de 2013 ás 10:24 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo, Piquito (conversa) 15 de decembro de 2013 ás 19:31 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Teño dúbidas, en qué infoboxes hai que poñer o nome dos alcaldes? Só nos artigos dos concellos ou póñense nalgún máis? E o mesmo con outros cargos. O Papa supoño que estará en varios infoboxes e nese caso é útil, pero outros cargos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 10:12 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Era unha idea. En calquera caso non é o mesmo trocar os nomes dos alcaldes nunha lista que ir cambiándoos... pero habería que ver caso por caso. Tamén, por outra parte, é útil cando no texto menciónase que o xxxx actual de yyyy é Fulanito, que hai artigos escritos hai 6 anos con eivas desas... En calquera caso: ir caso por caso. --Norrin_strange (Fala-me) 16 de decembro de 2013 ás 10:44 (UTC) Actualizo: Elisardo, podes ver un exemplo disto en Arquieparquía Maior de Kiev-Galitsia, na entrada. --Norrin_strange (Fala-me) 16 de decembro de 2013 ás 11:15 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo vistos os exemplos que pos Norrin strange. Nos artigos dos concellos pode poñerse o alcalde actual en dous sitios, no infobox e dentro do corpo do artigo redactando a información como dis ti. O único que me preocupa é o rendemento que pode ter a función, quero dicir, por exemplo, que si nunha lista se poñen tódolos alcaldes de España..., iso afectará á velocidade de visualización e edición dos artigos...? O malo é que non sei como se pode calcular iso e haberá que ir probando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 12:07 (UTC)

Agora que vin a edición de Norrin revisei esta conversa e decateime dunha cousa que pode ser importante. O que se pretende facer con este cambio é o que se quere facer co Wikidata na súa segunda fase. A primeira fase do Wikidata era gardar os interwikis dos artigos, pero a segunda fase, e a súa potencia real, é ter unha base de datos de coñecemento para tódalas wikis. Vou poñer un exemplo, se no Wikidata se crea un dato que é o alcalde de X co valor Y entón tódolos artigos de tódalas wikipedias que teñan algo do tipo: "O alcalde de X é {{dato|alcalde|X}}" terán o valor que haxa no Wikidata e será actualizado en todos cando se actualice alí. O problema é que hai que saber como construír eses datos no Wikidata e como recuperalos nos artigos, eu non me metín nese "mundo" aínda pero se o Wikidata segue avanzando ese será o futuro da información das wikipedias. Nestes momentos non sei como está de avanzada esta segunda fase, nin como vai conseguir a información nin como recuperar os datos nos artigos, pero cando vaian avanzando supoño que irán avisando da súa implantación igual que fixeron co tema dos interwikis. O que queira mirar máis sobre o Wikidata pode rebuscar aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 19:28 (UTC)

Títulos dos artigos sobre dioceses[editar a fonte]

Bos días. Como podedes ver no meu historial, estou a traballar bastante en artigos de dioceses. A día de hoxe, o criterio que sigo para dar nome aos artigos é o seguinte: se non hai outra xurisdición eclesiástica, emprego Diocese de XXXXX (por exemplo, Diocese de Lugo), se hai algunha outra xurisdición co mesmo nome, emprego Diocese YYYYY de XXXX (por exemplo, Diocese católica de Pittsburgh e Diocese episcopal de Pittsburgh). E así sucesivamente. Ademáis, xorde o problema de que non todas as dioceses chámanse así, algunhas chámanse eparquías (Arquieparquía armenia de Lviv), metrópoles, arquidioceses, etc.

Isto leva a que sexa necesario facer unha pesquisa significativa non sobre a materia a tratar, senón para saber se existen outras divisións eclesiásticas do mesmo nome, o que é un problema e unha perda de tempo. O que propoño é facer o que fixeron (parcialmente) na wiki inglesa: engadir YYYY e ZZZZZ a todos os títulos. Isto tamén da vantaxes á hora de facer ligazóns internas, etc. (Edito - tamén ten vantaxes na pesquisa de artigos, etc. - --Norrin_strange (Fala-me) 19 de decembro de 2013 ás 12:11 (UTC))

A miña proposta é a seguinte, e cubriría ás maiores denominacións cristiás:

  • Na Igrexa Católica
    • Igrexa Latina: diocese católica latina de XXXX
    • Igrexa Ucraína: eparquía católica ucraína de XXXX

(e así sucesivamente)

  • Nas Igrexas Ortodoxas
    • Patriarcado de Constantinopla: diocese ortodoxa grega de XXXX
    • Igrexa Rusa: eparquía ortodoxa rusa de XXXX

(e así sucesivamente)

  • Na Comuñón Anglicana
    • Igrexa de Inglaterra: diocese anglicana de XXXX
    • Igrexa Episcopaliana (USA): diocese episcopal de XXXX

(e así sucesivamente)

  • Nas igrexas luteranas "nacionais" (as de máis fieis):
    • Igrexa de Suecia: diocese luterana sueca de XXXX

(e así sucesivamente)

Con isto cóbrese máis do 95% das divisións eclesiásticas no mundo. Os casos particulares (por exemplo, o Arcebispado Castrense de España) deixanse fóra desta proposta. Para confesións minoritarias xa habería que empregar diocese de XXXX da Igrexa YYYY ZZZZ WWWW, mais de existir serían casos puntuais. Qué vos parece? --Norrin_strange (Fala-me) 19 de decembro de 2013 ás 11:57 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo Pareceme unha moi boa clasificación, bastante clara tendo en conta a dificultade.--Adorian (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 18:52 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Elisardojm (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 00:18 (UTC)

Revogación de inactivos[editar a fonte]

Ábrese unha votación para a revogación do status de bot de usuarios inactivos en: Wikipedia:Bots. --. HombreDHojalata.conversa 20 de decembro de 2013 ás 19:18 (UTC)