Usuario:Beninho
| Esta é unha páxina de usuario da Wikipedia. Isto non é un artigo enciclopédico. Se accedeu a esta páxina a través dun sitio diferente á Wikipedia, poida que estea vendo un sitio espello. Teña en conta que é posible que esta páxina non estea actualizada e o usuario ao que pertence esta páxina pode non ter ningunha afiliciación persoal con outro sitio que non sexa a Wikipedia. A versión orixinal desta páxina atópase en http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Beninho. |
| Wikipedia:Babel | |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||

Nacín un 12 de setembro de hai 46 anos en Marín. Estudei o grao superior de técnico de son na Coruña, maxisterio por educación primaria en Pontevedra e o Grao de Publicidade e Relacións Públicas tamén en Pontevedra, aínda un ano paseino na cidade sueca de Karlstad de Erasmus. Despois pasei varios anos entre Gotland e Galiza e no presente estou novamente en Suecia coa intención de quedar. Como bo emigrante fixen un pouco de todo: servir comida, lavar pratos, afumar carne, facer pizzas, limpar váteres, coidar anciáns e nenos e ser substituto en colexios. Agora mesmo son profesor de español no colexio de Roma, no centro de Gotland.
Comecei a colaborar na Galipedia o día 11 de marzo de 2006 cunha pequeniña edición en música, e ese mesmo día comecei co meu primeiro artigo, o da banda de rock alternativo A Perfect Circle. E así, aos poucos, fun entrando neste marabilloso proxecto. Interésanme sobre todo os temas relacionados coa música (máis concretamente co rock actual) e coa astronomía. Tamén me interesa a historia, a mitoloxía, a ciencia ficción e a aviación.
As miñas contribucións
[editar | editar a fonte]Estoume centrando polo de agora en artigos relacionados con bandas de rock, sobre todo de rock alternativo de finais dos 70 ata a actualidade. Polo de agora case todo son traducións das wikipedias en inglés, portugués e castelán, aínda que xa hai algunha que outra achega propia. Quero completar os artigos das seguintes bandas e crear os relacionados: Usuario:Beninho/Bandas e re centemente comecei a traballar cos artigos dos álbums incluídos no libro 1001 Albums You Must Hear Before You.
Gústame escribir tamén sobre aviación e de cando en vez fago artigos de avións, aeroliñas, aeroportos e accidentes aéreos.
Música
[editar | editar a fonte]...And You Will Know Us by the Trail of Dead, Audioslave
, Bala, Bambara, Battles, Big Black, The Bomb Party, Bright Eyes, Butthole Surfers, Cap'n Jazz, Car Seat Headrest, Cursive, Daughters, Death, Death from Above 1979, Dehd, Desvirgheitors, Dream Wife, Dry Cleaning, Feeble Little Horse, Flipper, Fontaines D.C., Fugazi, Gilla Band, Godflesh, Guided by Voices, The Hives, Interpol, Jawbox, The Jesus and Mary Chain, The Jesus Lizard, Le Tigre, Lush, Manic Street Preachers, METZ, Neutral Milk Hotel, Pavement, Pissed Jeans, Preoccupations, Protomartyr, Queens of the Stone Age, Quickspace, Screaming Females, Sebadoh, Shame, Sleater-Kinney, Slint, The Smashing Pumpkins, Snail Mail, Sonic Youth, Suede, Television, Two Gallants, Ween, Wolf Parade, Xiu Xiu.
Steve Albini, Mark Arm, Melissa Auf der Maur, Glenn Branca, Justin Broadrick, Carrie Brownstein, Joe Casey, Greg Dulli, Debbie Googe, Kim Gordon, Maynard James Keenan, Ian MacKaye, Bob Mould, Krist Novoselic, Angel Olsen, Richard Patrick, Pat Smear, Jamie Stewart, Kim Thayil, Porl Thompson, Josh Tillman, Troy Van Leeuwen, Butch Vig, Brad Wilk, D'arcy Wretzky
Britpop, grunge, hardcore punk, indie rock, metal alternativo, música industrial, no wave, noise rock, post-hardcore, post-punk, rock alternativo, rock industrial, sludge metal, space rock
A Thousand Leaves, Confusion Is Sex, Decline & Fall, Eat the Elephant, EVOL, Houdini, I See a Darkness, Psychocandy, Repeater, Surfer Rosa, The Eternal, The Mollusk, We Were Dead Before the Ship Even Sank
Aviación
[editar | editar a fonte]Aérospatiale Alouette II, Aérospatiale SA 315B Lama, Airbus A220, Airbus A300, Airbus A320, Airbus A340, Airspeed Envoy, Arado Ar 234, Avro Canada CF-100 Canuck, BAE Systems Hawk, Blackburn Beverley, Boeing 367-80, Boeing 717, Boeing 727, Boeing 737, Boeing 747, Boeing 747-8, Boeing 787, Bombardier CRJ700/900/1000, Embraer E-Jets, Embraer EMB 121 Xingu, Embraer Lineage 1000, Fiat G.91, FMA IA 63 Pampa, Focke-Wulf Fw 190, Gloster Grouse, Gloster Sparrowhawk, HAL HF-24 Marut, Ilyushin DB-3, Junkers Ju 88, Macchi MC.202, Messerschmitt Bf 109, Nieuport Nighthawk, Polikarpov I-15, Saab JAS 39 Gripen, Short Stirling, Sukhoi Superjet 100, Supermarine Baby, Supermarine Sea Lion I
Aeroflot, Aer Lingus, Aeroméxico, Air France, Brussels Airlines, Lufthansa, TAP Portugal
As miñas imaxes
[editar | editar a fonte]Sempre me gustou sacar fotos e alá polo ano 2006 comecei a subir algunha imaxe tirada cunha cámara compacta, en xeral de moi mala calidade. En 2012 merquei a miña cámara reflex e fixen algún cursiño de fotografía. No mes de novembro de 2020 cheguei ás 6 000 imaxes en Commons, e en agosto de 2023 ás 10 000.
Gústame coller o coche de cando en vez para axudar no proxecto das fotos das parroquias galegas e fotografar igrexas, lavadoiros, cruceiros ou muíños. Tamén me gusta a música en directo e cando me deixan meter a cámara aproveito para conseguir algunha imaxe. Ademais son visitante habitual dos aeroportos onde fago "spotting" de avións dende 2013. Recentemente, dende que ando por Suecia, gústame tamén fotografar paxaros e coches antigos. Aquí tedes unha escolma das miñas imaxes favoritas ou tamén podedes premer nas imaxes de abaixo para ir aos distintos apartados.
