Balenoptéridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balenoptéridos
Balaenopteridae
Rorcuais

Rango fósil: mioceno medio - presente [1]
Xibardo.
Xibardo.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenopteridae [1]
Gray, 1864
Subfamilias e Xéneros

A dos balenoptéridos (Balaenopteridae) é a familia máis diversa e máis abundante en especies dos cetáceos misticetos.

Esta familia inclúe aos denominados rorcuais,[2] entre eles baleas tan coñecidas como o rorcual azul e o xibardo.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Nome científico[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1864 polo zoólogo británico John Edward Gray,[3] que formou o seu nome, como é habital, engadíndolle a desinencia do latín científico -idae, propio das familias de animais, ao nome do xénero tipo, Balaenoptera, que fora definido por Lacépède en 1804, e que derivou o seu nome do latín balaena (do grego antigo φάλαινα phálaina, "balea"), e o grego πτερόν pterón, "á", en alusión ás longas aletas pectorais das súas epecies (literalmente: "balea con ás").

Nome común[editar | editar a fonte]

En canto ao nome común, rorcual, procede do francés rorqual, un préstano do noruegués røyrkval. Polo que respecta á orxie desta voz norueguesa, hai varias opinións; segundo algúns etimolxistas estaría formado por reyðr "suco" e hvalr "balea", literalmente "balea con sucos", aludindo ás dobras gulares destes animais, mentres que outros opinan que deriva do nórdico antigo reytharhvalr, de reyth "rorcual" (de raurthr "vermello") e hvalr "balea", ou do islandés anigo reyöarhvalr, de reyör, "rorcual", e hvalr "balea".

Características[editar | editar a fonte]

A presenza de dobras gulares é unha das características desta familia.
Grupo de xibardos cazando polo método da rede de burbullas de aire na costa de Alasca.

A familia dos balenoptéridos distínguese das demais familias de misticetos pola presenza de pregaduras na garganta e na rexión ventral (as dobras gulares), que expanden enormemente cando se alimentan ao tragaren auga que se filtra polas barbas.

Todas as especies deste grupo miden máis de 10 m de lonxitude e, normalmente, son moito máis grandes. Unha delas, a balea azul, é o animal máis grande que xamais existiu sobre a Terra. Habitualmente, as femias son maiores cós machos.

Son animais de corpo longo e fino, hidrodinámico, o que lles permite movementos rápidos, e posúen de 12 a 120 dobras gulares, que posibilitan a dilatación da cavidade bucal —a modo dun acordeón— e inxerir grandes volumes de auga, da que filtran o seu alimento. Entre as outras baleas, só a balea gris posúe algo semellante, pero reducido a dous sucos curtos.

Posúen unha aleta dorsal, de forma e tamaño variábeis segundo as especies, situada sempre no terzo posterior.

O perfil do cranio, visto lateralmente, é relativamente rectilíneo e plano, coa mandíbula inferior arqueada cara a fóra. As barbas son relativamente curtas pero moi numerosas (até 500 en cada lado). Na cabeza obsérvase unha crista medial, desde a altura dos ollos até o fociño; no rorcual tropical hai 3 cristas.[4]

A maioría das especies crían en augas temperadas durante o inverno, e logo volven ás zonas de alimentación cerca dos polos, ricas en plancton e krill, durante o curto verán polar.

Dentro deste grupo cómpre destacar, pola súa singularidade, a balea xibardo, caracterizada polas enormes aletas pectorais.

Todas as baleas desta familia, polo seu gran tamaño, foron obxecto prioritario da industria baleeira e a caza comercial a que foron sometidas levounas case á súa extinción.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Representación dun rorcual boreal nun selo postal das illas Feroe emitido en 2001.


A familia dos balenoptéridos está formada por 8 especies (para algúns autores, 9) repartidas en 2 subfamilias con cadanseu xénero:[5] [6]

Nota taxonómica sobre o rorcual de Bryde[editar | editar a fonte]

O rorcual de Bryde é de aparencia moi similar a Balaenoptera borealis e case de igual tamaño. Non foi descrito como especie independente até 1878 a partir dun exemplar varado na costa de Birmania, ao que se lle deu o nome binomial de Balaenoptera edeni.

En 1913 describíronse baleas avistadas mar a fóra de Sudáfrica, que se clasificaron co nome Balaenoptera brydei, en honor de Johann Bryde, cónsul noruegués e pioneiro da industria baleeiera sudafricana.

Na década de 1950 pensouse que se trataban dunha soa especie, co que quedou B. edeni en razón de ser a clasificación primeira e, por tanto, prioritaria, pero permaneceu rorcual de Bryde como nome vernáculo.

Pero os máis recentes estudos xenéticos indican, porén, que se trataba de dúas especies diferenciadas:

  • Rorcual de Bryde (Balaenoptera brydei), con distribución tropical e subtropical en todos os mares, e que pesa até 26 t a lacanza os 15 m de lonxitude.
  • Rorcual tropical (Balaenoptera edeni), que habita nas augas costeiras do leste do océano Índico e o oeste do océano Pacífico.

O rorcual de Bryde presenta considerábeis variacións morfolóxicas, e téñense identificado 5 subtipos que inclúen dúas variantes de pequeno tamaño que tenden a vivir cerca das costas. Desde o punto de vista da simplicidade taxonómica, as probas de ADN mostran que a nova especie de rorcual anano do sueste asiático non é igual á variación visualmente similar encontrada no mar Caribe. As probas complicaron a evolución do ordeamento taxonómico, xa que apareceron exemplares que mostran ser intermedios xeneticamente entre o rorcual de Bryde e o chamado rorcual boreal ou rorcual sei (Balaenoptera borealis).

Porén, na actualidade, nin o World Register of Marine Species nin a Unión Internacional para a Conservación da Natureza admiten como válidas estas dúas especies,[6] [7] o que si fai, en cambio, o Sistema Integrado de Información Taxonómica.[8]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Socideade Galega de Historia Natural[editar | editar a fonte]

A Sociedade Galega de Historia Natural menciona, na súa Lista padrón (provisoria) dos verebrados de Galicia, publicada no Tomo I: O medio da Xeografía de Galicia de Pérez Alberti,[9] a cinco das sete especies epecies de rorcuais, cos nomes galegos que se indican:

  • Balaenoptera physalusrorcual de Bryl [?] [10]
  • Balaenoptera borealisrorcual boreal
  • Balaenoptera acurostratarorcual alibranco
  • Megaptera novaeangliaerorcual xibarte
  • Sibbaldus musculus (sinónimo de Balaenoptera musculus)[11]rorcual azul

Vocabulario multilingüe de Lahuerta e Vázquez[editar | editar a fonte]

Os profesores Fernando Lahuerta e Francisco X. Vázquez recollen, no seu Vocabulario multilingüe,[12] seis especies de rorcuais (o que implica que non forzosamente todas elas teñan que frecuentar, máis ou menos esporadicamente, as costas próximas a Galicia, aínda que si poidan teren nomes galegos):

  • Balaenoptera acurostratarorcual alibranco
  • Balaenoptera musculusrorcual azul
  • Balaenoptera edenirorcual de Bryde [13]
  • Balaenoptera physalis (sic, por physalus) — rorcual común
  • Balaenoptera borealis rorcual de pintas
  • Megaptera novaeangliaerorcual xibardo

Guía dos mamíferos de Galicia de Díaz d'a Silva e Cartelle[editar | editar a fonte]

Pola súa parte, Díaz d'a Silva e Cartelle, na Guía dos mamíferos de Galicia,[14] consideran como frecuentadoas das nosas costas, algunhas acciedntalmente, ás mesmas cinco especies, aínda que con nomes galegos algo diferentes:

  • Balaenoptera acurostratabalea alibranca
  • Balaenoptera borealisbalea de pintas
  • Balaenoptera musculusbalea azul
  • Balaenoptera physalusbalea común
  • Megaptera novaeangliaebalea xibardo

Nomes galegos[editar | editar a fonte]

Véxase a páxina de conversa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Berta, Annalisa (2006): Marine Mammals: Evolutionary biology. Academic Press. ISBN 0-12-088552-2.
  2. rorcual no dicionario da RAG.
  3. Balaenopteridae en Encyclopedia or Life.
  4. Canariasconservacion.org: Rorcuales
  5. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (ed.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).
  6. 6,0 6,1 6,2 Balaenoptera brydei Olsen, 1913 en WoRMS.
  7. 7,0 7,1 Balaenoptera brydei na Lista da UICN.
  8. Balaenoptera no SIIT.
  9. Pérez Alberti, A. (dir.) (1982), p. 210.
  10. Talvez rorcual de Bryde?
  11. Natural History Museum do Reino Unido
  12. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309.
  13. Véxase máis arriba a Nota taxonómica sobre o rorcual de Bryde.
  14. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-134.

Véxase también[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balenoptéridos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balenoptéridos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]