Cochinchina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCochinchina

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalCidade Ho Chi Minh Editar o valor em Wikidata

As seis provincias da Cochinchina en 1863

Cochinchina (/ˈkɪnˌnə/; vietnamita: Nam Kỳ; khmer: កូសាំងស៊ីន; francés: Cochinchine) é unha rexión que abarca o terzo sur do actual Vietnam e ó sur de Camboxa, cuxa cidade principal é Saigón. Foi unha colonia francesa (Indochina Francesa) entre 1862 e 1954. O estado posterior de Vietnam do Sur creouse en 1954 combinando Cochinchina co sur do antigo protectorado francés de Annam. En vietnamita, a rexión chámase Nam Bộ. Historicamente, foi Gia Định (1779–1832), Nam Kỳ (1834–1945), Nam Bộ (1945–48), Nam phần (1948–56), Nam Việt (1956–75), e posteriormente Miền Nam. En francés chamouse la colonie de Cochinchine.

No século XVII, Vietnam dividiuse entre os señores Trịnh ao norte e os señores Nguyễn ao sur. A sección norte chamouse Tonkin polos europeos, e a parte sur chamada Cochinchina pola maioría dos europeos e "Quinam" pola Compañía Holandesa das Indias Orientais. Cochinchina nunca foi unha unidade administrativa unida ata que os franceses a tomaron na década de 1850.

Durante o período colonial francés, a etiqueta trasladouse máis ao sur e referiuse exclusivamente á parte máis meridional de Vietnam, controlada por Cambodia nos séculos anteriores, e situada ao sueste. A capital da Cochinchina francesa estaba en Saigón. As dúas outras partes de Vietnam nese momento eran coñecidas como Annam (Vietnam Central) e Tonkín (Vietnam do Norte).

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Vietnam.

A conquista do sur do actual Vietnam foi un longo proceso de adquisición territorial polos vietnamitas. Chamada Nam tiến (caracteres chineses: , que en galego significa "Avance desde o Sur") polos historiadores vietnamitas. Vietnam (entón coñecido como Đại Việt) case dobrou o seu territorio en 1470 baixo o gran rei Lê Thánh Tông, a costa de Champa. Os seguintes douscentos anos foi unha época de consolidación territorial e guerra civil cunha expansión gradual cara ao sur.[1]

En 1516, comerciantes portugueses navegando desde Malaca desembarcaron en Da Nang, Champa,[2] e estableceron unha base alí. Chamaron a zona "Cochin-China", tomando prestada a primeira parte do "Kuchi" do malaio, que se refería a todo o Vietnam, e que á súa vez derivaba do chinés Jiāozhǐ, pronunciado Giao Chỉ en Vietnam.[3] Eles engadiron o especificador "China" para distinguir a zona da cidade de Cochín e do Reino de Cochín na India, a súa primeira sede na Costa do Malabar.[4][5]

Como resultado dunha guerra civil iniciada en 1520, o emperador da China enviou unha comisión para estudar o status político de Annam en 1536. Como consecuencia do informe entregado, declarou a guerra contra a dinastía Mạc. O gobernante nominal dos Mạc morreu no mesmo momento en que os exércitos chineses pasaron as fronteiras do reino en 1537, e o seu pai, Mạc Đăng Dung (o poder real de todos os xeitos), apresurouse a someterse á vontade imperial, e declarouse a si mesmo como vasalo da China. Os chineses declararon que tanto a dinastía Lê como a Mạc tiñan dereito a unha parte das terras e así recoñeceron o goberno dos Lê no sur de Vietnam, ao mesmo tempo que recoñeceu o dominio Mạc na parte norte, que se chamou Tunquin (é dicir, Tonkín). Este debía ser un estado feudatorio da China baixo o goberno dos Mạc.

Non obstante, este arranxo non durou moito. En 1592, Trịnh Tùng, dirixindo o exército real (Trịnh), conquistou case todo o territorio Mạc e trasladou aos reis Lê á capital orixinal de Hanoi. Os Mạc só mantiveron nunha pequena parte do norte de Vietnam ata 1667, cando Trịnh Tạc conquistou as últimas terras dos Mạc.

Cochinchina Reino dos Señores Nguyen (1620-1774)[editar | editar a fonte]

Mapa de "Annam" elaborado por Alexandre de Rhodes (1651) mostrando "Cocincina" (esquerda) e "Tunkin" (dereita).
Mapa da Indochina Francesa.
Cochinchina (azul) no sur.
Bandeira da Cochinchina entre o 1 de xuño e o 31 de outubro de 1946

En 1623, Nguyễn Phúc Nguyên, o señor das (entón) provincias meridionais de Vietnam, estableceu unha comunidade comercial en Saigón, entón chamada Prey Nakor, co consentimento do rei de Camboxa Chey Chettha II. Nos seguintes 50 anos, o control vietnamita expandiuse lentamente nesta área, pero só gradualmente a medida que os Nguyễn loitaban nunha guerra civil cos señores Trịnh no norte.

Co fin da guerra cos Trịnh, os Nguyễn conseguiron dedicar máis esforzo (e forza militar) á conquista do sur. Primeiro, tomaron os restantes territorios Champa, a continuación, as áreas ao redor do río Mekong foron postas baixo control vietnamita.

Polo menos hobo tres guerras entre os señores Nguyễn e os reis camboxanos no período de 1715 a 1770 cos vietnamitas gañando máis territorio en cada guerra. As guerras implicaron aos reis moito máis poderosos os reis Siameses loitaron en nome dos seus vasalos, os camboxanos. A finais do século XVIII, Vietnam unificouse brevemente baixo os Tây Sơn. Estes eran tres irmáns, ex campesiños, que lograron conquistar primeiro as terras dos Nguyễn e despois as terras do Trịnh.

A unificación final quedou a cargo de Nguyễn Phúc Ánh, un membro notablemente tenaz da nobre familia Nguyễn que loitou durante 25 anos contra os Tây Sơn e finalmente conquistou todo o país en 1802. Gobernou todo o Vietnam baixo o nome de Gia Long. O seu fillo Minh Mạng reinou desde o 14 de febreiro de 1820 ata o 20 de xaneiro de 1841 na Cochinchina. Coa esperanza de negociar tratados comerciais, en 1822 os británicos enviaron ao axente da Compañía Británica das Indias Orientais John Crawfurd,[6] e os americanos en 1833 enviaron ao diplomático Edmund Roberts,[7] que volveu en 1836.[8] Ningún enviado era plenamente coñecedor das condicións dentro do país, e ningún tivo éxito.

Os sucesores de Gia Long (ver a dinastía Nguyễn para máis detalles) repeliron aos siameses de Camboxa e incluso anexionaron Phnom Penh e o territorio circundante na guerra siameso-vietnamita (1831 - 1834), pero foron obrigados a renunciar a estas conquistas na guerra siameso-vietnamita (1841–45) entre 1841 e 1845.

Cochinchina Colonial (1864–1949)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Indochina Francesa.

En 1858, o goberno francés de Napoleón III, coa axuda de tropas españolas que chegaron de Filipinas (que era unha colonia española na época), decidiu facerse cargo do sur de Vietnam, o goberno vietnamita viuse obrigado a ceder as provincias de Biên Hòa, Gia Định e Định Tường a Francia en xuño de 1862. Estes territorios, que logo foron chamados polos franceses "baixa Cochinchina" (Basse-Cochinchine), convertéronse nunha colonia chamada Cochinchina.

En 1887, a colonia da cochinchina francesa pasou a formar parte da Unión da Indochina francesa, mentres permaneceu separada dos protectorados de Annam e de Tonkín.

Cochinchina foi ocupada polo Xapón durante a segunda guerra mundial (1941–45), pero foi recuperada despois para Francia. Despois de 1945, o status de Cochinchina foi un tema de discordia entre o Viet Minh de Ho Chi Minh e Francia. En 1946, os franceses proclamaron Cochinchina unha "república autónoma", que foi unha das causas da Primeira Guerra de Indochina. En 1948, Cochinchina pasou a chamarse "Goberno Provisional do Vietnam do Sur". Fusionouse ao ano seguinte co Goberno Provisional de Vietnam Central, e o Estado do Vietnam, co ex emperador Bảo Đại como xefe de Estado, foi entón establecido oficialmente.

Trala Primeira Guerra de Indochina, a cochinchina fusionouse co sur de Annam para formar a República do Vietnam (Vietnam do Sur).

Actualmente é unha zona moi fértil e moi poboada, e nela atópase a principal cidade de Vietnam, a Cidade Ho Chi Minh (antiga Saigón).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michael Arthur Aung-Thwin; Kenneth R. Hall (13 May 2011). New Perspectives on the History and Historiography of Southeast Asia: Continuing Explorations. Routledge. pp. 158–. ISBN 978-1-136-81964-3. 
  2. Li, Tana Li (1998). Nguyễn Cochinchina: southern Vietnam in the seventeenth and eighteenth centuries. SEAP Publications. p. 72. ISBN 0-87727-722-2. 
  3. Reid, Anthony. Southeast Asia in the Age of Commerce. Vol 2: Expansion and Crisis. New Haven: Yale University Press, 1993. p211n.
  4. Yule, Sir Henry Yule, A. C. Burnell, William Crooke (1995). A glossary of colloquial Anglo-Indian words and phrases: Hobson-Jobson. Routledge. p. 34. ISBN 0-7007-0321-7. 
  5. Tana Li (1998). Nguyễn Cochinchina: Southern Vietnam in the Seventeenth and Eighteenth Centuries. SEAP Publications. pp. 63–. ISBN 978-0-87727-722-4. 
  6. Crawfurd, John (21 de agosto de 2006) [1830]. Journal of an Embassy from the Governor-general of India to the Courts of Siam and Cochin China. Volume 1 (2nd ed.). London: H. Colburn and R. Bentley. 475 pgs. OCLC 03452414. Consultado o 2 de febreiro de 2012. 
  7. Roberts, Edmund (12 de outubro de 2007) [First published in 1837]. Embassy to the Eastern courts of Cochin-China, Siam, and Muscat : in the U. S. sloop-of-war Peacock ... during the years 1832-3-4 (Digital ed.). Harper & brothers. 310 pages. Consultado o 25 de abril de 2012. 
  8. Ruschenberger, William Samuel Waithman (24 de xullo de 2007) [First published in 1837]. A Voyage Round the World: Including an Embassy to Muscat and Siam in 1835, 1836 and 1837. Harper & brothers. OCLC 12492287. Consultado o 25 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]