Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 24

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34

Comisión de Festas pro-décimo aniversario[editar a fonte]

Adaptación do póster do 10 aniversario da en-wiki, pouco orixinal pero vale para encher o oco.

Este ano a Galipedia fixo nove anos o pasado 8 de marzo, e despois de dar algunhas voltas o día pasou sen máis gloria..., pero para o ano que ven xa imos facer 10 anos e eu penso que a cousa ben merece a súa celebración. A cuestión de celebrar esta data ten a súa importancia non só para nós mesmos, para que aproveitemos para botar unhas parrafadas e tal e tal, senón tamén de cara a darlle publicidade ó proxecto e aumentar un pouco máis a súa visibilidade.

Podemos tentar organizar algunhas conferencias e unha mesa redonda ou algo así, por exemplo sería moi interesante poder ter por aquí a David Bravo, experto en propiedade intelectual, eu podería contactar con varias persoas relacionadas co coñecemento libre e as wikis coma Tomás Saorín, autor do libro Wikipedia de la A a la W, David Gómez autor de Debats de l’AAVC: Llicències lliures per al retorn social de la producció artística o con José Felipe Ortega, autor de El potlatch digital. Wikipedia y el triunfo del procomún y el conocimiento compartido. E seguro que tamén hai algúns galipedistas que poderían contarnos algunhas cousiñas :). Outra cousa que se podería facer sería algún concurso (de artigos para alumnos de instituto, de fotografía, de logos para os 100.000 artigos...) un obradoiro de edición da Galipedia ou o que se nos ocorra.

Podería invitarse a diferentes asociacións culturais que poidan estar interesadas nestes contidos para que participen nas xornadas ou que nos poidan dar apoio.

Tamén se podería contactar coa xente da Cidade da Cultura que xa que o ano pasado nos deixaron espazo para a reunión que fixemos ó mellor tamén poderían cedernos algo para isto, ou se non o concello de Santiago ou a Universidade poderían interesarse. Tamén, se o preferides pode organizarse noutra cidade, isto só son ideas "a vulto".

Como algúns sabedes eu son socio do capítulo de Wikimedia España e, se vos parece ben, podo pedirlles axuda para organizar este evento xa que a través deles pode ser máis sinxelo contactar con distintas personalidades e tamén, quizais, conseguir algo de financiación para montar o que se nos ocorra.

Pero para montar todo isto hai que poñerse a traballar, canto antes mellor, porque se queremos facer algo un pouco elaborado non podemos facelo no mes de febreiro...

Gustaríame saber que vos parece a idea, se estades interesados en que a levemos para adiante e como, e o que se vos ocorra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:22, 23 de setembro de 2012 (UTC)

- Como sabedes, ando un pouco desperdigado por outros temas, pero sigo aquí. Coido que podería montarse non só algo centralizado, senón actos soltos cada un onde poidera, e para comezar a coordinar, unha páxina de propostas na que cada proposta fora acompañada dunha pequena explicación de posibilidades de levala a bo fin, necesidades e ofertas. Podería ser un tema ata o 1N ou 1D, por exemplo, e planificar xa unha xuntanza pouco despois derematar o prazo de propostas. Saúdos, --Agremon(contacto) 17:09, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Boas, parece que este tema non ten moita atención e gustaríame saber as vosas impresións ó respecto, se pensades que non é interesante, se non queredes facer este tipo de iniciativas, se credes que non temos xente para levala a cabo ou o que vos pareza. Gustaríame saber as vosas opinións para poder seguir dando pasos con esta idea ou, se non se sigue con isto, adicarme a outra cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:07, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Boas, hai uns días que vin a proposta, estiven pensando sobre ela e a idea paréceme boa. Eu non teño nin contactos nin vou ter moito tempo dende agora ata a data (algún día terei máis, pero non me podo comprometer). Sobre o de darlle visibilidade ao proxecto penso que estaría moi ben unha forte presenza nos medios como propoñerlle unha reportaxe especial á TVG nalgún destes programas monográficos que fan ás veces (non a sigo moito), así como presenza nos informativos "territoriais" de TVE (se os siguen dando, tampouco a sigo moito, como o resto das televisións), tamén se pode tentar falar con xornais para que nos suplementos de fin de semana adiquen un á Galipedia para esas datas ou a semana antes (por exemplo no de Cultura de La Voz de Galicia, que é o que coñezo eu), propaganda na Radio Galega estaría tamén moi ben (así como noutras emisoras do país). Non creo que debamos quedarnos en actividades dun día, senón en facer actos durante todo o mes en distintos puntos de Galiza (onde xa se vería). A idea de levar o proxecto aos institutos paréceme moi boa e pode facer que o alumnado (e o profesorado) vexan a Galipedia como unha fonte de información. Podemos abrir unha páxina para falar sobre o que poderiamos dicir para darlle bombo e outras medidas. Un saúdo, Piquito (conversa) 17:42, 16 de outubro de 2012 (UTC)

Ocórrenseme outras dúas cousiñas máis: podemos acordar un artigo de interese universal (podería ser un da lista dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter) e melloralo para que chegado o momento fora de calidade, do mesmo xeito coller un artigo sobre Galiza e facer o mesmo para logo levalos á portada durante ese mes. Penso que no caso de ser da lista, poderiamos coller un que non estivera moi desenvolvido e amplialo, deste xeito tamén podemos tentar escalar un pouco na clasificación das wikis. Saúdos, Piquito (conversa) 17:54, 16 de outubro de 2012 (UTC)
Eu sobre facer obradoiros en colexios, paso, o que queira que o faga, pero a min no me gustan esas cousas. E o resto das cousas parécenme moi custosas e tampouco me apetece facelas, ó mellor vamos a botar máis tempo en facer todo isto, que en conseguir mellorar a Galipedia. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18:35, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Antes de nada, agradecer a Elisardo que sempre ande con inventos no cabeza, que unhas veces saen e outras non. Polo demais, eu son partidario de facer algo sinxelo: buscar aumentar en non sei cantas as edicións, facer tantos artigos novos en 24 horas, mellorar tal aspecto dos artigos no día do aniversario e cousas dese tipo. O demais (eventos, reportaxes, entrevistas) non me chama tanto. En todo caso, faremos o que diga a maioría. --Atobar (conversa comigo) 11:35, 21 de outubro de 2012 (UTC)
Eu son partidario de facer absolutamente o contrario que di Atobar. Cómpre aproveitar a efeméride para visibilizar a Wikipedia de cara ao exterior para que colabore xente nova, e non propoñernos un reto para un día e que non teña maior transcendencia que a que nós mesmos lle deamos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:20, 21 de outubro de 2012 (UTC)
Pois xustamente o que di Estevo é a base da miña idea, nestes dez anos a Galipedia fixo grandes cousas pero aínda lle queda moitísimo camiño por percorrer, e como todos vedes día a día as mans non sobran. Os dez anos é unha data redonda, e supoño que tamén especial para moitos de nós, e penso que podemos aproveitar para artellar algo que nos poña, aínda que sexa só por uns minutos, nos focos das cámaras para acadar o que di Estevo, máis xente que se interese por colaborar, e tamén que se interese polo seu uso (o interese polo uso pode levar de forma doada ó interese pola colaboración). Penso no futuro xa que as comunidades desgástanse, como todo, e fai falta ter preparados os recambios que fagan que o proxecto siga adiante, medrando e mellorando. Penso que este tamén é un traballo para a comunidade pero comprendo que moitos non estedes interesados nin afeitos a estas tarefas, por iso tamén propuxen solicitar a axuda da asociación Wikimedia España para que, se puderan, se encargaran da parte da organización de contacto e representación sendo co-organizadores (sempre coa axuda de tódolos galipedistas que tamén quixeran traballar nesta parte), en canto que a nosa comunidade aportaría as ideas e propostas e así poderíamos liberarnos desa parte máis complicada. Penso que esta é a forma máis sinxela que temos de levar a cabo esta proposta, e se a maioría estades dacordo, eu podo presentala á asociación para que nos digan no que nos poden axudar. Pero o tempo ándanos enriba e pídovos que non demoredes os vosos comentarios porque canto menos tempo teñamos para preparar isto máis complicado será resolvelo todo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:41, 22 de outubro de 2012 (UTC)
Eu xa expresei a miña opinión, creo que o mellor é contactar con televisións galegas para acadar presenza en televisión, que é unha ferramenta que GARANTIZA O ÉXITO, xa que é un medio que todo o mundo ve. Non creo sinceiramente que para eso precisemos de contacto coa fundación Wikimedia España, chega con que alguén propoña o que se acorde aquí ás televisións (TVG prioritariamente), tampouco é demasiado laborioso, e que algún administrador ou usuario destacado se prestase a falar para a televisión (algo creo eu que moi complicado). O que di Atobar está moi ben como obxectivos para todos os que colaboramos no proxecto, pero os aniversarios (máis aínda as datas redondas) deben ser, entendo eu, unha oportunidade para dar visibilidade ao proxecto: que medio de comunicación vai querer falar sobre a Galipedia polo seu 12 aniversario? Significa algo esta cifra? NADA, non ten interese algún. De non facer nada agora teriamos que esperar ata o 2015, e sinceiramente creo que sería unha oportunidade perdida, temos que deixarnos do inmovilismo e ensinar un pouco o que facemos e que a xente o coñeza e vexa as virtudes que ten o proxecto e se anime a participar, de non facelo o proxecto non ten futuro ningún, temos que deixar de mirar un pouco á pantalla do ordenador e movernos un pouco, xa chega de pasar os aniversarios con máis pena que gloria. Eu xa dixen que a miña aportación seguramente vaia ser moi limitada, mais entre todos podemos facer algo e queda tempo para mellorar e ampliar a Galipedia. Facer algo agora penso que é fundamental para a supervivencia do proxecto, vaiamos poñéndonos obxectivos pouco a pouco para o 10º aniversario e segundo vaiamos conseguindo cousas marcarnos outro obxectivo, para eso precisamos dunha lista e penso que cecais unha páxina exclusiva para o tema coas ideas e as tarefas a realizar. Saúdos, Piquito (conversa) 10:58, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Fixen unha páxina resumo das propostas que se fixeron ata o de agora coa súa descricion e necesidades, está aberta a todos os que queran comentar nela e ampliar. Tamén se pode traladar ó sitio que pensedes que é máis axeitado, eu polo momento fíxena como subpáxina porque non sei ónde poñela.

Como comento na páxina propoño que ocupemos esta semana en facer propostas de posibles actividades a realizar e en mellorar e detallar as que xa hai e logo para a seguinte semana que fagamos unha votación para decidir as que nos interesan máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:25, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Eu estou de prácticas nun centro de ensino, falei do tema no centro e gustaríalles se se pode dar unha charla sobre a Galipedia :).--Adorian (fálame) 15:56, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Aviso na parte superior das páxinas[editar a fonte]

Se vos parece ben penso que poderíamos poñer un anuncio no cabezallo da Galipedia dicindo que imos comezar a colleitar durante esta semana propostas para celebrar no décimo aniversario na páxina que puxen antes, e que logo serán votadas por toda a comunidade. Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:31, 22 de outubro de 2012 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo --Elisardojm (conversa) 13:31, 22 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 17:06, 22 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:12, 22 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 10:18, 23 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Agremon(contacto) 14:56, 24 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Beninho (conversa) 21:39, 25 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Adorian (fálame) 21:39, 25 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 21:42, 25 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Xas (conversa) 21:45, 25 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo--Servando2 (Dime) 21:51, 25 de outubro de 2012 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Atobar (conversa comigo) 23:23, 25 de outubro de 2012 (UTC)
  • Concordo, inda que, para outra, cando se faga unha proposta para que se vote algo, é mellor concretala máis. Cal é exactamente o texto do anuncio que se propón? Formato, incluíndo ligazóns internas e demais?. Facemos a proposta e despois pasámoslle a pelota a Toliño para que redacte o mensaxe el? [1]. Tampouco ten porqué facelo Toliño, calquera dos 10 administradores poden, só hai que modificar MediaWiki:Sitenotice (exemplos no propio historial). . HombreDHojalata.conversa 12:13, 26 de outubro de 2012 (UTC)
Tes razón, iso pasóuseme, propoño por exemplo: "Imos preparar algún/s evento/s para celebrar o décimo aniversario da Galipedia. Colabora e fai as túas propostas aquí.". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:06, 26 de outubro de 2012 (UTC)
Xa o puxo Toliño, seguimos falando na páxina de propostas, agora atópase en Wikipedia:Propostas décimo aniversario como suxiriu HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:16, 26 de outubro de 2012 (UTC)
Non teño problema en facer estas cousas. Se non vos gusta algo pódese cambiar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:29, 26 de outubro de 2012 (UTC)

Votación das propostas[editar a fonte]

Xa hai 9 propostas para facer, o tempo non sobra e habería que decidir o que queremos facer. Xa propuxen na páxina Wikipedia:Propostas décimo aniversario que pecháramos a inclusión de novas propostas e pasáramos a unha fase de votación. Como hai propostas que son compatibles e incluso complementarias propuxen que poñamos unha semana de votación e que cada usuario, dos que poden votar, vote a tódalas propostas que lle parezan interesantes e que ó final nos concentremos nas dúas propostas que teñan máis votos. Poñemos o período de votación a partir de mañán ata o domingo (realmente non fai falta unha semana para votar isto)? Só hai que cambiar o aviso na cabeceira das páxinas e poñer uns apartados de votación nas propostas (iso xa o fago eu).

  1. Symbol support vote.svg Concordo --Elisardojm (conversa) 11:58, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 12:54, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo.--Adorian (fálame) 15:56, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo.----Agremon(contacto) 16:12, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo, se do que se trata é da proposta para o sistema e prazos de votación. --Atobar (conversa comigo) 19:34, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  6. Symbol support vote.svg Concordo.--Beninho (conversa) 11:38, 19 de novembro de 2012 (UTC)
  7. Symbol support vote.svg Concordo. --Xas (conversa) 12:05, 19 de novembro de 2012 (UTC)
  8. Symbol support vote.svg Concordo. --Xosé Antonio (fálame sempre) 00:25, 20 de novembro de 2012 (UTC)
  9. Symbol support vote.svg Concordo --Servando2 (Dime) 12:19, 20 de novembro de 2012 (UTC)
  10. Symbol support vote.svg Concordo --Paradanta (Cóntame) 21:59, 20 de novembro de 2012 (UTC)
Comentarios:
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. Acabo de darme conta de que hai propostas que requiren de voluntarios, coido que habería que abrir primeiro unha lista para que os que queran ir facer obradoiros e charlas se apunten, xa que se non hai xente que se ofreza penso que é absurdo votalo. Saúdos, Piquito (conversa) 22:15, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Home, algo de razón tes, pero tamén se pode pensar que os usuarios que voten esas propostas teñen pensado traballar un pouco nelas, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:43, 12 de novembro de 2012 (UTC)
En certo modo si, mais eu podo estar de acordo pero non ter tempo para levalas a cabo, por non dicir que non me sinto nada capacitado para realizar un obradoiro de edición. Piquito (conversa) 10:31, 13 de novembro de 2012 (UTC)
Entón, que facemos? Primeiro o ovo ou a galiña? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:10, 15 de novembro de 2012 (UTC)
Penso que o mellor será que quen vote e quera ou poda levar a cabo as actividades o diga na votación, se hai xente suficiente se pode facer, e no caso que nun principio non haxa podemos tentar facer campaña. Saúdos, Piquito (conversa) 01:13, 17 de novembro de 2012 (UTC)
Vale, paréceme ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:57, 18 de novembro de 2012 (UTC)

Novas páxinas para as propostas gañadoras[editar a fonte]

Symbol comment vote.svg Comentario Fixen dúas páxinas novas para as propostas gañadoras, Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, inicialmente co contido que tiñan nesta páxina, agora hai que ir engadindo detalles nesas páxinas.

Por outra banda penso que non deberíamos perder a oportunidade de facer algún acto na finde do aniversario, penso que pode moi interesante para a Galipedia. Por iso, se non vos parece mal, vou presentar esa proposta, como socio non como galipedista, a Wikimedia España para preguntarlles se estarían interesados en organizar as conferencias. Vou esperar uns días, ata o luns ou o martes, para que se alguén ve algún problema con esta proposta o comente antes de votala a rodar. A miña idea é que eles nos axuden coa organización pero apoiándose nas nosas ideas e propostas para organanizar estas conferencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2012 ás 01:08 (UTC)

  • Paréceme ben implicar a Wikimedia, mais quizáis fora bo presentarlles xa algo máis rematado.--Agremon(contacto) 1 de decembro de 2012 ás 11:37 (UTC)
Vale, podemos decidir que a data de celebración sexa 9 de marzo o e o lugar Santiago de Compostela. A non ser que teñades outras preferencias, vós diredes.
Sobre os posibles poñentes penso que habería que buscar un par de persoeiros con certa carga mediática, un podería ser o que xa propuxen, David Bravo, para falar sobre temas de dereitos de autor. O outro debería ser algún persoeiro galego que comentara algún tema relacionado co galego, a historia de Galicia, ou a ciencia en galego..., e que "encaixara" un pouco no contexto da Galipedia ou do coñecemento libre. Pero non se me ocorre quen podería ser, ¿propostas?.
O caso é que non teño nin idea de como se organizan estes tinglados, o que tiña pensado era tentar contactar con asociacións da cultura por se algún dos seus membros se animase a contarnos algo, por exemplo a RAG, a AELG, as universidades e outros colectivos que tamén propuxen no seu día... Se alguén coñece xente que poda estar interesada en participar neste evento que o diga para poñerse en contacto con eles.
E se alguén se animara a facer unha pequena exposición sobre a Galipedia, ou dalgún tema relacionado con ela tamén sería un puntazo, penso eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2012 ás 14:09 (UTC)
Paréceme ben o 9 de marzo. En canto á organización, queda lugar, contacto cos posibles ponentes, difusión, financiación, horario e outros.
Lugar: non sei quen se puxera en contacto para un sitio na cidade da cultura. Coido que a falta de lugar mellor, sería darlle un uso.
Contacto: polo que parece, Elisardo, ti tes contacto con algunha xente desta. Non sei se abondo como para facer a xestión ti.
Difusión: nota(s) ós medios (unha para advertir de que se está amañar algo, outra para definir o tema), posta en contacto máis particular con algún, como código 0, a sección de wicho na Voz ou programas específicos da radio, e por suposto, aviso aquí e no facebook.
Financiación: falaches de wikimedia, pero faría falla ir facéndose unha idea dos gasto e se podería chegar.
Horario e outros: polo momento, en segundo plano pois depende sobre todo dos dous primeiros puntos...--Agremon(contacto) 3 de decembro de 2012 ás 17:50 (UTC)
Lugar: Da Cidade da Cultura queixáronse a última vez de que non era un sitio céntrico. Non me preocupa moito, o concello de Santiago ten varios sitios para este tipo de actividades, se temos un conxunto de poñentes interesante penso que non teremos moito problema con isto.
Contactos: si, eu podo tratar de falar con David Bravo e coa xente da asociación, e incluso co colectivo Alg-a que xa tiveron contacto cun dos socios. Para o que preciso axuda é para contactar co resto de entidades como a RAG, as universidades, a AELG...¿quen pode votar unha man nisto? E outra cousa, ¿alguén se animaría a facer unha pequena exposición do proxecto da Galipedia?
Difusión: nisto tes razón, pero penso que habería que agardar un pouco a que a cousa estivera un pouco máis en marcha
Financiación: disto non teño nin idea, ¿alguén que estivera metido nestes tinglados sabe como vai a cousa? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2012 ás 01:44 (UTC)
Quizáis, tendo financiación, podería ser unha exposición estática itinerante, en troques dunha exposición dunha persoa nun momento ... --Agremon(contacto) 7 de decembro de 2012 ás 00:04 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Non me convence moito a idea, unha exposición estática é bastante "sosa", polo momento penso que a Galipedia non ten tanto tirón como para que a xente vaia a unha cousa así e para actividades itinerantes xa temos Wikipedia:Participación activa. Por certo, xa temos dous posibles relatores, o presidente da asociación e David Gómez, aínda non teñen os temas a tratar porque poden axustar as súas charlas dependendo do que vaian presentar os outros relatores para non solaparse. Dende a asociación propuxeron contatar coa Universidade para solicitar axuda para a organización do evento nalgunha das súas salas, penso que é boa idea. Tamén propuxeron contactar con Jimmy Wales xa que se a súa axenda llo permitise e estivera en Europa ó mellor se anima a acercarse! Ah, e por suposto que están encantados con este proxecto e dando un montón de ideas e propostas. O que sigo precisando é axuda para conseguir contactar coas asociacións culturais galegas para conseguir algún relator deses eidos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2012 ás 01:42 (UTC)

Conferencias para o décimo aniversario[editar a fonte]

Contactei con David Bravo e comunicoume que non estaba dispoñible porque debido á carga de traballo que ten actualmente tivo que reducir a súa presenza neste tipo de actividades. Precisamos entón outro persoeiro que poda cadrar, en certa medida, co proxecto ou a nosa filosofía libre. Acéptanse propostas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2012 ás 12:58 (UTC)

Onte ocorréuseme que se podía tentar contactar con xente de Praza Pública e A navalla suíza para que nos contaran como é que escolleron usar licenzas libres no seu traballo, as vantaxes e inconvintes que atopan, a súa relación coa Galipedia, as súas experiencias con ese tipo de licenzas, etc. Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2012 ás 09:11 (UTC)
Estou a buscar algún persoeiro que poda ter algunha relación, aínda que sexa pequena, coa Galipedia ou a cultura libre. Polo momento só teño anotado a Ramón Nuñez, ¿alguén ten algunha idea de a quen se podería avisar? Buscamos xente da cultura con algo de tirón mediático que fagan atractivas as conferencias e sobretodo que teñan unha idea positiva do proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2012 ás 00:24 (UTC)
Fixen a páxina Wikipedia:Relatorios décimo aniversario para coordinar e debatir esta actividade, os que queran poden aportar ideas relativas á organización e ós relatores que poderían participar, toda a axuda é benvida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 03:05 (UTC)

Revogación de inactivos[editar a fonte]

Ábrese unha votación para a revogación do status de bot, de usuarios que levan anos inactivos en: Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#Revogación de inactivos. --. HombreDHojalata.conversa 07:32, 6 de outubro de 2012 (UTC)

Elección dos dereitos de administrador para Vivaelcelta nos proxectos irmáns (Galicitas, Galifontes e Galilibros)[editar a fonte]

Ábrese unha votación para a concesión dos dereitos de administrador para Vivaelcelta nos proxectos irmáns (Galicitas, Galifontes e Galilibros) en: Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Dereitos_de_administrador_para_Vivaelcelta_nos_proxectos_irm.C3.A1ns.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 02:21, 7 de outubro de 2012 (UTC)

Galeguizar e normalizar Portal talk por Conversa portal[editar a fonte]

O espazo de nomes Portal talk está en inglés e non entendo por qué. Así que propoño que o galeguicemos e normalicemos chamándolle Conversa portal como o resto das conversas.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 09:04, 11 de outubro de 2012 (UTC)

  1. Symbol support vote.svg Concordo--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 09:04, 11 de outubro de 2012 (UTC)
    Symbol comment vote.svg Comentario. Véxase esta conversa: Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 21#Espazo de nomes Portal. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:38, 11 de outubro de 2012 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Estiven movendo e creando contidos no espazo de nomes portal. Xa se fai necesario mudar o talk por conversa [2]. --. HombreDHojalata.conversa 19:28, 13 de outubro de 2012 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo, como xa dixen na conversa da ligazón anterior. Pero o nome debera ser Conversa portal: (a palabra portal minúscula) por coherencia co resto de espazos de nomes de conversa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:45, 14 de outubro de 2012 (UTC)
    Claro Toliño tes razón. E cando o ides a cambiar?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11:07, 15 de outubro de 2012 (UTC)
    Agardaba ata termos máis apoio, porque en Bugzilla han pedir un mínimo de consenso. --Toliño Fala aquí comigo 11:17, 15 de outubro de 2012 (UTC)
    O apoio ten que ser aquí? Pois poño unha mensaxe nos taboleiros dos administradores da Galipedia.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:37, 15 de outubro de 2012 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo; avante toda! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:21, 15 de outubro de 2012 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo --Elisardojm (conversa) 11:05, 18 de outubro de 2012 (UTC)
  6. Symbol support vote.svg Concordo --Adorian (fálame) 12:14, 18 de outubro de 2012 (UTC)
  7. Symbol support vote.svg Concordo --Beninho (conversa) 19:13, 18 de outubro de 2012 (UTC)
  8. Symbol support vote.svg Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 11:55, 19 de outubro de 2012 (UTC)
  9. Symbol support vote.svg Concordo -- JonnyJonny (conversa) 14:02, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Fixen a solicitude en BugZilla. Non han tardar moito. --Toliño Fala aquí comigo 11:40, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Feito! Xa está! Os títulos das páxinas de conversa dos portais xa están en galego. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:48, 26 de outubro de 2012 (UTC)

Engadir unha ligazón[editar a fonte]

Propoño engadir en Wikipedia:A Taberna unha ligazón a Wikipedia:Taboleiro dos administradores, porque hai xente que no sabe da súa existencia e emprega unha páxina da taberna para solicitar un cambio, por exemplo Wikipedia:A Taberna (propostas) ou Wikipedia:A Taberna (xeral). Como me pasou a min, que non descubrín a súa existencia ata fai uns días. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Vivaelcelta (conversacontribucións)

Iso si que me parece unha boa idea. Non só hai que saber que existe esa forma de dirixirse ós administradores -que non todo o mundo sabe- senón que logo atopar cómo non é tan fácil. Pedro --Lameiro (conversa) 21:41, 15 de outubro de 2012 (UTC)
O que eu non sei é onde se pode encaixar a ligazón para que non desentoe co resto do cadro. --Toliño Fala aquí comigo 21:15, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo Piquito (conversa) 08:27, 19 de outubro de 2012 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo ----Agremon(contacto) 12:07, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! Xa o fixen eu, pensei que o modelo estaba protexido, pero non. Púxeno no cadro abaixo de todo e foi sinxelo, copieino do modelo do Taboleiro dos administradores.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:06, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Posición do "Véxase tamén"[editar a fonte]

Xa sei que se acordou hai tempo que nos artigos a sección "Véxase tamén" debería ir despois de "Notas" e a estas alturas propoñer un cambio seguramente causaría un gran trastorno debido ao gran número de páxinas que vai tendo xa a Galipedia, pero, malia todo, quero facer a seguinte reflexión.

  • Cando a páxina ten moitas notas e referencias, ás veces decenas delas (en principio iso é o desexable, que teña moitas), o "Véxase tamén" queda alá abaixo despois de todas as notas, polo que case ninguén chega a ver a páxina ata o final (a maioría deixa de facer scroll cando chega a notas), polo que o "Véxase tamén" pasa desapercibido para a maioría dos usuarios.
  • No "Véxase tamén" hai ligazóns ás veces moi interesantes con páxinas externas ou outros artigos. Pode haber vídeos moi ilustrativos ou imaxes que non están en Commons ou textos de gran calidade (por exemplo os de Lipid Library en Bioquímica) e a maioría dos usuarios nin se van decatar que están aí, porque a sección queda debaixo de "Notas".
  • A sección "Notas" é moi importante tamén, pero non hai ningún problema para acceder a ela, xa que ao premer no número da nota, xa a páxina baixa automaticamente á nota procurada, e despois ten unha frechiña para volver a subir ao texto onde estabas. Por tanto, non inflúe que estea máis arriba ou máis abaixo. Ademais, agora xa as notas aparecen ao poñer o punteiro enriba do número (como pop-ups'), polo que é aínda máis cómodo de ler.
  • Se facemos un repaso por outras Wikipedias veremos que é algo xeral poñer o "Véxase tamén" antes de "Notas" ou "Referencias". Esta coincidencia tan xeral por algo será.
  • Supoño que cambiar isto agora (se así se acordar) sería unha gran complicación, polo que en realidade non me atrevo a propoñer que se mude isto. Simplemente quero facer esta reflexión para que se pensen ben as cousas en futuras decisións que se tomen sobre outros asuntos, con calma, dando bastante tempo para a discusión, antes de decidir cousas relevantes, porque despois co tempo se ve que algunhas cousas estaban mellor doutra maneira ou así opinamos algúns.--Miguelferig (conversa) 18:58, 20 de outubro de 2012 (UTC)
Gústame a proposta e podémola aplicar desde xa nos novos artigos, á vez que se cambia a orde nos existentes segundo de vaian revisando ou ampliando; tampouco temos présa. En calquera caso cómpre recordar que as regras do wikipedia:Libro de estilo nunca son obrigatorias, segundo expresa o mesmo texto da politica. Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 20 de outubro de 2012 (UTC)
A min tamén me parece ben a proposta e concordo con todo o expresado por Miguelferig. Penso que poderiamos ir empezando a facelo nos novos artigos... --Xas (conversa) 22:02, 20 de outubro de 2012 (UTC)
Eu tamén estou dacordo co cambio, pero antes de facer nada nos novos artigos nin nos vellos penso que o que habería que facer primeiro sería chegar a un acordo e cambiar o Libro de estilo porque se non podemos montar unha pequena lea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:13, 20 de outubro de 2012 (UTC)
Interesante, pero eu non estou de acordo. A min resúltame moito máis útil tal e como está agora, é dicir, co véxase tamén ao final. Para que temos as teclas inicio en fin scr? xustamente para iso. Eu son de lles dar moito uso, e por iso teño sempre as ligazóns externas a mana un clic de tecla. Xa logo, non son partidario de modificalo, xa sen entrar no problema que suporía movelo en milleiros e milleiros de artigos. --Atobar (conversa comigo) 22:50, 20 de outubro de 2012 (UTC)
Uf, uf, uf... iso é o que pasa pola miña cabeza. Uf! Éche algo moi, moi complicado. Comprendo os motivos e tamén os beneficios. O feito é que xa se mencionou esa posibilidade no debate que deu lugar á estrutura actual (véxase Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 8#Proposta para a sección Véxase tamén). Non obstante, non estou de acordo co cambio. Gústame a nosa estrutura actual, na que se dá importancia ás referencias usadas nos artigos. --Toliño Fala aquí comigo 10:31, 23 de outubro de 2012 (UTC)
Eu en principio tampouco estou de acordo co cambio suxerido, aínda que é unah boa idea. O meu caso é o mesmo que di Atobar, penso que moita xente (eu incluído) moitas veces ao abrir un artigo e tras botarlle un ollo á introdución, imos inmediamente á parte de abaixo da páxina para buscar algunha ligazón tanto externa como interna.--Adorian (fálame) 11:49, 23 de outubro de 2012 (UTC)
Eu estou a favor de que se quede como está. Todo sistema ten as súas vantaxes e inconvenientes, mais o actual e perfectamente válido. Penso que mudalo sería entrar nun revisionismo moi traballoso e innecesario. --. HombreDHojalata.conversa 17:50, 23 de outubro de 2012 (UTC)
Eu penso que ambas as propostas son igualmente válidas e que, si como di Lameiro, as indicacións do Libro de Estilo non son obrigatorias (aínda que penso que si se deben seguir, especialmente para a homoxeneidade dos artigos), talvez, neste caso concreto, non estaría desencamiñado o deixar ao autor intercambiar a orde porque, efectivamente, hai artigos (por exemplo, uns dos meus preferidos, os dos grupos de animais) que conteñen ligazóns externas moi interesantes, con informacións, fotos e videos —que adoito (non sempre)— son moi ilustrativos, e tamén hai artigos pequenos nos que, mediante a consulta das "páxinas relacionadas" (outros artigos) o usuario pode obter moita máis información. Polo que respecta ás referencias, moi necesarias, creo que só as consultan aqueles que poidan dubidar da exactitude dalgunhas informacións que lles pareza dubidosas ou extravagantes, e que non lle sería moi gravoso ir un pouco más abaixo. E tamén hai que ter en conta que a maior parte dos usuarios (non teño datos, obviamente) serán estudantes da ESO e bacharelato, aos que lles interesa máis a información en si, que se a tral información procede dun científico norteamericano ou australiano, ou dun diario local (de Galicia, ou da Patagonia). E, por suposto, estes usuarios non están afeitos a manexar as teclas inicio e fin scr das que fala Atobar.--XoioÉche o que hai 9 de xaneiro de 2013 ás 18:01 (UTC)

95.000 artigos ao remate do ano?[editar a fonte]

Quedan 8 días para que remate o ano e faltan algo máis de 500 artigos para os 95.000. O ano pasado conseguimos nesa data os 80.000, alguén se apunta a tentar facelo? Se o conseguimos o obxectivo dos 100.000 para o aniversario estará máis preto. Que me decides? --Xosé Antonio (fálame sempre) 23 de decembro de 2012 ás 23:29 (UTC)

  • Eu ándoche niso, pero non dou atopado o tempo suficiente aínda. --Servando2 (Dime) 26 de decembro de 2012 ás 14:48 (UTC)
Neste intre faltan 257 artigos para chegar aos 95.000. Isto é, en tres días fixéronse máis da metade dos artigos que faltaban. A este ritmo acadaremos o obxectivo. --Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de decembro de 2012 ás 20:01 (UTC)

Feito! Feito! Farm-Fresh pencil.png JaviP96 (fálame) 28 de decembro de 2012 ás 19:46 (UTC)

Parabéns a todos os que deron o pulo dos últimos días. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2012 ás 23:59 (UTC)

Coordenada xeográficas[editar a fonte]

Creo é interesante engadir as coordenadas xeográficas nos artigos sobre todo de poboacións ou monumentos. A min axúdame a atopar lugares que quero visitar e intento engadilas sempre que podo. Comentar que vin que en Openstreetmap utilizan para moitos lugares as coordenadas do CNIG . Esta base de datos pódese descargar en BD_Municipios-Entidades.zip.

Deixo a proposta de utilizalas nas poboacións e poño algunhas preguntas/suxestións por alguén sabe ou quere comentar;

  • ¿Alguén sabe si información está dispoñible en algún organismo galego?
  • Si se utilizan ¿Debería poñerse esta referencia dentro do formato de coordenadas?¿como sería?
  • Dos formatos de coordenadas que hai o ETRS89 ¿é o correcto?
  • Por último si son útiles poderíanse incluír esta información no wikiproxecto Concellos galegos.

--- Loischantada (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 14:39 (UTC)

Dende un tempo a esta parte tódolos lugares e edificios que poden situarse xeográficamente vánselle engadindo as coordenadas, o que pasa é que como todo a cousa vai pouco a pouco, esta quizais máis pouco a pouco que outras :). Sobre as túas preguntas:
  • Non coñezo ningún organismo que teña esta información pero para determinados obxectos, coma castelos, castros, dolmens, etc, sería moi interesante conseguila. Teño pendente, quizáis algún día teña un momento para facelo, facer unha petición deste tipo de información no portal abert@s da Xunta.
  • Polo momento non atopei ningunha coordenada con referencias, no modelo non se poden poñer, habería que poñer a referencia a continuación do modelo coordenadas pero como normalmente se lle pon o parámetro para que saia no título, se se inclúe unha referencia non sei como quedará a cousa.
  • Sobre o do ETRS98 non teño nin idea, eu poño as coordenadas que mostra o google maps...
  • No proxecto pode poñerse a ligazón a esa información para que os que a precisen podan atopala de forma sinxela
Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 18:07 (UTC)