Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34

redireccións : risco => fai falla solución[editar a fonte]

Nun artigo puxen unha imaxe dun liquen (pensei que era "liquen") e púxenlle unha ligazón a liquen. Todo foi ben, a ligazón aparecía en azul. Pero, pero, pero: en galego é lique!!. Este é un exemplo dun risco xeral: hai ligazóns de castelanismos e lusismos directamente á palabra admitida polo VOLG. Isto é bon nun principio, pero realmente eu coido que "pervirte" a galipedia, pois permite usar doadamente os castelanismos sen que ninguén se decate e dando a impresión aos lectores de que a palabra é correcta. Solución: a discutir. A que se me ocorre é a seguinte, a facer en 2 pasos (ver liquen como exemplo do paso 1):

  1. cando alguén detecte unha palabra que sexa castelanismo ou lusismo, mudará o de #redirect(palabraOK) a {{castelanismopor|palabraOK}}, que se vería como Esta palabra é un castelanismo correspondente á forma galega "palabraOK" (para os lusismos pois analogamente). Este paso, ademais de manter unha ligazón coa palabra correcta e cumprir parcialmente o cometido inicial que tiña a redirección, permitiría o paso 2:
  2. un bot buscaría todos os artigos onde se usa tal castelanismo (identificadas polo tag que puxen máis enriba) e sustituiríaas pola forma correcta.Opinións?.--QuatriNauta 10:34, 5 xaneiro 2008 (UTC)
Gústame a idea. Se nos poñemos puristas o que propós tamén mantería entradas non existentes na nosa lingua, pero o bo e que non como redireción, senón advertindo de que se trata dun castelanismo, permitindo a aprendizaxe. Incluso engadiría que co sistema que propós sempre se podería máis adiante borrar todo ou parte do que se considere. Boa idea. Lansbricae (Ti dirás) 11:31, 5 xaneiro 2008 (UTC)
Lansbricae, certo, sempre hai "marcha atrás". Ademais como ti dis, permitiría crear páxinas con termos incorrectos, para indicar claramente que son incorrectos, senón o que ocorre moitas veces é que o editor acaba creando a páxina cando xa existe unha co nome correcto. En canto a purismo: non mencionei, intencionadamente, o caso das palabras que son variantes dialectais (e.g. fieito/fento/felgo/..), que coido que está ben que se manteñan como redireccións.--QuatriNauta 12:37, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Pois eu non estou moi de acordo con crear un marcador como o de 'Castelanismopor', porque:

  1. os bots xa manexan listaxes de palabras coma esas. Se hai por aí liquens, o bot debería amañalos, periodicamente. Se non o fan, haberá que engadir esa palabra á lista, sen necesidade de incluír un novo marcador.
  2. é bastante discutible (e pode dar lugar a longos e tediosos debates sen cabo) determinar que é un castelanismo e qué non, máis ca nada porque un castelanismo non ten por que ser incorrecto.
  3. creo que ás veces temos demasiada preocupación lingüística, que nos fixamos demasiado no código e non no contido. Se en inglés alguén vai a Behavior e de aí reenvíano a Behaviour, non sucede nada, non se abre ningún debate, non se marca nada como estraño. Non creo que o caso de liquen sexa distinto ao de behavior.

--Xabier Cid 11:38, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Xabier, coido que somente consideraches a utilidade en canto a corrección por bots, pero hai unha segunda que, se te fixas, menciono no primeiro parágrafo, a de non desinformar ao lector: cando un lector escriba "liquen", non se lle debería dar a entender que é unha forma correcta (nota: o caso concreto de liquen utilízoo porque me coincidiu así, non é que o considere importante). Isto coido que é unha función importante da Galipedia: espallar a cultura galega, na cal a lingua paréceme un capital importante. Contéstoche ás túas observacións polo miúdo:
en canto á 1: "os bots xa manexan listaxes de palabras coma esas": Qué bots? supoño que máis ca os bots, serán as persoas que os executan, pero que pasaría se esas persoas botan unha tempada sin poder executar o bot? Ademais, como estás seguro de que a lista´que manexan é a completa? como se garantiza de que cando alguén poña unha nova redirección deste estilo inclúa tamén a palabra en tal lista? Vaia, que non me parece un método seguro. De feito, a situación actual demostra que non funciona.
en canto á 2: paréceme un escape pola tanxente: se les detidamente a explicación que dou verás que me estou a referir a castelanismos non aceptados polo VOLG.
en canto á 3: non vexo que se poida comparar o caso behavio(u)r co que estamos a tratar. No caso behaviour/behavior son as dúas formas correctas, coa mesma pronuncia, non hai engano para o lector. No caso que indico de castelanismo, estase a desinformar ao lector, o cal me parece grave dada a situación de desequilibrio (diglosia) na que se atopa a nosa lingua fronte ao castelán. Afirmas que "creo que ás veces temos demasiada preocupación lingüística" ... ben, respecto a túa opinión pero non coincide neste caso coa miña: unha das funcións que vexo á Galipedia é promocionar e espallar a cultura galega, da cal a lingua galega constitúe unha parte moi importante, que necesita ser coidada, máxime sabendo a situación na que se atopa.--QuatriNauta 12:32, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  1. O problema do que se parte é que a ligazón a un castelanismo aparece en azul, o cal permite pervivir con máis facilidade castelanismos na Galipedia.
  2. A solución que se aporta non soluciona o problema, pois segue aparecendo en azul se se mantén dita páxina.
  3. Estou convencido de que a presenza de páxinas, sexan da índole que sexan, con castelanismos, non é precisamente facerlle un favor -máis ben todo o contrario- á estandarización e normalización da lingua galega.
  4. Coincido con Xabier Cid e creo que se debe borrar todo canto castelanismo haxa, para que, cando menos, as redireccións non aparezan en azul--Lmbuga Commons - Galipedia 13:09, 5 xaneiro 2008 (UTC)
1.-Dacordo no problema. Pero a sloución que propoño non é simplemente para ese problema, intenta tamén deixar reflexada a información de que tal palabra é un castelanismo a ser evitado
2.- Non exactamente, fíxate no paso 2) que comento: os bots porían a palabra correcta
3.- Eu penso distintamente: explícome co exemplo de liquen: deste xeito, para castelanismos moi comúns, eu creo que é bon manter a páxina indicando que é un castelanismo, pois será unha información útil para o lector que se achegue á galipedia á percura de "liquen", moito máis que a solución de que non exista tal entrada na galipedia, co cal o lector poderá pensar que, simplemente, a páxina aínda non foi creada
Saüdiños.--QuatriNauta 13:31, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • Despois de ver todos os razoamentos, concordo con Quatrinauta, gústame a idea, e o punto 3 da súa última intervención acabou por decantarme. Penso que pode ser moi útil desde o punto de vista da aproximación do lector/editor á Galipedia. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 13:38, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Vou tentar responder algunahs das cousas. Outras, como o da cor da ligazón, xa Lmbuga sinalou que é un problema que non se amaña.

  1. Se ata o de agora foron os bots as ferramentas que se ocuparon de corrixir erros recorrentes, creo que é boa idea que o sigan facendo. Con este marcador non se mellora a actuación do bot; simplemente se crea unha nova secuencia de accións. Se os bots teñen unha boa lista de tarefas deste tipo (e téñeno demostrado en millenta ocasións), creo que o lóxico é engadir a palabra que motive o problema a esa lista. Quizais nunca ninguén reparou en liquen pra engadilo nela, e por iso quedou así.
  2. Creo que dar a información de que liquen non é unha palabra recollida no VOLG non é relevante: a wikipedia non é un corrector lingüístico, e o que pretendía dicir ao comezo era que temos tanta "presión lingüística" na cabeza que lle acabamos por dar importancia a feitos que non a teñen: todas as linguas do mundo teñen diferentes versións para termos iguais, pero non necesitan estar a falar continuamente de erros e acertos, nin a demostrarlles aos usuarios que aí, nese aparentemente inocuo ene finalm existe un fenómeno a combater.
  3. Mesturas varias cousas: unha é que o VOLG non o recolla, co que podemos sospeitar que non é unha forma correcta (pero só sospeitar, porque ese documento non é un catálogo de formas incorrectas, senón de formas correctas). Por outra parte, dis que é castelanismo, o que é bastante dubidoso no caso de liquen, precisamente (en. lichen, pt. líquen). E finalmente o marcador identifica castelanismos, non erros, co cal non se sabe moi ben para que funciona...

Creo que a mellor solución é corrixir os erros, sexan do tipo que sexan, e no caso de que sexan problemas recorrentes, introducilos en listas de operación de bots. Debería ser abondo e non lle estariamos dando unha importancia excesiva a un pequeno detalliño de normativa que, por demais, podería xerar discusións sen fin. --Xabier Cid 15:26, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Xabier, creo que o de discutir o termo "liquen" é írmonos polas ramas: liquen é un exemplo, talvez non o máis apropiado, pero non te fixes nel senón na idea que sinalo (como din os chineses: "cando alguén che sinale cun dedo cara a Lúa, olla para a lúa, non para o dedo"). Hai multitude de exemplos .. Moscú mellor? .. chino?. O importante é sinalar os castelanismos, que tanto dano lle fan á nosa lingua, e non obvialos. O que dis dos bots pois igual, ninguén falou de evitar a tarefa dos bots, senon o contrario. Saüdiños--QuatriNauta 15:44, 5 xaneiro 2008 (UTC)
Claro, :) precisamente, non mires o dedo, mira a lúa: é Moscú un castelanismo? é chino un castelanismo? non quería poñerche o exemplo de liquen, senón que cando alguén alegremente di que algo é castelanismo obvia un debate filolóxico detrás de mooooi longo curso e dubidosas conclusións. Por outra parte, non creo que sexa a función desta wikipedia combater "os castelanismos, que tanto dano lle fan á nosa lingua". Pra empezar porque aí estás asumindo unha carga ideolóxica moi forte que quizais sexa incompatible, por exemplo, co PVN. :)--Xabier Cid 15:55, 5 xaneiro 2008 (UTC)
Xabier, insisto do dedo e a lúa: o tema é que facer con redireccións como liquen, Moscú, chino, etc, etc. Paréceme que írmonos polos Cerros de Úbeda non é a solución. Polo que dis, parece que un castelanismo implica un "debate filolóxico detrás de mooooi longo curso" .. no vexo tal discusión na Conversa:castelanismo. Agora sí?. En calquer caso paréceme outra escapada por Úbeda: o tema é que facer con tales páxinas que son redirección. pra poñer a redirección non vexo que houbese tal "debate filolóxico".
  • Sigo en total desacordo. Ademais esas páxinas, en caso de existir (sigo pensando que van en contra do proceso de dignificación da lingua galega), caben no Galicionario non aquí.

Se se trata de sinalar castelanismos, fágase un listado, ou uns exercicios no curso de galego de Wikilibros--Lmbuga Commons - Galipedia 17:52, 5 xaneiro 2008 (UTC)

      • Estamos chapuzeando nas mismas co das traduccions ! ... e non sabemos adaptarnos ao que lle corresponde ao proxecto :
  • Wikipedia:Normas antimonicreques
  • Wikipedia:Votacións/Romper a edición
  • Wikipedia:Votacións/Xogar co sistema

Xabier.Cid non te desanimes por favor ! As persoas son de boa fe e a eso nadie lle pode nada !ElviraConversa con mi 18:09, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Perdoa, pero non entendo o que queres dicir, nada ... nada. Eu votei en contra nesas votacións que citas. Refíreste a iso? É malo votar en contra? garda iso relación con esta discusión? Por outro lado: ¿que queres dicir no resumo con "a raíz do toxo verde.."? Incluso iso de "Xabier.Cid non te desanimes por favor !" talvez eu sexa un pesado, non sei, pero tampouco coido que fose para tanto .. Vaia, que non entendo nada.--QuatriNauta 20:41, 5 xaneiro 2008 (UTC)
Ningunha intencion da miña parte de ser misteriosa. Sera que non temos o mismo enfoque basico do proxecto Quatrinauta. Pero como no no sei pois vouche contestar ta túa paxina de usuario.ElviraConversa con mi 21:41, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • O marcador proposto non me convence a efectos prácticos, tanto estatísticamente (influiría no número de artigos e na proporción de tamaño de artigos da gali) coma para o mantemento (hai que crear/modificar, categorizar e manter un número elevado de páxinas, bastante chollo), ademáis dos debates filolóxicos que poida haber sobre se algo é castelanismo ou non. Ata o de agora crear redirección ao termo correcto ven sendo a solución adoptada por comodidade (supoño) e por influencia de redirixir topónimos ou títulos de filmes ou libros traducidos (entre outros, estes adoitan ser os casos máis comúns). Postos a dar unha solución práctica, os castelanismos xa están (ou deberían estar) recollidos nos artigos que traten sobre eles (Castelanismo p. ex., non sei se hai algún máis sobre o tema), polo que nestes casos (excluíndo títulos de filmes/libros, topónimos, etc.) creo que o mellor e directamente borrar este tipo de redireccións. --Banjo tell me 05:35, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Vistas xa as posturas, fago un resumo do obxecto da discusión e das alternativas, agrupando opinións. Non teño claro que sexa o momento dunha votación formal, pero si de ver cal é a opinión maioritaria para facer unha recomendación, non unha política.--QuatriNauta 15:37, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Obxecto da discusión: homoxeneizar a estratexia a utilizar cos palabras (artigos) que non son correctas (ou non recomendadas, ver discusión previa máis arriba) segundo o VOLGa pero que son bastante utilizadas na linguaxe do día a día, moitas veces correspondendo a castelanismos. Por exemplo: lagartixa, liquen, chino, xeroglifo, xudo, etc.


En principio entendo que hai 4 posturas:

A .- Nin borralas nin redireccionar á forma correcta, senón como se fixo para liquen (ou similar, independentemente de que se poña "castelanismo" ou "non recomendada"). A vantaxe desta alternativa é que se mantén como información para o lector, compartindo as vantaxes de borrala (evitar equívocos) e redireccionar (facilitar consulta).

  1. Symbol support vote.svg Concordo--QuatriNauta 15:37, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 16:18, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo Pareceme unha solucion valida e util. Pero .. témome que xa che borraron o exemplo que fixeches con liquen.---- Maañón00 (o que ho?) 23:50, 26 xaneiro 2008 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo. É a solución menos enciclopédica pero máis útil, a imaxe que a decisión de manter as normas ortográficas do galego (cando se trata dun anrtigo non modificable). As outras alternativas son de máis difícil control e a actual situación leva na práctica a existir moitas redirecións que son castelanismos ou formas incorrectas pero moi necesarias para a eficacia da procura e co defeto que o lector que anda a procura non vai a interpretar que sexa unha forma incorrecta. Esta outra non é típica das enciclopedias ao uso, pero wikipedia non é unha enciclopedia ao uso e esas redirecións existen como correctas e supoño que seguirán a medrar. Lansbricae (Ti dirás) 15:39, 27 xaneiro 2008 (UTC)

B.- Borralas, deixándoas nunha lista de castelanismos ou no Galizionario. A vantaxe desta alternativa é que se usan as formas correctas e se reduce peso na base de datos.

  1. Symbol support vote.svg Concordo--Banjo tell me 13:48, 27 xaneiro 2008 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Estamos todo o día co galego pra riba e co galego pra baixo. Esta é unha enciclopedia ao uso ou ten que pretender selo, porque a maior parte das enciclopedias son de linguas que teñen vacilacións ortográficas ou que, como din algúns "viven situacións de anormalidade" (demonios prá frecuencia da anormalidade...). Non temos por que trasladar á enciclopedia os problemas lingüísticos de cada un. Os artigos teñen unha forma. Se se pode interpretar que hai variables gráficas (maiúsculas, espazos, etc.) que son frecuentes, pois que se faga unha redirección cando cumpra, porque ese é o sentido das redireccións. Pero o didactismo lingüístico ten xa os seus espazos, non as redireccións. --Xabier Cid 16:02, 27 xaneiro 2008 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo parece mui importante ca Galipedia teña mui bóo galego. O da utilidade da busqueda é unha cousa interesante e ten mais problemas, xa cos buscadores das wikis no son bóos. O que fagemos moitos, vamos por google onde as wikis estan mui ben posicionadas. Eu po galego, que non é lingua de preferencia, paso por google e dame a palabra en castelan, portugues ou galego, e dunha wiki vou a outra. Liquen vai polo portugues e o castelan, cos interwikis llegase ben. Por outro bando aproveito pa decir que por demaís da orthografia alegrariame que nas miñas edicios se me corrixa o xeito pa que sexa galego maís pechado. ElviraConversa con mi 22:03, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo tamén con esta opción, paréceme a máis axeitada das catro. --Toliño Fala aquí comigo 16:32, 31 xaneiro 2008 (UTC)

C.- Mantelas (ou crealas) como redireccións á palabra correcta (ou máis usada).A vantaxe desta alternativa é que se facilita o acceso ao lector.

D.- Deixalo tal como está, ás veces borrándoa e ás veces manténdoa como redirección, ao criterio do editor. A vantaxe é que se evita a discusión e o cambio.

Subir imaxes a Commons[editar a fonte]

Hai dúas accións que facilitarían enormemente a subida de imaxes PD-propia ou GFDL-propia a Commons:

  1. Proposta: Unha delas sería a substitución das licenzas {{PD-propia}} e {{GFDL-propia}} por {{PD-user-w|gl|Wikipedia galega|Usuario (sen Usuario:)}} (PD-user-w) e {{GFDL-user-w|gl|Wikipedia galega|Usuario (sen Usuario:)}} (GFDL-user-w). As licenzas non cambiarían en nada, só ocorrería que con esa sintaxe tamén son válidas en Commons e facilitamos a subida ó non ter que varialas para subilas a Commons.
  2. Proposta non vinculante (case é o mesmo ca petición): Que no apartado source ou orixe, ademais de poñer imaxe propia se poña self made e a ligazón a imaxe na Galipedia. Isto último consistiría en engadir este texto: http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:nome_da_imaxe.jpg (substituíndo nome_da_imaxe.jpg e coa palabra Image, non imaxe)

Se se dan estas dúas condicións, os datos das imaxes poden ser copiados en Commons sen ter que alteralos nada.

Cando menos rógovos ós que empregades estas licenzas que o fagades así.

¿Podería algún bot realizar estas accións coas imaxes xa cargadas?--Lmbuga Commons - Galipedia 18:23, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Os datos da imaxe son correctos--Lmbuga Commons - Galipedia 20:03, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Retiro a proposta[editar a fonte]

Con esta retirada a tempo, que non é vitoria, porque entendo que neste noso espazo non debe haber gañadores e perdedores, sinto unha certa alegría. Explícome: Por primeira vez -salvo cousas evidentes- fixen unha proposta sen consultarlla a ninguén previamente. É unha proposta va, de escasa importancia ó meu parecer, iso si, a min facilitaríame o subir imaxes a Commons. É válida como información, pero ten pegas. Unha pega posible: non é serio dicirlle a un colaborador habitual ou, especialmente, se o colaborador non é tan frecuente, que mude a presentación da licenza cando {{GFDL-self}} ou {{PD-self}} son válidas en Commons, e non me parece lícito crear unha obriga a ese respecto cando en realidade se está a marcar correctamente a licenza; inda que si é lícito informar de que co modelo GFDL-user-w ou PD-user-w pode facilitarse o traballo de subida a Commons.

Estou convencido de que se tivese comentado esta proposta a outros usuarios ou administradores afíns (enténdase por afíns aqueles cos que teño historicamente máis relación) e lles tivese expresado só ese "pero", non a tería feito pois, inda facéndoa, eu mesmo podería ter curiosamente votado en contra tras escoitalos ou escoitarme.

Conclusión (a miña conclusión): Todo diálogo externo á Galipedia que non restrinxa a liberdade de actuación dos usuarios ó ter que supeditarse, afectivamente ou de calquera outro xeito a un grupo, é positiva. É positiva primeiramente porque axuda a que non se perda o tempo coa lectura e a discusión. Na miña opinión, ante cousas oídas, bendito MSN, IRC ou correo electrónico.--Lmbuga Commons - Galipedia 02:42, 10 xaneiro 2008 (UTC)

Categoría Terra Media[editar a fonte]

Moi boas a todos,

en primeiro lugar quero dicir que non sei de certo de debo incluír isto aquí ou en Axuda. Desculpade se erro.

Levo xa un tempo traducindo e corrixindo artigos relacionados con Tolkien e a Terra Media, e moitas veces atópome en dificultades para categorizar os artigos. Até o de agora, están todos (que eu saiba) incluídos en Mitoloxía literaria ou na subcategoría O Señor dos Aneis. O problema é que a primeira e xeral de máis para artigos como Troll, Orodruin ou Segunda Idade do Sol, e a segunda é demasiado restrinxida para termos que están presentes tamén noutras obras de Tolkien como O Silmarillion ou o Hobbit.

Así, gustaríame propor que se crease a categoría Terra Media, que estaría incluída en Mitoloxía literaria e que á súa vez podería conter O Señor dos Aneis. Máis adiante, segundo se vaian creando máis artigos da Terra Media, poderíanse crear subcategorías como Lugares da Terra Media, Cronoloxía, Razas etc.

Moitas grazas pola vosa atención. Un saúdo.

--Manudosde 13:21, 6 xaneiro 2008 (UTC)

  • Eu Symbol support vote.svg Concordo. Moi bo traballo, agardo que sigas afondando na Terra Media, xa que como fan que son de Tolkien gustaríame que a Gali tivera artigos de calidade como os que ti estás a facer. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:22, 6 xaneiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. Bo traballo.---- Maañón00 (o que ho?) 15:32, 6 xaneiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Banjo tell me 15:34, 6 xaneiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 15:39, 6 xaneiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --GallaecioE logo? 12:39, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Xosé (✉) 12:58, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Moitísimas grazas a todos polo voso apoio e ánimos, así dá gusto :) Procedo a resituar os artigos da Terra Media. Un saúdo!--Manudosde 16:32, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Categoría:Imaxes con título incorrecto[editar a fonte]

Xa non é verdadeiramente unha proposta, pois tomeime a licenza, por mor de seguir traballando de seguido, de crear esa categoría (categorizada en Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar) coa seguinte presentación:

O título destas imaxes está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borradas, posto que as imaxes posúen os datos precisos para se manter na Wikipedia galega, deben ser subidas co título correcto.
Unha vez que as imaxes sexan subidas co título correcto e engadindo tódolos datos da imaxe orixinal, estas imaxes poderán ser borradas, se ben, para que os administradores poidan comprobar a orixe da imaxe nova, nesta farase constar a etiqueta {{OrixeImaxeGalipedia|Imaxe:Nome da imaxe borrada}}

O motivo de crear {{OrixeImaxeGalipedia|Imaxe:Nome da imaxe borrada}} débese a que as novas imaxes co nome correcto quedarían con orixe coxa sempre que non se saiba o nome da imaxe da que se parte. Calquera administrador pode consultar os datos ou ver a imaxe dunha foto borrada. Calquera usuario pode consultar a un administrador sobre a orixe dunha imaxe con esa etiqueta. De aí esa condición.

Quede claro que, se estades en contra, desfago o feito. Se hai algunha observación, miro de incorporala.

Quédame por crear {{OrixeImaxeGalipedia|Imaxe:Nome da imaxe borrada}}. Póñome a iso agora--Lmbuga Commons - Galipedia 21:52, 11 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes de Flickr[editar a fonte]

Encontrei de casualidade o marcador {{FlickRevisada}}. Escribín a súa finalidade e cómo debe usarse (véxase marcador) seguindo as pautas de Commons. Procedo a crear Categoría:Imaxes por orixe e dentro dela Categoría:Imaxes de Flickr revisadas

Quede claro que, se estades en contra, desfago o feito. Se hai algunha observación, miro de incorporala.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:15, 11 xaneiro 2008 (UTC)

Creei tamén Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente en Categoría:Imaxes tarefas pendentes--Lmbuga Commons - Galipedia 23:38, 11 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

Velaquí lanzo unha segunda proposta de xuntanza. Como saberedes, o venres de entroido celébrase en Pontevedra o enterro do loro Ravachol, o vindeiro 8 de febreiro. Anímovos a tod@s a virdes e cearmos despois e saír despois. Por suposto, haberá que asistir de rigoroso loito como mostra de dor pola morte do afamado loro do botigario Perfecto Feijoo.

Esperando que prospere a proposta, só me resta dicir que se aceptan ideas para o lugar da cea.

  1. Symbol support vote.svg Concordo --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:06, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Está moi ben que nos coñezamos mais todos. Lansbricae (Ti dirás) 12:10, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo.--Alma (fálame eiquí) 16:16, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo --Furado 16:58, 31 xaneiro 2008 (UTC) Eu asistirei encantado. O que non podo é quedarme despois, pero para a cea contade comigo.
  • Xa me perdín a primeira, no caso de que poda tentarei achegarme ata Pontevedra, pero o choio non creo que me deixe :). No caso de poder avisarei máis adiante, que aínda queda algo de tempo para o entroido :D --Banjo tell me 00:27, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  • Por min encantado. Vivín en PO tres anos e encantaríame volver (pero non pasando o frío daquela). O problema é que ata xuño vou estar oficialmente ultra-mega-macro-hiper-super-ocupado (sempre fago descansos e ocos para Galipediar), polo que me cómpre organizarme: cando cadra ese día (son un pouco pagán de máis)? En función diso, igual non podo ir... --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 20:28, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Crónica oficial da xuntanza[editar a fonte]

Xuntanza galipédica "Ravacholeira": Pola esquerda: Estevoaei, Furado e Xosé, Alma e Lansbricae

Como era o mais vello da xuntanza, fun o primeiro en marcharme, e, como penitencia, teño que escribir un comentario sobre o evento; veña pois:

Finalmente nesta xuntanza Ravacholeira aparecemos cinco membros da comunidade galipédica: Alma, Estevoaei, Furado, Lansbricae e Xosé. Loxicamente primeiro asistimos con gran respecto e pesar ao solemne enterro do popular papagaio, e solidarizámonos coa dor que, de forma ostensible, mostraban os apesadumados pontevedreses e un bo número de turistas (aínda que véxome na obriga de manifestar que, malia a solemnidade do acto, sorprendín a gran cantidade de persoas que non só non manifestaban o menor xesto de pesar, senón que ata se lles vía irrespetuosamente alegres).

A continuación, co fin de: 1) secar as nosas bágoas, 2) humedecer as nosas gorxas e 3) presentarnos formalmente, pasamos por unha taberna (que, casualmente, expuña unhas fotografías de Estevoaei -moi boas, por certo-), na que tras un breve paso polos puntos 1) e 3) da orde do día, dedicámonos amplamente ao punto 2). Tras un aceso (aínda que correcto) debate sobre a política relativa ao pago das roldas, decidimos pasar, por fin, á segunda fase da xuntanza, a ceanza.

Ben, a ceanza é doada de resumir: comemos (pouco), falamos (moito) e bebemos (máis).

Tendo en conta a presenza dun administrador na reunión, non puidemos polos a caldo :-), e non tivemos mais remedio que botar unha chea de horas dedicados a coñecernos, divertirnos a lume de biqueira, e a falar da nosa paixón común (non, a bebida non, a Galipedia), ata unhas horas que o señor Villaronga, o meu antigo profesor de "Formación del Espíritu Nacional", consideraría sen dúbida "inadecuadas para un recto padre de familia".

Xa en serio, a comunicación na Galipedia a través das nosas páxinas de usuario está moi ben (de feito creo que é imprescindible) pero este contacto persoal superou amplamente as miñas mellores expectativas. É obvio que todos sabemos que detrás de cada nome de usuario hai unha persoa, pero ás veces ao moverse neste "mundo virtual" parece que, por momentos, o esquezamos, e esta xuntanza fíxome ver o bonito que é saber que hai outras persoas que comparten a túa ilusión por participar nun proxecto tan gratificante como este.

Vémonos na próxima!! --Furado 20:44, 9 febreiro 2008 (UTC)

  • ¿Sería moito pedi-los nomes dos colegas da fotografía? É que os ausentes non fumos presentados e gustaríame poñer cara ós nomes destes amigos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:45, 10 febreiro 2008 (UTC)
  • O do centro é o amigo "orujo", o resto dos nomes xa non o teño tan claro. Lansbricae (Ti dirás) 22:49, 10 febreiro 2008 (UTC)
    • Falso. O do centro é o amigo "licor de orujo". Eu son o terceiro (pola esquerda ou pola dereita); dos demais sabia o nome cando se sacou a foto; horas despois xa non :-). --Xosé (✉) 00:00, 11 febreiro 2008 (UTC)
    • Symbol oppose vote.svg Discordo; a compañeira do medio é miss Orujo, de nome Crema, acompañada do compañeiro do País, de nome Viño. Ben volo sei, que tres viaxes á barra fixen para solicitar combustible. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 06:27, 11 febreiro 2008 (UTC)

Proposta de cambiar os datos de poboación do 2005 ao 2006 nos artigos de listas de concellos[editar a fonte]

Estiven arranxando as listas de concellos de Lugo e de Ourense e antes de continuar, quería propor, xa que no IGE hai datos de poboación do ano 2006, mudar os datos deses 4 artigos: Lista de concellos da Coruña, Lista de concellos de Lugo, Lista de concellos de Ourense e Lista de concellos de Pontevedra de poboación do ano 2005 ao ano 2006 para que estén o máis actualizados posibles.

  1. Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 16:13, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  2. Por mín adiante --Banjo tell me 00:25, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo AlberteSi, digame? 12:24, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo tamén Lansbricae (Ti dirás) 12:35, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo e bon traballo Padin 17:10, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  6. Symbol support vote.svg Concordo --Xabier Cid 18:32, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  7. Symbol support vote.svg Concordo, adiante coa actualización! --Toliño Fala aquí comigo 18:37, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  8. Symbol support vote.svg Concordo--Hugo22 18:29, 31 xaneiro 2008 (UTC)

Moitas grazas, pois comezo logo co traballo, :). Alma (fálame eiquí) 20:11, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Proposta de normas antimonicreques[editar a fonte]

Ola a todos e todas. Como seguramente sabedes, no seu momento crin que era interesante fixar o texto das normas que regulan as contas múltiples. Iso nos daría unha maior seguridade aos administradores e, sobre todo, maior protección fronte aos erros que poidamos cometer os administradores. As normas están operando (de feito xa se teñen aplicado) porque son comúns ao proxecto wikipedia, pero a redacción galega quería fixalas, aclaralas e de paso popularizalas e desenvolvelas, por exemplo no que se refire aos usuarios das escolas.

No seu momento, por diversas razóns (pouco tempo pró debate, mala redacción, erros de tradución, etc.) as normas non colleitaron o consenso necesario. Agora dinlles outra volta máis ao texto, creo que pulindo parte desas cousas. A miña intención é poñer a votación as normas de novo a vindeira semana, ou antes, se hai o suficiente consenso. Prégovos que leades o texto e que digades como se pode mellorar a redacción. Moitas grazas. Saudiños --Xabier Cid 00:34, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Artigos de calidade[editar a fonte]

Despois de bastante tempo decídome a presentar a miña proposta de artigos destacados. Basicamente consiste nos requirimentos (Wikipedia:O que é un artigo de calidade), o método de escolla (Wikipedia:Escolla do artigo de calidade), e unha páxina que recolla os artigos (Wikipedia:Artigos de calidade). Ademais na páxina Wikipedia:Artigo Destacado, baixo do primeiro parágrafo hai que pór: "Os artigos designados como de calidade terán preferencia á hora de ser presentados para aparecer na portada". Na páxina Wikipedia:Sobre Galicia o mesmo, mais só dos que teñan temática galega.

Se vedes algún erro non dubidedes en facelo chegar pra corrixilo canto antes. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 17:24, 25 xaneiro 2008 (UTC)

  • Estaba lendo a modificación que propós na páxina de votación de destacados e sobre galicia e penso que non se pode obrigar a ninguén a elexir o artigo que ten ou non que propór, quizais a frase que se podería engadir, sería: Se vostede vai propor un artigo a Destacado ou Sobre Galicia, valore facelo tamén ou antes a artigo de calidade. Que opinades? Alma (fálame eiquí) 17:37, 25 xaneiro 2008 (UTC)
    • Non, non ten moito que ver o artigo da portada co artigo destacado: que estivera ou se propoña a destacado non quere dicir que cumpra os requirimentos para ser un artigo de calidade. O que eu pretendía dicir é que os artigos xa elixidos como de calidade, son os candidatos perfectos para aparecer na portada, e non ó revés. Non sei se me expliquei ben. AlberteSi, digame? 17:42, 25 xaneiro 2008 (UTC)
    • Si que o entendín así, o que pasa é que non se pode dicir que só podes elixir desa lista, a Galipedia ten 31.000 e pico artigos e cada quen é libre de propor a destacado o que considere, logo os demais votan a favor ou non, o que me refería era a avisarlle que valorase que se o artigo que ía propor para esa persoa reunía os requerimentos de calidade, para aparecer na portada, podía pensar en presentalo a artigo de calidade. Non sei se me entendes, non estou a dicir que todos os que pasaron pola portada sexan de calidade. :). E que a frase tal e como está redactada da a sensación de que se hai artigos de calidade teñen que ir esos na portada e supónse que a proposta é libre, non comulgan ambas cousas. Entendes o que quero dicir? Alma (fálame eiquí) 17:47, 25 xaneiro 2008 (UTC)
      • Entendo si, pero eu non digo que se teña que elixir dos de calidade unicamente (de feito non creo que haxa suficientes como para poñer 1 ó mes na portada). Eu simplemente digo que teñen preferencia, mais quizais haxa que mudar a frase... non sei... "valore propoñer..." ou directamente non facer ningunha recomendación. Xa non sei. AlberteSi, digame? 17:53, 25 xaneiro 2008 (UTC)
      • Eu incluiría a frase pero como recomendación, era o que che quería dicir, só iso. Quitarlle o sentido de obligatoriedade que ten o de "terán preferencia", e mudalo por algo como o que dis. Alma (fálame eiquí) 18:09, 25 xaneiro 2008 (UTC)
      • Concordo con Alberte, os artigos de calidade teñen mais oportunidade par ir na portada, punto. Son duas cousas diferentes, e esto é importante pa co debate da calidade non este coa presion da necesidade pa portada. O artigo da portada polo momento só pode ser un obxectivo puntual, mentras que xa podemos ter obxectivos de calidade mais profundos cos artigos de calidade. ElviraConversa con mi 21:52, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Etiqueta de aviso de que un usuario está bloqueado mentres non se amañe o das mensaxes de mediawiki[editar a fonte]

Propoño que se faga unha etiqueta para os usuarios bloqueados para avisar ao resto de que o están e poñelas na súas páxinas de conversa, posto que ao non poder editar nas súas páxinas de conversa, quedan como maleducados cando en realidade élles imposible facelo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:23, 13 febreiro 2008 (UTC)

Creación de subcategorías de Terra Media[editar a fonte]

Moi boas a todos. En vista de que a categoría Terra Media conta xa cun número considerábel de artigos, querería propor as seguintes subcategorías para organizala:

  • Historia de Arda, que incluiría os artigos: Anos Valianos, Anos das Lámpadas, Anos das Árbores, Anos do Sol, Primeira Idade, Segunda Idade e Terceira Idade (Tolkien).
  • Xeografía de Arda, que incluiría os artigos: Arda, Isengarda, Aman, Orodruin, Terra Media, Valfendido e Valinor.
  • Ainur, que incluiría á súa vez a xa existente Maiar (cos artigos Maiar, Gandalf, Saruman e Sauron) e unha nova: Valar (cos artigos Valar, Aulë, Estë, Irmo, Mandos, Manwë, Nessa, Nienna, Oromë, Tulkas, Ulmo, Vairë, Varda e Vána). A subcategoría Ainur tamén contería os artigos Ainur e Melkor.

O resto dos artigos permanecerían na categoría xeral Terra Media até novos desenvolvementos. Moitas grazas pola vosa atención e un cordial saúdo. --Manudosde 21:48, 15 febreiro 2008 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo; e dentro da categoría terceira idade xa habería que ir pensando en facer subcategorías tamén... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 02:20, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo, e bo traballo o que estás a facer con todo o mundo de Tolkien, Manu!! --Toliño Fala aquí comigo 06:53, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Ou sexa, concordo coa idea de subcategorizar e apoio. Pero non teño ningunha idea sobre a Terra Media e sobre se esa categorización é correcta, así que o meu concordo vale o que vale. --Xabier Cid 07:47, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo do mismo xeito que XabierCid, fagendolle confianza a Manudosde, Alberte, Estevoae e Toliño porque dirain que conocen ben o tema ElviraConversa con mi 10:15, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Ola outra vez, moitas grazas polos votos favorábeis. Perdoade a miña ignorancia, mais non sei como vai exactamente o proceso da votación: cal é o prazo/nº de votos a prol que se precisan para que unha proposta se considere aprobada? Tentei buscar a sección das regras mais non a dei atopado. Grazas e un saudo :)--Manudosde 09:32, 16 febreiro 2008 (UTC)
Niste caso ainda non hai regras mui rotundas polo momento. Polo que vin pois con esta charla que leva consenso de conocderos do tema e aprobacion de confianza pois pareceme que podes ir pa diante. ElviraConversa con mi 10:15, 16 febreiro 2008 (UTC)
Efectivamente, a wikipedia non é un cómputo de votos. A túa proposta ten un aceptábel respaldo, non ten ningunha opinión en contra, non é un tema que poidamos pensar polémico, entre a xente que a respalda hai quen sabe do tema ou quen ten traballado nese tema... Agás casos moi concretos, onde se teñen fixado unhas políticas de votación, o consenso é a ferramenta que se debe seguir. Así que... let's go! --Xabier Cid 18:45, 16 febreiro 2008 (UTC)

Proposta de consenso[editar a fonte]

Movido pola actuación do administrador Xabier Cid (vid. [1] véxome, moi ao meu pesar, na obriga persoal de expor de novo, e tamén de novo a miña vida particular, os aspectos nos que discordo persoalmente con este actuar e sinalar aquelas infracións, incumprimentos ou erróneas aplicacións das normas wiki levadas a cabo co declarado obxecto de defender o espírito ou a integridade do proxecto e de exemplificar con editores habituais

Antecedentes:
  1. Rexistrado desde novembro de 2006 colaborei coa Galipedia con asiduidade e coñecendo e relacionandome con outros colaboradores con total normalidade durante eses seis meses nos que aprendín e dialoguei co resto de membros da comunidade sen que existisen diferencias sinalables entre os interlocutores.
  2. Con motivo do bloqueo a unha usuaria asídua da wiki es (e hoxe en día administradora) e a aparición (nombramento) de novos administradores sen que houbese ningunha información á comunidade ao respecto expresei o meu desacordo co xeito en que se realizaran ambas
  3. Dirixinme ao administrador Moderador porque fora el o que fixera o bloqueo. Dito bloqueo levantouse aos poucos minutos e moderador contestoume ao momento asumindo a responsabilidade e especificando que o nomeamento dos novos administradores era algo responsabilidade do administrador Prevert.
  4. Este usuario púxose en contacto conmigo via email para convidarme a falar a través do MSN. Recoñeceu como un erro o bloqueo matizando a dificultade do control do vandalismo se se dubida moito en aplicar medidas coercitivas. Explicoume tamén que a medida que tomara de nomear aos novos administradores foi motivada pola falta temporal de administradores activos e a falta de política de elección de administradores (na que levaba tempo traballando). Convencido coa explicación do bloqueo expúsenlle a miña discrepancia no modo en que se fixeran os nomeamentos de administrador. Acepteino de boa gana porque concordaba plenamente coas persoas elexidas e porque entendía as circunstancias especiais que o motivaban, pero insistín en que o que consideraba máis danoso fora a falta de publicidade do feito, a clandestinidade coa que se fixeran os nomeamentos. Acabamos a conversa amigablemente e eu modifiquei a miña intervención na Galipedia por considerala persoalmente excesiva xa que agora dispuña de máis datos a valorar grazas a esas explicacións.
  5. A raiz desta conversa comecei unha relación diaria vía msn con Prevert, e a través del coñecín polo mesmo medio a Albert galiza, Xavier Cid, Sobreira, Xoan Carlos Fraga, Beninho e algún mais. Diariamente pasaba bastante tempo falando principalmente con Prevert e aprendendo de e na Galipedia.
  6. Meses despois a miña parella na vida real Alma rexistrouse na Galipedia sen que eu soubese nada. Non editou moito ao principio (as veces rexistrada e ás veces como Ip) e chegado un momento mandoume unha mensaxe á miña páxina de conversa. Nese momento descubrín o seu rexistro, ao tempo que a descubriu o naquel entón administrador Prevert.
  7. Pasou o tempo coa mesma boa relación diaria por msn que non se interrumpiu ata que chegou o verán que por causa das vacacións interrompeuse.
  8. Nese verán a miña parella comezou a ser unha editora cada vez máis activa da galipedia. Cando ocorreu o caso 1 de Xaneiro preguntoume de que iba a cousa e dinlle a miña opinión. Tamén sucedeu o caso Mañón e o bloqueo do usuario de similar nome e a miña parella non compartíu a opinión que eu lle daba polo que preguntou polo feito. Déronselle explicacións que non foron suficientes para ela. Respostouselle e comezou unha actuación recoñecida polo propio actor dos feitos como reprobable. Según o propio autor Prevert entendeu que estaba a falar co Lansbricae e non con Alma.
  • A consecuencia inicial foi o vandalismo reiterado da páxina de conversa de Alma, tanto pola miña parte como pola de outros dous administradores e non sei se algún editor mais.
  • A consecuencia a medio prazo foi a renuncia ao status de administrador de Prevert por ter exemplificado con Alma, seguido da miña petición aberta á comunidade para solicitarlle a Prevert que non renunciase ao cargo e o abuso do daquela administrador Xelo 2004 colgando na páxina de cambios recentes que só poden editar os administradores un anuncio no que animaba á comunidade a que concordasen na miña proposta, explicando que todo fora por causa dun malentendido dun editor común. Ante a imposibilidade de loitar contra esa desvirtuación da miña proposta logo de moito tempo mal discutindo cometín o erro de actuar facendo máis ruido que o propio anuncio ata que fose retirado. Ao mesmo tempo pedín, ou desgraciadamente esixín que se retirasen aquelas imaxes que me foran cedidas a min para o seu uso e que por descoñecemento subira mal á galipedia. Esto foi realizado con moita paciencia por Miñato co que por desgraza era a primeira vez que falaba e por desgraza semella que a última.
  • A consecuencia ao longo prazo foi unha divisón de facto entre os editores, aqueles que participamos no caso de Agosto e outra parte de editores e administradores que trocaron o seu criterio de actuación mantido ata esas datas cara a determinados editores. Ademais o xa entón usuario:Prevert solicitou o bloqueo do seu usuario e deixou de participar activamente no proxecto.

Durante estos acontecementos sumáronse ips informando dun asunto de flagrante copyvio sen solución e parado durante 9 meses e o bloqueo a Xelo 2004, a descuberta por parte da comunidade da existencia dun administrador comodín evidente caso de monicrequismo.

O primeiro caso de monicreques na Galipedia

Co usuario monicreque a comunidade da Galipedia foi informada de que se trataba dun administrador títere empregado por outros administradores para actuar en situacións difíciles ou cando eles visen que era aconsellable. Ao non existir unha política específica sobre monicreques na Galipedia adoptouse por medio do consenso da comunidade plasmado nunca votación [2] bloquear definitivamente a ese administrador ficticio, Coa pretensión de non entrar en máis hondura que pondera danar a colaboradores destacados do proxecto só se solicitou eso e nada mais

O día a día

Despois de todo esto (moi resumido claro) a situación diaria na Galipedia tornouse cada vez máis difícil. Os que nos posicionaramos en contra das formas de actuar con anterioridade comezamos a ser valorados como un conxunto que actuaba gratuitamente de xeito antisistema. En medio dos dous grupos ficticios que se estaban a formar “agradecidos e incondicionais de Prevert” e os tres “díscolos” quedaron unha chea de terceiros editores que sufriron as consecuencias do clima creado. E comezou un xogo de políticas onde quedaba claro por parte dalgúns o falta de interese en participar no seu debate, o interese doutros en que as propostas de políticas debían corresponder aos administradores e a postura doutros de querer participar no proceso de consolidación do proxecto e establecer medidas correctoras que axudasen a canalizar discusións non pechadas como a de agosto e outras carencias aprezadas.

Últimos Feitos
O titiriteiro Lansbricae e Alma

Tras presentar por segunda vez unha política Antimonicreques o administrador Xabier Cid ao pechar a votación que resultou rexeitada procedeu a eliminación do voto de Alma (usuaria nese momento con máis de 10 meses de traballo na Gali) en aplicación da normativa da wiki inglesa ao respecto co seguinte texto: Este voto foi anulado en respecto ás normas que procuran un consenso limpo e claro nos proxectos wikipedia. Estes principios éticos non estiman conveniente que se recruten parentes, amigos ou compañeiros ideolóxicos para torcer un debate ou crear unha sensación de falso consenso, algo que se ten considerado como meatpuppet ou unlla e carne. Creo que é oportuno ademais exemplificar esta decisión cando dela non depende o resultado global dunha votación. --Xabier Cid 22:14, 11 febreiro 2008 (UTC)

Todo este caótico e longo resumo para que?

  1. Para que se teña en conta que esta medida de sinalar a alguen como meatpuppet non é un proceder aillado senón que se trata dunha actuación cun contexto determinado que é obviado ou considerado como normal e sen ningunha influenza nestes últimos feitos e que se leva producindo desde o mes de setembro de 2007.
  2. Para que se teña en conta que no anterior caso de monicrequismo ou similares non se tivo aplicado a normativa da wiki inglesa senón a vía universal de toma de decisións para todas as wikis o CONSENSO.
  3. Para que se teña en conta a de tempo (case un ano) que se tivo para informar aos acusados e xulgados directamente de que podían estar incurrindo nunca práctica non aceptada. O mellor ejemplo dase falando, non tomando medidas coercitivas.
Conclusións
  1. A normativa wiki non é para exemplificar. Ningunha norma ten como obxecto o exemplificar coas persoas e tal actuación non está permitida e é rexeitada e penalizada polas normas wiki e a propia lóxica. Ocorre que neste caso é a segunda vez que se exemplifica coa mesma editora polo que agrava a actuación.
  2. Á normativa da wiki inglesa non é subsidiaria da normativa de ningún outro proxecto wiki. Só os cinco piares e o que emana del é subsidiario ante a falta de regulación propia. A absurdidade que significaría aplicar a normativa dun wiki do tamaño da inglesa nun wiki do noso tamaño creo que non necesita explicación. A dificultade de deseñar e aplicar unha política deste tipo é evidente se se analiza tanto o contido da política inglesa como os debates que se realizaron para chegar a ela.
  3. A normativa específica de monicreques da wiki inglesa acaba de ser aprobada fai moi pouco tempo e advirte que a súa aplicación debe ser moi cautelosa e excepcional xa que se trata dun termo pexorativo e unha situación de moi difícil proba. Ademáis establece como requisito imprescindible que se esté a danar o proxecto con esa actuación intencionada:
  • A miña presunta actuación como titiriteiro é fácilmente comprobable de que non foi intencionada xa que eu mesmo aclarei o erro cando editei co usuario alma e nunca ocultei que fose a miña compañeira, e esa intencionalidade é necesaria para aplicar esa normativa inglesa e NUNCA OCULTEI A MIÑA RELACIÓN CON ALMA.
  • A avaliación da actuación como prexudicial para o proxecto é algo moi subxectivo para que sexa determinada por un só administrador, ou por un conxunto deles en acordo non feito público á comunidade. De todos os exemplos que se poden atopar pódese ver que a nosa participación nas votacións nunca foi determinante polo que a creación dun falso consenso non pode ser aplicable ao non ter sucedido tal circunstancia.
  • Reversión da carga da proba. A pretensión de que sexa o editor a quen se lle quitan parte dos seus dereitos o que deba demostrar a súa inocencia é unha práctica que pola súa propia absurdidade tampouco necesita de explicación, simplemente é unha práctica abolida en todo procedemento sancionador que reúna unhas mínimas garantías para o acusado-xulgado.
  • A agravante de que quen realizou a anulación do voto ten un abondoso historial de discusións con Alma e conmigo mesmo, ademais de ter sido o propoñente da política rexeitada fan que o administrador Xavier Cid non debera ter unha participación tan activa nesta medida calificada como exemplificante e correctora. Ao tratarse dunha parte do conflicto a súa subxectividade é evidente, polo que tiña a obriga de absterse.
  • O feito de que a anulación do voto se realizase no momento de pechar a votación é unha agravante máis ao alonxarse de novo do criterio habitual seguido ata o de agora nas votacións (avisar ao que fai un voto non válido de tal circunstancia antes do peche da votación). Neste caso a gravedade da suposta infración valorada fai que a situación de indefensión do editor acusado sexa se cabe maior, ao saltarse o coñecido no argot como a necesaria previa Audiencia do Interesado.

Por todo esto e algunha cousa máis que non expoño, por non eternizar máis a disertación e por tentar evitar maior tensión PIDO:

  • Se deixe de basear toda acusación na demostración de que somos unha parella, xa que ese dato foi aportado por min e non facía falta deducilo das datas das miñas excursión nin os modelos de cámara que compartimos xa que ninguén o ocultou, ao contrario. A proba que se debe aportar é a de que temos danado o proxecto en primeiro lugar, e que se fixo “creando un falso consenso”, xa que non basta con acusar e executar para que algo sexa un feito probado.
  • Non se utilicen argumentos que atenten contra a intimidade das persoas ou se apliquen ou apoien políticas que beneficien a quen oculte á comunidade unha relación de parentesco ou amizade e prexudique a quen non o oculte.
  • Se rexeite o rexistro de datos persoais dos usuarios ou a creación de pactos individuais de determinados usuarios coa comunidade xa que neste proxecto todos temos os mesmos dereitos e os mesmos deberes.
  • Se analicen tamén aqueles casos nos que ben xa se ten incurrido en posible monicrequismo ou sexan susceptibles de estar nun posicionamento que poda ser considerado no futuro como tal, para conquerir coherencia e seguridade xurídica.

Ben quixera que se me ocorresen outras solucións pero como tamén ocorreu no caso de agosto, todavía non pechado, eu vou a remolque dos aconteceres. O que non expoño fagoo tratando de evitar unha maior división. O xeito da exposición ten ademais a pretensión de evitar o wikipreiteo e reducir ao máximo posible o seu tamaño expoñendo só o que considerei necesario para contextualizar unha clasificación pexorativa que foi presentada como a medida máis leve de entre as posibles.

Proposta de consenso

Por todo isto PROPOÑO A CONSENSO:

Que se aplique a mesma normativa aos editores involucrados nos dous supostos casos de monicreques sinalados como sucedidos na Galipedia:

  1. Ben se someta este suposto a consenso da comunidade como se fixo co usuario:Moderador.
  2. Ou ben se aplique a normativa da inglesa, tendo que engadirse antes na normativa da Gali unha cláusula que estableza o carácter subsidiario da normativa da wiki inglesa (para os que non sabemos inglés é algo determinante para decidir a participación no proxecto saber se as normas que o regulan son comprensibles ou non para nós), a todos os implicados en ambos casos: Caso MODERADOR e Caso ALMA.
  3. A alternativa que eu prefiro sería a de retirar esa desafortunada intervención de Xabier Cid e respetar a Alma, a min mesmo e aos demais sospeitosos de monicrequismo ata que se consensúe unha política propia que se adapte a realidade da Galipedia.
  • Symbol support vote.svg Concordo. Non vou a valorar razoamentos de feitos que para algúns indican que se trate de un claro caso de monicreques (uso da mesma cámara...). Considero que a aplicación da norma inglesa non vai por establecer unha discriminación ou beneficio para aqueles que participen no proxecto tendo vínculos con outros usuarios de amizade, parentescos... A norma inglesa é unha norma nova que no caso de meatpuppeting só se aplicou unha vez na wiki inglesa [3] e nun caso que dista moito do presente. En todo caso como a interpretación desa norma xa foi aplicada aquí na galipedia entrou ao meu entender neste proxecto un matiz diferencial que fai que a miña participación nel sexa imposible. A alternativa proposta como medida de solución faría que participase na formalización dunha medida discriminadora, na cración dunha xurisdición especial para dous usuarios. Como usuario todos deberiamos ter os mismos dereitos e obrigas se queremos participar no proxecto. Non vou a participar de ningun modo nunha negociación para o meu "caso particular" como en ningunha na que se trate de xeito diferencial, ben discriminando ou ben privilexiando, a ningún usuario. Despois de mais de 11.000 edicións un administrador considera que son un Ghepetto porque teño opinións similares ás da miña parella e un ex-administrador fai unha exposición de porque a nosa participación ou a de calquera na mesma situación consideran como prexudiciales para o proxecto, argumentando que é debido a que co noso actuar creamos un falso consenso. Esto último non foi probado de ningún xeito nin intención se ten. Fálase de procurar consensuar de verdade unha normativa propia pero para eso se nos obriga a asinar un pacto coa comunidade. ¿Cando a comunidade me ten solicitado ou dito que non podía participar no proxecto e opinar en todos o seus contextos? ¿Cando se ten demostrado que teño recrutado a alguén?. Non vou a extender o monólogo. Tras a execución desta medida discriminatoria cara a min e Usuario:Alma non podo participar no proxecto xa que estaría aceptando normas virtuais contrarias ao noso ordenamento xurídico, así como ao dereito internacional. Ao negársenos a igualdade na participación do proxecto queda un pouco fora de lugar a chamada a consensuar de verdade unha normativa antimonicreques. O proxecto Galipedia e o Lansbricae tórnanse por esta causa incompatibles polo que limitarei a miña participación aos mínimos que persoalmente considere adecuados.

Asinado: Lansbricae que segue bloqueado cando xa ten pasado o periodo de bloqueo(aproximadamente xa que non tiven ocasión de ver a data exacta de remate do meu primeiro bloqueo). Lansbricae (Ti dirás) 20:58, 26 febreiro 2008 (UTC)

Proposta de modificación do aviso do bloqueo a usuarios rexistrados[editar a fonte]

Propoño que se elimine da mensaxe que ven os usuarios rexistrados cando tentan editar que informa de que o usuario pode editar na súa páxina de conversa para alegar na súa defensa o que considere xa que esta alternativa segundo o administrador usuario:Albert galiza non é posible nos bloqueos que se fan na Galipedia. Dan moi mala imaxe xa que se presenta na mensaxe como un dereito que logo se comproba non existente. Lansbricae (Ti dirás) 21:46, 26 febreiro 2008 (UTC)