Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 16

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34

Artigos de papas sen contido[editar a fonte]

Segundos as regras de borrado os artigos curtos de máis (aqueles que non acadan polo menos 200 caracteres) son de eliminación rápida. Cando se crearon os artigos de papas exclusivamente co formato había o compromiso de engadir contido en pouco tempo; por diversas circunstancias iso non se produciu nalgúns dos artigos, quedando só o artigo co material correspondente ao formato (modelos, marcadores, imaxes, etc). Propoño que para que non se perda o historial (porque xa hai certo traballo feito) e para que non haxa que proceder ao borrado, posto que pouco a pouco vanse ir completando, se movan do espazo principal ao espazo Wikipedia segundo o formato de subpáxinas [[Wikipedia:Pendente/Título_do_artigo_de papa]] (tamén que unha vez movidos se borren as redireccións). Dese xeito os devanditos artigos non contaran na estatística como artigos válidos, nin se transmitirá a falsa idea de que un artigo sen contido (só co formato) ou curto de máis pode manterse na base de datos, dese xeito é posible completar o artigo para a continuación recuperar a localización orixinal. O efecto dese procedemento visualizarase nunha mellora da calidade do proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:10, 8 xullo 2009 (UTC)

  • Non sei si entendín ben todo o que dís, pero eu conto seguir botandolle a todos "papas orfos" unha pequena cabeceira con datos de WPfr, penso acadar o remato durante iste mesElviraConversa comigo 20:14, 8 xullo 2009 (UTC)


Do que se trata é de movelos mentres non teñan ningún contido. Poderían editarse na nova localización para que unha vez teñan un mínimo de texto volvan ao enderezo orixinal. Se vas editar eses artigos talvez non pague a pena movelos. O malo é que mentres estean baleiros están falseando o número de artigos real. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:53, 9 xullo 2009 (UTC)

De non haberse escapado un, agora teñen todos un minimo de contido. ElviraConversa comigo 20:25, 11 agosto 2009 (UTC)

Poís ainda queda unha boa cantidade de papas sen contido. Naveguie mal para controlar usando as "infobox". Agora voume por a controlar coa Categoría:Papas e rematar o que comezei. ElviraConversa comigo 23:54, 15 setembro 2009 (UTC)

Miniproposta > Erro ortográfico no índice dos artigos[editar a fonte]

Como podemos comprobar nesta mesma páxina, no índice de contidos, temos a opción de AGOCHAR, e se a prememos, a seguinte opción que nos da é MOSTRAR no canto de AMOSAR. Penso que se debería correxir. Un saudo. --ZEph! 20:21, 11 agosto 2009 (UTC)

  • Non é un erro Zeph. Mostrar e amosar son sinónimos segundo a RAG. Olla para a recentemente creada listaxe de sinónimos ou directamente no catálogo da RAG. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:26, 11 agosto 2009 (UTC)
    • Ah ok, entón formulei mal a proposta, perdón. Neste caso, o que opino e que preferiría amosar no canto de mostrar xa que me soa máis galego e penso que é usado máis a cotío dentro da nosa fala. Non sei... Non vos parece mellor?

--ZEph! 20:43, 11 agosto 2009 (UTC)

  • Por min non hai ningún problema. A min, persoalmente, tamén é o que máis me gusta, pero insisto en que ambas as dúas formas son válidas. A ver se alguén máis opina e se non hai reparos daquela habemos avisar a Toliño, que é quen fai estas cousiñas. O dito, que me gusta a min tamén o de amosar. Saúdos de novo. --Atobar (conversa comigo) 20:49, 11 agosto 2009 (UTC)

Títulos de cadros en galego ou na lingua orixinal[editar a fonte]

A raíz dun comentario no artigo Lola de Valence (un cadro de Manet), "en galego: Lola de Valencia" -sic- pregunteime se non debería titularse "Lola de Valencia". Segundo Lala Lugo, aquel é o título do cadro na ficha do Museo no que se atopa, pero concorda en que o normal sería poñe-lo título do obra en galego. Lala engadía, con todo sentido, que deberiamos ter un criterio común e daba como exemplo que "na páxina de Manet os títulos das obras aparecen en francés e na de Goya están mesturados en galego e español"; ela mesma creou o artigo Las Meninas ("La familia de Carlos IV"), co título en castelán.

Hoxe, transcorrida unha semana, pregunta "se alguén tomou algunha determinación sobor deste tema" e urxe chegar a un acordo. O usuario RNC concorda e di que "o certo é que as obras de arte adoitan traducirse a tódalas linguas, aínda que sempre pode existir algunha excepción".

Propoño, xa que logo, que se adopte o acordo de que os títulos dos cadros, esculturas e doutras obras de arte se escriban en galego tanto no título do artigo como no texto (incluíndo, naturalmente, o título na lingua orixinal na introdución ó artigo).

Se hai algunha excepción, como di RNC, tratémola como excepción e non como norma.

Lala, RNC e eu mesmo manifestamos xa o noso acordo (a non ser que os entendese mal e queiran dicir outra cousa). Pedro --Lameiro (conversa) 20:03, 17 agosto 2009 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo. Como norma xeral o título en galego, coa mención ao título orixinal e as excepcións correspondentes para casos concretos. --Atobar (conversa comigo) 20:11, 17 agosto 2009 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. E ao igual que nas novelas e pelis, o título orixinal debe redirixir cara ao título en galego. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:33, 17 agosto 2009 (UTC)
Comentarios
  • Symbol comment vote.svg Comentario. Non me queda claro se a proposta se refire a cadros, esculturas, fotografías ou tamén abrangue outras obras artísticas, concordo neses casos pero discordo cando se refire aos títulos de libros, artigos, películas, pezas musicais ou de teatro cando non existe tradución ao galego. De feito no caso das películas expresamente o criterio que se segue na Galipedia é que se use o título orixinal cando non hai estrea en lingua galega (V.O. ou dobrada). Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:47, 19 agosto 2009 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario Symbol support vote.svg Concordo Tamén habería que engadir esa norma que levamos cumprindo no tocante ás obras que comentas. --Alberte Si, dígame? 14:17, 19 agosto 2009 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario A proposta inicial era só para cadros e esculturas. Libros, discos e películas xa teñen o seu tratamento propio que quizais deba explicase mellor na "Convención de tìtulos". Pensei tamén nos nomes de edificios (¿Casa Branca ou White House? ¿Buckinghan Palace ou Palacio de Buckinghan) e estruturas (¿Golden Gate ou Ponte dourada? ¿Torre de Pisa ou Torre di Pisa?), pero visto o visto e o absurdo ó que nos podería levar preferín non tocar estes últimos temas. Non sobra que se alguén ten algunha idea sobre estes, que a expoña, pero por agora quedémonos en cadros e esculturas. Paso a paso. Pedro --Lameiro (conversa) 23:05, 19 agosto 2009 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario A dúbida veu motivada pola frase "e doutras obras de arte". Con respecto a segunda parte da túa resposta penso que unha boa referencia é o apartado O tratamento dos préstamos doutras linguas (páx. 20) do documento Lingua galega. Criterios Lingüísticos da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (aplicando segundo os casos ás recomendacións para publciacións especializadas). Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:40, 19 agosto 2009 (UTC)

Usuario[editar a fonte]

Aínda que sexamos seres non sexuados cando actuamos como usuarios, creo de bo gusto que se mude o termo usuario por un que sexa igual para os dous sexos, Xa sei que xa se votou isto, o que non lembro é este razoamento. Sería preferible "editor" ou "usuario-a" (este último moi incómodo). Supoño que é imposible empregar o signo "/" ou "@" por mor da linguaxe wiki. Se non fose imposible, o termo ideal para min sería "usuari@"-- Lmbuga / Conversa comigo  09:51, 29 agosto 2009 (UTC)

Eu son firme detractor do emprego do arroba co significado o/a. Ademais non creo que sexa correcto lingüisticamente ese uso. Eu a verdade deixaría o tema como está porque calquera solución míroa máis controvertida cá actual. --Alberte Si, dígame? 13:56, 29 agosto 2009 (UTC)
  • Vou ver de revisar algunhas mensaxes, porque poida que acepten a expresión {{GENDER:}} e, ao configurar o sexo nas preferencias (pódese facer desde un pouco antes do verán), as mensaxes interpretan o xénero que se debe usar nas mesmas. --Toliño Fala aquí comigo 10:03, 30 agosto 2009 (UTC) Engadido: De todos os xeitos, évos unha cousa bastante complicada. --Toliño Fala aquí comigo 10:15, 30 agosto 2009 (UTC)
  • Eu concordo con Alberte. O de configurar o sexo nas preferencias on é obrigación, eu tardei moito tempo para indicalo, por non darme conta que era unha posibilidade. ElviraConversa comigo 20:44, 30 agosto 2009 (UTC)
  • Eu tamén co que di Alberte. A @ non me convence en absoluto. --Atobar (conversa comigo) 21:06, 30 agosto 2009 (UTC)

Nados en Galicia[editar a fonte]

Quería comentar aquí unha cousa porque eu mesmo non a teño clara. Faleina con Alberte, pero sigo bastante como estaba. O que quería preguntarvos é que vos parecería a creación de 315 novas categorías para Nados en Ribadavia.

Vantaxes[editar a fonte]

  • Dende o punto de vista dos concellos, sería moi interesante atopar nunha categoría os que naceron en Navia de Suarna.
  • Bloquearía a aparición de páxinas e apartados como Ferroláns de sona, que teñen o problema desa sobreselección que se fai entre todos os ferroláns que xa están na wikipedia: con que criterio?
  • A cantidade (315) é relativamente sinxela, e creo que bastante asumible de facela manualmente (concellos pequenos) e con robot (nos grandes).

Desavantaxes[editar a fonte]

  • É abrir unha porta a categorizacións excesivas, que molesten máis do que axuden. Sempre habería o risco de que alguén categorizase Nados en Manganeses de la Polvorosa. Pero tamén é verdade que ese risco xa o hai agora, e tampouco teriamos moito argumento para borrar esa categoría se alguén a crease.

Variante[editar a fonte]

Na liña do que apuntaba Lmbuga antes, que vos parecería unha categoría que fose Naceron en Ribadavia en vez de Nados en Ribadavia?

Vós como o vedes? --Xabier Cid Conversa 18:16, 15 setembro 2009 (UTC)


A min paréceme que pode ser unha boa idea se hai dous editores que se comprometan a poñorse co choio até ter un mínimo feito. Canto a naceron en Ribadavia ou Nados en Ribadavia, tanto me ten, pero por unha cuestión de gusto optaría pola segunda (se cadra hai un matiz na primeira opción que eu non percibín). O dito, que se por exemplo o propio Xabier e outro din de se ocupar eles do tema nos primeiros compases, non vexo por que non facelo, de feito paréceme unha moi boa solución para evitar ese lugueses de sona. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:44, 1 outubro 2009 (UTC)

O matiz é que naceron en Ribadavia é neutral no xénero, e que Nados non o é (as nadas tamén existen). --Xabier Cid Conversa 20:34, 4 outubro 2009 (UTC)
Non caera. Daquela decántome polo 'naceron en.... --Atobar (conversa comigo) 20:36, 4 outubro 2009 (UTC)

Paréceme unha boa idea a categoría. Con todo, eu estou de acordo con "Nados en...". O caso é moi diferente do que eu comentei anteriormente: "Nados" indica que o que acolle esa categoría non é exclusivamente feminino. Na lingua o xénero masculino non existe, o que hai é un xénero feminino e outro non-feminino ó que habitualmente e erroneamente se lle chama masculino.

O comentario que eu fixera anteriormente era sobre o emprego do masculino como fórmula para tratar individuos, seres individuais, por exemplo, Usuario:María. Iso si o considero erróneo.-- Lmbuga / Conversa comigo  09:42, 12 outubro 2009 (UTC)

Actualidade e permanencia da información[editar a fonte]

Partimos da base de que a Galipedia é unha enciclopedia e non un xornal electrónico, polo que a información que se dea debe estar contextualizada no seu momento -dete haber sempre unha referencia temporal- e evitar que a redacción leve a considerar actuais datos que só foron certos no seu momento, redacción que obriga a corrixi-lo texto so risco de dar informacións erróneas. Xórdeme esta idea ó ler na páxina de Composteláns de sona esta referencia: "Mariano Rajoy Brey, rexistrador da propiedade e político, actual líder da oposición (n. 1955)".

Dicir que é o "actual líder da oposición" é, para min, unha redacción desafortunada que nos obrigará a revisar, ou non, o artigo dentro dun par de anos. Tarefa imposible porque non hai forma de saber onde buscar.

Se preguntamos por "actualmente" atoparemos 3.163 resultados. ¿Cantos deses artigos considerarán actuais datos xa obsoletos? Se o dato que sexa se contextualizase (No ano xxx) sempre sería certo, aínda que houbese novos datos publicados posteriormente á data na que se editou. Se buscamos actualidade ou actual tamén aparecen milleiros de artigos. Outra forma errónea que atopei son "Segundo o último censo de 2003...", no que sobra claramente a palabra "último".

Con todo isto, propoño que alguén con máis facilidade de redacción elabore un textiño para inserir no Libro de Estilo, con algúns exemplos de formas correctas e incorrectas, para evitarmos no futuro esta redacción atemporal e incorrecta. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:22, 12 outubro 2009 (UTC)

Concordo completamente con Lameiro, e non teño facilidade de redacción para elaborar un textiño. Elvire 12:37, 12 outubro 2009 (UTC)
Ademais Mariano Rajoy non é o líder da oposición, en todo caso será o líder do principal partido da oposición. Vou corrixir iso. E concordo con Lameiro, por certo. --Alberte Si, dígame? 13:45, 12 outubro 2009 (UTC)
Concordo plenamente co que di Pedro. De feito, téñollo dito máis dunha vez a varios usuarios novos, pois é un problema grave nos artigos referidos ao deporte, que cambian seguido. Ronaldo actualmente xoga en tal equipo, Gasol actualmente está nos Lakers, iso non pode ser; cómpre especificar, como di Lameiro, que na tempada X xogaba en tal ou cal itio. Se a Toliño lle parece ben, eu creo que poderiamos aproveitar que está reformando as páxinas de axuda para que meta un texto breve no Libro de Estilo. --Atobar (conversa comigo) 13:52, 12 outubro 2009 (UTC)
  • Concordo coa proposta de Lameiro, urxe dar unha solución a ese tema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:14, 21 outubro 2009 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo tamén. En canto poida intentarei engadir ese texto ao libro de estilo, se ninguén se me adianta... Coido que tamén se debera engadir (creo recordar que non está por ningures) o que aparece en Wikipedia:Guía (ten en conta)#Variantes galegas; por suposto, o texto está suxeito a variacións. --Toliño Fala aquí comigo 19:24, 21 outubro 2009 (UTC)

Mover {{Concello info}} a {{Concello}}[editar a fonte]

Para harmonizar os nomes dos distintos modelos relacionados coa división administrativa de Galicia propoño mover {{Concello info}} a {{Concello}}, desde xeito os nomes quedarían como segue: {{Concello}} -> {{Parroquia}} -> {{Lugar}}. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:43, 21 outubro 2009 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo, é de sentido común. --Toliño Fala aquí comigo 17:34, 21 outubro 2009 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo.--Xas (fálame) 15:04, 12 novembro 2009 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. Como Toliño penso que é de sentido comun, si por demáis Xas que traballa como un condenado nestos temas ...Elvira (conversa comigo) 16:30, 12 novembro 2009 (UTC)

Sobre o logotipo da Galipedia[editar a fonte]

Bó serán a todos e todas.

Gustaríame propoñer unha cousa. No logotipo da Galipedia pon: "Wikipedia, a enciclopedia libre". Ben, eu quería dicirvos que creo que estaría mellor se puxésemos: "Wikipedia, a enciclopedia ceibe". Creo que queda moito máis galego e que é moito máis representativo de nós. Non sei que pensaredes, pero o tiven na cabeza dende vai xa un tempo e quería comentárvolo.

Unha aperta. --Yavanno 14:52, 12 novembro 2009 (UTC)

Ceibe non é máis galego que libre e ademais só son sinónimos en certas acepcións, ceibe equivale a libre pero co sentido de solto, sen ataduras, non sometido,. A enciclopedia ceibe sería igual que a enciclopedia solta ou enciclopedia non sometida, non tería moito sentido.--RNC 15:05, 12 novembro 2009 (UTC)
Teño a impresión de que Yavanno se refería xustamente a iso. En calquera caso, concordo con RNC, non ten moito sentido e a neutralidade quedaría en entredito. Está ben como está, ao meu xuízo. --Atobar (conversa comigo) 16:01, 12 novembro 2009 (UTC)
O meu galego non é bo o suficiente, pero non me parece menos galego o termo libre. Concordo con RNC e Atobar. Saúdo. Alex Pereira¡digame! 16:06, 12 novembro 2009 (UTC)
Efectivamente de se referir a ceibe co sentido de non sometida non concordaría coa wikipedia que si está sometida a unhas certas normas e forma parte dos proxectos da Fundación Wikimedia. Libre no logo é co sentido de aberta a todos, que se pode acceder con liberdade--RNC 16:13, 12 novembro 2009 (UTC)

De acordo, era unha simple idea que tiña na cabeza, o que pasa e que nunca decateime de pensar se a súa sinonimia era a suficiente coma para comparalos. Aínda así, graciñas, por que era un tema que tiña na cabeza e que volo tiña que comentar para saber que opinábades, espero que o comprendades.

Un saúdo enorme a todos e todas. --Yavanno 20:29, 12 novembro 2009 (UTC)

  • E nós encantados de opinar, Yavanno. A sinonimia, reitéroche, non sempre se dá, como che di máis arriba RNC. Póñoche un exemplo: O can ceibe, onde ceibe vén sendo solto, liberado, que rachou coa correa ou o que fose, e iso vén a dici algo máis ca o libre que vai no epígrafe de A enciclopedia libre, que non ceibe ou liberada. Estou redundando, pero é para deixar claro que a sinonimia hai que collela con pinzas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:44, 12 novembro 2009 (UTC)

Dakar[editar a fonte]

Como xa dixo en Alberte en 2007, penso que debería moverse París-Dakar. A miña dúbida é a donde: Rallye Dakar, Rallie Dakar ou Rali Dakar. Que pensades?. --HombreDHojalata Conversa comigo. 16:16, 27 decembro 2009 (UTC)

Categoría de prensa histórica[editar a fonte]

Propoño crear unha categoría de Prensa histórica que englobe todos os periódicos (nomeadamente de Galicia) que se editaron en tempos. A miña proposta vén de que, nas miñas incursións no campo do xornalismo, unha das miñas especialidades, atopo un maremágnum de categorías que pode levar a erro, con, por exemplo, a duplicación de artigos.

Agora mesmo hai na Galipedia estas categorías: Medios de comunicación de Galicia, Prensa, prensa escrita (e prensa gratuíta), Xornais, Xornais escritos en castelán, xornais escritos en galego... Quizais estaría ben reservar unha de Prensa histórica para periódicos "mortos".

--(XurxoLois) (fálame) 23:58, 27 decembro 2009 (UTC)

  1. Symbol support vote.svg Concordo. --Xas (fálame) 09:06, 28 decembro 2009 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. --HombreDHojalata Conversa comigo. 12:09, 28 decembro 2009 (UTC).
  3. Symbol support vote.svg Concordo Totalmente de acordo. Pedro --Lameiro (conversa) 13:07, 28 decembro 2009 (UTC)
    :Symbol support vote.svg Concordo pero con outro nome tal como o comenta Alberte, Prensa desaparecida pode tamén ser unha posibilidade. É versade que Prensa historica, o termo historica non é axeitado neste caso, penso eu. Elvira (conversa comigo) 09:39, 29 decembro 2009 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo --Atobar (conversa comigo) 17:45, 7 febreiro 2010 (UTC)
  1. Symbol comment vote.svg Comentario Home, prensa histórica é toda. O Faro de Vigo aínda que non desaparecera sigue sendo prensa histórica (de feito é o decano). Quizais habería que pescudar outro nome. Concordo coa creación dunha categoría para agrupar a todos eses xornais desaparecidos. --Alberte Si, dígame? 16:09, 28 decembro 2009 (UTC)
  2. Symbol comment vote.svg Comentario Si, é certo, Albert, que o nome que propoño move a confusión, pero creo que é unha denominación comunmente admitida. Por exemplo, a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica que ten o Ministerio de Cultura en internet ou a da Universidade Complutense. Tamén podería ser "prensa antiga" (e tamén o Faro é antigo) ou "prensa desaparecida". --(XurxoLois) (fálame) 00:42, 29 decembro 2009 (UTC)
  3. Symbol comment vote.svg Comentario Se a norma xeral é usa-la forma máis común para denominar un concepto, o termo máis propio é o de prensa histórica, desde logo. Ó ler ese título todos pensamos na categorización que propón Waka. Pedro --Lameiro (conversa) 11:10, 29 decembro 2009 (UTC)
  4. Symbol comment vote.svg Comentario prensa histórica é un concepto que pode recoller xornaís creados xa fai tempo, que hoxe siguen funcionando e que autores poden considerar como "históricos" e polo tanto atopar referencias que son históricos polo papel que desenvolveron noutros tempos (exemplos : La Voz de Galicia, Diario 16, [[Le Monde]] eu supoño que son historicos, pero Diario 16 desapereceu os outros dous ainda se editan hoxe !!!!).
  1. Para contestar a proposta de XurxoLois : "Quizais estaría ben reservar unha de Prensa histórica para periódicos "mortos", proposta que entendo mui ben penso co titulo debería ser Categoría:Prensa desaparecida (ou outro titulo sen ambigüidade coa noción de "historico" dentro da Categoría:Prensa. Polo tanto retiro o meu voto a favor porque non somos claros co titulo. (en:Category:Defunct publications, es:Categoría:Periódicos desaparecidos, fr:Catégorie:Presse écrite disparue, logo cada WP ten a súa loxica de ordenación interna de categorías e sub-categorías propias. Tamén atopanse ca:Categoria:Premsa històrica, maís non concordo porque calificar un xornal ou unha revista "histórica" é subxectivo. A referencia a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, no meu sentido só podriase considerars como fonte, pero si atopamos outras fontes do mesmo tipo, teriamos que decidir cal e a fonte que usamos para encher a Categoría: Prensa histórica Elvira (conversa comigo) 14:32, 8 febreiro 2010 (UTC)