José Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Blanco
José Blanco López.jpg
Datos persoais
Nacemento6 de febreiro de 1962
 Ferreira de Negral
OrganizaciónPartido dos Socialistas de Galicia
ProfesiónPolítico
editar datos en Wikidata ]

José Blanco López, tamén coñecido como Pepe Blanco, nado en Ferreira de Negral (Palas de Rei) o 6 de febreiro de 1962, é un político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu na parroquia de Ferreira de Negral, no concello de Palas de Rei, o 6 de febreiro de 1962.[1] Afiliouse ao PSdeG en 1978.[1] En 1982 comezou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, mais abandonounos.

Traxectoria na política[editar | editar a fonte]

Foi secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia e presidente do Consello da Xuventude de Galicia.[1] Nas eleccións xerais de 1989 foi escollido senador (1989-1996).[1] Foi tamén concelleiro de Palas de Rei (1991-1999), e deputado por Lugo no Congreso dos Deputados en 1996.[1]

En 2000 foi elixido secretario de Organización e Acción Electoral do PSOE, posto no que se mantivo ata xullo de 2008,[1] cando foi nomeado vicesecretario xeral do PSOE.[1] Dende o 7 de abril de 2009 ocupou o cargo de ministro de Fomento, en substitución de Magdalena Álvarez; permaneceu no cargo até decembro de 2011.[1] A ese ministerio sumoulle o cargo de voceiro do Goberno de España dende o 12 de xullo de 2011.[1]

En 2011 volveu encabezar a candidatura ao Congreso dos Deputados, como xa fixera en 1996, en 2000, en 2004 e en 2008, pola provincia de Lugo. Neses comicios de 2011 volveu saír elixido,[1] pero a derrota electoral do seu partido levouno a facer o anuncio da súa retirada da primeira liña política.

Semanas antes das eleccións espallouse a acusación, por parte do empresario lugués Jorge Dorribo, de aceptar subornos a cambio de concesión de subvencións.

Foi candidado ás eleccións europeas de 2014, no número 10 da lista do PSOE,[1] resultando elixido eurodiputado.[2]

Traxectoria posterior[editar | editar a fonte]

En outubro de 2019 anunciou a súa incorporación á consultora Acento Asuntos Públicos (Acento Public Affairs, S.L.), fundada por el mesmo e polo tamén socialista Antonio Hernando.[3][4] Segundo o xornal eldiario.es, ofreceu os servizos da consultora a empresas do IBEX asegurando ter contacto directo cos ministros do goberno de Pedro Sánchez.[5]

En maio de 2020 anunciouse a súa entrada no consello de administración da empresa Enagás, cun salario de arredor de 160.000 € anuais, xunto co tamén expolítico socialista José Montilla; o nomeamento foi aprobado pola xunta da empresa.[6][4][7][8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

No persoal, está casado e ten dous fillos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Biografías de los candidatos a las elecciones europeas de 2014" (PDF). PSOE (psoe.es) (en castelán). p. 11. Consultado o 2/12/2020. 
  2. "Acuerdo de 11 de junio de 2014, de la Junta Electoral Central, por el que se procede a la proclamación de Diputados electos al Parlamento Europeo en las elecciones celebradas el 25 de mayo de 2014" [Acordo do 11 de xuño de 2014, da Xunta Electoral Central, polo que se procede á proclamación de Deputados electos ao Parlamento Europeo nas eleccións celebradas o 25 de maio de 2014]. Boletín Oficial del Estado (142): 44717–44718. 12 de xuño de 2014. Consultado o 2/12/2020. 
  3. "Los socialistas José Blanco y Antonio Hernando fichan por una consultoría en asuntos públicos de nueva creación" [Os socialistas José Blanco e Antonio Hernando fichan por unha consultoría en asuntos públicos de nova creación]. 20 Minutos. 4 de outubro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "El exministro gallego José Blanco ficha por Enagás" [O exministro galego José Blanco ficha por Enagás]. Economía Digital (en castelán). 27 de maio de 2020. Consultado o 2/12/2020. 
  5. Ponce de León, Rodrigo (19 de xullo de 2020). "El exministro socialista José Blanco vende por carta sus contactos directos con ministros a empresas del Ibex" [O exministro socialista José Blanco vende por carta os seus contactos directos con ministros a empresas do Ibex]. eldiario.es (en castelán). 
  6. Esteller, Rubén (2 de xuño de 2020). "La mitad del consejo de Enagás estará formado por expolíticos" [A metade do consello de Enagás estará formado por expolíticos] (en castelán). Consultado o 2/12/2020. 
  7. Punzón, Carlos (27 de maio de 2020). "El exministro José Blanco, nombrado miembro del consejo de administración de Enagás" [O exministro José Blanco, nomeado membro do consello de administración de Enagás]. La Voz de Galicia. Consultado o 2/12/2020. 
  8. "La Junta de Enagás aprueba los nombramientos de Pepe Blanco y José Montilla como consejeros" [A Xunta de Enagás aproba os nomeamentos de José Blanco e José Montilla como conselleiros]. ABC (en castelán). 30 de xuño de 2020. Consultado o 2/12/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ciprià Ciscar
 Secretario de Organización do PSOE 
20002008
Sucesor:
Leire Pajín
Predecesor:
Magdalena Álvarez
 Escudo de España.svg
Ministro de Fomento
 
20082011
Sucesor:
Ana Pastor