Usuario:Atobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Este son eu no verán de 2010.
Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
fr-3 Cette personne peut contribuer avec un niveau avancé de français.
pt-2 Este usuário pode contribuir com um nível médio de Português.
da-2 Denne brugers kendskab til dansk er på mellemniveau.

Chámome Alejandro Tobar. Nacín en xullo de 1983 en Lugo. Nos últimos quince anos, vivín en Madrid, Marsella, Copenhaguen e Santiago de Compostela, cidade esta última na que estou empadroado dende o verán de 2011. Traballo como tradutor literario para empresas de Galicia e de fóra. Así mesmo, son o responsable de Hugin e Munin, editorial que publica exclusivamente narrativa en tradución ao galego e que depende, en esencia, da súa base de subscritores (aos cales eu persoalmente lles estou moi agradecido). Comecei a editar como usuario rexistrado na Wikipedia en galego o 7 de febreiro de 2009.

Nuvola apps kate.png Compendio de recursos útiles

 

O meu traballo na Galipedia

  • Engadir novos artigos. Estes fixen.
O 1 de xuño de 2010, ás 23:58 horas, acadei a cifra de 1.000 artigos únicos creados, converténdome así no 11º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Le Monde diplomatique, que de paso aproveitei para retirar dos artigos solicitados.
Soamente o 5,3% destes primeiros mil artigos teñen un vencello claro e prioritario con Galiza (ex.:Manuel Bragado, I República Galega, El Progreso, Boteiro), namentres que o 94,7% restante atinxe os máis diversos temas, non necesariamente galegos (ex.:Jaume Marquet i Cot, Cinema_pornográfico, Alérxeno, Saxo Grammaticus).
O 22 de novembro de 2010, ás 17:17 horas, acadei a cifra de 1.500 artigos únicos creados, converténdome así no 6º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Robert Falcon Scott‎, cuxas fazañas coñezo grazas ao magnífico libro de viaxes The Worst Journey in the World.
A primeiros de novembro de 2010 superei as 20.000 edicións, converténdome así no 7º editor en facelo. A día de hoxe fixen 41.090 edicións.
O 14 de abril de 2011, ás 14:33 horas, acadei a cifra de 2.000 artigos únicos creados, converténdome así no 5º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Linguas de Bélxica, territorio en proceso de desmembramento cun conflito lingüístico evidente.
O 11 de novembro de 2011, ás 03:12 horas, acadei a cifra de 2.500 artigos únicos creados, converténdome así no 4º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi disteleoloxía, unha disciplina filosófica coherente.
O 7 de febreiro de 2015 cumpríronse 6 anos dende a miña primeira edición como usuario rexistrado da Wikipedia en galego. Nese momento levaba un total de 32.546 edicións e de 2.779 artigos creados. O último artigo creado era daquela o da política andaluza Teresa Rodríguez.
O 18 de decembro de 2016, ás 13:44 horas, acadei a cifra de 3.000 artigos únicos creados. O artigo en cuestión foi Elizabeth Gaskell, novelista británica do século XIX.
Até o momento fixen 41.090 edicións.


  • Traducir das linguas latinas e procurar compendiar as informacións para facer do artigo en galego o máis completo.
  • Corrixir os erros de sintaxe e léxico. Hainos a varrer, sobre todo naqueles artigos aos que se lles supón un grao menor de relevancia.
  • Referenciar aquilo que estea embarullado.
  • Retirar, a base de creacións, os artigos requiridos na listaxe de Artigos solicitados.
  • Redactar os artigos que faltan da lista dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
  • Sempre que dispoño de fotografías persoais útiles, súboas como ficheiros e tento de lles atopar un sitio nos artigos. Ademais, ultimamente deume por engadir imaxes aos artigos que carecen delas. Sácoas, cando se pode, das outras wikipedias. Outra posibilidade sería tiralas de Commons. Aquí queda a ligazón ás últimas imaxes subidas á Galipedia.
  • Por último, pensar en positivo. Este trebello da Galipedia, de enorme poder, xoga xa un rol protagonista niso que coñecemos como proceso de normalización do galego. Coa Galipedia faise país. Home, non! Aproveito logo para rescatar unha reflexión do francés Daudet que deixa un oquiño para a esperanza:


Quand un peuple tombe esclave, tant qu'il tient bien sa langue, c'est comme s'il tenait la clé de sa prison.
  • Para o futuro, non desboto a posibilidade de chegarmos a crear unha interconexión real e paritaria (non absorbente) coas demais linguas ibéricas, e facer unha sección denominada Artigo ibérico do mes, similar ao que xa fan dende hai tempo nas wikis escandinavas, é dicir, ao Dagens skandinaviske artikel (Artigo escandinavo do día). Veremos.


Para coñecer mellor este proxecto


Algúns datos que cómpre ter en conta, ben a nivel interno da Galipedia ou ben comparativamente cos proxectos noutras linguas:


Artigos que escribín coa Galipedia como motivo
Axuda e ferramentas para galipedistas


Amais de enciclopedias, dicionarios en formato papel ou dixital, como é o caso do Dicionario Cumio, de literatura variada e de diversas publicacións coma o Manual de galego urxente editado por Xerais, velaquí outras informacións coas que fornecer ou apuntalar o choio dos galipedistas.


Listaxes


Tradutores


Dicionarios de confianza


Outros
Cómpre ter presente que moitos outros dicionarios, gramáticas e demais materiais didácticos que pululan pola rede son inexactos, están desfasados e unha parte deles non recolle as reformas de 2003. Por exemplo, vénme á memoria o caso deste habilitado pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia.