Requinta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Requinta
Requinta galega.jpg
O artesán de requintas Oli Xiráldez.
Información
Clasificaciónvento madeira
Instrumentos relacionados
  • Frauta travesa
  • A requinta é un tipo de frauta travesa típica de Galicia, máis especificamente das Terras do Ulla.

    Orixe[editar | editar a fonte]

    A requinta apareceu en Galicia a comezos do século XIX como instrumento de acompañamento da gaita galega. Adoitaba tocarse en conxuntos denominados "gaitas" ou "requintas", principalmente nas terras do tramo medio do río Ulla.[1] Existen diversas hipóteses sobre a súa orixe, a súa chegada coas tropas napoleónicas durante a francesada, unha modificación local ideada para os músicos da catedral de Santiago, a introdución por algún peregrino a Santiago, etc. É case seguro que o instrumento como hoxe se coñece fose conformado no obradoiro dos García de Riobó[2], pois del saíron a práctica totalidade das requintas conservadas.[3]

    Características[editar | editar a fonte]

    O son da requinta prodúcese unha oitava por riba do da gaita, e deste feito deriva o seu nome, pois os gaiteiros chaman “requintear” a tocar na oitava máis aguda do seu instrumento.[4] A súa principal afinación é o fa#, para poderen acompañar as gaitas afinadas en si natural, existindo tamén as afinadas en Sol, para o acompañamento de gaitas en Do.

    A construción das requintas é artesanal, e a madeira empregada adoita se-lo buxo, se ben que non é infrecuente atopalas noutras madeiras nobres, como o granadillo, ou doutras moito máis cativas como a hedra. Está composta de cinco pezas aneladas en alpaca, latón, ou ás veces en prata. A primeira peza leva a embocadura e a rosca de afinación, e a derradeira adoita levar unha chave que aumenta o cromatismo do instrumento, e resulta fundamental para afina-las notas na terceira oitava.[1]

    No ano 2017, publicouse un libro-cd que reúne en máis de 80 partituras transcritas, o primeiro cancioneiro de música do repertorio dos grupos tradicionais que empregaban nas súas formacións a requinta da Ulla, traballo feito por Rafael Carracedo Crespo na editorial Embora e coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.[5]

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. 1,0 1,1 Carpintero Arias, Pablo. "Requinta". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-07-07. 
    2. "Obradoiro Garcia Riobó". Consultado o 2021-07-12. 
    3. "O son da requinta". Raiceiros.org. Consultado o 2021-07-12. 
    4. "Clases requinta gallega, la flauta travesera del folclore de Galicia". A Píntega Marela (en castelán). 2018-05-16. Consultado o 2021-07-07. 
    5. "La música de la requinta da Ulla tiene quien la escriba". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-26. Consultado o 2021-07-07. 

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]