A intervención da ditadura foi decisiva no nacemento e expansión de Fenosa, creada en 1943. A orixe de Fenosa procede dun suceso relacionado co golpe de Estado. A compañía Electra Popular Coruñesa era a máis implantada en Galicia e propiedade de José Miñones Bernárdez, empresario e deputado republicano. Miñones foi fusilado poucos meses despois da sublevación militar e o novo réxime apropiouse das súas empresas, como aconteceu con tantas persoas represaliadas pola ditadura. Electra Popular Coruñesa foi adxudicada polos órganos do franquismo a Barrié de la Maza. Este fusionouna coas sociedades que controlaba para constituír Fenosa.[2]
A fidelidade do fundador ao réxime de Franco foi premiado polo xeneral Franco a Barrié, que foi nomeado en 1955Conde de Fenosa, o único caso dun título dado para homenaxear un empresario.[3][4]
Concedido o monopolio polo réxime, permitiu o desenvolvemento da empresa en todo o país ao longo de 1960 e 1970, culminando na súa fusión coa Unión Eléctrica Madrileña en 1983 para formar a poderosa Unión Eléctrica Fenosa.[5]