Conversa usuario:Miguelferig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Miguelferig!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Para asinar usa este botón.png
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 08:03, 25 de abril de 2011 (UTC)

Índice

Grupo prostético[editar a fonte]

Ola, Miguelferig. Fixen algúns cambios en Grupo prostético para adaptalo ó formato da Galipedia. Aquí tes a edición, para que vaias aprendendo como se fai. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:46, 26 de abril de 2011 (UTC)

{{entradución}} ou {{enuso}}[editar a fonte]

Ola Miguel, parabéns polas achegas.

Mentres esteas a editar un artigo valora a posibilidade de poñerlle un aviso do tipo {{entradución}} ou {{enuso}}.

Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 21:25, 8 de maio de 2011 (UTC)

Aspecto[editar a fonte]

Non te preocupes, non é cousa túa. A min comezou a ocorrerme e mesmo esta semana cando uso o ordenador do traballo (con Internet Explorer), no da casa inda non tiven problema (emprego Mozilla Firefox)--. HombreDHojalata.conversa 18:10, 9 de maio de 2011 (UTC)

Tradución doutra Wikipedia[editar a fonte]

Miguel, ao traducires artigos doutra Wikipedia cómpre indicalo no resumo de edición por temas de licenza. Tes unha explicación máis polo miúdo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. E outra cousa: ten en conta que o marcador é {{Entradución}}, con acento gráfico no "ó", senón non che sae a mensaxe. Saúdos e parabéns polo traballo no ámbito celular! --Toliño Fala aquí comigo 18:56, 16 de maio de 2011 (UTC)

Se a tradución vén de varias wikipedias podes indicalo así, pero se consideras que cambiaches o texto o suficiente como para que non teña nada que ver co orixinal podes prescindir de poñelo. Por suposto, se o texto o elaboraches ti non o tes que poñer tampouco. Sobre o das referencias, refíreste a que non aparecen na sección que lle corresponde (e entón aparecerá ao final unha mensaxe de erro en vermello indicándoo) ou que na sección onde deberían ir aparecen cun formato incorrecto? --Toliño Fala aquí comigo 19:28, 16 de maio de 2011 (UTC)

RE: Sobre as referencias[editar a fonte]

Ben intento explicarche polo miúdo un chisco sobre o tema. Normalmente ás referencias que se poñen ao longo dun artigo dáselles formato coa axuda dalgúns modelos, que cambian de nome dunha Wikipedia a outra. Por exemplo, o modelo {{Cite web}} da Wikipedia en inglés é o {{Cita web}} na Galipedia. Se queres ver a lista de todos os modelos de referencias está aquí: Categoría:Marcadores de referencias. Por outra banda, os modelos empregan os chamados parámetros (título=, nome=, dataacceso=) para que a información apareza no formato e orde correctos. O problema vén tamén en que ao trasladar unha referencia ademais de cambiar o nome do modelo cómpre tamén corrixir os nomes dos parámetros. En canto a isto, actualmente estou intentando que os parámetros deixados en inglés sirvan na Galipedia, pero só en inglés e non noutras linguas, á parte do galego, claro está. Agardo non liarte coa explicación anterior.

Logo está a outra parte do tema: que as referencias aparezan na sección "Notas". Sobre isto tes unha explicación en: WP:LE#Notas e Véxase tamén. O resumo sería que na sección "Notas" cómpre colocar o marcador {{Listaref}} para que aparezan aí as referencias que se citan no texto.

A ver se con estas explicacións tes o tema máis claro. Se necesitas máis axuda, xa sabes onde atoparme. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 08:52, 18 de maio de 2011 (UTC)

  • Ola, e aínda que non me preguntache a min: para cambiar o nome dunha páxina ou, dito doutra maneira, se queres mover un artigo a outro, só tes que mover a páxina ao novo título. Vas á páxina que queres mover, e ao lado xusto da caixa procurar (arriba dereita) tes mesmo á esquerda pegado un triángulo; se pos o rato nese triángulo aparéceche a opción mover. E xa está. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:40, 18 de maio de 2011 (UTC)

conta bloqueada[editar a fonte]

Non sei que pasa, pero a miña conta da wikipedia está bloqueada. Prece que a usou un tal Yaoming. Non entendo nada. Todos os IP da miña casa e dos PC do meu instituto (que uso moitos cando teño tempo libre alí) están bloqueados para editar a wikipedia. Non sei a que se debe nin canto tempo durará. Eu creo que non fixen nada malo, polo menos a mantenta. Non entendo nada. Miguelferig 09:03, 20 de maio de 2011 (UTC)

Podes achegar os nomes das contas e os enderezos IP que están bloqueados? --Toliño Fala aquí comigo 09:16, 20 de maio de 2011 (UTC)

miguelferig desbloqueado creo[editar a fonte]

Xa entrei coa conta miguelferig e agora está desbloqueada, e podo editar. No meu PC de casa as IP non están visibles (ou en non sei onde se buscan) porque no sitio normal sempre está activado "obter unha IP automaticamete". Eu teño contrato de Internet coa compañía R. Sérá por iso. No meu portátil non sei porque creo que ten as súas opcións, teño IP automática en casa para o internet sen fíos e unha IP do instituto para cando o levo alí, pero non o teño encendido agora. As IP do instituto son un cento delas, hai unha IP do centro e outras moitas IP para cada ordenador. Non nas sei de memoria.

De todos modos estou vendo que isto xa funciona. GRAZAS. Miguelferig 20:47, 20 de maio de 2011 (UTC)

Contas alternativas[editar a fonte]

Boas, só quería informarte de que marquei a conta Usuario:Miguelfernandez1 como conta alternativa válida destoutra, polos problemas que tiveches estes días pasados. Isto é para evitar que te acusen de posuír un monicreque. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:03, 22 de maio de 2011 (UTC)

O que fixen foi simplemente unha prevención. Tes máis información sobre isto en: Wikipedia:Monicreques. --Toliño Fala aquí comigo 15:09, 22 de maio de 2011 (UTC)

Bo traballo[editar a fonte]

Boas Miguel, xa colles un ritmo do máis interesante. Moi ben estes case 40 artigos[1]. Que siga así, e por moito tempo. Dá gusto ver galipedistas constantes. --Atobar (conversa comigo) 18:11, 30 de maio de 2011 (UTC)

Conversa:Mitocondria[editar a fonte]

En primeiro lugar, déixame que che dea os parabéns polo teu magnífico traballo no ámbito xenético e celular. E logo invítote a pasar pola conversa do artigo sobre as mitocondrias, onde deixei unha mensaxe. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:17, 20 de xuño de 2011 (UTC)

Sobre as redireccións tes a explicación polo miúdo en Wikipedia:Como redireccionar unha páxina. Sobre o dos ribosomas vexo que vai dar máis problemas, pero non podemos ter "dous artigos" (por así dicilo) e cómpre fusionar ambas partes e integrala nunha soa. --Toliño Fala aquí comigo 18:57, 20 de xuño de 2011 (UTC)

Formato[editar a fonte]

Un pequeno arranxo de formato. Olla para aquí para o teres en conta no futuro. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:55, 17 de xullo de 2011 (UTC)

Conversa de artigo[editar a fonte]

Preguntas por ti aquí, Miguel. Conversa:Hipótese do mundo de ARN. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:44, 19 de xullo de 2011 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Bos días, Miguel. Bótalle un vistazo á Categoría:Bioquímica, por favor, para asegurar que as subcategorías e os artigos encadrados nelas están ben distribuídos, así como os artigos que colgan da categoría xeral Bioquímica. Onte estiven colgando categorías vermellas de conceptos deste eido (tipo aminoácidos, bases nitroxenadas, purinas e así) pero non sei se non haberá repeticións e/ou carencias. Os meus coñecementos neste campo son moi vagos e prefiro que ti, que controlas ben estes conceptos, revises esta categorización. Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:39, 7 de agosto de 2011 (UTC)

  • Ola Miguel. Como ben sabes as categorías pretenden agrupar distintos artigos baixo un concepto común, e permiten viaxar por ese grupo de páxinas que desenvolven un determinado tema. Este tema pode subdividirse en subcategorías tanto como queiramos, e á súa vez debe colgar doutro concepto (categoría) superior. É unha clasificación arbórea baseada na lóxica e na clasificación académica. Nas wikis inglesa ou castelá, por exemplo, como teñen tantos artigos, teñen categorías case para todo o habido e por haber, pero nós, con moitos menos artigos, non chegamos aínda a ese grao de dicotomización. Por iso cando traduces te atopas con categorías que quedan en vermello porque na Galipedia aínda non existen. As categorías non se "cambian" no sentido de movelas como facemos cos artigos: créanse ou destrúense, como a materia. Ti podes crear unha categoría e colgala doutra que consideres oportuno, ou cambia-la categoría por unha máis ampla xa existente. Cando esta categoría conteña moitos artigos pode chegar o momento de dividila (como teremos que facer, por exemplo, coa categoría Aves). Crear categorías desde o primeiro momento aforra traballo futuro pero ten o inconvinte de ter categorías moi cativas; agrupar nun primeiro momebto e dividir despois ten o inconvinte de recategorizar artigos, ás veces moitos artigos. Xa ves que, como todo, todo ten a súa cara e a súa cruz. É unha boa práctica dedicar, de cando en vez, un tempo a ver categorías e decidir se cómpre dividilas ou non. O caso é evitar, sempre que sexa posible, que nos queden en vermello. Bueno, grazas polo teu traballo e a seguir ben. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10:05, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Ciclo celular[editar a fonte]

Boas noites, Miguel: lembra que no artigo Ciclo celular quedáronche moitos "Modelo:Citation" en vermello (por inexistentes). Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 7 de agosto de 2011 (UTC)

Miudallo para ter en conta no formato[editar a fonte]

Pois iso: unha chilindrada que debes ter en conta no formato dos futuros artigos. [2] Un saúdo e gran traballo. --Atobar (conversa comigo) 20:37, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Graciñas. Aquí o tes explicado no libro de estilo. A ver cando redactas a túa páxina de usuario, para sabermos os demais quen hai detrás dese experto en ciencias. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:03, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Forza forte[editar a fonte]

Boas Miguel. No artigo Ponte de hidróxeno dise que é un "enlace dipolo-dipolo cunha forza moi forte con respecto ás outras forzas intermoleculares". ¿Ocórresche algunha outra redacción que nos permita eliminar esa expresión redundante de "forza moi forte"? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:18, 29 de outubro de 2011 (UTC)

Aldehido e formaldehido[editar a fonte]

Boas Miguel. Borrei as entradas *aldehído e *formaldehído por seren incorrectas. O VOLGa e o DRAG só admiten estas voces sen til. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Xa o sabía, pero había páxinas que tiñan o termo "aldehído", con acento, e en vermello, e para redireccionalas a "aldehido", sen acento (que foi a páxina que fixen eu), creei a páxina aldehído como unha redirección que remitía a aldehido. Ademáis, estaba xa creada por outro usuario a páxina "formaldehído", con acento (que non é correcto), e eu creei a páxina "formaldehido", sen acento, para que se me puxesen en azul os termos formaldehido que incluín eu na miña páxina de aldehido. Quizais o que debía facerse era cambiarlle o nome á páxina "formaldehído", polo de formaldehido. Agora igual quedan en vermello as palabras aldehído de diversas páxinas e só quedarán en azul as aldehido. Ou habería que corrixirlle a ortografía a todas.Miguelferig 10:48, 1 de novembro de 2011 (UTC)
Miguel, para que lle chegue aviso a Lameiro da túa resposta, tes que lle escribir na súa páxina de conversa e non na de teu. Dito iso, ao que imos: na galipedia non redireccionamos sobre erros, co cal a solución pasa por corrixirmos todos os *aldehÍdos que haxa por aí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:30, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Categoría errada[editar a fonte]

Boas, Miguel. Non hai -aínda- forma de mover categorías, así que o cambio que queres facer hai que facelo a pan de millo:

  1. crear a nova categoría correcta (Glicolípidos)
  2. recategorizar os artigos que conteña (como neste caso, glicolípido está baleira, aforras este paso)
  3. unha vez baleirada a cat. Glicolípido, marcala para borrar, indicando a razón.

Saúdos e parabéns polo teu traballo tan detallado e rigoroso. Pedro --Lameiro (conversa) 18:59, 20 de novembro de 2011 (UTC)

Crear páxina para estatística interna[editar a fonte]

Miguel, fai unha cousa se non che importa: crea a páxina tal e como che piden aquí (tarda en cargar), para eu poder ter controlada a estatística dos usuarios que editamos habitualmente. Ademais, é ben curioso ver a evolución persoal dun a longo prazo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:16, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Explícoche, Miguel.
Di: Contador por meses/Artigos máis editados: User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Miguelferig/EditCounterOptIn.js with any content.
  • Polo tanto, aquí mesmo, na Galipedia,basta con que crees o artigo usuario:Miguelferig/EditCounterOptIn.js e no contido poñas calquera cousa, dende ola, amigos ou páxina de proba a soamente un (.) ou unha coma (,). Con iso xa chego para podermos ver as estatísticas detalladas. E súmome ao dito por outros editores: gran traballo! --Atobar (conversa comigo) 22:53, 25 de novembro de 2011 (UTC)

parabéns[editar a fonte]

Ola. Só che escribo isto para te felicitar polo traballo que vés realizando neste proxecto, pois estás enchendo baleiros moi significativos no eido científico. Eu, que son de letras, sempre pensei que este proxecto quedaba un pouco coxo, precisamente nas ciencias, pero co teu labor case sen descanso estás axudando moito a solucionar este problema. Pois nada, un saúdo e seguir así. --Servando2 (Dime) 18:14, 25 de novembro de 2011 (UTC)

  • Eu, que son de ciencias, tamén estou aprendendo moito de Miguel. Se unha das eivas da wikipedia é a falta de especialistas, nós podemos estar máis que contentos coa túa colaboración. Grazas e a seguir sendo bo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:51, 25 de novembro de 2011 (UTC)

pole tricolpado[editar a fonte]

Boas Miguel. Faime un favor. No artigo dicotiledónea utilízase varias veces o termo "pole tricolpado", que o usuario normal non vai entender. ¿Podías engadir unha nota a rodapé definindo esta palabra? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:03, 7 de decembro de 2011 (UTC)

  • Perfecto. Moitas grazas e tómate un café. Pedro --Lameiro (conversa) 20:59, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Unha pregunta[editar a fonte]

Boas Miguel. Unha pregunta: ¿hai protozoos macroscópicos? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 01:34, 18 de decembro de 2011 (UTC)

  • Grazas, mestre, polas explicacións. Nin me imaxinaba tal cousa. O contexto foi unha definición de dicionario que dicía que "a maioría son microcópicos". Preguntareiche máis cousas, ata que te aburras e me cortes. Grazas e saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:41, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Vitamina D[editar a fonte]

Miguel, pódese retirar o aviso e o texto en inglés ou vas continuar coa tradución?

Un saúdo e parabéns, de novo, polo teu traballo. --. HombreDHojalata.conversa 20:13, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Perfecto. Un truquiño, ocultei provisionalmente o texto en inglés [3]. Cando che faga falta para traballar so tes que retirar as dúas liñas que puxe e volve a aparecer. Grazas--. HombreDHojalata.conversa 20:43, 20 de decembro de 2011 (UTC)

óso/tecido óseo[editar a fonte]

Ola! Vin que fixeches o artigo de óso e que estás a facer múltiples artigos de citoloxía/histoloxía. Se algún día podes facer o artigo de tecido óseo agradeceríacho, xa que están feitos os artigos sobre o tecido muscular, nervioso e outros. Eu estou facendo a anatomía do membro superior, por se me queres algo. Un saúdo, e moitas grazas! --Silverfox 04:07, 27 de decembro de 2011 (UTC)

  • por min non hai presa ningunha e remata os artigos que esteas facendo. Xa lle botei un ollo a algúns e son moi bos. --Silverfox 14:02, 27 de decembro de 2011 (UTC)
    • grazas polo de tecido óseo. Pasareime polo artigo de óso e engadirei algúns conceptos anatómicos.

--Silverfox 00:22, 28 de decembro de 2011 (UTC)

Endócrino[editar a fonte]

Boas Miguel. Acabo de ver nos cambios recentes que andas traballando na fibrose quística, e que titulas unha das seccións como "Enfermidade endocrina". Ben, só quería advertir que en galego é endócrina (RAG dixit). Unha desas moitas cousas que nos rompen os esquemas ós formados en castelán. Non sei se xa o usaras antes ni se isto suporá moito traballo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 27 de decembro de 2011 (UTC)

  • Pois entón, sinto o dito. A verdade é que nin mirei a edición e non sei por que o din por suposto. Bueno, repito que o sinto, e grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 22:36, 27 de decembro de 2011 (UTC)

Nanotubo de membrana[editar a fonte]

Hola, he añadido una foto al artículo inglés, por si quieres traducirla al gallego. Saludos y feliz año.--Gustavocarra 17:33, 28 de decembro de 2011 (UTC)

Bastón[editar a fonte]

Así explicado, estou de acordo contigo, Miguel. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 22:24, 28 de decembro de 2011 (UTC)

esponxas[editar a fonte]

Boas Miguel. Acabo de ver que esponxa redirixe a Poríferos e esponxas a Parazoa. ¿Podes solucionar este entorto e que dirixan ó taxon correcto Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 14:47, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Grazas polas explicacións, sempre claras e clarificadoras. Xa borrei esponxas e deixei estar esponxa -> Poríferos. Aproveitei tamén para corrixir distintos erros que contiñan. Segue ben e grazas, de novo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:28, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

Hormonas[editar a fonte]

Boas, Miguel. Xa está borrado Hormonas e queda Hormona como artigo e Modelo:Hormonas como modelo. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 00:33, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Imaxe traducida[editar a fonte]

Bos días. Mira, fixen a versión en galego da imaxe Ficheiro:Thylakoid membrane 2 gl.svg que se usa en varios artigos, por exemplo en Fotofosforilación, e como ti fuches o que o fixeches gustaríame, se tes un momento, que revisaras a tradución dos textos porque eu non controlo desa materia e pode ser que metera a zoca nalgo. Se ves algún erro ou algo que se poda mellorar avísame e tento repasalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:30, 27 de xaneiro de 2012 (UTC)

Moitas grazas pola revisión, xa a cambiei, creo que agora xa está ben. Se precisas axuda con algunha imaxe podes darme un toque e cando teña un momento póñome con ela, ou se queres información sobre este choio podes preguntarme, eu aínda que non son un experto para pequenos retoques aínda me defendo. As imaxes de Commons poden modificarse, se son unha mellora da mesma imaxe grábanse no mesmo ficheiro (hai que cargar as imaxes na ligazón "Cargar unha nova versión deste ficheiro" que hai na mesma páxina), se son versións con grandes modificacións ou coa tradución dos textos entón grábanse con outro nome indicando no modelo a imaxe de orixe (source), o autor orixinal e os cambios (isto todo pode poñerse no campo de author). O programa para modificar os svg é o Inkscape un programa de licencia libre. Se tes algunha dúbida nestes temas axudareiche no que poda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:26, 27 de xaneiro de 2012 (UTC)

desculpas[editar a fonte]

Acabo de facer unha corrección neste artigo (nin rexistrado estaba) sen me dar de conta que o estabas editando aínda. Espero non terche causado ningún conflito de edición. Se foi así, pídoche desculpas, non me fixei no aviso da cabeceira. --Servando2 (Dime) 12:05, 14 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Problema co formato das referencias[editar a fonte]

Respondín en Conversa:Oxitocina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:58, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas a ti por todos os artigos que estás creando na Galipedia. --Prevertgl 20:48, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Mucho gracias[editar a fonte]

Thank you for translating my article on corneal keratocytes, Miguel! A pleasant surprise! (0: Best regards, --CopperKettle (conversa) 13:30, 2 de abril de 2012 (UTC)

dúbida[editar a fonte]

Boas noites, Miguel. ¿Poderías engadir, no artigo ctenóforo, unha nota a rodapé explicando que significa "Teñen ... un eixo oral aboral". Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:55, 10 de abril de 2012 (UTC)

  • Perfecto. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 17:40, 11 de abril de 2012 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Boas noites Miguel. Temos dúas categorías que me parece que se solapan e quería comentalo contigo. Son a Categoría:Sistema endócrino (dentro de Encocrinoloxía, e esta dentro de Medicina), e a Categoría:Sistema glandular (dentro de Anatomía). Descubrino cando estaba recategorizando cousas, concretamente os Illotes de Langerhans. A verdade é que a categoría Anatomía está feita un lío. Xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 19:45, 14 de abril de 2012 (UTC)

Nomes comúns e científicos[editar a fonte]

Boas, Miguel. Existe unha Convención dos nomes dos artigos que, no caso dos seres vivos, establece que o título principal sexa o nome común -cando o teña- e que o nome científico redirixa a aquel. Entendemos por nome común tanto o común-común (como tal, vaca) como o vulgarizado (bóvido e non Bovidae). Sei que este criterio racha co que teriamos os de ciencias, pero así se aprobou hai anos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:05, 15 de xuño de 2012 (UTC)

  • Poñemos os nomes dos taxóns en plural (dinoflaxelados sería o correcto; mamífero parece máis común que mamíferos). Isto non está escrito senón que o estendo da solución adoptada pola RAG e a RAE. Outra cousa que comentas é que o nome común será moi claro para as especies máis coñecidas pero para as raras, e xa non digamos se falamos de unjicelulares, o nome común é absolutamente descoñecido para o usuario estándar, pero tamén é certo que ese nome común, máis ou menos inventado, resulta tan opaco como o científico. ¿Escherichia? claro que si, non tería sentido traducilo, pero outros exemplos en sentido contrario serían salmonela (cun L) ou triquina, xa aceptados como nomes comúns. Digo que moitas veces inventados porque en bichos ou plantas raras hai que vulgarizar o nome científico e non sempre é fácil, e moito mnenos é referenciable, xa que non atopamos textos que abonen esa escolla común. Entendo os problemas que plantexas, e creo que tes toda a razón, pero debemos cumprir as normas aprobadas, aínda que non as compartamos. O caso é que fun eu quen propuxo a votación para que o título fose o nome científico e saiu rexeitada, e agora teño que aparecer como un tocapelotas insistindo en algo co que, no fondo, non estou de acordo. Pero sed lex, dura lex. Sei que Estevo anda ás voltas coa idea de retomar e reconsiderar esa decisión, e que canto máis tardemos, máis traballo dará renomear todo o habido e por haber, pero hoxe por hoxe, así están as cousas. Saúdos pacientes, Pedro --Lameiro (conversa) 18:09, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Niosina[editar a fonte]

Ola Miguel.

Temos unha proposta aberta para levar a artigo de calidade o da vaca. Porén ten unhas cantas ligazóns vermellas. Crees que poderías, cando teñas tempo e gañas, meterlle man a algún, por exemplo á miosina.

Sen compromiso.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11:21, 18 de xuño de 2012 (UTC)

Formato do "Véxase tamén"[editar a fonte]

Lembra seguir o noso libro de estilo: a sección "Ligazóns externas" vai sempre dentro doutra chamada "Véxase tamén". Tal que así. Lémbrao para outras veces. Bo traballo o teu no ámbito celular! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:09, 28 de xuño de 2012 (UTC)

Guste ou non é o que se acordou. Pero esta é unha enciclopedia en constante mellora e sempre se pode mudar de opinión. Basta con abrir un fío de conversa na Taberna para que opine a comunidade. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:37, 29 de xuño de 2012 (UTC)

dseta e zeta[editar a fonte]

Boas tardes, Miguel. Bota un vistazo á conversa que promoviches no artigo do alfabeto grego. Transcribo alí a resposta que me deu a este respecto o académico Ferro Ruibal. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:57, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Modelo:Cita pmid[editar a fonte]

Boas Miguelferig. Perdoa que me meta onde non me chaman. Lin o teu comentario na páxina de conversa de Lameiro e ía ver se che podía axudar, pero non vexo ningún erro. Botándolle unha ollada ó artigo Taxonomía bacteriana, vexo que funciona todo ben. -- JonnyJonny (conversa) 11:02, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Ahá, comprendido. Pois a ver se damos cunha solución. -- JonnyJonny (conversa) 11:18, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Vin que creaches o modelo copiándoo de en.wp, supoño (non está indicado). O modelo por suposto que está ben (faltaría, en calquera caso, traducilo). Non obstante, non funciona porque nós non temos un bot que complete a tarefa de converter esa pequena cita nunha cita baseándose no modelo {{Cita publicación periódica}}. Tes máis información sobre isto na documentación do modelo na Wikipedia en inglés. Recoméndoche que cambies esas referencias pola correcta co modeo adecuado. Procedo a borrar o que creaches. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:38, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Eliminar redirección errada[editar a fonte]

Feito! Feito! Grazas a ti. Non é molestia ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 11:27, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Vitilixe[editar a fonte]

Miguel, vexo que en varias das páxinas que fixeches ultimamente aparece a palabra *vitiligo, e creo que é un erro, pois en galego falamos de vitilixe (se é o mesmo, que creo que si). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:36, 20 de xullo de 2012 (UTC)

Hospedeiro?[editar a fonte]

En galego hóspede é o válido segundo a RAG? Sabes ti se hai algunha referencia para hospedeiro, Miguel? Pregúntocho a raíz disto que me di o usuario Xoio. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:25, 4 de agosto de 2012 (UTC)
Moitas grazas polas explicacións, Miguelferig. O que sucede é que nos temos que nos cinguir ao que traen os dicionarios e manuais [en galego], e como referencia máxima ao que figure no DRAG, onde soamente figura hóspede (a 2ª acepción). Hóspede: organismo que alberga outra especie no seu corpo e establece unha relación de simbiose, comensalismo ou parasitismo. Entendo que non pode quedar máis ca esta palabra, hóspede, a non ser que se acheguen referencias válidas (as notas que puxo Xoio veñen de bibliografía en castelán). No momento en que a RAG acepte outras palabras, tamén aquí na wikipedia, pero antes diso creo que pouco se pode facer (remítome a que a wikipedia non é fonte primaria). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:38, 4 de agosto de 2012 (UTC)

Fosa/foxa[editar a fonte]

Para confirmar a túa proposta, no DRAG dan como sinónimos fosa e foxa para o burato na terra, pero só fosa na acepción de anatomía. Procede, logo, o cambio das *foxas anatómicas a fosas. Eu vou facer o cambio nos títulos dos artigos e se queres que me meta tamén nos contidos, dimo. Supoño que para evitar erros será mellor facer este cambio á man e non deixcalo en mans dun bot. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:42, 20 de agosto de 2012 (UTC)

  • Xa están feitos os cambios (nos títulos, no texto e nas interwikis). Espero que non se me escapara ningún. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:20, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Cadea alimenticia/alimentaria[editar a fonte]

Quería comentar contigo un tema antes de facer cambio ningún (a verdade é que non sei se xa falamos disto algunha vez). Temos os artigos Cadea alimentaria, para falar dos pasos dun alimento desde a granxa á mesa; e Cadea trófica (seres vivos que se comen uns a outros). O problema é que nesta segunda dicimos que tamén se chama "cadea alimentaria", e a tal fin temos unha Cadea alimentaria (ecoloxía) que redirixe a esa cadea trófica. A pregunta é se esta segunda é realmente cadea alimentaria ou alimenticia. Como inspector de alimentos diferencio alimenticio (que alimenta) e alimentario (relacionado cos alimentos ou a alimentación, pero que non alimenta). Neste eido, a diferenza está clara pero non sei noutros eidos. ¿Que opinas disto? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:41, 8 de setembro de 2012 (UTC)

  • Substituín o adxectivo "alimentario" nas páxinas nas que acaía mellor o de "trófico". Engadín que a cadea trófica tamén se chama alimenticia (e menos comunmente alimentaria). Espero ter recollido ben o que pensamos. Grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 21:46, 8 de setembro de 2012 (UTC)

celentéreos/celenterados[editar a fonte]

Con permiso, unha pregunta. ¿Os celentéreos e os celenterados son a mesma cousa? Le, por favor as definicións do DRAG e dime se cómpre mandarlles unha nota para que o corrixan. ¿E os Cnidiarios son tamén o mesmo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:12, 11 de setembro de 2012 (UTC)

  • Podes consultar o DRAG on line aquí. Celenterados son "1. Zool. Grupo de animais que inclúe aqueles que no seu desenvolvemento embrionario non chegan á formación dun celoma. As esponxas, os cnidarios e os ctenóforos inclúense dentro dos celenterados.", e celentéreos: "1. Zool. Grupo de animais acuáticos, na súa maior parte mariños, de simetría radiada, desprovistos de celoma e co aparello dixestivo constituído por un saco. Os cnidarios e os ctenóforos pertencen aos celentéreos.". De por parte, os cnidarios son: "1. Zool. Tipo de celentéreos de simetría radiada e cunha cavidade gastrovascular, case todos eles mariños e moitos provistos de células urticantes. Os cnidarios comprenden tres clases.". Nós, temos na Galipedia Cnidarios, e celenterados remite aí; non temos celentéreos. Con estes datos gustaríame mandar un correo á RAG puntualizando esas definicións (eles agradéceno) e pedirche que revisaras o noso cnidarios e as redireccións que sexan necesarias. Grazas por todo, Pedro --Lameiro (conversa) 21:26, 11 de setembro de 2012 (UTC)
    • Perfecto. Moitas grazas. Xa lle mando eu un correo ós da RAG para que maticen as súas definicións e remitan, como sinónimos, dun ó outro. ¿Por que dis que o exemplo que usan (na definición de celenterados) é anticuado? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:16, 12 de setembro de 2012 (UTC)
      • É un luxo contar contigo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 17:11, 12 de setembro de 2012 (UTC)

Membranas[editar a fonte]

Bos días Miguel. Bótalle un vistazo á páxina de conversa de Membrana plasmática, por favor. Xoio considera que este artigo "é unha especie de resume" de bicapa lipídica. Quere facer unha páxina de homónimos de membrana e precisa que se concreten os conceptos. Como a min me supera todo iso prefiro que o revises ti e que corrixas, se existe, esa posible mestura. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 08:33, 30 de setembro de 2012 (UTC)

HeLa e Hela[editar a fonte]

A verdade é que non che sei responder. Sei que hai algún truco para recoñeza como minúscula a incial do título (pH) pero iso non axuda no que me preguntas. Paseille a consulta a Toliño, que nestas cousas é o verdadeiro experto. Seguramente tamén o saberán outros usuarios e, con sorte, quizais lean isto, así que teremos que esperar que fale quen saiba. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Recollo eu a consulta. Éche ben doado: Se fas a procura desde a caixa superior dá igual o uso de maiúsculas e minúsculas, irás parar (de existir) ata a páxina coa grafía semellante con maiúsculas/minúsculas. A opción que hai é premer na lupa que aparece nesa caixa ou ir ata Especial:Procurar (vas á mesma páxina) e realizar a procura coa grafía de maiúsculas/minúsculas axeitadas desde aí. O primeiro resultado da procura será a páxina á que irías seguindo o primeiro método, pero agora terás unha ligazón en vermello para crear a páxina coa grafía desexada. Coido que a explicación quedou un pouco liosa. En calquera caso, podes ver que a ligazón "HeLa" está en vermello (ata que a crees), mentres que a ligazón "Hela" está en azul. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:30, 3 de novembro de 2012 (UTC)
Grazas Toliño. Non o entendín pero o que vale é o resultado. Pedro --Lameiro (conversa) 13:32, 3 de novembro de 2012 (UTC)
Por certo, agora si importa a grafía que uses na caixa de procuras. Podédelo comprobar, se escribides "hela" ou "Hela" iredes ao artigo "Hela"; se escribides "heLa" ou "HeLa" iredes a "HeLa" (que redirixe a "Célula HeLa"). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:06, 4 de novembro de 2012 (UTC)

Cancro[editar a fonte]

Ola Miguel vexo que me fas unha obervación e teñoche que pedir desculpas pois cando me puxen a modificar as ligazóns cara cancro de mama o unico que trataba era unificar as posibles ligazóns para cando se fixera a páxina sorbre ese tema e en verdade non me fixei se habia outras palabras coa palabra cáncer, unha ves máis pidoche desculpas--Alfonso mande 25 de xaneiro de 2013 ás 23:35 (UTC)

Páxinas a eliminar[editar a fonte]

Ola, Miguel. Cando consideres que unha páxina deba ser eliminada inclúelle o marcador Lixo (con dous corchetes a cadanseu lado) para que un administrador proceda a borrala. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 17 de febreiro de 2013 ás 12:44 (UTC)

Non hai de que, compañeiro. Non cho expliquei correctamente antes, máis que corchetes o que hai que escribir son chaves { }, dúas a cadanseu lado da palabra lixo para empregar o modelo lixo. Unha aperta e súmome aos parabéns que che teñen expresado polo teu incrible traballo no eido da bioloxía. --Paradanta (Cóntame) 17 de febreiro de 2013 ás 14:48 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Ola Miguelferig. En Wikipedia:Convencións_dos_nomes_dos_artigos#Nomes propios hai unha recomendación sobre os títulos de páxinas que penso que se pode aplicar a este caso: "naqueles títulos nos que haxa caracteres que presenten dificultade para escribir cos teclados dos usuarios galegos debe facerse unha redirección". Por ese motivo quizais deba manterse a redirección da páxina co e á páxina co epsilon. Por certo, parabéns polas 20.000 edicións do último ano, un dato impresionante polo tipo de edicións das que se trata. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17 de febreiro de 2013 ás 14:34 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Ola! Miguelferig. Veño a informarte de que os interwikis morreron. A partires de agora usarase Wikidata. Na Wikipedia en inglés fixeron esta páxina explicativa. Resumindo, para engadir interwikis en Wikidata, vas ó artigo noutro idioma e premes en "Editar as ligazóns", que está despois de todos os interwikis. En Wikidata baixas ata abaixo de todo, premes en "Engadir", engades a páxina e premes en "Gardar". Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 12:28 (UTC)

Cando esteas na páxina de Wikidata, despois de todas as ligazóns aparece o botón "Add/Engadir", en "sitio" engades "gl" ou a wiki que sexa, e en "artigo" o nome do artigo da Galipedia. PD: Para o artigo Neurofilamento xa engadiron a ligazón en WIkidata. Calquera dúbida pregúntama. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 16:56 (UTC)
Cal é a páxina de Dímero noutro idioma? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 19:52 (UTC)
Pois a min vaime e xa o acabo de engadir. Despois 中文 - zh - 二聚體 , pulsei en "Engadir/add" e metino. E non entendo onde te perdes. E por favor, non crees unha sección cada vez que me respondas sobre o mesmo tema, engade : antes da primeira palabra. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 20:02 (UTC)

Wikipedia:Detector de homónimos[editar a fonte]

Coñeces o Detector de homónimos? Dígoo porque no artigo Dímero deixaches ligado a oxíxeno , que é unha páxina de homónimos. Non arranxei a ligazón porque non sei cal é a correcta, así que, por favor, arránxaa ti. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 22:26 (UTC)

Sábado e papatoria[editar a fonte]

Boas, vas a achegarte a Santiago mañá? Se te achegas e queres vir despois a comer, ¿podes apuntarte na taberna para saber máis ou menos con cánta xente contamos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:15 (UTC)

Boeno moi ben, a ver se coincidimos para outra ocasión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 22:52 (UTC)

Grancima[editar a fonte]

Podes engadir o interwiki de Grancima no Wikidata? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de abril de 2013 ás 16:36 (UTC)

Non pasa nada, pero creo que deberías usar o Firefox porque é o único navegador con corrector ortográfico de galego.
Creo que te refires ó revisor ortográfico da Wikipedia, pero este só funciona na modo lectura, e non engade error pouco comúns como textop. Se atopas algún erro podes engadilo en WP:LISTA. Pero o corrector ortográfico do Firefox é como o de Microsoft Office e LibreOffice, funciona en modo edición. A diferenza é que o corrector detecta mal todas as palabras mal menos as engadidas, e o revisor só detecta as palabras mal que están na listaxe. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 06:32 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra wiki[editar a fonte]

Ola Miguelferig.

Cando crees ou amplíes un artigo, ten en conta que os textos de Wikipedia, en tódalas linguas, se publican baixo licenza CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta está o recoñecemento.

Quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikis, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Galipedia adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

exemplo


1.   A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Creo a partir de [[:en:N-Acyl homoserine lactone]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués


2.   Alternativamente tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}, aínda que isto non é necesario se se recoñece a autoría no resumo.


Moitas grazas pola atención, un saúdo e a seguir! --JaviP96 13 de abril de 2013 ás 14:13 (UTC)

Pois a verdade é que non sei porque non che aparece, para velo só terías que ir ao historial do artigo. Ao mellor débese ao navegador (co que xa tiveches problema co wikidata) proba a ver co mozilla, de todas formas se non che aparece no resumo, e non queres usar outro navegador o único que terías que facer é poñerlle o modelo que che puxen antes ({{Traducido de}}) na páxina de conversa, dá un pouco máis de traballo, pero non ten ningún problema, no que me comentas do cadro só hai un para o resumo, pero agarda, nas túas contribucións acabo de ver esta edición, o mesmo cadro no que puxeches nome específico con minúscula é no que terías que poñer de onde traduces ou a partir de onde creas o artigo, ao mellor por iso non che aparece, porque o poñías noutro lado (proba agora a poñer calquera cousa a ver se sae). Se dun artigo colles só unha pouca información doutra wiki podes poñer por exemplo que o primeiro parágrafo ven de tal wikipedia, pero para isto tampouco sería necesario.
Se creas un artigo noutra wiki que é tradución dun teu, e sempre que este sexa maioritariamente orixinal (é dicir, non sexa na súa maioría unha tradución doutra), non terías porqué poñer nada, sería decisión túa. Se o artigo que traduces do galego é á súa vez unha tradución so terías que poñer que traduces do artigo homónimo da Galipedia, no que á súa vez poñerías que o traduces de tal wiki.
En canto aos artigos que creas só me queda felicitarte e darche as grazas, creo que es o editor que fas os mellores e máis completos de toda a Galipedia, e a pesar disto, xa levas creados case 1300!! no comments. Por certo, que che parecería crear algún portal para completar os artigos que fas, por exemplo sobre a bioloxía, a química, a xenética ou a ciencia en xeral, ou que ti prefiras (aquí tés algunhas ideas). Se te decides a crealo podo axudarche eu co deseño. Saúdos. --JaviP96 19 de abril de 2013 ás 20:54 (UTC)
Alégrome de que xa o deras feito. No dos portais se é polo deseño non te preocupes, que o podo facer eu, cando esteas listo para meterlle contidos (artigos, fotos...) podes dicirmo e créocho. Por outra banda na túa páxina de usuario falas das linguas que sabes. Creo que é mellor que quites esa parte e poñas isto:
{{babel|gl|es|en-3|it-2|pt-2|fr-1}} ou
:<tr><td><center>'''Linguas que falo'''</center></td></tr>
<tr>
 <td>
{{User gl}}
{{User es}}
{{User en-3}}
{{User it-2}}
{{User pt-2}}
{{User fr-1}}
</td>
</table>
</center>
Mira a ver cal che gusta máis. Non sei cal cal é o dominio que tés de cada unha, pero pódesllo poñer ti, se non pos nada é que es falante nativo desa lingua, se pos -5 é que tes un coñecemento profesional da lingua, -4 é que tés un nivel preto ao dun falante nativo, -3 é un nivel avanzado, -2 intermedio, -1 básico e -0 que case non entendes nada. Saúdos. --JaviP96 20 de abril de 2013 ás 11:08 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:01 (UTC)

¿Patofisioloxía?[editar a fonte]

Boas tardes, Miguel. Sorprendeume a sección patofisioloxía cando eu sempre escoitei fisiopatoloxía. Son veterinario, non médico, pero para estes termos é indiferente. Busquei e nin no DRAG nin no VOLGA aparece patofisioloxía, pero si fisiopatoloxía; nós temos 7 páxinas coa forma patofisioloxía. Eu propoñoche que utilices fisiopatoloxía por máis común, por referencias (DRAG e VOLGA) e porque é a forma utilizada no Vocabulario de medicina (SNL da USC, 2008) e no Diccionario galego de termos médicos (Real Academia de Medicina, 2002). Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de abril de 2013 ás 17:13 (UTC)

Glicanos e glucanos[editar a fonte]

Mira o que me din aquí: http://boards1.melodysoft.com?ID=faladoiro&msg=1903. A ver se che pode valer. --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de abril de 2013 ás 08:30 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Ola Miguelferig, poderías ampliar algún dos artigos que toda Wikipedia debería ter, xa que estes ofrecen un baremo da calidade da Galipedia, e sería importante melloralo. Actualmente é a 37 de todas as wikis, pero podemos subir. Saúdos! --JaviP96 29 de abril de 2013 ás 17:08 (UTC)

Ola de novo, en primeiro lugar, permíteme darche as grazas pola explicación, e con respecto á mensaxe, non te preocupes por non ampliar os artigos que non dominas ou de temas que non che interesan tanto, e a túa decisión. Co que dicías de que preferías non reestruturar as páxinas con bastante contido, sempre lle podes engadir outro apartado, e no caso de que despois de facelo necesite unha reestruturación, non teñas medo, se crees que é necesario faino.
No cambio do artigo bacterias, non sei porque se produciu ese erro, de todas formas xa avisei aos administradores.
Saúdos. --JaviP96 29 de abril de 2013 ás 22:29 (UTC)
Grazas polo traballo de ampliación que estás a facer, se te animas a ampliar algún máis, xa está a lista na Galipedia, ademais nesta páxina tés a lista co tamaño do artigo ao lado. Saúdos! --JaviP96 15 de maio de 2013 ás 21:19 (UTC)

Boas novas[editar a fonte]

Ola Miguelferig! infórmete que subimos 7 postos na clasificación, mira Wikipedia:A Taberna (novas)#Gran avance da Galipedia na medición da lista de artigos que toda Wikipedia debería ter. Moitas grazas polas grandes ampliacións que fixeches. Saúdos!! --JaviP96 4 de xuño de 2013 ás 20:17 (UTC)

Tradución do texto da imaxe do experimento de Miller e Urey[editar a fonte]

Boas, mira un cousa, vou traducir os textos da imaxe sobre o experimento de Miller e Urey e se tes un momento, podes revisar que os textos son correctos? En principio ía poñer:

  • Electrodes > eléctrodos
  • Electrical spark > Muxica eléctrica
  • Lighting > Luz
  • gases (primitive atmosphere) > gases (atmosfera primitiva)
  • Condenser > Condensador
  • Cold water > Auga fría
  • Cooled water > Auga arrefiada
  • containing organic compounds > contendo compostos orgánicos
  • Sampling probe > Sonda de ¿mostreo?
  • Trap > Sifón
  • Heat source > Fonte de calor
  • water(ocean) > Auga (océano)
  • Direction of water vapor circulation > Dirección da circulación do vapor de auga
  • to vacuum pump > a bomba de vacío

Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 10:15 (UTC)

Moi ben, concordo coa túa revisión, moitas grazas. Sobre as imaxes en formato svg, eu cando atopo algunha e teño tempo, vounas traducindo, pero cando queras facer algunha en especial podes avisarme e fago a versión en galego encantado :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 10:49 (UTC)
Listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 22:42 (UTC)

títulos topónimos[editar a fonte]

Ola, Miguel! Mirei a mensaxe que deixaches na conversa do artigo Suacilandia; o mes pasado modificáronse as normas de toponimia, e acordouse pór no título só o nome en galego.

Noutra orde de cousas, quería pedirche perdón porque moitas veces abres fíos de conversa ben interesante que son pouco respondidos, pero o certo é que en moitas ocasións non teño moita idea dos temas tratados, e se non contesto (e coma min outra xente) é por ignorancia, non porque non consideremos o asunto importante e interesante.

Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xuño de 2013 ás 18:24 (UTC)

Portal da Ópera[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Quixera informarte de que está a funcionar o Portal:Ópera, se queres podes participar nas votacións para a imaxe do mes, o artigo destacado ou o audio destacado, tanto votando as propostas que haxa como facendo ti mesmo algunha proposta. Tamén dicirche que se queres e ten un momentiño tes vía libre para engadir algunha nova no apartado de actualidade se te enteras de algo e non está na sección. Sei que o teu é máis a ciencia, mais se te animas a crear ou ampliar calquer artigo (agora mesmo eu estou con Tristan und Isolde, que se vai interpretar no LXI Festival de Ópera da Coruña, e se se te ocorre algo para melloralo será benvido) aquí me tes para calquer dúbida. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 07:31 (UTC)

Non hai fallo, o que pretendía máis que nada era dar un pouco a coñecer o portal vendo que te gusta o tema e tentando atraer un pouco de interese ás votacións para que haxa algo de participación nas mesmas (tanto para votar como para propoñer). Sobre a participación non te preocupes, cada un facemos do que sabemos ou nos gusta máis, era máis que nada para que souberas que se algún día se che dá por meterte un pouco no tema podes consultar se o desexas e tentarei responderte na medida dos meus coñecementos. Un saúdo!! Piquito (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 11:05 (UTC)

Vaca[editar a fonte]

Ola Miguel.

Non sei se lembras que o artigo vaca foi candidato a artigo de calidade.

Nel aparece unha ligazón vermella en Vaca#Xenoma: secuenciación do xenoma ( [[Secuencia de ADN|secuenciación do xenoma]] ). O caso é que non sei se xa temos artigo na Galipedia, con outro nome, que resolva perfectamente esa ligazón, ou polo contrario falta o artigo e habería que facelo.

Podes botarlle un ollo? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2013 ás 09:41 (UTC)

Moitas grazas pola explicación. Ti fai o que che apeteza e poidas, cando che apeteza e poidas. O teu traballo é caralludo! Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2013 ás 11:02 (UTC)

Clasificación dos 1000 artigos[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Mudaron un artigo da lista dos 1000 artigos e anuro deixou a lista sendo sustituído por nematodos, mais non sei en que apartados metelo na nosa lista, o podes incluír ti na lista normal e de tamaños? O anuro xa o retirei eu da lista normal e quitei o marcador dun e o puxen no outro. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 4 de agosto de 2013 ás 15:31 (UTC)

Non sei, eu dese tema non sei nada de nada... Piquito (conversa) 4 de agosto de 2013 ás 15:56 (UTC)

Tristan und Isolde[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Estou rematando o artigo Tristan und Isolde, queda traducir un par de seccións de en.wiki e mirar se hai algo máis nesa wiki que non teñamos, poderíasme axudar un pouco co tema das traducións? Tamén preguntarche se tes algún disco coa ópera completa por se podes incluír unha estrutura como esta (non é preciso co título en galego), que é unha sección que temos en moitas óperas e estaría ben ter tamén nesta, e por se atoparas no libriño algo que puidera completar o artigo. Como a finais do mes que vén se vai interpretar na Coruña en versión de concerto, pensara en propoñelo para calidade pola gran relevancia da obra e para que se alguén antes (ou despois) de ir ao concerto miraba na wiki en castelán se pasara á nosa ao ver a estreliña, mais logo do que pasou coa lista de óperas desistín; se cres que pode ser de calidade agradeceríache que o propuxeras (se por min fora xa o proporía esta mesma tarde ou mañán, mais tal e como están as normas non podo) aínda que lóxicamente eu non o votarei. Unha aperta!! Piquito (conversa) 19 de agosto de 2013 ás 10:53 (UTC)

Vexamos pois o tema das traducións. Que entendes ti do que non está traducido desta frase: Non obstante, a primeira vez que se escoitou en público o Preludio e o seu acorde de Tristan inicial foi o 12 de marzo de 1859, cando foi interpretado na Sophieninselsaal de Praga, nun concerto benévico a favor dos estudantes de medicina pobres, dirixido por Hans von Bülow, who provided his own concert ending for the occasion. Wagner had authorised such an ending, but did not like what Bülow had done with it and later wrote his own.? Eu entendo que Hans incluíu a obra de Wagner, mais non estou seguro de todo, podería ter finalizado o concerto cunha obra propia. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 08:16 (UTC)

Coido que o mellor será prescindir desa información, non creo que ninguén a bote en falta e tampouco me parece de especial relevancia. O borro pois. Unha aperta e moitas grazas!!! Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 23:38 (UTC)

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 08:52 (UTC)

RE:Imaxes da páxina virus[editar a fonte]

Boas, das imaxes de virus se atopas algún erro avísame que ó mellor meto o zoca. Sobre o Inkscape teño que dicir que eu non son un experto e só sei algunhas cousas básicas que fun aprendendo e outras que fun atopando por Internete. O que non entendo é iso que me contas de que a imaxe tiña un fondo negro e que non se podía modificar, creo que nunca me pasou iso, dime o ficheiro que cho fixo e miro a ver como me sae a min ou se lle vexo algo.

Para acceder ós textos dos gráficos svg depende de como estén insertados, pero isto coméntocho tal e como o aprendín pola miña experiencia non polo que eu saiba de uso do programa: resulta que hai textos que ó seleccionalos (coa ferramenta Select and transform objects, a primeira da barra) poden editarse pulsando no menú Text>Text and Font (Se premes dúas veces sobre un texto destes podes editalo xa directamente sen que saia a ventana). Con iso sae unha pantalla na que se pode cambiar o tipo, tamaño, etc na primeira pestana, e na segunda edítase o contido. Logo hai outros textos que non se poden editar deste xeito nin coa ferramenta de editar texto, debe ser porque as letras están desagrupadas ou que se ¿puxeron as letras de forma independente? e neses casos o que fago é borrar o texto e voltar a engadilo. Creo que me liei demasiado, coma sempre, pero se tes algunha dúbida coméntame e tento votarche unha man. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 00:54 (UTC)

Eu teño o Inkscape en Windows. Acabo de probar a imaxe que me dixeches da proteína e a min non me pasa o que dis, se pincho sobre un texto coa ferramenta de "Seleccionar e transformar obxectos" éste queda seleccionado e nada máis. O que si pasa con esta imaxe é que os textos non se poden editar coa ferramenta de texto nin pulsando sobre eles, a única forma que teño de traducilos é borralos e engadir textos novos. E non teño ningún problema para cambiar de sitio os elementos da imaxe, sen ter que facer nada previamente. O único que se me ocorre é que teñas algún problema coa instalación ou quizais da configuración que instalaches pero paréceme raro, non sei o que poderá pasar. Non me lembro que tivera que facer nada especial para instalar o programa.
Manuais de Inkscape hai a centos, se atopas un que sexa sinxelo e explique as cousas paso a paso avisa que ó mellor tamén me interesa a min :). Se precisas calquera cousa non te cortes e déixame unha nota na conversa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 22:22 (UTC)

Pregunta sobre o artigo virus[editar a fonte]

Mira unha dúbida que teño no artigo. No apartado 7.4 Mecanismos de defensa do hóspede di: O VIH evita o sistema inmunitario ao cambiar continuamente a secuencia das proteínas da superficie do virión e por permanecer un tempo integrado no cromosoma. A segunda parte da frase é coa que teño dúbidas. Non controlo no tema e non atopei ese contido nin na versión en inglés, nin castelán nin catalán nin na referencia do artigo, cando teñas un momento, podes revisala? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2013 ás 16:41 (UTC)

Moi ben, imaxinaba que estaría ben aínda que me sonaba raro, pero como non sei moito do tema e non o atopaba prefería que mo confirmaras. Si penso que algunha desas referencias estaría ben que se achegara a esa parte porque aínda que a información esté no artigo do VIH cada artigo é independente e ten que conter as referencias dos datos que mostra. Penso que a cita máis directa para ese engadido é a cuarta: "In the latent state, the virus persists simply as information (in the form of 10 kb of integrated HIV-1 DNA), and it is thus unaffected by antiretroviral drugs or immune responses.", non? . Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2013 ás 08:35 (UTC)
Moitas grazas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2013 ás 10:38 (UTC)

Problemas de edición no artigo SIDA[editar a fonte]

Boas Miguel, quería saber se cando editas o artigo SIDA tes algún problema ó gardar os cambios ou se che vai correctamente. É que a min as todas as edicións que fixen déronme erro de que se rematara o tempo de resposta da páxina aínda que ó revisar o artigo e o historial sempre se gardaron os meus cambios... Só quería saber se é algún problema do meu equipo ou se é un problema do artigo e lle pasa a todo o mundo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2013 ás 01:34 (UTC)

Preguntei por isto pero aínda non me deron ningunha solución, seguirei buscando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:17 (UTC)

Xuntanza o sábado día 30[editar a fonte]

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:17 (UTC)

Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna, amaña ou comenta o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:40 (UTC)

Derivada de...[editar a fonte]

Perdón, non entendera a pregunta.

A cousa é que empregaches o Commons:Template:Derived from que penso que só vale para cando a imaxe é derivada doutra imaxe de Wikimedia Commons.

Como neste caso a imaxe orixinal non é de Wikimedia Commons senón da Wikipedia en inglés penso que é mellor que prescindas dese modelo e simplemente o expreses indicándoo a man, así. --. HombreDHojalata.conversa 29 de novembro de 2013 ás 19:11 (UTC)

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:00 (UTC)

Re:Imaxe Reacción de Edman-gl.jpg[editar a fonte]

Os ficheiros poden cargarse en Wikimedia Commons ou na Galipedia. A diferencia é que se cargan en Wikimedia Commons están dispoñibles para tódolos proxectos (Wikipedia en galego, en inglés, en castelán... en xaponés e os outros proxectos, inclusive os outros proxectos en galego, Galicitas, Galifontes, Galicionario, Galilibros ....) e os ficheiros cargados na Galipedia unicamente están accesibles para a Wikipedia en Galego.

Facer unha cousa ou a outra é unha elección persoal.

Polo que dis, penso que o que che pasou é que, sen coñecer a diferenza, cargaches o ficheiro na Galipedia, non en Wikimedia Commons. O resultado no artigo Péptido é exactamente o mesmo, porén, como expliquei antes, o ficheiro so está dispoñible neste proxecto, de tódolos da Fundación Wikimedia.

O único que che falta é completar a caixa de datos de Ficheiro:Reacción de Edman-gl.jpg.

Un saúdo e boa saída e entrada de ano. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2013 ás 16:55 (UTC)

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas Mighelferig! Fixen unha proposta na taberna que penso que pode ser interesante, se queres podes pasarte a opinar. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 13:11 (UTC)

Solicitar o borrado dunha categoría[editar a fonte]

Non é molestia ningunha.

Abonda con que lle poñas {{Lixo}} cunha pequena explicación. Por exemplo: {{Lixo|Nome incorrecto, a categoría correcta xa está en: [[:Categoría:Tetrapirrois]].}} --. HombreDHojalata.conversa 7 de xaneiro de 2014 ás 18:36 (UTC)

Si, para borrar é o mesmo. A diferenza é antes de borrar. As páxinas pódense mover e as categorías non. No caso das categorías hai que pasar todo a man (ou cun bot). --. HombreDHojalata.conversa 7 de xaneiro de 2014 ás 18:52 (UTC)

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 01:23 (UTC)

acetil coencima A[editar a fonte]

Boas Miguel. ¿Non cres que o título correcto do artigo "Acetil coencima A" debería ser así, na súa forma completa, e non na forma abreviada "Acetil-CoA" (mantendo a redirección desta á aquela)? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 31 de xaneiro de 2014 ás 20:29 (UTC)

xibas e chocos[editar a fonte]

Boas, Miguel. Non fun capaz de abrir a imaxe que mandaches, e iso que me descarguei unha versión de 30 días de Corel Paint Shop ProX6, que foi o programa que me aconsellaba windows. Cos programas de imaxes que teño eu non mo abre. Por iso só podo falar de esguello. Ben. A min gústame máis estes mapas de distribución en cores porque son máis visuais, máis accesibles á primeira vista. Ten o problema de solapamento de áreas, e de aí o uso de puntos ou manchiñas de cor, que permite dúas formas diferentes nun mesmo punto. Pero ti faino como mellor o vexas, sen problemas. A interpretación que fas das cores é a correcta, e eses dous puntos verde escuro son Rinlo e Ribeira, onde din xibia, que asimilo (por iso a cor) a xiba; o terceiro lugar, Figueiras, non ía no mapa. Non te preocupes por non incluír os datos de Constantino, xa que cos de Ríos Panisse son máis que suficientes. Pregunteille tamén á miña muller, que en cousas de nomes de cousas de comer me dá moitas luces e discrimina matices que a min se me escapan. Ela di que xiba é a grande e choco o pequeno, e que logo están os choquiños, que disque xa non hai. Engade que non sabe se serán ou non a mesma especie, pero que supón que si, que son iguais, salvo no que se refire ó tamaño. Pero ten en conta que ela é de Ourense, aínda que leve xa anos no Grove. Aínda así, cabe supoñer que se simultanean xiba e choco en Portonovo e Cambados, non sería estrano que tamén se fixera no Grove. Sorte co mapa. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 20:14 (UTC)

RE:Problema cunhas imaxes[editar a fonte]

Bótolle un ollo en canto poida, a máis tardar á noitiña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 10:35 (UTC)

Xa está amañado, as imaxes saían en vermello porque os orixinais estaban na en.wiki, xa as pasei a Commons e amañei a ligazón á páxina do autor da versión en inglés, penso que agora non hai problema ningún. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 22:42 (UTC)
A mandar, non dubides en contactar comigo se podo serche de axuda nalgo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 11:31 (UTC)

Miñocas[editar a fonte]

Se basicamente concordo no que dis, tan só cría necesario indicar cales eran as formas que lle dá a RAG, dime se agora concordas coa redacción.--Sernostri (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 13:29 (UTC)

Brasicáceas[editar a fonte]

Ola! Perdoa por non te escribir antes, tíñao pendente. Máis que nada agradecer a túa opinión e axuda na parte de botánica, na que queda tanto por facer...un saúdo.

RE: Modelo:Convert[editar a fonte]

Perdoa que tardase dúas semanas en contestar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2014 ás 14:32 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas Mighuelferig! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:41 (UTC)

Votación para poñer avisos das votacións dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento libre, poderías votar a proposta? Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:00 (UTC)

Template:Convert[editar a fonte]

I wrote Module:Convert which has been copied to implement Template:Convert. I'm wondering if anyone would like to modify the module for a better result at this wiki. Just about all text can be translated (input units and options; output text; number format). The template appears to not be used much here, so there may not be much interest in adapting it, but I wanted to let you know that it is possible, and I would help with putting translations in the module. Are you interested in working on that? If so, are there any specific problems that you are aware of (apart from the fact that no localization has been done)? Johnuniq (conversa) 12 de abril de 2014 ás 10:13 (UTC)

Gerhard Herzberg[editar a fonte]

Boas Miguel. No artigo sobre Gerhard Herzberg dicimos que "...determinou a estrutura molecular das moléculas diatómicas e poliatómicas, incluíndo hidróxeno triatómico, H3, o Hidróxeno molecular protonado, H3 , e os radicais libres". Non sei se existe iso de "hidróxeno molecular protonado", se é cousa distinta do "hidróxeno triatómico" nin se se poden chamar H3 ós dous. Bótalle un vistazo e corríxeo se procede. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2014 ás 14:21 (UTC)

Grazas. Xa tiña presente que a tí che ía máis a bioquímica que a química pura, pero é que a min me pillan as dúas cousas case igual de lonxe. Saúdos e ata sempre, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2014 ás 18:34 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

Gráfico do experimento Miller-Urey[editar a fonte]

Miller-Urey experiment-en.svg

Boas Miguel, fai uns días un usuario en Commons modificou o gráfico na versión en inglés e como resumo da edición puxo que "quitaba o CO porque non foi un dos gases incluídos no experimento orixinal de Miller-Urey, segundo a documentación orixinal". Ti que controlas do tema, cres que tamén temos que quitar o CO da imaxe en galego? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 01:44 (UTC)

Si, non te preocupes, xa me encargo eu, só quería que me confirmaras que o cambio era correcto. Grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 12:42 (UTC)
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 19:10 (UTC)

Thank you for being one of Wikipedia's top medical contributors![editar a fonte]

please help translate this message into the local language
Wiki Project Med Foundation logo.svg The Cure Award
In 2013 you were one of the top 300 medical editors across any language of Wikipedia. Thank you so much for helping bring free, complete, accurate, up-to-date medical information to the public. We really appreciate you and the vital work you do!

We are wondering about the educational background of our top medical editors. Would you please complete a quick 5-question survey? (please only fill this out if you received the award)

Thanks again :) --Ocaasi, Doc James and the team at Wiki Project Med Foundation

Ei! parabéns!! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de maio de 2014 ás 20:47 (UTC)
Noraboa!! --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 20:49 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Quería pedirche unha cousiña, a ver se é posible. Como sabes na nosa wiki hai moi poucos artigos de calidade e a maior parte deles están relacionados con personalidades e xeografía. O que quería pedirche é se podes proponer artigos propios sobre ciencia ou se non queres propoñelos ti me indiques cales son os que poden ser artigos de calidade para propoñelos eu. Sei que non es partidario de autopropoñer artigos, mais cos poucos que somos, se non facemos así non vamos dar xuntado artigos de calidade a pesar de ter moitos que o poderían ser. Pidocho porque sei que entendes do tema, eu a pesar de ser de ciencias non me vexo capacitado para dicir se un artigo científico pode ser ou non de calidade se non é traducido doutro artigo de calidade noutra lingua. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 12 de maio de 2014 ás 17:18 (UTC)

Fasciolose[editar a fonte]

Ola Miguel. Non sei se sabes que hai uns anos publiquei con Ferro Ruibal unha Monografía etnolingüística do gando vacún, no que recollimos moitísima información sobre a vaca en toda Galicia, incluídas enfermidades e tratamentos. Salvo excepcións, a información procedía de enquisas orais, vocabularios, monografías, etc, que recollían información popular, non técnica, de modo que temos a definición que nos dan, ou a descrición, ou por analoxía con outras fontes xa confirmadas; non sempre o comseguimos pero intentamos contrastar a información con veterinarios clínicos, gandeiros, tratantes, que nos daban os detalles necesarios para confirmar o significado das voces, os matices, etc. Ben, con todo isto quero dicir que faixa como distomatose é común, seguro, e tamén adopta as variantes afaixada (sust), e os adxectivos enfaixada, enfeixada, faixada; e os verbos enfaixarse, faixear e te-la faixa. Como ves, fontes hai de abondo. Un dos síntomas da enfermidade é a aparición dunha banda de pelo erizado na zona das costas (a faixa famosa), máis común nos casos crónicos. Toda esta información, con indicación detallada das fontes de cada forma recollida, e máis datos, xunto coas outras denominacións da enfermidade, podes atopala aquí, nas px. 636 a 638. Utiliza isto como referencia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 21:32 (UTC)

Arqueas[editar a fonte]

Collapsed tree labels simplified gl.png

Ola, mira, cando teñas un momento, podes revisar a frase "Ajon et al.[121] mostraron que a agregación celular inducida pola luz UV media o intercambio de marcadores cromosómicos con alta frecuencia en S. acidocaldarius."? Non lle pillo o senso, non sei se é un erro ou é que non a entendo.

Tamén poderías revisar se deixei correctamente a frase "Este proceso utiliza unha forma moi modificada do ciclo de Calvin[94], unha vía metabólica recentemente descuberta chamada o ciclo do 3-hidroxipropionato/4-hidroxibutirato.", antes tiña unha redacción que non entendía, penso que así está ben. A frase orixinal era "Este proceso implica quer unha forma moi modificada do ciclo de Calvin[94] quer unha vía metabólica recentemente descuberta chamada o ciclo do 3-hidroxipropionato/4-hidroxibutirato". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2014 ás 12:23 (UTC)

Vale, moitas grazas polas aclaracións. Na primeira frase non me cadraba o uso do verbo "mediar", fixen un pequeno cambio que creo que facilita a comprensión, se non che convence desfaino sen problema. Na segunda frase o "quer" ese non o coñecía pero como é correcto podes deixalo se o prefires, aínda que na miña opinión a redacción da Galipedia debe buscar a sinxeleza para facilitar a súa comprensión, é función doutros proxectos potenciar e recuperar o galego. Pero isto último é unha opinión persoal que non afecta ós artigos e como ti fuches o primeiro redactor podes poñer a forma que vexas máis axeitada :).
As grazas teño que darchas eu a ti por traer estes estupendos artigos cunha calidade tan alta! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xuño de 2014 ás 08:41 (UTC)
Boas, comparando o artigo co da wiki.es vin que ó artigo da Galipedia fáltalle un apartado de historia e como me pareceu que o da wiki.es estaba ben fixen a tradución. Se tes un momento a ver se lle podes botar un ollo, se non o ves correcto podes borralo todo ou cambiar o que vexas. Hai outros apartados como o de "Taxonomía" e "Filogenia" que non temos, pero non sei se serán interesantes de incluír porque non están moi desenrolados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2014 ás 08:37 (UTC)
Xa vin os cambios, moi ben todo. Paréceche ben que propoña o artigo a Wikipedia:Artigo destacado, ou cres que habería que mellorar algo máis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2014 ás 22:27 (UTC)
Boeno, eu non teño présa, o do gráfico ese xa o vou mirando eu, e logo tamén podo facer a tradución dalgún artigo que consideres necesario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2014 ás 21:24 (UTC)

Xa fixen a tradución do ficheiro, cando teñas un momento bótalle unha ollada e se está ben póñome a meter as coordenadas das ligazóns no modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2014 ás 21:22 (UTC)

Si, as coordenadas coinciden porque a última hora xa as cambiei para probar como funcionaban :). Este modelo usa a extensión imagemap no que as ligazóns do mapa defínense (neste caso) como recadros poñendo as coordenadas da esquina superior esquerda e a esquina inferior dereita, as coordenadas póñense como a distancia ó bordo da esquerda e a distancia ó bordo de arriba da imaxe, tes a documentación aquí.
Sobre o de subir as imaxes, eu normalmente uso o Firefox pero acabo de probar co Exploter e non se sae o Upload Wizard, sáeme a páxina antiga de subida de imaxes, cousa rara porque antes si saía o Wizard, deben andar fedellando. De tódolos xeitos a páxina antiga de subida de imaxes debería funcionarche, esta é a ligazón, se tes algún problema avísame e tento miralo.
Sobre as ligazóns, se cres que hai algunha importante que haxa que ir facendo avísame e vouna traducindo, agora vou propor o artigo para destacado e se alguén atopa algunha necesidade xa a comentará. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2014 ás 10:42 (UTC)
Tes razón, hai que poñer o nome do lago en Italiano xa que pola política de topónimos non hai nome en galego para el. Polo demais vou propor o artigo a calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 11:34 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Pois eu acabo de probar co Firefox (versión 30.0) e co Internet Explorer (versión 10) en Windows 7, e funcionoume ben o upload wizard... Cambiarías algo no teu ordenador? Xa metín a licenza no ficheiro que me comentas, para cambiar os datos dunha imaxe que xa está subida o que hai que facer é premer na ligazón de editar e así podes modificar a información da imaxe. Cando editas esa información podes poñer a licenza no apartado permission do modelo ou nun apartado aparte. Os modelos de licenza están aquí pero é máis sinxelo copialo doutra imaxe que teña a licenza que ti queres.

Non sei o que pode pasar co teu navegador, se non cambiaches nada tenta actualizalo, se é que non tes a mesma versión que a miña, porque ó mellor cambiaron algo en Commons que fai que non funcione correctamente coas versións antigas.

Se non che funciona actualizar o navegador proba a ligazón en inglés da carga antiga de imaxes, aquí (preguntarei por que non funciona a versión en galego pero mentres tanto podes traballar con ese), nesta si que funciona a caixa para seleccionar as licenzas. Se me das máis detalles de por que non che funciona o uploader wizard tentarei atopar axuda para amañalo, precisaría saber versión do teu navegador, sistema operativo, ligazón dende a que accedes á páxina para subir imaxes e as mensaxes ou pantallas que che aparecen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xullo de 2014 ás 17:38 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)

RE:Outra imaxe[editar a fonte]

Phylogenetic tree gl.svg

Vale, moi ben, cando teña un momento libre esta semana cámbioa e xa che conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2014 ás 21:26 (UTC)

Xa está cambiada a imaxe, se ves algo mal avísame e doulle un repaso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2014 ás 22:57 (UTC)

Creo que xa amañei o modelo, usei unha ferramenta da wiki que fai moito máis doado o traballo, só hai que premer co ratón para ir definindo as áreas. Se queres usala tes que crear, se non o tes xa, un ficheiro common.js como o meu. É sinxela de usar, vas definindo as áreas e na parte de abaixo vai xenerando o código que tes que copiar logo no modelo. Se a instalas aparecerache na parte de abaixo das imaxes unha ligazón para expandila na mesma pantalla, aquí tes unha captura de pantalla.

No modelo non metín a ligazón ás Bacteroide Cytophaga porque na versión anterior había tres ligazóns, unha a Bacteroide, outra a Cytophaga e outra a Bacteroide-Cytophaga, que hai que facer con estes bichos? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 19:38 (UTC)

Xa che fixen eu a páxina esa de commons.js, non tes que instalar nada, agora cando abras unha imaxe dentro da Galipedia aparecerache a ligazón á ferramenta ImageMapEdit debaixo dela e xa poderás usala, se tes algún problema, avisa. Tamén amañei as ligazóns no modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 20:58 (UTC)
Se tes calquera dúbida xa sabes a quen berrarlle. :)
Outro tema agora que veño por aquí, agora que as arqueas son un artigo destacado, pensas que xa pode ser proposto a artigo de calidade? Pregunto porque vin que aínda o editas de cando en vez, se precisas que eu faga algo dimo e se podo fareino encantado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 02:07 (UTC)

Ébola[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Non sei se é un tema do que controles moito, pero animaríaste a ampliar o artigo sobre o ébola e/ou crear un artigo sobre o brote deste ano? Non estaría mal tentar destacar ou propoñer para calidade un artigo sobre un tema de actualidade. Por certo, cara final de mes proporei para calidade o artigo das arqueas, parabéns polo traballo! Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 21:54 (UTC)

Xa o fixen eu agora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 11:52 (UTC)

Ola Miguelferig! Antes de nada darche as grazas por poñerte co artigo tan rápido e pola atención que lle prestaches ao tema facendo os outros artigos relacionados, amais disto felicitarche polo traballo que estás a facer con todos os artigos que tocas. Non entendo moito do tema pero entendo polo que me dis que eses artigos que faltan son importantes para que este sexa de calidade, pero non te preocupes, todo se andará e xa os crearemos entre todos, non te apures :) E máis nada, se algunha vez tes algunha petición de creación ou ampliación de algún artigo (especialmente relacionado coa música clásica) non tes máis que pedirmo e tentarei collelo case tan rápido como colliches ti este :) Unha aperta e a seguir! --Piquito (conversa) 7 de agosto de 2014 ás 17:16 (UTC)

Encima[editar a fonte]

Grazas pola túa aclaración. Mirei antes no DRAG pero non vin que puxese "feminino", agora vexo que está nas "observacións".

Arqueas[editar a fonte]

Ola Miguel. Parabéns polo teu artigo arqueas, que non reparara nel (eu son máis de "bichos grandes", aínda que nestes días ando metido en historias da historia) até que vin que estaba proposto para "artigo de calidade". Desde logo, é un artigo impesionante. Tesnos a todos abraiados. Quen for capaz de facer algún de tanta calidade! --XoioÉche o que hai 8 de agosto de 2014 ás 14:13 (UTC)

Propofol[editar a fonte]

Boas. Estou quitando ligazóns vermellas do artigo de Michael Jackson e topeime coa do propofol. Como eu non che teño moita idea sobre este tema, preguntábame se te animarías a facelo. Aproveito para felicitarte polo teu gran traballo na wiki, e sobre todo polo teu bo criterio. Un saúdo e moitas grazas sexa cal sexa a resposta. --Breogan2008conversa 20 de setembro de 2014 ás 15:28 (UTC)

Agradézocho moito! Unha aperta --Breogan2008conversa 20 de setembro de 2014 ás 18:44 (UTC)

Re:Wikidata[editar a fonte]

Ola Miguel.

A min non me deu problema actualizar d:Q410246.

En canto ao outro, se non hai interwiki posible ... para que?--. HombreDHojalata.conversa 28 de setembro de 2014 ás 22:24 (UTC)

SIDA[editar a fonte]

Ola, Miguel! Como vai?

Hoxe apareceu na prensa unha nova relativa á orixe do SIDA. Poderías actualizar o artigo? Dado que é un artigo de calidade, creo que é importante incluír a información que se vaia descubrindo, e pídocho a ti porque fuches un dos principais editores do artigo e supoño que sabes mellor onde incluír estes datos. Un saúdo, e graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 13:08 (UTC)

Ola, Miguel! Mil grazas pola información. O certo é que tal como aparece formulado na prensa parece que foi un descubrimento maior do que realmente foi; non tiña moita idea do asunto, por iso cho comentei. Penso que o novo parágrafo achega información interesante e queda ben referenciado. Grazas de novo, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 23:42 (UTC)

Proposta do ébola[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Vin o teu comentario na votación de ébola para artigo de calidade. Teño que recoñecer que non son experto na materia, por eso recoñezo o erro e pídoche desculpas se che pareceu que a proposta non era axeitada. No futuro consultareiche antes de propoñer un artigo sobre a materia para calidade, xa que ao saber moito máis ca min podes dicir se o artigo merece ser de calidade ou non. Sen máis agradecerche o traballo que estás a facer na Galipedia e agradecerche de novo ter traballado no artigo do ébola tan rápido dende que cho propuxen, e nada, que se hai algún artigo dalgún compositor, ópera, sinfonía, ou sobre calquer tema da música clásica que creas que estaría ben mellorar ou que che interese non tes máis que pedirmo e tentarei traballar nel todo o rápido que poda. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 16:44 (UTC)

Grazas polas aclaracións, tereinas en conta no futuro. Eu non son entendido nestes temas e vendo o artigo me pareceu que estaba moi ben, pero claro, ao non ser consciente do que me dixeches (moi lóxico, por certo), sumado a que non entendo demasiado do tema fixo que o propuxera un pouco guiado pola euforia de ter un artigo tan bo sobre un tema de actualidade. No futuro preguntareiche polos artigos sobre ciencia que podan ser candidatos a calidade, porén creo que é mellor que os propoñas ti que sabes do tema... non hai nada malo en propoñer artigos propios (eu canto menos non o vexo), ti sabes mellor ca min se o artigo das arqueas ou do virus é brillante ou non, eu podo ler o artigo e dicir se me parece completo (esto é, se se me ocorre algunha dúbida que non poda responder ou se comparándoo con outro artigo de calidade é dun nivel similar), se se entende, podo a duras penas revisar a ortografía (que non é o meu forte), ver a estética... e pouco máis, de todos xeitos non te quero presionar, se non queres propoñelos ti preguntareiche por algún que poda ser de calidade e o proporei eu. Grazas de novo e parabéns polo traballo nos artigos relacionados coa bioloxía, unha aperta! Piquito (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 17:28 (UTC)

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boal Miguel, podes opinar aquí, no referente ao tema da bioloxía especialmente? Grazas! --Norrin (Fálame) 22 de outubro de 2014 ás 07:33 (UTC)

Aviso para editatón de Lugo[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna poñer un aviso na cabeceira das páxinas, se tes un momento indica alí se concordas ou non, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2014 ás 16:20 (UTC)

RE:Licencia rara dunha imaxe[editar a fonte]

A cousa rara que viches non era a licenza, a licenza estaba ben, a cousa rara era unha ligazón ó permiso que o autor orixinal deu para a publicación desa imaxe xa que podía interpretarse que estaba extraída desta web que ten dereitos de autor. Xa está amañado, puxen o mesmo permiso OTRS na túa versión. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 12:32 (UTC)

Si, pero iso é para que a xente non use os OTRS dunhas imaxes noutras que non teñen que ver, que non é o caso (boeno, eu polo menos sempre o fixen así e polo momento ninguén me dixo nada ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 16:58 (UTC)

Dúbida coa tradución de citas en inglés[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Hai un tempo traducín o artigo da Sinfonía nº 8 (Sibelius) da Wikipedia en inglés (creo que en Le Sacre du printemps tamén había, pero non eran tan conflitivos). O caso é que nalgunhas citas había palabras que aparecían con corchetes e outras que tiñan unha ou varias letras entre corchetes, o caso é: que significa iso? Que debo facer con eses casos? Cando a palabra está enteira entendo que é unha aclaración de algo que había antes no texto orixinal, pero cando son unha, dúas ou tres letras dentro dunha palabra non sei a qué se pode referir... que fago neses casos? Moitas grazas!! Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 00:01 (UTC)

Entón que farei con eses corchetes? Os quitarei? Ou mellor lle pregunto a outro usuario? Graciñas!! --Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 16:32 (UTC)
Moitas grazas! Preguntarei a alguén máis para asegurarme e cando poda farei o das citas orixinais que me comentas. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 17:53 (UTC)

Actividade e galencontro Coruña[editar a fonte]

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)

Nova proposta na taberna[editar a fonte]

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:44 (UTC)

Mosca do Vinagre[editar a fonte]

Hola, Miguel. O teu artigo Mosca do vinagre aparece entre as páxinas na categoría "Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros". Polo que vin, débese á imaxe "Ficheiro:Rh1.jpg: Expresión da rodopsina 1 (Rh1) en fotorreceptores R1-R6", que non estaba en Commons senón na en:wiki. Non sei a solución pero crin que debías sabelo. Grazas e bo nadal. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 00:06 (UTC)

Lípidos[editar a fonte]

Boas noites. Non puxen -conscientemente-ningunha subcategoría na cat. Lípidos, e se fixen tal foi por erro. O único que pretendín facer foi corrixir a alfabetización dos ácidos graxos: uns alfabetizáronse con til e outros sen til, e así quedaron divididos en dous grupos. Por sistema, quedan sempre mellor ordenados sen til (no A, ó principio). Outro tema no que non entrei é se están ben categorizados: polo que me dis están duplicados, na categoría ácidos graxos e na cat. lípidos. De ser así sobra, evidentemente, a cat. Lípidos, por redundante. Non sei se sobrarían outras categorías. Acabo de ver que o erro dos tiles está tamén na cat. Ácidos graxos; na propia categoría, sobra o til. ¿Queres que saque a cat. Lípidos e elimine os tiles na cat. Ácidos graxos? Ti dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 20:41 (UTC)

Evidentemente, se ten varias categorías e un Ordenar diante, o acento elimínase do Ordenar. Deixame logo o dos tiles que o fago eu mañá. Agora vou ver EL HOBBIT. Ata sempre, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 21:13 (UTC)

Sangue[editar a fonte]

Boas Miguel! Non esquezas poñer o marcador de uso no artigo da sangue. Parabéns polo traballo! --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 20:11 (UTC)

RE:Outra imaxe OTRS[editar a fonte]

Pois xa non me lembro de como era a outra imaxe que lle puxéramos o do OTRS, pero esta estou pensando que non fai falta poñerllo e incluso é incorrecto. Explícome: ti fixeches unha tradución dunha imaxe que ten unha licenza libre en Commons (e que pode comprobarse a súa licenza co correo do OTRS), pero ese ticket OTRS non é para a túa imaxe, é só para a orixinal. A túa versión non ten necesidade de engadirlle o do OTRS porque simplemente é unha obra derivada dunha obra con licenza libre. Podes quitarlle o couso ese cando queiras, é máis recoméndocho para que non haxa cousas raras no futuro. Xa atopei a outra imaxe, é esta que lle pasa o mesmo. Perdoa pola confusión anterior. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2015 ás 17:30 (UTC)

Si, agora está correcto. Cambiei tamén a imaxe, trabuqueime outra vez. Ando fino, fino... :) Saúdos e bo ano! --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 02:56 (UTC)

Poro nuclear[editar a fonte]

Boas Miguelfering, estou a revisar os artigos sen referencias e vin o artigo Poro nuclear que creaches no 2011. Como eu non entendo moito disto creo que é mellor que cho diga a ti. Ten un cómpre referencia na sección Tamaño e complexidade cando di:

O complexo do poro nuclear enteiro ten un diámetro duns 120 nanómetros, pero o diámetro da súa abertura (diámetro funcional) é duns 9 nanómetros e a súa "porfundidade" é duns 200 nanómetros.

Se puideras poñer a referencia neste dato poderíamos eliminar a categoría na que se atopa. Grazas e un saúdo! --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2015 ás 18:57 (UTC)

Perfecto, se ti cres que así está mellor a min váleme. Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 10:11 (UTC)

Revolución de Outubro[editar a fonte]

Deixei un comentario na conversa sobre os puntos que mencionas. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de xaneiro de 2015 ás 15:04 (UTC)

Revolución de Outubro[editar a fonte]

Boas Miguelfering, sobre o que comentas do cabezallo do artigo, cres que estaría ben engadir este párrafo?:

As sucesivas derrotas rusas na Primeira Guerra Mundial foron unha das causas da Revolución de Febreiro. No momento de entrada na guerra, todos os partidos políticos mostráronse favorables á participación na contenda, coa excepción do Partido Obreiro Socialdemócrata, o único partido europeo xunto ao Partido Socialista do Reino de Serbia que se negou a votar os créditos de guerra, pero advertiu que non trataría de sabotear os esforzos provocados pola guerra. Tralo comezo do conflito e logo dalgúns éxitos iniciais, o Exército ruso tivo que soportar severas derrotas (en Prusia Oriental, en particular). As fábricas non se mostraron o suficientemente produtivas, a rede ferroviaria era ineficiente e o fornezo de armas e alimentos ao Exército fallaba. No Exército, os partes batían todos os récords: 1.700.000 mortos e 5.950.000 feridos, estalando disturbios e decaendo a moral dos soldados. Estes soportaban mes a mes a incapacidade dos seus oficiais, ata o punto de fornecer a unidades de combate munición non correspondente co calibre da súa arma e a intimidación e os castigos corporais utilizados na mesma.

E esta frase para o explicar de onde xorden os soviets: Os soviets eran unhas asembleas populares de obreiros xurdidas na revolución de 1905 e que tiveron un papel clave para a vitoria bolxevique ra revolución de outubro. --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:16 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Miguel, vexo que levas uns días cos artigos das Interleucinas, non sei se sería de utilidade facer un modelo que recolla todas as que ai para poñelas neses artigos e así sexa máis doado ir de unha a outra. Pregunto desde o descoñecemento, ao mellor é unha barbaridade e non teñen nada que ver unha con outra, pero pensei que podería estar ben facelo. Se che parece ben eu podo axudarte. Saúdos!--AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:54 (UTC)

Por certo, grazas polo aviso do fornecemento en Revolución de Outubro, xa o modifiquei. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:54 (UTC)
En realidade referíame á caixa que se pon abaixo do artigo :) --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 13:17 (UTC)

Lista de ósos do esqueleto humano[editar a fonte]

Feito, Miguel. Se necesitas algo máis e podo axudar, avisa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 22:19 (UTC)

sutura lambdoide[editar a fonte]

Miguel. Hai que borrar Sutura lambdoide para mover Sutura lamboidea. Dáme un minuto (para evitar conflitos de edición) e xa o fago. Espero que mo confirmes. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 12:55 (UTC)

Feito! Feito! Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 13:26 (UTC)

Luís I de España[editar a fonte]

Boas Miguelferig, grazas por revisar o artigo de Luís I de España, que non é unha tradución automática, senón que o traducín eu. Se queres podes votar para que sexa destacado na portada en Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Luís I de España. --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 14:56 (UTC)

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:12 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:16 (UTC)

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Nova proposta[editar a fonte]

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:28 (UTC)

Adaptación do formato dos números no sistema wiki[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Artigos de ciencia[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Tiña en mente presentar algún artigo sobre ciencia para calidade, pensara no do ácido desoxirribonucleico e no da evolución, ti tes máis idea, como os ves? Son dous artigos importantes e que temos completiños, amais son dous dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter, teño que revisalos máis polo miúdo, pero se me dis que non están moi ben me centro noutros que creas que poderían ser bos candidatos. Anímote tamén a que propoñas artigos para calidade se encontras algún que vexas que ten un bo nivel, así non os propoño eu todos :)

Tamén quería propoñerche (se tes interese, claro), mellorar o artigo célula, a ver se o puideramos poñer na portada canto menos, é de calidade na wiki en castelán e en catalán, pero supoño que ti saberás mellor ca min onde mirar e se nesas wikis están o suficientemente ben. Unha aperta e desculpa por ser tan pesado co tema dos artigos de calidade. Piquito (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 16:12 (UTC)

Moitas grazas! Mirarei con calma os artigos do núcleo celular e do ADN, para propoñelos para calidade, o da célula paréceme (dentro da miña ignorancia) que lle falta un pouco, sobre todo a nivel de referencias (se cadra son poucas para un artigo tan longo), para ser de calidade. Unha aperta! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2015 ás 22:07 (UTC)
Boas Miguelferig! Xa lin o artigo do núcleo celular, na sección de "Dominios PIKA e PTF" hai unha frase que non entendo moi ben (A súa función era e permanece pouco clara, aínda que non se pensa que estean asociados coa replicación activa de ADN, transcrición ou procesamento de ARN), pero pode que sexa cousa miña. Para presentalo a calidae estaría ben que tivera unha sección de bibliografía e/ou ligazóns externas (no artigo en inglés hai ambas), se eso podo copiar eu a sección da Wikipedia en inglés, aínda que creo que ti saberás mellor que libros son máis indicados, por se tes ti algún en mente. Unha aperta!! Piquito (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 21:58 (UTC)

lactosa[editar a fonte]

Miguel, unha pregunta: as denominacións azucre do leite, lactina, lactobiosa, para a lactosa, ¿son denominaciòns obsoletas, válidas, ou que? É para completar as correspondentes entradas no Galizionario. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 20:50 (UTC)

Como sempre, sabes deixar as ideas máis claras. Por iso os demais andamos sempre a preguntar. Grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 21:57 (UTC)

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:04 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Imaxe aparato reprodutor feminino[editar a fonte]

Ola! Estes son os artigos nos que tivemos que substituí-la imaxe do aparato reprodutor feminino cos números, ti que sabes disto, podes revisar que esteñan ben indicados cando teñas un pouco de tempo libre?

Grazas! :D Banjo tell me 9 de abril de 2015 ás 11:06 (UTC)

Mil grazas de novo! Banjo tell me 9 de abril de 2015 ás 11:28 (UTC)

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:40 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Nova nominación de Le Sacre du printemps[editar a fonte]

Boas, por se non te decataches coméntoche que o artigo Le Sacre du printemps, no que votaras para ser de calidade fai un tempo e que non saíra escollido por falta de votos, foi proposto de novo aquí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2015 ás 09:39 (UTC)

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Referencias en SIDA[editar a fonte]

Teño que revisar a ver como podemos facer para usar o informe ese da Xunta co sistema de citas. Con {{cita web}} e {{cita informe}} non xera a áncora que usan os {{cita Harvard}} para ligar ahí. Dame un tempo para revisar eso, a ver como podemos adaptalo ahi. Banjo tell me 30 de xuño de 2015 ás 16:53 (UTC)

Case que tes razón. Engadín a mesma referencia no resto de parágrafos, así queda fora de duda de onde proceden os datos. Con iso solucionamos ese punto, o resto que quedan nese artigo amañareinos entre hoxe e mañá, e así xa vai un menos. Grazas polo esforzo :) Banjo tell me 30 de xuño de 2015 ás 17:48 (UTC)

Hippoglossoides platessoides[editar a fonte]

Ola Miguel. Moitas grazas polas túas atinadas observacións. A causa do erro foi que, cando redactei a primeira edición, tiven un problema de conexión con FishBase, que hoxe xa está resolto, polo que estou revisando o artigo e, o primeiro que fixen foi no apartado de "uso e consumo", achegando a referencia necesaria. Na bibliogarfía da que dispoño na casa só tiña, referida a este peixe, á pàrte do discutíbel Vocabulario multilingüe de Lahuerta e Vázquez, é a guía de Muus el al. editada por Omega. Deixei a referencia a este (modificándoa) e, se cres que debe suprimirse, podes suprimila. Así mesmo se tes documentación sobre outros aspectos desta especie, sería moi bo que arrequeceras o artigo. Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 17 de xullo de 2015 ás 16:32 (UTC)

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Axudiña[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Como traducirías ti estes versos? To you from failing hands we throw the torch. Be yours to hold it high. Graciñas!! Piquito (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 22:36 (UTC)

Moitas grazas! Os versos están tirados deste poema, mais o contexto no que aparece no artigo é como frase motivadora nos vestiarios dos Montreal Canadiens, por se che sirve de axuda. Unha aperta!! Piquito (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 23:14 (UTC)
Moitas grazas de novo!! En efecto, os Canadiens fundáronse en 1909 e o poema é de 1915, cando gañaron por primeira vez a Stanley Cup, estaba ben de moda ;) Piquito (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 23:39 (UTC)

Noraboa[editar a fonte]

Veño de ver que eres o primeiro usuario que supera a cifra das 100.000 edicións na Wikipedia en galego. Admirable. Noraboa pola dedicación. JonnyJonny (conversa) 5 de setembro de 2015 ás 08:39 (UTC)

Unha axuda en Alzhéimer[editar a fonte]

Boas! Teño unha petición de axuda para ti, que coñeces máis destes temas ca min. No artigo Alzhéimer, na sección Xenética hai un parágrafo sen referencias nin ligazóns internas, o que comeza por En 1987, descubriuse a relación da enfermidade do Alzheimer co cromosoma 21. Isto foi importante.... Se consegues un momento libre, poderías revisar ese parágrafo? Estaría ben asegurarse de que non diga algo que poda ser incorrecto, e atoparlle referencias que apoien o que se di nesa parte. Non corre présa, só se tes oportunidade de revisalo. Moitas grazas, e noraboa polas 100 000. Saúdos Banjo tell me 7 de setembro de 2015 ás 09:59 (UTC)

Vese moito máis estruturado e apañado o da inglesa si, ó noso fáltalle máis traballo do que pensaba. Irei tentando adaptar o artigo a esa estrutura e comparar os contidos para ir mellorandoo pouco a pouco. Non te preocupes polo momento, máis adiante xa che pedirei que lle deas unha nova revisada. Sorte co novo curso :). Saúdos Banjo tell me 7 de setembro de 2015 ás 19:06 (UTC)

RE:Modelo:Chem[editar a fonte]

Mea culpa. Cambiei unha das etiquetas "onlyinclude" por "includeonly" cando cambiei as categorías dos modelos antes pola mañá. Son compatibles, pero hai que poñer a de apertura igual que a de peche, e só cambiara a última. Estaba durmido aínda, tes que desculpar. Quedan correxidas agora, se ves que queda algo incorrecto avísa e bótolle unha nova ollada. Banjo tell me 9 de setembro de 2015 ás 12:14 (UTC)

As veces inflúe a a caché do navegador, sobre todo se traballas a míudo nunha mesma páxina, pode que non recargara ben o modelo. Proba a limpala e abrir as páxinas de novo, deberían aparecer todas ben :) Banjo tell me 9 de setembro de 2015 ás 12:18 (UTC)

Cóbado[editar a fonte]

  • Polos artigos que fas, creo que tes coñecementos do uso de termos especializados na nosa lingua. Nun artigo. cóbado retirei dous termos que aínda que figuran no DRAG como sinónimos penso que non cumprían cos requisitos de uso en textos especializados, agradecía que de non concordares co cambio mo dixeses na miña páxina ou na páxina de conversa:Cóbado para reverter a edición.--HacheDous=0 (conversa) 10 de setembro de 2015 ás 16:02 (UTC)

Markup[editar a fonte]

Veño molestar. Creo que markup estaría mellor traducido coma "etiquetado" ou "etiquetaxe". markup language -> linguaxe de etiquetado, coma en HTML. No caso do ChemSpider, se non me equivoco, engádense etiquetas (tags) aos elementos da base de datos para facilitar as procuras, de ahi que use un markup language. Banjo tell me 10 de setembro de 2015 ás 21:22 (UTC)

O right to fork sería o dereito a ramificación. the right to fork is not guaranteed and the project can't be considered free/open. -> O dereito a ramificación/ramificarse non está garantido e o proxecto non se pode considerar libre/aberto.
Hai moitos termos que a min se me escapan tamén, non porque non os coñeza, pero moitas veces só os coñezo na forma orixinal inglesa. Non ter un estándar oficial para termos informáticos en galego sempre da problemas, e a RAG está a anos luz nestes ámbitos. Calquera dúbida con termos deste tipo aquí estou. Banjo tell me 10 de setembro de 2015 ás 21:56 (UTC)

Proposta para o 2017[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE: Canadiens[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Xa arranxei a frase, creo que queda claro agora, foi un residuo de cando fedellei co tradutor automático, vése que se me quedou por revisar algo. Basicamente o que pasou foi que os xogadores dos Tigers fixeron folga para cobrar 200$ máis, o Calder tiña man de ferro e en lugar de negociar suspendeu a todos os xogadores e deulles o título da NHL aos Canadiens, que logo perderon a Stanley Cup. Como podes ver Calder era un tipo "simpático". Un saúdo!! --Piquito (conversa) 12 de novembro de 2015 ás 22:35 (UTC)

Boas de novo!! A frase que dis refírese ao propietario dos Maple Leafs Conn Smythe. O de "inesperado" é pola rivalidade entre Leafs e Canadiens. Máis adiante no parágrafo fálase del ("Smythe non quixo ver desaparecer os Canadiens"), mais parece que non quede clara, que pensas? Debería poñer xa ao principio que foi Smythe? Graciñas polas revisións!! --Piquito (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 21:29 (UTC)
Vin as revisións que fixeches, parécenme ben todas, ainda que non sei se a "magnífica actuación" de Tretiak é moi enciclopédico, en calquera caso se alguén o considera así xa se buscará outra opción, pode que sexa impresión miña. É certo que aquí non hai moita afección (máis ben hai moito descoñecemento e pénsase pouco menos que é boxeo sobre xeo :D), pero tamén está ben sacar algún artigo de temas pouco coñecidos para crear algo de interés, por outra banda, creo que ningunha Wikipedia dunha lingua peninsular ten algún artigo de calidade sobre este tema e poderiamos ser a primeira (mesmo en ter máis dun). Unha aperta e moitísimas grazas polo traballo de mellora do artigo :) --Piquito (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 21:56 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)

Posibles propostas para calidade[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Decidín deixar de facer autopropostas para artigos de qualidade e destacados, mais como quero seguir propoñendo artigos e non teño moito tempo para buscar e a ciencia tampouco é o meu forte, poderías dicirme algún artigo que puidera propoñer? Polo que vin o da quimioterapia ten boa pinta, pero non sei se pode ser un bo candidato (nese tema non teño nin idea); o da evolución me comentaras hai tempo que non tiña moitos conceptos básicos, non sei se segue igual; non sei se algún da lista dos 1.000... Boeno, eu estou disposto a revisar, así que se tes algún xa ou vas traducindo algún que poida ser proposto agradeceríacho, así podemos ir medrando por ese camiño. Moitas grazas, apertas, e a seguir co bo traballo!! --Piquito (conversa) 2 de decembro de 2015 ás 11:29 (UTC)

Boas Miguelferig! Perdoa por tardar tanto en contestarche. MIrarei o artigo que me dis, de todos xeitos, anímote a que propoñas artigos que te poidas atopar, cantos máis usuarios procuremos artigos para propoñer para calidade máis rápido poderemos sumar artigos. Unha aperta e parabéns unha vez máis polo teu trabalho!! --Piquito (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 18:53 (UTC)
Boas de novo Miguelferig! Xa propuxen o artigo da fauna de Ediacara, está moi ben, mais se cadra deberías darlle ti que controlas da materia un repaso un pouco máis profundo, xa que eu me encontrei un erro de tradución que viña dun erro da Wikipedia en castelán (en inglés puña "these" e tanto en castelán como en galego se traduciu como "esta" ou "desta", ou "this" en inglés), se tes tempo de mirar máis polo miúdo o artigo e comparar algunha outra cousa que che poida chocar estaría ben, aínda así eu non vin nada polo que non poida ser de calidade. Moitas grazas pola suxerencia, o artigo é ben interesante e curioso, eu dende logo non sabía que existían eses "bichiños" :) Apertas! --Piquito (conversa) 19 de decembro de 2015 ás 23:46 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Ola Miguelferig, na sección "Función encimática" do artigo Exosoma (complexo) hai un parágrafo sen referencias; pregunto, polo tanto, se sabes cal referencia se utilizou, poderías referenciarlo e revisar ese parágrafo de alguna manera? Moitas grazas. 40.118.212.171 7 de decembro de 2015 ás 22:14 (UTC)

Feito! Feito!--Miguelferig (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 12:54 (UTC)

RE:Comentario sobre o borrado na proposta da portada[editar a fonte]

Non te preocupes, xa imaxinei que fora algo así :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2015 ás 11:36 (UTC)

Modelo:Liña do tempo da biota de Ediacara[editar a fonte]

Telita co modelo... Faltan por traducir os nomes dos períodos en Modelo:Cor período, polo resto coido que queda todo listo. Banjo tell me 18 de decembro de 2015 ás 19:18 (UTC)

Todos + se[editar a fonte]

Ola. Coido que tes razón na colocación do pronome na frase "todos os exemplares descubertos até 1967 se encontraban en xacementos de arenitos...". Despistoume a lonxitude do suxeito, se fose "todos os exemplares se encontraban..." non tería dúbida. Grazas pola mensaxe e saúdos.--Jglamela (conversa) 19 de decembro de 2015 ás 12:04 (UTC)

RE:Imaxes[editar a fonte]

Ola Miguel. A marca de "non verificada" parte de esta conversa. Estevo detectou que hai moitas imaxes antigas que non teñen o cadro de información, ou unha marca de licenza, ou datos sobre o autor e orixe, etc. Púxen o bot a engadir esa marca en tódalas imaxes, para ir revisando unha a a unha. Iso non significa que as túas imaxes teñan algo malo, simplemente é para darlles unha revisión e confirmar que todo estea correcto. Segundo se vaian revisando xa che comentará o que lle toque a imaxe particular se houbese calquera cousa que aclarar sobre ela, pero segundo o que indicas, se son creadas por tí ou baseadas noutras xa na wiki ou en commons non debería haber ningún problema.

O mensaxe ese que che deixaron en commons é por mor do que se indica aquí. Polo que entendo é unha restricción técnica ao xerar a imaxe dende o código svg. Parece ser que o sistema wikimedia non traballa ben coa fonte Arial e usa Liberation Sans no seu lugar, polo que che recomendan usar unha das fontes desa lista que sí están soportadas polo sistema. Non lle vexo moito problema, simplemente teno en conta para cando crees novos svg, ou se revisas os que xa creaches. Felices festas. Banjo tell me 24 de decembro de 2015 ás 13:23 (UTC)

Frank Christoph Schnitzler[editar a fonte]

Hello Dear, please start this article. Thank you very much. Susi

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)

Modelo:Liña de tempo gráfica do cenozoico[editar a fonte]

Traducindo os nomes de Modelo:Seguinte período este outro debería quedar funcionando xa ben. Banjo tell me 19 de xaneiro de 2016 ás 23:32 (UTC)

Clasificación[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Ao final aceptouse a clasificación que propuxen hai uns meses para a páxina dos artigos de calidade, tan só un favor: poderías clasificar ti o artigo Fauna de Ediacara? Eu non sei onde o poría.Graciñas!! --Piquito (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 14:45 (UTC)

Moitas grazas!! Creei a sección "Xeoloxía" e pendurei dela a de "Paleontoloxía" para meter o artigo. A verdade é que si que estaría ben ter algún artigo de dinosauros coa estreliña, creo que o tiranosauro é de calidade na Wikipedia en inglés. Eu polo momento non teño moito tempo para buscar artigos, por iso voltei ás autopropostas, teño moitos marcadores "en uso" e moitos artigos importantes de música clásica para mellorar. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 18:25 (UTC)

Se te animas[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Hai un tempo ampliei o artigo do Kilimanjaro da Wikipedia en castelán (que é basicamente unha tradución da Wikipedia en francés -onde é artigo de calidade-, aínda que como non coñezo esta lingua tiven que tirar do traducido). Sei que non é o campo que máis dominas, pero animaríaste a revisalo? Eu non sei moito do tema, teño interés na xeografía pero non teño recursos como para traducir un artigo así (cos erros que poida ter a tradución en castelán) e presentalo para calidade, non sei ata que punto está ben redactado e é coherente, creo que unha boa revisión non lle viña mal. Temos poucos artigos de calidade sobre xeografía e ningún de xeografía física, polo que podería ser un bo comezo de cara a ter algo máis que cidades e países na sección. Se non podes ou non queres non pasa nada, era para cando pase algunha das votacións que hai abertas, pero pode pospoñerse. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2016 ás 16:02 (UTC)

Boas Miguelferig! Grazas por revisar o artigo, non era necesario que o fixeras tan axiña. Eu non teño moita idea dos aspectos que comentas dos nomes de animais ou plantas, creo que non estou en situación de facer nada cos nomes (non teño criterio para facelo), interésame o tema pero non teño criterio nin fontes para atreverme a facer algo nese sentido. Fun de ciencias e decidín que non era algo para min, funme ás artes e alí quedei, dende un ano que pasei estudando química non teño moito contacto (mesmo ningún) coa ciencia, son pouco menos que un profano na materia, lembro cousas, teño curiosidade, pero pouco máis... Non te preocupes polos problemas que non poidas solucionar, non pasa nada se non so pode propoñer para artigo de calidade, era só unha idea, seguramente teña moitos erros máis de difícil solución, polo menos agora agora é máis completo para que a xente o poida consultar en galego e ter unha visión ampla. Moitísimas grazas de novo!! Unha aperta!!! --Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2016 ás 23:32 (UTC)
Boas Miguel, vin o comentario que fixeches na conversa de Piquito sobre este artigo e, aínda que non lin o artigo, o que comentas de que "os nomes comúns púxenos dun modo que me parece aceptable", podería non concordar co que temos en Wikipedia:Convencións_dos_nomes_dos_artigos#Artigos_sobre_seres_vivos. Ti sabes do tema moito máis ca min, pero penso que os nomes comúns en galego só deben poñerse se hai referencias que os avalen, xa que doutro xeito a Galipedia converteríase en Fonte primaria e iso non pode pasar. E penso que non hai problema ningún en que os seres dos que non hai nome común referenciado en galego se poñan co nome científico, se máis adiante atopamos fontes de referencia para outra cousa, movemos os artigos e listo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2016 ás 23:03 (UTC)
Boas Miguelferig! Grazas por revisar o artigo! Confío plenamente no teu criterio en todo o que se refire a nomes de animais, plantas... Agradézoche sobre todo o das imaxes, que é algo que eu non sei facer e dálle máis valor aínda ao artigo. O das citas, eu non podo ter acceso aos orixinais, sobre o poema de Ferrat, creo que é simplemente un exemplo que ben pode estar no artigo (non é tan relevante para nós como Hemingway, pero é un texto máis sobre a montaña), de todos xeitos deixarei unha mensaxe na conversa por se alguén pode poñer os textos orixinais e para ver o que pensa a comunidade sobre deixar ou eliminar o texto de Ferrat. Un saúdo e grazas de novo!! --Piquito (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 17:38 (UTC)
Grazas! Un saúdo, Piquito (conversa) 1 de abril de 2016 ás 22:49 (UTC)
Boas Miguel, estou revisando o artigo e estou atopando bastantes referencias para os nomes comúns no dicionario Digalego que agora pode consultarse na web da Xunta. Porén polo momento, do que levo revisado que aínda me falta, non atopei referencias para suíno. Poderías revisar se o nome é correcto e se tes a man algunha referencia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2016 ás 13:33 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)

Pseudónimos[editar a fonte]

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)

Portais[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Ultimamente estou a traballar no desenvolvemento dos portais na Galipedia e quería preguntarche se queres que faga un portal sobre a bioloxía, a microbioloxía, ou algún dos campos nos que traballas. Se queres ver exemplos do traballo que estamos a facer (Piquita xa non edita na Galipedia pero segue a facer as montaxes fotográficas e a axudarme coas cores e todo o contido estético) podes velo nos portais de Ballet, Ópera, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Rusia e o proxecto que se está a votar na taberna sobre o de Galicia (que podes ver aquí. Se queres podemos falar do deseño e as seccións que poderían entrar (se queres engades ti os resumos dos artigos ou indícasme os artigos a destacar e xa resumo os cabezados, iso xa ao teu gusto) do portal ou portais que queiras incluir. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 15 de marzo de 2016 ás 22:58 (UTC)

Unha cousa!! En todos os portais (ou case todos) os que che indiquei antes falta poñer a sección das categorías (no do Ballet está posta, pero tería que cambialo de lado para que quede esteticamente ben, pero boeno, aínda teño que darlle unha volta a eses e aos do hóckey a patíns e sobre xeo -poñerlles a estes unha montaxe fotográfica e máis contidos-) e outra para os artigos de calidade como hai tamén no do Ballet. Por outra banda, se tes Windows posiblemente non deas visto completos na pantalla os portais que che indiquei porque a imaxe non se axusta á resolución de pantalla, é algo que vai mirar Elisardojm (aínda non sei se o mirou ou cando o fará), podes reducir o tamaño para visualizalos aínda que sexa nunha previsualización (o tamaño que ten a imaxe agora está pensado para axustarse ás marxes do portal na resolución que emprega o Safari por defecto). Outra aperta!! --Piquito (conversa) 15 de marzo de 2016 ás 23:23 (UTC)
Boas de novo! O certo é que tiña pensado facer varios portais, e como hai moitos artigos de moi bo nivel sobre o tema pensei que estaría ben. Sobre o "mantemento continuado" que indicas, a idea é facer portais que non sexa preciso manter demasiado, poñendo unha selección aleatoria de artigos destacados e se co tempo considérase que se poden poñer máis engádense na lista e xa está... por exemplo: o portal da ópera só ten dous artigos destacados (os únicos que mostra) malia aparecer no "arquivo" dez opcións, non pasa nada, xa se irán poñendo. Tal e como o pensei eu o único que habería que actualizar sería engadir no cadro dos artigos de calidade e artigos bos os artigos correspondentes que vaian saíndo escollidos. Dime se queres que portais che parece ben facer e exemplos de artigos para cada un para ir mirando imaxes que poidan ir ben para a montaxe, e as seccións que poderían encaixar (en principio pensei nun "artigo destacado", unha "imaxe destacada" e posiblemente unha "biografía destacada", non sei se che parece ben nin se engadirías unha sección de curiosidades ou algunha outra, ti dirás) Polas cores, eu pensei en facer o portal da bioloxía en verde, paréceche? Xa falamos. Unha aperta! Piquito (conversa) 16 de marzo de 2016 ás 21:52 (UTC)

RE:Nome dos Parques Nacionais[editar a fonte]

Tes razón, traducino mal, xa o amañei. Grazas polo aviso :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 09:42 (UTC)

Por certo, acabo de atopar esta páxina, e esta, ó mellor hai algunha foto que che interesa para algún artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 19:45 (UTC)
Non hai ningún problema, precisamente aí está a gracia, todas son fotos con licenza compatible coas de Commons e as das wikipedias e que xa están subidas alí :) Foi un concurso fotográfico que organizaron algúns capítulos para conseguir fotografías científicas libres, fai un tempo que saiu o aviso na cabeceira dos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 21:24 (UTC)

Nova escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)

Pelicano[editar a fonte]

Ola Miguel. O teu artigo é dos mellores que vin referidos a zooloxía. Permininme facer unha mínima corrección para deixalo máis axeitado a outros do mesmo tema. E só lle queda un chisquiño para que sexa totalmente perfecto: cambiarlle o título e poñelo en plural, xa que nel se tratan todas as especies, vivas e extintas, do xénero Pelecanus, pero iso non o podo facer eu. Outro detalle: corrixín no texto o nome da familia en galego (pelicánidos por pelecánidos), xa que é unha adaptación do latín, e ti mesmo pos o nome da orde pelecaniformes (e non *pelicaniformes). Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 13 de abril de 2016 ás 19:42 (UTC)

Ola Miguel. Sei que o artigo é unha tradución do da Wiki inglesa, pero está moi ben e o teu traballo foi arduo.
O cambio das cursivas por redondas foi, efectivamente, cousa de Banjo: é unha teima coninua que temos el e mais eu; pero desta vez pasouse; oridnariamente a única cursiva que pasaba a redonda era AnimaisAnimamalia; desta vez chegou até a familia, menos mal que deixou o xénero en cursiva. Non sei se hai un acordo da Galipedia para facer isto ou non (supoño que si, porque Banjo insiste). Pero se o hai, habería que cambialo (tras a pertinente discusión). Porque non é nada apropiado ler termos compostos en bilingüe: Reino: Animalia; Filo: Chordata... menos mal que Aves se di igual en latín que en galego. En galego, como en castelán, portugués, catalán, francés, italiano, etc., é usual escribir os termos dunha lingua estranxeira en cursiva (para indicar esta condición), a non ser naquelas voces que estean plenamente integradas (como ocorre en galego cos latinismos ictus, statu quo, status e outros). O problema está, falando do latín científico, en que o inglés, idioma dominante na ciencia, non adapta os termos latinos (agás os nomes de xénero e especie, e iso porque o obrigan a comisións internacionais de nomenclatura botánica e zoolóxica); e (case) todos os científicos, tamén os galegos, seguen a norma inglesa nas súas publicacións (ollo!) científicas, o que está ben polo aquel de procurar a intercomprensión da linguaxe científica. Así, podemos ver títulos de artigos publicados en revistas científicas, mesmo en galegas, como, a xeito de exemplo:
Rolán, E. 1983. "Algunas observaciones sobre Panopaea glycimeris (von Born, 1778 Mollusca: Bivalvia) en la Ría de Vigo". Thalassas 1, pp. 59-65.
Non digamos se o artigo está publicado nuna revista estranxeira:
Rolán-Álvarez, E. & Rolán, E. 1995. "Applicability of the biological concept in taxonomy: the example of Littorina saxatilis (Gastropoda: Prosobranchia)". Argonauta, 9 (1-6), pp. 1-8.
Pero unha enciclopedia non é unha revista científica (como tampouco o son as obras de divulgación, guías de campo, manuais escolares, etc.). E así temos, tamén a título de exemplos, que nunha das máis recentes Guías en galego, a Guía dos mamíferos de Galicia de Díaz d'a Silva e Cartelle, editada por Baía Edicións na Coruña:
Quirópteros (e non Chiroptera); Carnívoros ( e non Carnivora); Roedores (e non Rodentia); Lagomorfos (e non Lagomorpha), etc.
Solución esta que tamén adoptan os dicionarios e enciclopedias en galego, empezando polo dicionario da RAG.
En canto ao que dis de Pelicano/pelicanos eu tampouco o teño demasiado claro. Efectivamente, o plural latino sería Pelecani; pero o artigo versa sobre o xénero, que é Pelecanus (e na caixa "clasificación científica" ten que haber coherencia; outra posíbel solución sería poñen arriba genus Pelecanus, pero isto iría contra o resto das Wikis). O meu criterio (naturalmente discutíbel) é harmonizar o título do artigo co texto, cousa que fago en todos os artigos dos que son o primeiro editor, ou o enésimo (e que teño protestado por artigos que non respectan este criterio e, en moitos casos, os administradores fixéronme caso). E o artigo en cuestión comeza coa expresión "Os pelicanos". Polo que respecta a que «Creo que o costume nas wikipedias é poñer os nomes en singular (aínda que consten de varios membros)»... depende de cada Wikypedia. Neste caso temos variadas solucións:
Alemán: Pelikane (pelicanos), e comeza o texto con Die Pelikane (os pelicanos), e na caixa de clasificación pon só o termo alemán, Pelikane (sen poñer o nome latino do xénero).
Catalán: Pelicà (en singular), comezando o texto por Els pelicans, e poñendo na "caixa" o nome en plural Pelicans.
Castelán: titula o artigo en latín (iso si, sen usar cursiva), Pelecanus, aínda que o texto comeza "Pelecanus es un género", e na "caixa" pon "Pelícanos" (en plural).
Como ves, hai de todo. E tamén comprendrerás que, como digo na miña páxina de usuario, son un simple afeizoado ás ciencias e ás letras, polo que me preocupa que, en todo o referido á ciencia, se use un "idioma preciso".
Para rematar, vou editar de novo a "caixa de clasificación" para que Banjo volva tirarme das orellas (ademais, fastídiame que, cando me corrixe, vova a aparecer a antiga cor verde, cando agora se utiliza a cor area). Unha aperta, --XoioÉche o que hai 14 de abril de 2016 ás 14:59 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada[editar a fonte]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)

Petición... se te animas[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Animaríaste a traducir o artigo it:Palazzo Ducale (Venezia) da Wikipedia en italiano? O artigo é de calidade nesa Wikipedia e ten moi boa pinta. Gustaríame facelo a min, porén non teño coñecementos de italiano... Sei que non entra nos teus campos de coñecemento, así que se non queres ou non te ves capaz non hai problema. Un saúdo! Piquito (conversa) 19 de abril de 2016 ás 20:48 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Miguel! Como ben sabrás somos poucos administradores na Galipedia e alguén que poida botar unha man nunca está de máis. Levo un tempo xa pensando en ti como posible candidato e vendo o estupendo traballo que tes realizado desde que comezaches a editar aquí, creo que chegou o momento de facer a pregunta: Gustaríache ser administrador da Galipedia?. Vexo que tes activada xa a función de correo electrónico, así que quedo á espera da túa resposta para iniciar a votación. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 27 de abril de 2016 ás 18:17 (UTC)

É unha pena que non queras. Pero se consideras que é mellor así. Unha aperta!--AMPERIO (conversa) 28 de abril de 2016 ás 16:05 (UTC)

Suínos[editar a fonte]

Eu creo que temos un problema con isto, segundo as políticas de Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria, se non temos referencias para un termo en galego temos que usar o seu nome orixinal. Por isto, eu penso que mentres non teñamos referencias doutra cousa temos que usar o nome científico, en caso contrario a Galipedia estaría "inventando" o termo e sería unha Fonte primaria.

Este tema sei que é problemático, e que hai artigos que non se axustan a esta idea, polo que penso que será interesante que se pregunte por el na taberna para que a xente comente as súas ideas e cheguemos a un punto común que poidamos usar todos. Se estás de acordo, comentareino na taberna cando teña un momento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2016 ás 02:21 (UTC)

Se tes un momentiño[editar a fonte]

Ola Miguelferig. Está aberta unha nova votación para elixir o artigo Krzysztof Penderecki como artigo de calidade, na votación Banjo sinalou algún erro ortográfico, se tes un momentiño poderías darlle unha pasada? Eu non son o mellor usuario para revisar erros de lingua. Grazas, Piquito (conversa) 29 de abril de 2016 ás 10:09 (UTC)

Por certo, ti que traduces artigos da Wikipedia en inglés... Nesa Wikipedia podes darlle a "editar a fonte"? Estou con Wagner pero non me aparece máis que a opción "edit" para traballar co editor visual... agora só se pode editar co editor visual ou é cousa de configurar algo? Grazas, Piquito (conversa) 29 de abril de 2016 ás 10:13 (UTC)
Grazas polas correccións! A min o "edit" non me equivale a "editar a fonte", supoño que non pensaron nos Mac e no Safari cando fixeron iso... unha mágoa. Terei que ver como facer. Graciñas, Piquito (conversa) 30 de abril de 2016 ás 00:20 (UTC)

RE:Uombat - Vombat - Wombat[editar a fonte]

Si, cambieino porque houbo que mover o artigo Uombat pola referencia que hai e pola petición que fixo Xoio na conversa, porén agora fixándome ben na referencia atopo que pon que o Uombat é o Phascolomys mistchelli, e ó final dando varias voltiñas, e grazas a wikispecies :), atopei que é un sinónimo (aínda que no libro ten o nome mal escrito, o correcto é Phascolomys mitchelli). Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2016 ás 00:55 (UTC)

Aviso votación para administrador[editar a fonte]

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Composto insaturado[editar a fonte]

Boas Miguel, podes botarlle unha ollada a este artigo Composto insaturado, eu non ando moi ao día en química. ;) --AMPERIO (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 10:35 (UTC)

Moitas grazas! Evidentemente está moito mellor agora. Se cres que hai que mudarlle o nome adiante! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 16 de xuño de 2016 ás 19:13 (UTC)

Similaridade[editar a fonte]

Boas noites, Miguel. Vexo que utilizas a palabra "similaridade", palabra que non recolle nin o VOLGa nin o DRAG. Supoño que se podría cambiar por similitude (ou semellanza, parecido) ou, simplemente, similar. Pero antes de meterlle man prefería comentalo contigo. O feito é que agora mesmo temos 60 casos de similaridade e 15 de similaridades. Xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xullo de 2016 ás 22:19 (UTC)

lisosoma[editar a fonte]

Boas tardes, Miguel. No artigo lisosoma dis que os "Endosomas tardíos. Xorden ao unirse os lisosomas primarios con materiais procedentes dos endosomas tempráns. Os endosomas tempráns conteñen macromoléculas que ...". Non sei que pode ser iso de "endosomas tempráns" pero o certo é que "temprán" non existe en galego. Sí existe temperán: 1. [Froito] que madura antes do tempo previsto ou acostumado. 2 Relativo ou pertencente ao inicio ou aos primeiros momentos do transcurso de algo, pero non sei se estaremos falando do mesmo. Déixocho na túas mans para que lle busques a forma correcta. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de xullo de 2016 ás 18:00 (UTC)

Tetrodotoxina[editar a fonte]

Boas noites, Miguel. Parabéns por meterte con este artigo. Para a túa información ó respecto, podes botar un vistazo ó [Rgto europeo 853/2004] que establece requisitos específicos en alimentos de orixe animal, onde se prohíbe a venda (en Europa, claro) de Tetraodontidae e outros. No seu anexo III, sección VIII (Produtos da pesca), cap. V (Normas sanitarias), parte E (toxinas), di o seguinte: "1. No se pondrán en el mercado productos de la pesca derivados de peces venenosos de las siguientes familias: Tetraodontidae, Molidae, Diodontidae y Canthigasteridae". Non volve mencionar estas familias nin a palabra tetrodotoxina en ningún otro punto do texto.

Outro dato é que técnicos do Centro de referencia de Biotoxinas marinas ( en Vigo) detectaron a presenza de tetrodotoxina en mexillóns e bígaros, en Galicia, aínda que en cantidades mínimas; a noticia na prensa que falaba disto engadía que tamén se ten detectado en ostra do Reino Unido e mexillón grego, e que Holanda propuxera á Comisión Europea a inclusión da tetrodotoxina entre as biotoxinas a comprobar en moluscos, como se fai coas biotoxinas mariñas clásicas.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 9 de xullo de 2016 ás 21:38 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Teño visto que nos artigos sobre seres vivos non hai unha estrutura uniforme de contidos, e penso que sería boa cousa propor unha. Por iso che quería propor que traballásemos aquí nun "modelo de artigo" para ditos artigos, para logo levalo á taberna e adoptalo como estrutura estándar. Qué che parece? Ten sentido? --Norrin (Fálame) 21 de xullo de 2016 ás 10:50 (UTC)

Boas de novo. Non o plantexo como unha uniformidade "obrigatoria", mais si recomendada. Entendo que non se fai (até agora) con outros tipos de artigos, mais o caso é que nos seres vivos é esaxerada a diferenciación. Evidentemente eu penso que co caso dos países e as cidades deberíamos facer o mesmo, mais por algún cómpre comezar...
No referente á rixidez das seccións, a orde das mesmas só a plantexo cando hai información dabondo, claro. Sobre a estrutura que propós, eu faría algún cambio deste xeito:
   Cabezallo
   Etimoloxía/nome
   Área de distribución e hábitat
       Estado de conservación
   Descrición
       Morfoloxía externa
       Anatomía interna
       Reprodución
       Alimentación e depredadores que o consomen
   Taxonomía
   Relación co ser humano
       Perigos (non sei se é o título máis axeitado...)
       Gastronomía
   Outros
Qué che parece? --Norrin (Fálame) 22 de xullo de 2016 ás 07:31 (UTC)

Camboxa e Cambodja[editar a fonte]

O tema e que a RAG non da "formas correctas" senón "formas recomendadas", polo que non se pode dicir que Cambodja sexa máis correcto que Camboxa, xa que ambas formas teñen referencias (isto se falou hai un par de anos co tema de Bos Aires/Buenos Aires). Polo tanto, ante dúas formas correctas, prima a escolla inicial: é un peñazo pero e que non hai solución mellor...--Norrin (Fálame) 22 de xullo de 2016 ás 07:31 (UTC)

Asperger[editar a fonte]

Ola, Miguel! Como vai?

Escríboche para che pedir un favor. Anímaste a mellorar o artigo da síndrome de Asperger? Na actualidade ten un contido mínimo, unha categorización precaria e un desenvolvemento mediocre. Non o fagas se non che apetece, por suposto! Quizais non é dos campos que controles ou nin sequera te interesa, pero pensei que talvez che interesase botarlle un ollo; xa me contarás. Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xullo de 2016 ás 00:29 (UTC)

Gerald M. Edelman[editar a fonte]

Permíteme unha encarga, Miguel. No artigo sobre Gerald M. Edelman hai unha frase que quería que revisases: Unha característica clave de estes modelos é a idea de que os dominios de unión a antíxeno dos anticorpos (Fab) inclúen aminoácidos da luz e das subunidades de proteínas pesadas. ¿Que é iso de aminoácidos da luz? ¿Existen ou se trata dun erro do editor? Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de xullo de 2016 ás 21:59 (UTC)

  • Moitas grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de xullo de 2016 ás 22:43 (UTC)

Evolución[editar a fonte]

Ola Miguel. Nas túas últimas edicións no artigo Evolución introduciches unha serie de referencias novas que requiren unha revisión:

  • Varias referencias co parámetro |data-acceso= teñen o formato americano (yyyy-mm-dd) no lugar do que se adoita usar nos artigos de calidade (dd de mes de yyyy)
  • A referencia curta Dalrymple 2001 non ten unha entrada bibliográfica correspondente. Ademáis de precisar dita información, de só usarse unha vez é case mellor indicar os datos completos da obra referenciada na propia referencia
  • Isto mesmo ocorre no caso de Raven & Johnson 2002

Podes revisar estas novas referencias, por favor? Grazas. Banjo tell me 29 de xullo de 2016 ás 19:32 (UTC)

Creo que queda todo listo agora, si. Grazas! Banjo tell me 29 de xullo de 2016 ás 20:43 (UTC)

pH[editar a fonte]

Boas noites Miguel. No artigo sobre o pH hai algunhas frases que me gustaría que revisaras:

  • "O "p" equivale ao simétrico do logaritmo de base 10 da actividade dos ións a que se refire". ¿qué é iso de "simétrico do logaritmo"?
  • "Este é un ácido forte [fala do ácido clorhídrico], por iso atópase completamente disociado e atópase suficientemente diluído para que a actividade sexa próxima da concentración". ¿actividade próxima da concrentración?
  • "Esta é unha base forte [fala do Hidróxido sódico], por iso está completamente disociada e atópase suficientemente diluída para que a actividade sexa próxima da concentración".

Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 19:47 (UTC)

Grazas Miguel. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 21:08 (UTC)

Reflexións sobre os artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

párkinson vs Parkinson[editar a fonte]

Paréceme perfectamente lóxica e coherente a túa argumentación e case estiven tentado de facer os cambios que suxires agora mesmo, pero por se a cousa resulta conflitiva preferín facer a pregunta á RAG. No creo que haxa presa e podemos esperar á resposta dos expertos. Habitualmente contestan en 1-2 días aínda que quizais os pillemos de vacacións, ou co buzón cheo de traballo atrasado. En canto contesten xa che contarei. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 19:27 (UTC)

Os amigos da RAG confirman a túa tese. Velaí o meu correo de onte:
Quixera confirmar se é correcto o uso de párkinson (sustantivo, minúscula e til), "diagnosticáronlle párkinson á miña avoa", e o do sintagma "enfermidade de Parkinson" (miúscula, sen til): "a enfermidade de Parkinson é terrible". É de supoñer que o caso de alzhéimer e enfermidade de Alzheimer (minúscula e con til a primeira, maiúscula e sen til a segunda) terá o mesmo tratamento. Moitas grazas.
e a súa resposta de hoxe:
Efectivamente, ambos os dous termos teñen o mesmo tratamento, ao se considerar que se xeneralizaron como substantivos comúns para denominar as enfermidades correspondentes. Xa que logo, escríbense con minúscula inicial e, malia conservaren a grafía do nome do que se tomaron (como é habitual nos estranxeirismos que non contan cunha forma adaptada), si se acentúan consonte o indicado ao respecto no punto 2.6. das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (“As palabras estranxeiras de circulación corrente, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación”). Pola contra, como ben indica no seu correo, como parte do sintagma “enfermidade de ...” utilízase o nome con maiúscula, na súa forma orixinal. Atentamente, Seminario de Lexicografía Real Academia Galega (RAG)
Así que xa podemos facer o cambio sen problemas. Fareino esta noite e engadirei estes correos na páxina de conversa. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 1 de setembro de 2016 ás 14:10 (UTC)

efecto fundador[editar a fonte]

Ben feito, FLDS ≠ LDS, non lera ben. ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de setembro de 2016 ás 20:02 (UTC)

Raíz az en química[editar a fonte]

Acabo de investigar un pouco sobre o tema e tes razón. Ademais, as linguas da nosa contorna manteñen o z (piperazina en portugués, castelán e catalán). Respecto ao DRAG, aínda teñen numerosas incongruencias no seu dicionario. Eu mandárelles unha cuestión sobre o uso correcto das abreviaturas (empregaban tanto a.C. coma a. C. e despois só aparecía EE.UU.) e dixéronme que ían estudalo para uniformar o Dicionario, rematando con que se chegaban a unha conclusión faríanmo saber (aínda non me dixeron nada dende entón). Perdoa polas molestias, vou arranxalo agora! Saúdos.--Isili0n (conversa) 13 de setembro de 2016 ás 13:36 (UTC)

Cudú maior[editar a fonte]

Ola Miguel. Non es partidario de facer ligazóns con outras wikipedias, e cres (non estás seguro) de que non se recomenda. É unha opinión, e non sei se hai algunha norma interna na Galipedia sobre iso. Na wiki en castelán, si hai moitos artigos que fan uso diso. E unha precisión: botándolle unha ollada á páxina do Handbook en cuestión (cando non estaba en vermello), pódese ver claramente que a edicón de Lynx Edicions non é unha tradución ao castelán, senón que está publicada en inglés. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 20 de setembro de 2016 ás 09:39 (UTC)

RE: Modelo:Chembox[editar a fonte]

Bótolle unha ollada decontado. --Toliño Fala aquí comigo 29 de setembro de 2016 ás 19:11 (UTC)

Feito! Feito! Velaquí a solución. Avisa se detectas algún problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 29 de setembro de 2016 ás 19:19 (UTC)

Nucleósido[editar a fonte]

Ola. Bótalle unha ollada a este cambio dunha ip. Está ben? --Atobar (conversa comigo) 6 de outubro de 2016 ás 19:30 (UTC)

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)

Marcador "en tradución"[editar a fonte]

Ola Miguel. O marcador a usar nas páxinas de conversa dos artigos para indicar que son traducións dos correspondentes noutras wikis é {{traducido de}}. O modelo {{en tradución}} é para usar dentro do propio artigo indicando que se está a traballar nel. Revisa estas dúas conversas cando teñas un minuto libre, sen presa. Calquera dúbida aquí estamos. Grazas! Banjo tell me 26 de outubro de 2016 ás 09:16 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)

Diabetes mellitus[editar a fonte]

Boas noites, Miguel. No artigo Diabetes mellitus engadiches hai anos unha lista de posibles causas. Case ó final da lista está a "Hormona toroidea", e a miña pregunta é se tal hormona existe ou é un erro mecanográfico por "tiroidea". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 19:58 (UTC)

  • Feito! Feito!. Grazas, Miguel. Pedro --Lameiro (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 20:10 (UTC)

Xoanes[editar a fonte]

Pois non che sei, Miguel. Eu limiteime a crer o que dicimos no artigo Xoán o Evanxelista: "San Xoán o Evanxelista foi un dos doce apóstolos de Xesús Cristo. Escribiu o Evanxeo de Xoán...". Para min sempre foron o mesmo e non sabía que houbese dúbidas. Pedro --Lameiro (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 22:05 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~

RE:Imaxe dos musgos[editar a fonte]

Ola Miguel. A imaxe Ficheiro:Lifecycle moss svg diagram gl.png que cargaches e borrei é idéntica á última versión de Ficheiro:398px-Lifecycle moss svg diagram- gl svg.png, cargada por ti tamén. O motivo do borrado da primeira é esa duplicidade, ademáis de faltarlle información de orixe e autoría a esa primeira. En commons non quedou rexistrado que cargaras ningunha imaxe semellante, así que aí non podo axudar. A imaxe que queda nos artigos agora mesmo é Ficheiro:398px-Lifecycle moss svg diagram- gl svg.png, coas túas propias modificacións. Banjo tell me 15 de novembro de 2016 ás 20:51 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)

Silvas e silveiras[editar a fonte]

Boas noites Miguel. Bota un vistazo, por favor, á Conversa:Silva de follas de umeiro, a ver se conseguimos solucionar os problemas sobre os nomes común e científico. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de novembro de 2016 ás 18:08 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)

Denominación vulgar da Hylla molleri[editar a fonte]

Ola, no verán estiven mudando o nome dos artigos das ras do xénero Hyla de "estroza" a "rela, conforme o sinalado no artigo de Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 79-80 e 84 e a escolla da forma "rela" que fai o DRAG, que, polo contrario, non recolle "estroza". No artigo de Conde Teira ponse en dúbida que a forma "estroza" teña uso na fala para denominar unha ra.

As referencias existentes, que eu saiba, non contemplan na nomenclatura a relativamente recente distinción entre a "Hyla arborea" e a "Hyla molleri", algo que tentou facer no seu momento Xoio poñéndolle á primeira especie o adxectivo "europea". Seguindo isto deille o nome de "rela europea" á "Hyla arborea" e o de "rela meridional" á "Hyla meridionalis", apoiado na denominación que figura en "Os nomes galegos dos réptiles", en A Chave [21], fonte coa que porén noutros moitos casos adoito discrepar.

Ora ben, fica o problema da denominación para a "Hyla molleri". Fixen unha consulta ao DRAG nese sentido hai varios meses e acabo de ver que modificaron a entrada "rela" indicando que tal nome corresponde ás dúas especies: "Hyla arborea" e "Hyla molleri". Quería saber a túa opinión sobre cal sería o nome máis acaído para diferencialas. Sendo a especie presente en Galicia a "Hyla molleri" correspóndelle ser a "rela común" ou reservarlle algún dos nomes tradicionais do tipo "ra de Santo Antón" ou ra das figueiras" mentres que a "Hyla arborea" sería a "rela europea" e a "Hyla meridionalis", a "rela meridional"??

Graciñas e saúdos.

Marcio (conversa) 27 de novembro de 2016 ás 12:49 (UTC)

Ola! Encontrei neste blog, que ademais ten propostas interesantes para os nomes de especies, unha entrada sobre os hílidos. Penso que paga a pena botarlle un ollo.

Un saúdo

http://debullandoafala.blogspot.com.es/2016/12/os-nomes-das-ras-do-xenero-hyla.html?m=1

Marcio (conversa) 10 de decembro de 2016 ás 14:07 (UTC)

cairomonas e gatos[editar a fonte]

Boas noites, Miguel. Na páxina cairomona chamoume a atención que as ligazóns cara o gato e a rata estivesen en vermello e fun comprobar. Ti falas de Felis domesticus o noso artigo sobre o gato de Felis silvestris domesticus; e o arttigo na es:wiki fala de Felis silvestris catus. ¿Son a mesma cousa? Máis preocupante é que non teñamos un artigo para a común rata común (R. norvegicus), que está pedindo a gritos que lle dediques unha tarde. Saúdos e feliz concerto de Aninovo. Pedro --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 20:48 (UTC)

Pois eu prefiro cen veces o título de rata común. Non debemos mitificar ata ese extremo o DRAG e, de feito, xa no artigo rata o dábamos por feito cando dicíamos que unha das tres especies era "a rata común, Rattus norvegicus". ¿Queres referencias?: "A rata común, de nome científico Rattus norvegicus..." (GEG), e se seguimos buscando atoparemos máis referencias. Veña, anímate e fai o cambio. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 20:24 (UTC)
Resolto, espero. ¿Cómpre facer unha redirección tamén desde rata parda? Pedro --Lameiro (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 20:59 (UTC)
Eu dígoo porque é o sinónimo que lle damos no propio artigo: "Outros nomes que se lle dan en moitos países débense á cor da súa pelaxe, gris ou marrón (rata gris, rata parda)", pero vale, tampouco importa. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 22:14 (UTC)

Wikirreto[editar a fonte]

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Dilema do ourizo[editar a fonte]

Boas tardes, Miguel. En primeiro lugar quero expresarche os meus agradecementos polo teu traballo e melloría que realizaches no artigo. En segundo lugar, referido ó que me contabas nunha das túas edicións sobre a cita de Luis Cernuda gustaríame darche a correspondente explicación: por suposto que non pasei por alto que estaba en castelán nin tampouco non me din de conta ao revisaren o artigo, simplemente ao seren unha cita dun contido en castelán por Luis Cernuda e non existir o mesmo contido en galego, entendín que o mellor era non traducilo (como pasa en obras literarias e demais que tes que deixar a forma orixinal se non existe a forma galega). Terei o teu consello moi en conta para que non volva acontecer en sucesivas ocasións. Feliz aninovo. Un saúdo e bo día. RubenWGA (conversa) 1 de xaneiro de 2017 ás 14:29 (UTC)

Wikirreto[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Vin que eliminaches a relación de artigos que creaches polo Wikirreto. Creo que, aínda que non participes no concurso (eu tampouco o fago), engadas a relación de artigos que vaias creando para avaliar os resultados, saber cantos artigos da lista creáronse este ano... Logo ti es libre de poñer medallas na túa páxina de usuario ou non, de reclamar algún premio ou non, pero creo que si que estaría ben saber cantos artigos creas e ver cal foi o impacto deste Wikirreto de cara a edicións futuras, e por outra banda, ter un usuario que crea moitos artigos é un incentivo para outros usuarios que se poidan "picar" e así se fagan máis artigos. Unha aperta e parabéns polo teu traballo! Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 21:52 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)

Carrizos[editar a fonte]

Xa fixen os cambios que propós no artigo Troglodítidos, pero iso me leva a unha pregunta: ¿Non debería ser, coherentemente, Paseriformes, cun só s, e non Passeriformes (con dous s), como se chama agora a categoría? Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 21:14 (UTC)

¿Algunha proposta para galeguizar a Categoría:Prunellidae? Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 21:39 (UTC)
Xa pasei tódalas familias á nova categoría Paseriformes, incluídos os Prunélidos. Non deixes de avisarme se ves algún outro erro. Grazas por todo. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 22:08 (UTC)

Lista de aves de Galicia[editar a fonte]

He visto esta edición pero aunque piquelo sea lo mismo que peto el nombre común en gallego es piquelo como puedes comprobar en esta búsqueda de google. Un saludo --Jcfidy (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 12:42 (UTC)

Eu engado que na Guía das aves de Galicia, edición do 2004, indica que o nome común do Sitta europaea é piquelo azul, segundo acabo de consultar... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 20:48 (UTC)
O Dicionario de galego de Ir Indo Edicións redirecciona piquelo cara a gabeador azul (considerándoos sinónimos).--Isili0n (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 21:30 (UTC)
Na Guía non da ningún nome común para os sittidae, tan só pon unha liña cunha descrición xeral. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 21:51 (UTC)

Conversa[editar a fonte]

Ola Miguelferig. Hai un problema con Usuario Discusión:Jcfidy‎: esa páxina en realidade é un artigo. A páxina de conversa correcta é Conversa usuario:Jcfidy‎. En casos coma este o procedemento a seguir é publicar a mensaxe na páxina de conversa do usuario (Conversa usuario:Jcfidy‎) e marcar o artigo (Usuario Discusión:Jcfidy‎) para borrar. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 1 de febreiro de 2017 ás 21:37 (UTC) Arranxouno Elisardojm. --Prevertgl 1 de febreiro de 2017 ás 21:49 (UTC)

Desculpa se pareceu que te estaba chamando a atención, só se trataba de retirar o texto do espazo dos artigos. Nese caso, é preferible que o faga o colaborador que publicou a mensaxe para que no historial das páxinas apareza o seu nome de usuario como autor. Moitos usuarios que editan máis a miúdo noutras linguas poñen nas súas páxinas ligazóns á páxina de conversa nesa outra lingua, se a ligazón non é correcta pasa o que pasou desta vez. Un cordial saúdo. --Prevertgl 1 de febreiro de 2017 ás 22:02 (UTC)

Cepa[editar a fonte]

Ola, Miguel! Como vai? Veño de crear a páxina de homónimos cepa, pero non me acabar de acabar as definicións; impórtache botarlle un ollo? Mil grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de febreiro de 2017 ás 23:18 (UTC)

química[editar a fonte]

Boas tardes Miguel, estou traballando nun artigo sobre unha química rusa e aparecen algúns termos que non sei traducir moi ben (Methylidynephosphane CHP e Dibenzyl ketone C15H14O), non sei si serían algo como metilidinefosfano e dibencil cetona, xa teño a química un pouco esquecida. --AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 18:29 (UTC)

Grazas por crear os artigos e revisar a miña tradución. Sobre o que comentas do apelido, acudín ao artigo ruso no que o apelido aparece como Богдано́вская, se acudimos a Wikipedia:Transliteracións vemos que a letra Я tradúcese como ia (ten o mesmo son que o y de aí que en castelán se traduza como Bogdanovskaya), porén en galego o correcto sería Bogdanovskaia pese a que poida parecer unha tradución moi galeguizada. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 18:34 (UTC)
Non sei, creo que iso xa é meternos nun terreo pantanoso ao ser un tema cultural (e legal) doutros países. Eu deixaríao como Vera Popova (en wikidata é o nome que ten o artigo e no artigo ruso é Попова, Вера Евстафьевна -> Popova, Vera Evstafevna).--AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 19:15 (UTC)
Outra opción, que acabo de ver, é usar a versión do nome que empregan na wikipedia en ucraíno (Віра Богданівська-Попова na que o apelido aparece como Bogdanovskaia-Popova, se cadra podería ser a solución, aínda que eu intentaría buscar algunha fonte allea a wikipedia (enciclopedias ou libros de texto) a ver como aparece. Seguro que ti tes algún libro de química no que apareza (eu en Madrid poucos libros en galego teño a miña disposición, e menos enciclopedias). Saúdos. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 19:21 (UTC)

Entón eu deixaría como está. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 20:54 (UTC)

Axuda cunha tradución[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Mira unha cousiña, traducín o artigo de Jane Joseph da Wikipedia en lingua inglesa, mais atopo algún problema cunha frase que non lle encontro o sentido, é a seguinte: "Jane gave the minimum of worry to each person concerned by giving herself the maximum of hard work and forethought." No orixinal en lingua inglesa está ao final da sección "Postwar years" (é a última frase da sección). A usuaria UnhaNova fixo unha revisión ortográfica e deixou unhas dúbidas na conversa do artigo, unha está relacionada coa frase anterior, a outra xa ten solución e a terceira, xa de paso pregúntoche a ti a ver se podes clarificar o que entre os dous non dimos feito: como porías o que en castelán é "niñera" ou en inglés é "nanny" en galego? Graciñas!! Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2017 ás 23:23 (UTC)

Grazas Miguelferig, tanto pola axuda como pola rapidez! Apertas!! Piquito (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 00:10 (UTC)

categorías ¿repetidas? de insectos[editar a fonte]

Boas tardes, Miguel. Temos dúas categorías de imaxes de insectos: "Categoría:Imaxes de eirugas de Galicia" e "Categoría:Imaxes de larvas de Galicia", que entendo que deberían fusionarse. De feito, definimos eiruga como "unha larva de bolboreta e, por extensión, de calquera insecto". Se me confirmas que estamos a falar da mesma cousa, póñome a unificar as dúas categorías (en "imaxes de eirugas", supoño). Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 18:44 (UTC)

BECHO.JPG
  • Outra pregunta, ¿este "becho" é un insecto? Pedro --Lameiro (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 18:48 (UTC)

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Petición de axuda[editar a fonte]

Ao ler a túa achega "Ás veces nalgunhas páxinas de xenética ou zooloxía o uso do termo inclusivo tamén crea confusión cando queres indicar que é o home macho ao que te refires, porque inevitablemente ten tamén o significado inclusivo; por exemplo, tal mutación afecta aos homes (quere dicir que non afecta ás mulleres, pero pode haber confusión)." descubrín que puiden cometer un erro de interpretación. Eu, na Galipedia, dedícome a corrixir erros lingüísticos. Corrixo todo tipo de erros comúns que coñezo que se dan no galego. Hai semanas, antes de saber que o tema de eliminar a linguaxe non sexista precisaba dunha discusión, houbo uns días que estiven a substituír "home" por "ser humano", onde tiña claro que "home" englobaba tamén as mulleres. Pola túa achega, descubrín que puiden equivocarme na miña interpretación nalgunha páxina de zooloxía. Poderías dicirme algunha mutación que só afecte os homes, que non afecte as mulleres, para saber que días fixen eses cambios e poder desfacer ese traballo?, xa que, de todos os xeitos, ademais dos erros de interpretación, penso que debo desfacelo todo, xa que non hai un acordo, de momento, en evitar os xenéricos Unhanova (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 08:02 (UTC)

Ser humano[editar a fonte]

Alégrome de non me ter equivocado!. Funme fóra do que propuxera co exemplo dos viquingos, mais é que me pareceu un exemplo bo da ambigüidade que produce o uso do masculino como xenérico. As invasións viquingas representábanse como invasións nas que só participaban homes e, ao ler este artigo https://gl.wikipedia.org/wiki/Viquingos_en_Galicia, non sei se hai algo estudado da participación das mulleres nesas invasións. Unhanova (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 14:10 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)

Axuda co italiano[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Estou a traducir o artigo do Palacio Ducal de Venecia do italiano (lingua da que teño pouco coñecemento, todo sexa dito) e encontreime cunha palabra que non sei como traducir: loggetta. A frase é a seguinte: fu eretta una loggetta ai piedi del campanile e fu riportato il molo alle antiche dimensioni. Tamén quería saber se estarías disposto a revisar a miña tradución, ben sexa unha vez que remate o artigo ou se o prefires cando vaia finalizando as seccións, sen compromiso claro, entendo que tes o teu choio e non te apeteza estar revisando outros artigos. Un saúdo!! Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2017 ás 22:40 (UTC)

Grazas! Cando remate o artigo se tal avísote por se podes revisar algo. Un saúdo! Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 20:52 (UTC)

Catorce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cambios importantes na votación: Revolución de Maio[editar a fonte]

Nuvola apps important.svg

Moi boas Miguelferig. Xa que que vostede se pronunciou a favor ou en contra na votación para converter ao artigo Revolución de Maio artigo de calidade, coido de gran importancia avisarlle de que o artigo sufriu un gran número de modificacións relevantes que o cambian por completo debido a problemas graves no interior do mesmo. Agradeceríalle, pois, o seu interese e dedicación no caso de que teña tempo para revisar novamente e completamente a proposta presentada o pasado 13 de febreiro e que cumpre e remata o prazo o vindeiro 15 de maio. Desculpe os inconvenientes e as molestias que isto lle poidese ocasionar, novamente grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:03 (UTC).

PD: Tamén infórmolle e invítolle a botar unha ollada a miña proposta para converter ao artigo Miguel Shishman en artigo bo. Para ir á páxina da proposta presentada: pinche aquí. Novamente moitísimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:24 (UTC).

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)

Períodos e sistemas[editar a fonte]

Hola Miguel. Sinto discrepar. Eu creo que, como moitos autores fan, os nomes dos períodos (e os dos sistemas) pódense escribir con maiúscula (imitando ao inglés, sobre todo), ou en minúscula. Non teño coñecementos sufiucientes como para saber se son nomes propios ou comúns. E a propia Academia, no exemplo que me indicas, parece que incorre en contradicións:

devónico
(feminino: devónica)
adxectivo
1 Xeoloxía Relativo ou pertencente ao sistema da era primaria comprendido entre o Silúrico e o Carbonífero. No sistema devónico aparecen os braquiópodos e os miriápodos.
substantivo masculino
2 Xeoloxía Este sistema. O Devónico remata coa aparición dos primeiros anfibios.

1. O título do artigo está en minúscula (pode que sexa a norma da Academia poñer todas as entradas en minúscula), pero
2. A pesar de que este sistema da era primaria (primaria, con minúscula), está comprendido entre o Silúrico e o Carbonífero (sistemas escritos con maiúscula), na frase aparece devónico con minúscula.
3. Con todo, como substantivo, na frase figura Devónico con maiúscula.

Talvez sería conveniente consultar o asunto coa sección de teminoloxía da Academia (podo facelo eu mesmo, se queres), aínda que, se cadra, andan estes días enleados coa(s) proposta(s) para novo presidente. --XoioÉche o que hai 20 de marzo de 2017 ás 20:42 (UTC)

Bolboreta ou Lepidópteros[editar a fonte]

Ola Miguel. Gustaríame que mirases os artigos Bolboreta (que acabo de revisar e ampliar hoxe) e Lepidópteros (que é moito máis amplo e que non reparara nel até o de agora). Evidentemente son o mesmo artigo, polo que habería que tratar de fusionalos nun só (cousa que podedes facer os administradores, eu non), engadindo a Lepidópteros algunhas das cousiñas que introducín en Bolboreta (por exemplo, actualizacións, bibliogafía —hai publicadas e teño na casa dúas guías de lepidopteros de Galicia— etc.). Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 22 de marzo de 2017 ás 19:44 (UTC)

Cursivas en fichas[editar a fonte]

Boas Miguel, se tiveras un momento, poderías mirar a conversa de Xoio na que comenta o apartado do libro de estilo sobre uso de cursivas nas fichas? Penso que ten razón ó indicar que os nomes en latín deben ir en cursiva, quizais o que falta no libro de estilo é indicar que debe usarse o nome común en galego para os taxóns superiores? Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2017 ás 10:49 (UTC)

Pero..., se eses taxóns se poñen en latín, non deberían ir entón en cursiva? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2017 ás 18:54 (UTC)

*Gabeador, ou Cértidos?[editar a fonte]

Ola Miguel. Se es tempo gustaríame que lle botaras unha ollada á páxina de conversa do artigo Gabeador, que acabo de reformar. Grazas. --XoioÉche o que hai 5 de abril de 2017 ás 17:36 (UTC)

Preposición a con transitivos[editar a fonte]

Non te preocupes que a min tamén se me escapa moitas veces. Como ti ben dis, os estudosos da lingua falan da supresión da preposición "a" cos verbos transitivos mesmo con nomes propios, característica particular do sistema galego-portugués. Teño lido que algúns autores consideran esta xeneralización do uso da preposición "a" na escrita (e en menor medida na fala) como unha interferencia co castelán, mentres que outros falan dun carácter etimolóxico ou enfático (véxase a publicación d'O complemento directo con preposición "A" en galego de M. Sol López Martínez). Con todo, o seu uso é obrigatorio unicamente diante dos pronomes persoais tónicos. Un saúdo.--Isili0n (conversa) 7 de abril de 2017 ás 14:15 (UTC)

Ferreiriño subeliño[editar a fonte]

Ola Miguel. Non te decataches que tiña posto o modelo en uso? --XoioÉche o que hai 13 de abril de 2017 ás 20:01 (UTC)

Thank you for being one of Wikipedia's top medical contributors![editar a fonte]

please help translate this message into your local language via meta
Wiki Project Med Foundation logo.svg The 2016 Cure Award
In 2016 you were one of the top ~200 medical editors across any language of Wikipedia. Thank you from Wiki Project Med Foundation for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do! Wiki Project Med Foundation is a user group whose mission is to improve our health content. Consider joining here, there are no associated costs.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 3 de maio de 2017 ás 18:07 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia[editar a fonte]

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Política de protección/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Política de protección/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)

Terceira malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)