Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34

Creación dunha categoría[editar a fonte]

Penso que sería bo a creación dunha categoría que agrupara ós asasinados polo franquismo, cunha subcategoría para os galegos. O que non sei é onde se podería facer, supoño que na categoría Guerra Civil española ou algo así. Na wiki castelá o teñen como category: Víctimas de la represión en zona franquista. A ver que opinades.--AlberteSi, digame? 21:06, 4 xaneiro 2007 (UTC) PD: Eu propoño o nome de: asasinados polo bando nacional. E para os que morreran finalizada a guerra Asasinados polo franquismo, dentro dacategoría franquismo.

Wikipedias por número de artigos na portada[editar a fonte]

Fixen unha proposta de redistribución na páxina de discusión do template Wikilinguas Miguel.lima 13:06, 6 xaneiro 2007 (UTC)


Traslado de edicións de Wikipedia:A Taberna: 00:07, 5 xaneiro 2007 de Xosé (Nobel de Medicina ou Premio Nobel de Medicina) e 00:50, 6 xaneiro 2007 Miguel.lima (→Nobel de Medicina ou Premio Nobel de Medicina - premio nobel):

Nobel de Medicina ou Premio Nobel de Medicina[editar a fonte]

En Category:Premio Nobel vemos duas posibilidades: Category:Premio Nobel da Paz e outra, que aparece nos artigos específicos: Nobel de Química. Que formato seguimos para todos os que faltan? Eu prefiro o primeiro (Premio Nobel de...). --Xosé (✉) 23:07, 4 xaneiro 2007 (UTC)

Eu voto por Premio Nobel Miguel.lima 23:50, 5 xaneiro 2007 (UTC)

Se comezan por Premio Nobel seguen o esquema doutras páxinas e das propias categorías. Penso que é preferible, pero creo que debemos esperar a opinión de Lmbuga porque no historial dalgunha desas páxinas aparecen comentarios seus sobre iso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:48, 8 xaneiro 2007 (UTC).

Lista - Listado - Listaxe[editar a fonte]

Tras facer a Lista de concellos da Coruña dinme conta de que actualmente ai tres formas de referise ás listas na galipedia. Hai dous artigos "listado" que xa están redirixidos a outros do mesmo nome pero empregando "lista", que é a forma máis empregada. Sen embargo existen uns catro artigos que comezan por "listaxe". Creo que debería unificarse o criterio para estas listas, empregando para todos os artigos "lista" xa que nos artigos actuais é o máis empregado. --BaNjO talk 13:20, 15 febreiro 2007 (UTC)

Concordo, neste momento identificar todas as listas coa mesma palabra parece o máis axeitado. Mentres non se tome unha decisión que o contradiga semella que esa palabra debe ser lista. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:36, 23 febreiro 2007 (UTC)

O patrimonio galego[editar a fonte]

Boas,

O patrimonio histórico do noso país, mal coidado e conservado, mal potenciado e divulgado na realidade parece que o trasladamos a esta nosa Galipedia.

Digo esto porque non existe nengunha categoría na que se poida encadrar calquer obxecto ou edificación que forme parte do noso patrimonio artístico ou histórico como pobo.

Creando artigos optei por darlles a categoría do concello onde se localiza e arquitectura ou arqueoloxía según a natureza do exposto.

En definitiva, propoño a creación dunha categoría específica que recolla o noso patrimonio xa que existen bastantes artigos, uns na categoría Historia de Galicia, outros en Galicia...

A base para facela creo debería ser o de patrimonio xa que permitiría encadrar tanto monumentos mobles como inmobles, arquitectura civil como relixiosa.... e dentro das subcategorías xogar ca ordenación cronolóxica e tipolóxica.

Como material temos listados de Castros de Galicia, Megalitos de Galicia, Castelos de Galicia, Mosteiros e conventos de Galicia, e podería engadirse un de petroglifos ou listados temáticos como xoias románicas, góticas.... da nosa Galicia.

Eu levo moi pouco na Galipedia pero creo que si traballásemos nesta vía poderiamos interrelacionar mellos os nosos artigos.

Esta separación permitiría que a Categoría Historia de Galicia quedase mais heteroxénea e se poidese estructurar en Subcategorías cronolóxicas que servirían de apoio a definición dos artigos de patrimonio.

Mais nada, dexo este razonamento deslavazado que espero se entenda por onde vai. Saudos.

P.D. A categoría exploradores non é homoxénea co rsto, creo debería ser Personalidades da exploración.

Saúdos --Lansbricae 10:11, 17 febreiro 2007 (UTC)

Paréceme unha boa proposta que ademais vai na liña do traballo que vimos facendo ata agora. Se podes concretar a categoría ou categorías que cres necesarias, podemos falalo ou ben aquí (se é unha soa categoría) ou nalgunha das seccións do Wikipedia:Wikiproxecto Categorías se se trata de definir unha árbore de categorías. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:41, 23 febreiro 2007 (UTC)

Boas de novo. Vou comezar aquí xa que me asalta a primeira dúbida dende o inicio.

Propoño a creación da categoría PATRIMONIO HISTÓRICO E ARTÍSTICO DE GALICIA. Non sei se colgando da categoría GALICIA ou ben individual (iso depende da idea que teñamos da categoría Galicia xa que vin que HISTORIA DE GALICIA colga de HISTORIA e non de GALICIA.

De PATRIMONIO HISTÓRICO E ARTÍSTICO DE GALICIA, colgaría as subcategorías: PATRIMONIO INMATERIAL (para dar cabida a Bandeira, o noso Himno e incluso conceptos etnográficos que conforman a nosa idiosincrasia); PATRIMONIO INMOBLE e PATRIMONIO MOBLE (para dar cabida a artigos sobre, por exemplo a (dentro de XOIERIA) Diadema de Ribadeo, hoxe no Louvre e Madrid, ou o casco de Leiro...).

De PATRIMONIO INMOBLE colgaría PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, e deste subcategorías que recollan as distintas tipoloxías (CATEDRAIS, MOSTEIROS, CASTELOS, PAZOS, IGREXAS E HERMIDAS, CABACEIROS, MUIÑOS...). Tamén colgaría PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO con subcategorías (MEGALITOS, PETROGLIFOS, CASTROS, VIAS, MILIARIOS,CAMPAMENTOS E MANSIÓNS ROMANAS...)

Quedariame buscar unha subcategoría que encadrase CRUCEIROS, PETOS DE ÁNIMAS E ESTATUARIA DIVERSA...

Espero que alguén me axude a traballar neste esbozo e me oriente onde debo expoñelo debidamente. Grazas a todos e un saúdo. --Lansbricae 16:30, 7 marzo 2007 (UTC)

¿Por qué non se crean portáis?[editar a fonte]

Son un colaborador ocasional da Wikipedia en castelán e recentemente metínme la Galipedia a traducir algúns artigos de Paleontoloxía dunha Wiki interna que fixemos para una asignatura da Universidade da Coruña: Paleobioloxía. O que observo é que nesta Wikipedia non hay portáis coma na española ou na inglesa, e creo que eses poderían axudar a coordinar o desenrrolo de algunhas materias.

¿Qué decides?

Obviamente, tódolos autores estamos dacordo en que esta información redactada por nós se suba á Galipedia--Jarlaxle 10:16, 9 marzo 2007 (UTC)

  • Os portais xa se propuxeron nesta mesma páxina (aquí). Antes hai que resolver un tema relacionado cos espazos de nomes en galego, tamén nesta mesma páxina. Deixa a túa opinión e a ver se imos avanzando. Eu tamén teño moitas ganas de crear portais. --Xosé (✉) 16:08, 9 marzo 2007 (UTC)

Se podo botar unha man, avisade. Creo que estaria en condicions de coordinar un portal sobre Escocia, pero o primeiro é resolver os problemas para que se poidan crear eses portais... As;i que se cómpre algo, ao voso dispor.

efeméride[editar a fonte]

Vexo que Galipedia naceu o 8 de marzo de 2003 e que os primeiros artigos se colgaron o 12 de marzo. E que en ningún dos dous artigos, [[8 de marzo] ou 12 de marzo, aparece mencionado tal feito. ¿Non sería bo? ¿Non o merece? Pedro --Lameiro 21:10, 11 marzo 2007 (UTC)

Artículos sobre Galicia en la Wikipedia en castellano[editar a fonte]

Hola, amigos, perdonad que no sepa galego (cosa que lamento sinceramente).

Os animaría a que tradujeseis a la Wikipedia en castellano todos los artículos sobre cultura, historia o geografía galega que juzguéis que faltan en la misma, o que ampliéis aquellos artículos que creáis que carecen de suficientes datos. Es la mejor forma de difundir la interesante cultura galega en el mundo hispánico.

Un saludo afectuoso. El filóloco El filóloco - Hablemos (en castellano, por favor) 09:39, 29 marzo 2007 (UTC)

¿Alguien desea traducir este artículo al galego?[editar a fonte]

Muchas gracias.

Saludos a todos. El filóloco El filóloco - Hablemos (en castellano, por favor) 11:38, 18 abril 2007 (UTC)

Pois si. Tes toda a razón: velaí o meu voto para borrar tamaña estupidez, que non merece nin o tempo que lle dediquei a ler. Pedro --Pedro 23:39, 5 abril 2007 (UTC)

Gracias por tu extrema amabilidad y simpatía. --El filóloco El filóloco - Hablemos (en castellano, por favor) 10:00, 17 abril 2007 (UTC)

Nova categoría: Asociacións culturais[editar a fonte]

Gustaríame propoñer unha nova categoría: Asociacións culturais. Non creo que faga falla explicar o importantes que foron e ainda son para a cultura galega, e cero que é necesario indexalas dalgún xeito. --xas 21:20, 5 abril 2007 (UTC)

Categoría Alimentación[editar a fonte]

Espero que este sexa o camiño. O que propoño é reclasifica-la categoría Alimentos, hoxe incluída como subcategoría de Gastronomía e ésta á súa vez de Arte e cultura. Pode ser que a gastronomía se poida considerar como unha manifestación cultural, pero a meirande parte dos artigos (case todos) nada teñen que ver coa Arte e Cultura.

A idea é crear unha categoría básica Alimentación, mellor propia ou dentro de Ciencias da Saúde.

Contería 5 subcategorías:

  • 1. Nutrición: onde meteriamos cousas como dieta, dietética, principios inmediatos (proteínas, hidratos de carbono, graxas, vitaminas…), fibra, colesterol, calorías, alerxias e intolerancias alimentarias, anorexia, bulimia, alcoholismo, etc.
  • 2. Alimentos: con 3 subcategorías:
    • Alimentos de orixe animal (carne e proditos cárnicos, leite e produtos lácteos, peixe e produtos da pesca, mel, ovos, etc);
    • Alimentos de orixe vexetal (verduras, hortalizas, froitas, cogomelos, pan e pastas, especias, zumes e bebidas, café, etc);
    • Outros alimentos (auga, sal, azucre)
  • 3. Gastronomía, como manifestación cultural: festas gastronómicas, elaboracións culinarias [que non se debería converter nun libro de receitas], halal, koxer, historia da gastronomía, cociñeiros e/ou gastrónomos (Cunqueiro, Apicio, Picadillo).
  • 4. Teconoloxía dos alimentos: dúas subcategorías:
    • Conservación de alimentos (aditivos, esterilización, UHT, pasteurización, conxelación, refrixeración, afumado, conservas e semiconservas, fermentación, escabeche, salgado, envases e embalaxes, etc.);
    • Industrias alimentarias (depuradora de moluscos, cetárea, buque factoría, lonxa, matadoiro, central leiteira, establecementos de alimentación).
  • 5. Seguridade alimentaria: 3 subcategorías:
    • Seguridade alimentaria (autocontrol, appcc, prerrequisitos, manipuladores, cadea alimentaria, cadea de frío, bromatoloxía, control oficial, rastrexabilidade, educación sanitaria, Codex Alimentarius, Axencia Española de Seguridade Alimentaria, desinfección, desinsectación, desratización);
    • Etiquetaxe (etiqueta, datas, lote, peso neto, información nutricional, código de barras);
    • Intoxicacións alimentarias (biotoxinas, histamina, salmonela, coliformes, botulismo, triquinose, anisaquiase).

Non sei onde meter nesta clasificación conceptos como: Denominacións de orixe, cociña e trebellos de cociña, matanza (do porco), consumidor e os seus dereitos, Organismos Modificados Xenéticamente, alimentos funcionais.

Seica haberá que duplica-la categorización en casos como plantas e animais comestibles, que deberían estar no seu grupo biolóxico que lle toque e máis neste grupo de alimentos. Como tamén no caso das intoxicacións alimentarias, que deberían clasificarse tamén na categoría Enfermidades. Pero isto non creo que supoña problema ningun.

A ver qué vos parece. Saúdos. Pedro --Pedro 18:16, 6 abril 2007 (UTC)

Engadir durante estes días María Mariño na Portada[editar a fonte]

Na versión de probas da portada engadín unha caixa con ligazóns a María Mariño e a Literatura galega. Supoño que se pode mellorar. Propoño que durante estes días e ata o 17 de maio se engada na Portada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:14, 6 maio 2007 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo --Xosé (✉) 10:26, 6 maio 2007 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --BaNjO(tell me) 10:54, 6 maio 2007 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. O artigo sobre María Mariño non é moi bo, e podería axudar a que se mellorase... --Xabier Cid 12:13, 6 maio 2007 (UTC)
  • Symbol support vote.svg ConcordoAcerto 12:15, 6 maio 2007 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. Penso que pode quedar todo o ano. Cando se achega o Día das Letras nos telexornais sae a xente dicindo "o Día das letras ten que ser todos os días", e eu penso do mesmo xeito.AlberteSi, digame? 12:25, 6 maio 2007 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Engadín á caixa á Portada pero retirei a ligazón a Literatura galega do Rexurdimento porque aínda está en edición e é curto. Xabier se podes mellorar o artigo adiante canta máis información conteña mellor. Alberte se hai acordo quizais se poida manter a caixa como un contedor no que incluír diversos contidos relacionados coa lingua que poidan mudarse cada certo tempo como os artigos destacados xerais e sobre Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:10, 6 maio 2007 (UTC)

Galiza[editar a fonte]

Penso que estaría ben facer un artigo sobor o que moitos consideramos Galiza: Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, O Bierzo, As Portelas e a Terra Eo-Navia. Poderíase falar de cultura, lingua, xeografía, historia común e política. O título? Territorios galegofalantes, ou algo así. Que pensades?

Colección Caixanova de Arte Galega[editar a fonte]

Bos días, traballo na obra social de Caixanova, hai pouco iniciamos un proxecto en wikipedia no que metemos os datos biograficos reelevantes dos artistas galegos da colección de arte desta caixa.

Gustaríanos iniciar o mesmo proxecto nesta wiki en galego, habería algún impedimento pola parte de administración da páxina? Moitas grazas --Obra Social Caixanova 13:22, 22 maio 2007 (UTC)

Benvido(s) á Galipedia Caixanova. Revisei un pouco as vosas anteriores colaboracións na Wikipedia para facerme unha idea máis precisa do sentido da vosa pregunta e así orientar a resposta. Para nós son moi importantes todas aquelas contribucións que permitan acrecentar os contidos deste proxecto. Tedes que ter en conta na redacción dos artigos dos artistas plásticos que sexan neutros, que inclúan datos e non valoracións. En canto ao artigo Colección Caixanova é preferible que non o creedes vós é mellor esperar a que un usuario que non teña relación convosco publique dito artigo. Posiblemente unha vez que levedes publicado certo número de artigos un dos colaboradores habituais do wiki decida crear ese artigo. Sobre o tema das imaxes dicir que as fotografías dos cadros consideranse obras derivadas, iso significa que os dereitos orixinais da obra non desaparecen. Na Wikipedia para publicar ditas fotografías cómpre dispor dunha autotización por escrito do tipo da que se ve en Commons:Modelos de mensaxes. Nunha publicación informativa a lei permite a publicación deses materiais para ilustrar as informacións, pero na Wikipedia as condicións da licenza requiren que se permita un uso libre das imaxes (incluído permitir obras derivadas e uso comercial das mesmas). Imaxino, polo que coñezo doutros casos, que quizais teñades autorización verbal para facer as fotos ou simplemente que se dan as condicións para que podades fotografar. Así e todo supoño que quizais teñades dificultades para conseguir a autorización por escrito ou resulte un proceso excesivamente traballoso, en consecuencia é mellor que non carguedes imaxe ningunha. Espero que isto responda as vosas dúbidas, para calquera aclaración deixade outra mensaxe e intentarei axudarvos. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:15, 24 maio 2007 (UTC)

Novo formato para as eleccións municipais[editar a fonte]

Quero propoñer un novo formato para os artigos correspondentes ás eleccións municipais de cada concello, a ver que vos parece. Fixen un artigo de exemplo en User:Banjo/proposta eleccións, tomando como base o artigo Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez.

As razóns polas que propoño este cambio é que creo que queda mellor formateado e facilita a consulta, xa que si o artigo ten moitos gráficos (cousa que habitualmente non sucede, pero iso xa é outra historia) resulta tedioso andar baixando subindo a barra de navegación, ao poñer cabeceiras e ter un índice facilítase a consulta do artigo e engádense ligazóns aos artigos das eleccións municipais en Galicia. Ademáis de incorporar o Template:Em comparativa, tamén se engadiría unha sección para todas as eleccións cós resultados dos escrutinios (Total votantes, abstención, nulos e brancos) que se podería facer nunha template para facilitar a súa inclusión nos artigos.

Por suposto e só unha proposta, e como tal está aberta a cambios, suxerencias ou simplemente a quedar olvidada :). Un saúdo BaNjO(tell me) 15:34, 31 maio 2007 (UTC)

  • Está bastante ben, penso eu, pero sería bastante laborioso modificar cada artigo. A miña opinión é que se pode facer só se hai posibilidades de facer todos en relativo pouco tempo. AlberteSi, digame? 17:04, 31 maio 2007 (UTC)
  • Concordo. A maior parte do traballo poden facelo os bots. Con respecto á información do escrutinio como hai espazo libre á esquerda do gráfico de cada elección podemos aproveitar para colocalo aí. Iso, en principio, habería que facelo manualmente como apenas hai páxinas con ese tipo de información non sería ningunha complicación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:40, 1 xuño 2007 (UTC)
  • Penso que haberia que reformar ainda máis a presentación de datos. Os gráficos, tal e como existen agora mesmo, ocupan demasiado espazo para baixo da páxina e non permiten comparacións doadas; eu substituiria-os por unha única gráfica histórica, de esquerda a dereita. Xa sei que é moi laborioso, pero eu estou xa facendo os que podo das últimas municipais tal e como están e podo continuar. Por outra banda, nesta páxina, que é específica de resultados electorais, deberian figurar outros como o censo, votantes, nulos, etc. que agora mesmo están no modelo de información de cada concello. Eu retiraria-os deste modelo, no que só deixaria o número de concelleiros. É información demasiado particular para ir na páxina principal de cada concello e deberia estar nestas específicas. --Xosé (✉) 11:06, 1 xuño 2007 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo có de retirar o censo electoral do artigo principal de cada concello e movelo ás páxinas específicas das eleccións, tal e como dixo Xosé. --BaNjO(tell me) 13:35, 4 xuño 2007 (UTC)
Concordo coa proposta de Xosé con respecto a Concello info. No tocante aos gráficos, certo que hai que mover a páxina cara abaixo pero coa táboa (E)leccións (m)unicipais comparativa xa se inclúe un resumo da información. Na miña opinión, a medida que a páxina vaia incluíndo máis información permitirá facer unha análise completa da evolución electoral de cada concello. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:06, 5 xuño 2007 (UTC)
Acabo de crear un modelo (User:Xosé/Template:Eleccións municipais en Probas) dunha gráfica que permite seguir a distribución do número de concelleiros ao longo do tempo. Resulta doada de extender no tempo e permite seguir a evolución política mellor que as gráficas que tíñamos até agora. Para completar a páxina haberia que incluir os datos de porcentaxes noutra táboa que se pode adaptar de Template:Concello_info --Xosé (✉) 22:06, 6 xuño 2007 (UTC)
Creo que o novo gráfico e os antigos son compatibles, de feito que estean presentes ambolos dous tipos acrecenta o valor informativo do artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:34, 6 xuño 2007 (UTC)