Conversa usuario:Paradanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Paradanta!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 17:18, 21 xaneiro 2010 (UTC).


Índice

Luis Martín-Santos[editar a fonte]

ola, Paradanta! Vou intentar explicarche por riba as mudanzas que fixen no artigo.

En primeiro lugar, puxen en negriña o título do artigo, e puxen o lugar e datas de falecemento conforme ao estilo usado na galipedia (sen parénteses). Retirei adxectivos imparciais (maxistral...), puxen os títulos dos libros en cursiva. Finalmente, indiquei que o artigo non está categorizado (por exemplo "escritores en lingua castelá") e que non ten as interwikis (ligazóns aos artigos sobre o autor nas wikipedias doutras linguas), para que alguén o faga (agora ando liadiño).

Para outra ocasión: tes que indicar a orixe do texto; se o traduces doutra wiki, ou se é un texto propio, ou se está baseado nun libro...

Para calquera dúbida, non teñas medo a consultar con calquera administrador ou usuari@. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:57, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Subir imaxes[editar a fonte]

Ola Paradanta! A ver, vou tentar explicar como subri unha imaxe: Help-browser.svgComo inserir imaxes nun artigo?

   Edit-redo.svgCarregar a imaxe na Galipedia

List-add.svg No lateral esquerdo, na caixa de ferramentas: Cargar ficheiro.
List-add.svg No formulario: Nome de ficheiro a cargar, escoller un nome significativo e buscar a imaxe no disco duro.
List-add.svg No caso de que a imaxe teña un nome asignado pola cámara ou por un mesmo que non cumpra os requisitos, pódese cambiar no campo Nome do ficheiro de destino
List-add.svg En Descrición engadir canta información se teña da imaxe: fonte, orixe, licenza. Está información tamén pode editarse a posteriori na páxina de descrición da imaxe. Temos unha táboa de información (Modelo:Information) para incluir os datos. En Marcadores de licenza de imaxe hai unha lista de marcadores de imaxe dispoñibles, tamén se poden introducir no paso posterior.
List-add.svg Hai algunhas licenzas que se poden escoller na lista desplegable deste campo.
List-add.svg Cargar o ficheiro.

Para máis información podes ler a axuda: Wikipedia:Guía de carga de imaxes ou ver como fixen para poñer os datos nesta imaxe miña (podes ver que persoalmente emprego a licenza Modelo:Cc-by-sa-3.0, aínda que podes elixir outras). Se tes máis preguntas non dubides en preguntar. Un saúdo. Ahhh, e non esquezas asinar as túas mensaxes. --Alberte Si, dígame? 22:26, 26 xaneiro 2010 (UTC)

Acabo de fixarme na parte superior da web, e hai un aviso de que temporalmente estará deactivada a carga de imaxes. Pon que entre 30 e 60 minutos. Tamén foi casualidade! :D --Alberte Si, dígame? 22:58, 26 xaneiro 2010 (UTC)

artigos de lugares[editar a fonte]

boa tarde, Paradanta!

Fixen estas modificacións no artigo do Outeiro:

  • Puxen o marcador de {outroshomónimos|O Outeiro}, para ver outras páxinas co mesmo nome;
  • Puxen o recadro de "lugar";
  • en vez de "concello d'As Neves", debe poñerse "concello das Neves" (só se pon o apóstrofe ante títulos de libros ou prensa, como d' A Nosa Terra, ou d' Un ollo de cidro);
  • os artigos de ríos deben ser río Termes, non Termes a secas;
  • din formato para indicar os lugares da parroquia e as parroquias do concello;

Agora falta completalo cunha imaxe, anímaste? Para calquera dúbida, non teñas medo a preguntar a calquera administrador o usuario; do tema dos artigos sobre lugares, controla bastante Xas, que está creando e dando formato aos existentes.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:31, 1 febreiro 2010 (UTC)

Re: Artigos de lugares[editar a fonte]

Ola Paradanta, haber se podo responder ao que me dis, vamos por partes:

1. Respecto do lugar A Muradella, aínda que se coñeza con outro nome (A Moradella), na Galipedia óptase sempre pola forma que aparece no Nomenclator Oficial da Xunta de Galicia, que é a forma oficial. Pode que haxa erros no Nomenclator (de feito háinos) pero se non tes ningunha referencia (web oficial do concello, bibliografía) debes manter a forma oficial. Iso si, fixeche ben en poñer unha referencia a outra variante no texto do artigo. Eu creo que pode quedar así mentres non haxa máis referencias...

2. Ao respecto de Currás, tamén figura no Nomenclator oficial, e remítome ao que che dixen antes, se non hai outras referencias, pois hai que mantelo como lugar. De feito, a caixa de lugares da parroquia de San Xosé de Ribarteme fíxena au a partir dos datos do Nomenclator.

3. Sobre os homónimos: Para saber se hai máis lugares co mesmo nome en Galicia, podes consultar o Buscador do Nomenclator. Pos en Lugar o nome e premes en BUSCAR e xa che aparecen os lugares que teñen ese nome... E se non existe o artigo de homónimos podes crealo ti seguindo como modelo algúns dos que xa existen. Pero tampouco tes por que poñer os homónimos cando fas o artigo.

Espero terche servido de axuda. Se tes algunha dúbida, aquí estamos. Ánimo co magnífico traballo que estás facendo. Saúdos. --Xas (conversa) 14:46, 6 febreiro 2010 (UTC)

imaxes do Google Earth[editar a fonte]

Boa tarde!

non teño moita idea sobre licencias de imaxes, francamente; iso mellor sabe Lmbuga, por exemplo; En calquera caso, si que está ben o recoñecemento da autoría; non hai incovinte en que unha persoa as suba se o autor é quen dá a licencia, explicándoo nos datos da imaxe. Agardo que vaia adiante o asunto para ver San Xosé de Ribarteme.

Por certo, non sei se miraches, pero acheguei unha foto de orfos que tirei na Iguana hai dous mesiños. Levaba tempo querendo crear o artigo (xa hai case dous anos fixen o de esenia), pero dábame unha preguiza terrible; graciñas!

Seguimos en contacto. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:39, 9 febreiro 2010 (UTC)

Se tés outra imaxe, estupendo; escollín unha na que aparecían os 5 (máis ou menos...), tiña certa luz, e non aparecían demasiado movidos... aínda que o resultado non foi moi bo. Xa me dixera Adrián que os coñecías, pero non, non nos coñecemos ;). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:58, 9 febreiro 2010 (UTC)

A verdade é que descoñezo Google Earth, pero supoño que si habería problemas e posiblemente moitos problemas se sobes as fotos e se descobre que están noutra páxina. Eu non o faría, quizais non fosen borradas mañá, pero poderían ser borradas en calquera momento, mesmo pasado moito tempo. Creo que son capaz de suxerirche unha alternativa, pero non é doado explicala.

O que me comentas é moi complexo e vaime levar tempo explicarcho todo. Vou ir por partes. Rógoche que intentes comprender e que percibas desde o primeiro instante que non estou na túa contra ou en contra desas imaxes, ó revés, quero manifestarche as alternativas, pero tamén a responsabilidade que supoñen.

1. Rógoche que, cando me preguntes se podes subir unha imaxe, poñas ligazón á mesma. Supoño que en Google Earth as imaxes van ter tódolos dereitos reservados. Quizais -pois non coñezo Google Earth- non se poida poñer ningunha outra licenza, só "tódolos dereitos reservados" e as fotos da Galipedia teñen que permitir as obras derivadas e o uso comercial. Se se puidese poñer en Google Earth unha licenza Cc-by-sa (dá igual o número de licenza) ou Cc-by (dá igual o número), o problema estaría resolto, pois teu irmán tería unicamente que mudar a licenza e xa poderían ser subidas as imaxes poñendo como orixe o lugar en que se encontran, pero estimo que non vai ser tan fácil. (Pódeche sorprender que non coñeza G.Earth, pero a todo o mundo lle sorprende que estea a tope en algo e non saiba nada das demais das cousas, por exemplo, non sei nin como chatear).

2. Na Galipedia non podes subir fotos nin sequera dun irmán teu. Non hai ningún sistema que permita a cesión de dereitos de autor de imaxes. Se pos como orixe ou nos datos da imaxe que as fotos foron tiradas polo teu irmán, teñen que ser borradas. En Commons si hai un sistema para atender esa posibilidade, pero moi traballoso, chámase OTRS. Se o empregas e chegas a dominar o sistema, podes ser unha referencia no proxecto, pois eu non coñezo a niguén activo actualmente que o empregase. Inda así, podo axudarche un pouco a aclararte con ese procedemento se o desexas pois sei que consiste en ti lle enviares a teu irmán por correo un texto determinado (poderiamos determinalo entre os dous), en que o teu irmán complete ou estea de acordo con ese texto, en que reenvíes ese texto aprobado polo teu irmán ós administradores que controlan OTRS, en que as imaxes sexan admitidas polos administradores de OTRS.

3. A terceira alternativa posible é que as fotos estivesen subidas a Flickr ou que ti subas esas fotos a Flickr. Eu considero que é a alternativa máis factible, pero nesta alternativa tes ti responsabilidades.

Neste caso, se o teu irmán cambia de opinión pode ir sobre ti. Consideraralo absurdo, pero esperemos que dentro de 20 anos sexa igualmente absurdo.

Unha vez en Flickr, hai que poñerlles unha licenza Cc-by-sa-2.0 ou Cc-by-2.0 (niso podo axudarche). Despois diso hai que subilas a Commons (iso, tras avisarme, xa podo facelo eu), despois incorporalas na Galipedia.

Supoño que o resumo que fixen resultarache difícil de comprender. Non dubides en pedir que che aclare o que desexes, pero non aforres datos no que me digas. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:30, 9 febreiro 2010 (UTC)

Creo que a mellor opción posible é a que dis. Comecei así a mensaxe porque isto de ser o censor das imaxes queima un pouco. Ás veces a xente (sobre todo usuarios novos) manifestan o seu desagrado envorcándoo sobre min. Outras veces non tes resposta e, cando iso é frecuente, quédache mal sabor de boca e sénteste só. É por iso polo que prefiro fecuentemente desculparme por sistema. De tódolos xeitos, grazas pola advertencia, espero recordala.-- Lmbuga / Conversa comigo  11:38, 10 febreiro 2010 (UTC)

A imaxe estaba ben. Fíxenlle pequenos cambios e de pouca importancia:

Ó mellor paréceche moita cousa, pero só son cambios para deixar máis bonito e acorde con outras imaxes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:40, 11 febreiro 2010 (UTC)

Pedro Madruga[editar a fonte]

Ó meu ver o ideal sería engadir unha sección chamada Pedro Madruga na literatura, se é unha novela histórica, e facer referencia a ela alí. Como dis, a bibliografía é máis para engadi-los libros que se usaron como fonte na elaboración do artigo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 01:25, 13 febreiro 2010 (UTC)

topónimos[editar a fonte]

Bon día, Paradanta!

O criterio a seguir para os nomes dos topónimos é o nomenclátor oficial da Xunta. Hai casos en que o nome da parroquia inclúe o nome do santo da advocación, e mesmo hai casos en que o nome da parroquia inclúe un santo pero a advocación é outra. No caso das Neves, hai por unha parte a parroquia de Batalláns e por outra parte San Pedro de Batalláns, ao igual que en Cotobade hai Sacos e San Xurxo de Sacos, por poñer un exemplo.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:57, 19 febreiro 2010 (UTC)

Paradanta[editar a fonte]

Semella que xa está feita a páxina de homónimos en Paradanta. Adiantáronseme. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 22:22, 5 marzo 2010 (UTC)

msnm[editar a fonte]

En España as cotas de altitude dun punto da superficie terrestre exprésanse, como convención, en metros sobre o nivel medio do mar en Alacante, que en abreviatura, tamén convencional, se escrebe msnm (metros sobre o nivel do mar). Se cadra trátase de algo demasiado propio dunha linguaxe técnica, que é a que eu adoito empregar ao falar destas cousas. De tódolos xeitos estou aberto a suxestións. --Xoacas(Góstache o pemento?) 18:36, 10 marzo 2010 (UTC)

Tiro de corda[editar a fonte]

Todo ben agás uns espazos que estaban de máis. Bo traballo. A seguir así. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:52, 29 de maio de 2010 (UTC)

O Outeiro[editar a fonte]

Ola, Paradanta!

Enriba do texto a editar, aparéceche a opción "mover"; escribe o texto correcto, e o incorrecto queda como redirección; logo marcas a redirección como {lixo} (con dous corchetes deses a cada lado), e un administrador borrará o nome incorrecto.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:04, 1 de xuño de 2010 (UTC)

A Viña[editar a fonte]

Ola, Paradanta. Tes toda a razón no que propós. Cando se da ese caso, hai que desfacer a redirección. Para iso hai que ir ao artigo que ten a Redirección e transformalo nun artigo de Homónimos. Por exemplo, neste caso, pos A Viña na procura, e levate a A Viña, Irixoa. Se te fixas, xusto debaixo do nome do artigo pon: (Redirixido desde "A Viña"). Clicas aí e xa te leva ao artigo A Viña. Una vez nel, edítalo e convirtelo nunha páxina de Homónimos. Espero que isto re axude. Se non é así, non dubides en preguntar de novo. Un saúdo e parabens polo teu traballo. Xas (conversa) 15:26, 1 de xuño de 2010 (UTC)

The Ghost Writer[editar a fonte]

Boa tarde, Paradanta! Bótalle un ollo á páxina de conversa de The Ghost Writer, que deixei uns consellos para mellorar o artigo. Un saúdo, e ánimo co traballiño. Fas moi ben preguntando cando teñas dúbidas, a ver se entre todos loghramos resolvelas. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:14, 2 de xuño de 2010 (UTC)

Ola! Desculpa, prexulguei que traduciras polo de El escritor na versión en castelán. Erro meu, xa mirei que colocaras as fontes. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:45, 2 de xuño de 2010 (UTC)
Algo modifiquei, pero eu agora ando ocupado co artigo do prekmuro e non teño moito tempo.--Kamakic 22:02, 3 de xuño de 2010 (UTC)

Alto Alemánico[editar a fonte]

Grazas por avisares. Afortunadamente xa estivo Atobar máis rápido ca min, que xa me dirixía a cama a estudar un pouco. Agardo que non veña con outra ip... Saúdos. --Alberte Si, dígame? 22:35, 3 de xuño de 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Eu non son quen máis sabe nin moitísimo menos do tema das categorías. O único que che podo dicir é que a Categoría:Poetas de Galicia, existe dende hai un ano. Por que non o consultas con Iago Pillado ou con Estevoaei? Eles dous (coido que sobre todo Iago) están moito máis postos ca min para estas cousas. Sinto non serche de grande axuda. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:29, 10 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns interlingüísticas, tamén nas categorías[editar a fonte]

Ola Paradanta.

Cando crees unha categoría nova non esquezas poñerlle os interwikis. [1]

Saudiños e a seguir, bo traballo--. HombreDHojalata.conversa 20:45, 10 de xuño de 2010 (UTC)

Categoría:Poetas de Galicia[editar a fonte]

Ola, Paradanta; Mil desculpas pola tardanza en responder, esquecera totalmente a túa mensaxe por non contestala no momento.
A categoría de "Poetas de Galicia" creouna Iago Pillado hai un aniño, supoño que porque había artigos categorizados así, e aparecía en vermello. Con todo podes ver aquí unha conversa que tiven con Xas hai uns meses sobre o nome da categoría, e o certo é que non avanzamos máis. Se cadra pídelle a súa opinión, que seguro que achega algo interesante. A ver se damos amañado. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:31, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Categoría:Poetas de Galicia[editar a fonte]

Ben, haber que podo aportar ao respecto. A min paréceme ben que se poda clasificar a un autor no que a súa obra fundamental é poesía ou é sobre todo coñecido pola súa poesía como Poeta de... Pero véxolle un problema no caso de autores que cultivan varios ou todos os xéneros literarios. Por exemplo: Álvaro Cunqueiro habería que categorizalo como: Poeta de Galicia, Narrador de Galicia, Dramaturgo de Galicia, ... E así con moitos outros autores que non escriben só un xénero literario. Por outra banda, hoxe na teoría literaria, os xéneros estanse considerando como unha clasificación pouco operativa. Hai obras que son inclasificábeis dentro dun xénero... En fin, xa me estendín de máis. Pero recompilando: Si me parece ben para os que son "exclusivamente" poetas ou narradores ou ... pero para os escritores que cultivan varios xéneros literarios, eu deixaría simplemente "Escritor en lingua ..." que me parece unha clasificación máis operativa. Non sei se isto te axuda. Un saúdo. Xas (conversa) 12:51, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Eu soamente quero dicir que concordo absolutamente coa exposición de Xas. --Atobar (conversa comigo) 13:56, 14 de xuño de 2010 (UTC)
O que decida a comunidade, para min ha estar ben, pero pensando en termos prácticos, a actual escritores en lingua galega, paréceme unha boa clasificación. Soamente era iso. --Atobar (conversa comigo) 14:47, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Bandeiras[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas :) Co tema das bandeiras pódelas atopar todas nos seguintes artigos:

Para buscar dentro deles ás veces pode ser complicado, normalmente o nome corresponde coas iniciais en galego do país, aínda que ás veces utilízanse iniciais en inglés ou outras abreviacións (por exemplo Estados Unidos por USA, Xapón por JPN ou Alemaña por GER ou DEU). Soe ser sinxelo identificalas mirando aí, de tódolos xeitos se podo ser de axuda estou para calquera cousa sen problemas. Unha última cousa, pode ser que cando se crearon os modelos falte algún país, pero ata o momento creo que a lista é bastante completa. Parabén polo teu magnífico traballo. Un saúdo.--Adorian (fálame) 17:38, 19 de xuño de 2010 (UTC)

IP polonesa[editar a fonte]

Graciñas, Paradanta. Reparei intres despois de deixarlle a mensaxe, e por iso xa o bloqueei, por unha semana en principio. Ben vista. --Atobar (conversa comigo) 17:45, 22 de xullo de 2010 (UTC)

Conflito de edicións[editar a fonte]

Perdoa, estabamos os dous a editar cousas diferentes. Na mesma páxina ó mesmo tempo.

Xa o arranxei. Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 18:38, 27 de xullo de 2010 (UTC)

Urina[editar a fonte]

Olá, Paradanta! Obrigado pelas correcções/correções do artigo "urina", esse artigo estava escrito com demasiado termos da variante lusa da nossa língua. Beijos/Abraços e até à próxima!—o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.83.72.46 (conversacontribucións) 26 de agosto de 2010 ás 10:51

Galiñeiro[editar a fonte]

Ola Paradanta. Simplemente a cambiei para O Galiñeiro. Saúdos. --Xas (conversa) 14:50, 28 de agosto de 2010 (UTC)

xuntanza galipedia[editar a fonte]

Ola, Paradanta!
O venres, se finalmente se fai a xuntanza, iremos Albert Galiza, Beninho e máis eu en carro desde Pontevedra, por se te queres animar a vir. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:27, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Costas[editar a fonte]

Orde alfabético dentro das categorías[editar a fonte]

Ola Paradanta.

Vouche poñer un exemplo para que vexas a forma correcta de ordenar os artigos dentro das categorías:

Forma incorrecta:

[[Categoría:Escritores en lingua galega|Alvarez Caccamo, Celso]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Alvarez Caccamo, Celso]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística galega|Alvarez Caccamo, Celso]]
[[Categoría:Poetas de Galicia|Alvarez Caccamo, Celso]]
[[Categoría:Nados en Vigo|Alvarez Caccamo, Celso]]

Forma correcta:

{{DEFAULTSORT:Alvarez Caccamo, Celso}}
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística galega]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Vigo]]

Un abrazo--. HombreDHojalata.conversa 13:16, 4 de setembro de 2010 (UTC)

Non te preocupes, realmente os dous métodos son correctos, máis de cara ó futuro, para ir engadindo outras categorías, é mellor meterlle o {DEFAULTSORT:}--. HombreDHojalata.conversa 13:44, 4 de setembro de 2010 (UTC)
Concordo, concordo :-) --. HombreDHojalata.conversa 13:46, 4 de setembro de 2010 (UTC)

Re:Pernalonga[editar a fonte]

Xa me parecía a min, o texto estaba todo ensarillado.--Cheluco 15:26, 6 de outubro de 2010 (UTC)

Samil[editar a fonte]

Non creo que exista unha cousa que se chame Samil que sexa un lugar, e outra que se chame Samil que sexa unha praia, penso que son a mesma cousa. Pero non penso discutilo. Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 22:31, 13 de outubro de 2010 (UTC)

Cea do sábado 23[editar a fonte]

Paradanta, maniféstate.[2] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:56, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Música galega[editar a fonte]

Home creo que dicir que comparte trazos coa música da Europa occidental é evidente, nos instrumentos por exemplo, a anterior afirmación tampouco tiña referencias pero tamén é evidente que comparte trazos coa música do resto de España e seguramente coa do norte de África, pero vaia procurarei atopar algunha referencia--Cheluco 15:54, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Graciñas[editar a fonte]

Trabucárame--. HombreDHojalata.conversa 12:55, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Modelo[editar a fonte]

Paradanta, se cadra podías facer un modelo para os tipos de nubes. Poderías resultar moi útil chantalo ao pé de cada artigo dos que estás a facer. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:23, 16 de novembro de 2010 (UTC)

Moi ben por ese novo modelo. Outra cousa: préstalle atención a esta corrección de formato [3] (o commons vai entre véxase tamén e a seguinte subcabeceira, xa for bibliografía, outros artigos ou lig. ext.) Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:01, 19 de novembro de 2010 (UTC)

RE: Louro[editar a fonte]

Gracias polo aviso MarceloRenard2 15:42, 21 de novembro de 2010 (UTC)

ca:Xosé Luis Méndez Ferrín[editar a fonte]

Non te preocupes: eu non falo galego, todos temos algun defecto... Un saúdo! --CarlesMartin 23:23, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

A imaxe que cargaches da wikipedia xaponesa está en Commons, e non fai falta traela aquí, de feito podes utilizala como se xa estivese cargada na Galipedia.--Cheluco 11:08, 6 de decembro de 2010 (UTC)

Exactamente así é, con todo é bo fixarse se teñen algún aviso, por exemplo non sería aconsellable engadir a un artigo esta imaxe File:Металлург.png (aínda que a poidas ver na Galipedia está almacenada en Commons), xa que ten un aviso que afirma que cumpre os criterios para ser borrada, e o máis probable é que en horas ou algúns días un administrador vaina borrar.--Cheluco 11:27, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Creo que me expliquei mal, non fai falta que o cargues, simplemente utiliza o texto para meter imaxes[[Ficheiro:nome da imaxe]] e xa está, para saber se unha imaxe está en Commons vai aparecer na páxina da imaxe o logotipo de abaixo.--Cheluco 11:45, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Se debaixo da imaxe aparece este logo está en Commons, en grande ou en pequeno

Fondo e formas[editar a fonte]

Podes estar tranquila, Paradanta, que non me pareceu mal en absoluto o que dixeches, aínda que ó peor din esa imaxe cando falaba de fondos e formas. Non discordo coas túas formas de discrepar, nin moito menos. Utilicei esa fórmula para intentar introducir unha posible explicación da situación á que nos leva o DRAG: que non era un erro (o VOLGa contén erros que a RAG recoñece e vai corrixindo pouco a pouco), pero non é este o caso. Parece ser que no fondo todos estamos de acordo pero esperarei un par de días para completar cigala e crear lagostino tal como os entendemos (e comeremos, por suposto). Non sei se xa coñeces a páxina "Un idioma preciso", da USC. Pois ben, podes ver aquí que esta discusión é xa vella (de maio de 2007). Bueno, saúdos e borra a impresión de disgusto que puiden dar. Pedro --Lameiro (conversa) 23:29, 7 de decembro de 2010 (UTC)

Abreviaturas[editar a fonte]

Ola, Paradanta; as formas galegas son quilogramo e quilómetro, pero as abreviaturas internacionais son kg e km. Outra cousa: despois das abreviaturas (como "m" de metro) non cómpre poñer punto. Un saúdo, e parabéns polo artigazo da serra da Groba! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:05, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Cara a[editar a fonte]

Vexo que estás a cambiar hacia para cara, só unha precisión en galego emprégase cara a, así por exemplo é vou cara a Compostela, ou cara ás 12. Pararabéns polo teu traballo, imos facendo da Galipedia unha ferramenta cada vez máis necesaria.--Cheluco 11:11, 25 de decembro de 2010 (UTC)

Odoario[editar a fonte]

Feliz ano 2011! :), a ver se o artigo do reino tamén comeza bon ano!, pois cóntocho, porque xa o tiña algo esquecido. O Odoario ao que se refire, non é o suposto bispo lucense, senón o proprio irmán (un deles) do rei ovetense Afonso III (neto de Ramiro I). Xa che digo que a información sobre este personaxe vai ser mínima, así que non loquees se ves que non hai moito máis que un par de liñas sobre el. Sei que rebelou contra Afonso III, e algo fixo polas terras do sur de Ourense, pero nada máis. Eu voume poñer algo con María Bazán, que tamén vai ser algo moi modesto. Unha aperta, e ánimo que xa nos queda nada.--Alexandre Vigo 11:59, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Carlos Baliñas Pérez escribiu o capítulo "Gallaecia y la invasión musulmana" dentro do coleccionable Historia de Galicia que publicou Faro de Vigo en 1991. Ben. Di que "Todo lo que sabemos acerca de este personaje se basa en una documentación conservada en el archivo de la catedral de Lugo, interpolada e incluso falsificada en parte por intereses de la sede lucense. Esto ha llevado a ciertos investigadores a suponer la inexistencia real de Odoario". E segue: "Las fuentes aseveran que Odoario era, a comienzos del siglo VIII, obispo de una indeterminada ciudad de África. La presión musulmana y el fervor de los conversos bereberes islamizados motivarían su exilio y emigración a la Península junto con los miembros de su familia... Ya en la Península, entra en contacto con el núcleo cristiano de resistencia en Asturias... Animados por Alfonso I, Odoario y sus seguidores se instalan en la semiabandonada ciudad de Lugo, que aún no formaba parte del territorio bajo control asturiano... Odoario posiblemente no actúa como obispo de Lugo, sino en Lugo, pero es el origen de los posteriores obispos lucenses". Se todo isto axuda a resolve-las túas dúbidas, todo teu. As negras son do autor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:27, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)

Arco da vella[editar a fonte]

Unha pregunta, ti que entendes de meteoroloxía. O DRAG de 1913 di o seguinte respecto do arco da vella: "«Arco da vella. Ahora, a las once de la noche del 18 al 19 de Julio de 1793, estando eu nuestro priorato de Santa Marina de Parada, en la falda a Nordeste del Cabeza de Meda, vi, con el abogado D. José Gago, vecino de este priorato, y del presbítero D. Ambrosio Rodríguez de Quiroga, maestro de niños en Ribadesil por el monasterio, vi, digo, el arco-iris de color de ceniza plateada, que con las dos puntas bebía en el Sil, y caminando de plano al Oriente, luego desapareció, y enseguida asomaron sobre la parte del Sil que había abarcado, y a la precisa altura de las cuestas laterales, unas nieblas muy blancas que el viento fué llevando por la cuesta del Sil arriba.» P. SOBREIRA. Este arco da vella, que vió el P. Sobreira, se llama en meteorología Iris blanco, y es un arco semejante al Iris, aunque de luz blanca, que la de la luna forma en iguales circunstancias. El navegante Sarmiento observara el mismo fenómeno en la noche del jueves al viernes del 25 de Marzo de 1580." ¿Existe realmente iso do "arco iris blanco"? De ser que si, ¿por que non explicas iso no artigo e aproveitas, se queres, esta cita que quito do Diccionario de Diccionarios? Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 18:57, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)

Comentarios[editar a fonte]

Boeno, respeto a túa opinión tamén pero non foi totalmente así, é certo que non aportei detalles concretos no meu comentario pero foi porque me apoiei no exposto no comentario anterior de Xoacas, ¿ía repetir o mesmo ca el?. Non tiña sentido, eu concordaba coa súa idea.

Pero iso non ten problema, eu sigo pensando que o artigo pode mellorarse para que a Galipedia non sexa unha enciclopedia alternativa. A ver o que se vai facendo. Saúdos e tamén moi Bo 2011 tamén para ti!!, --Elisardojm (conversa) 13:23, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

A BANDA DAS CRECHAS[editar a fonte]

Ola Paradanta, grazas polas correccións, a información do grupo está incompleta, xa meterei máis cousas. Agardo que este comentario sexa no lugar aducuado, son un novato na wikipedia-Galipedia. Que traballo máis impresinante que facedes, noraboa! Varis

Gil & Gil[editar a fonte]

Confundín REDIRECT con DEFAULTSORT: Jesús Gil Gil. Moitas grazas!! --Xabier Cid Talk, please 17:51, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Reino de Galicia[editar a fonte]

De nada, ho. Para iso estamos. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 23:59, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola Paradanta!!, desculpa que todo este tempo non puidera respostar, non toquei a galipedia despois da maratón do tema do reino, e aínda fixen algunha aportación na wiki inglés, este mes espero ter unha actividade maior, cousa que non é dificil. Non teño nin idea de como se fai o que me pediches, e mirando de escribir na túa conversa vin que Alberte posiblemente xa o teña feito, en calquer caso de non ser así, xa sabes que me tes para botarche unha man no que queiras. Espero que todo vaia ben, unha aperta!.--Alexandre Vigo 11:57, 1 de marzo de 2011 (UTC)

enlaces externos[editar a fonte]

Unha pregunta a fonte de onde saquei a información é un libro ed Anaya v 2009 poño iso. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Juanca93 (conversacontribucións) 1 de febreiro de 2011 ás 15:57

Novas sobre as camisetas[editar a fonte]

Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar contigo e o resto de participantes para repartilas. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:56, 14 de abril de 2011 (UTC)

A estación de autobuses sei por ónde está. Sei que hai unha rúa (según googlemaps creo que é a avd. de Madrid) que vai paralela e pegada á Autovía do atlántico que é por onde entro eu a Vigo. Podemos quedar nalgún sitio desa rúa ás 17:30 como comentas ti. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:42, 19 de abril de 2011 (UTC)
Eu puxen o de Autovía do Atlántico porque foi o que vin agora en Googlemaps, pero xa se sabe cómo funciona ás veces ese chisme. Si, eu veño por esa Autovía da morte que ven dende Ourense. Non me da problema ningún, penso eu vamos, meterme pola rúa esa e collerte na parada do bús, quedamos alí entón ás 17:30. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:46, 19 de abril de 2011 (UTC)
Xa mirei o correo, tomo nota e ata mañá. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:35, 19 de abril de 2011 (UTC)

Vótalle un ollo cando podas[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na Taberna dalgo que falamos en Pontevedra, vótalle un ollo e comenta alí o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:00, 27 de abril de 2011 (UTC)

Re: Lois Pereiro[editar a fonte]

Feito. Xa teño a Lois Pereiro na miña lista de vixilancia, e, como a reviso a cotío, os falcatrueiros e os vándalos vanno ter un pouco máis difícil. Saúdos, Furado 16:28, 28 de abril de 2011 (UTC)


Encontro no xornal[editar a fonte]

Boas, fixen unha crónica para o xornal, votádelle unha ollada por si queredes amañar ou engadir algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:51, 29 de abril de 2011 (UTC)

Y[editar a fonte]

Paradanta, ese Y entre apelido é un engadido exclusivo do castelán que non debe quedar. Se o señor ten algunha referencia de marquesado ou algo parecido que concretamente requira o Y, daquela ben. Outramente, é unha cuestión estilística da época que non ten sentido copiar nunca wikipedia, e menos en galego e cando o artigo é dun señor galego. No google mesmo, hai referencias con Y (por mímese ou por inercia) e sen o Y. Conclusión: voulla retirar, e se ando enganado e efectivamente o tipo é con Y pola razón que for (ocórrenseme ben poucas), daquela reponse sen ningún problema. --Atobar (conversa comigo) 14:16, 2 de maio de 2011 (UTC)

Graciñas pola información, Paradanta. Creo que a orixe castelá non cambia nada. Linguas coma o castelán ou o catalán (repara nos persoeiros cataláns, en como os denominan en ca.wiki e como en es.wiki) teñen os de e os i/y nos apelidos. Algúns casos teñen razón de ser, hoxe moi poucos, normalmente como un distintivo de nobreza ou un recoñocemento dado polo monarca nun momento dado. Por dicilo un pouco á brava, é como o don. Don José, don Fernando, dona/doña María etc. Pódese empregar, claro, incluso eu podo reclamar o Alejandro de Tobar y Salazar, pero o nome-nome, por así dicilo, é o que é nomes+apelido1+apelido2. Isto, explicado un pouco daquela maneira, sumado ao feito de que existen moitas referencias para este caso concreto que non usan o Y, fan que para esta wikipedia galega pareza lóxico poñer os apelidos sen nexo, cousa que en galego moi rara vez se ve. Máis nada. Un saúdo e a seguir ben. --Atobar (conversa comigo) 14:45, 2 de maio de 2011 (UTC)

Esenia[editar a fonte]

Ola, meu! Graciñas polo aviso; acabo de mirar no face e no myspace, e aínda estou flipando bastante :/
Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:01, 9 de maio de 2011 (UTC)

Pluralidade[editar a fonte]

Pois non estou demasiado de acordo coa túa edición. Unha cousa son os feitos e outra a opinión dun articulista. Non semella haber unha corrente crítica —da que este profesor poida ser representativo— pra achegar a súa postura; máis ben é un pronunciamento persoal, e a wikipedia debe recoller feitos, non opinións. Xa entrando no aspecto concreto, o artigo non achega unha soa referencia nin dato que demostre esa conspiración anticaixa —tampouco tería por que, xa que non é un artigo científico, senón un artigo xornalístico. Aínda que creo persoalmente que esa información non debería incluírse no artigo mantívena, algo neutralizada, e dentro dun apartado específico de críticas. Agardo que se entenda o que fixen. ;) Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14:25, 20 de xuño de 2011 (UTC)

Axuda[editar a fonte]

Boas Paradanta, teño unha dúbida que ninguén me da resolto, expúxena na taberna (en axuda) e a usuaria Elvira non me aclarou moito. A cuestión é, separatismo e independentismo son termos distintos en galego? hai algún matiz que os diferencie? Na miña teima por mellorar o artigo do Alzamento de Pascua (que visto o visto haberá que esperar para que sexa de calidade) e completar as ligazóns internas encontreime ante esta dúbida, xa que encontreime que na wikipedia en castelán, o artigo separatismo liga a independentismo nas wikis catalá, francesa, asturiana, portuguesa e italiana, mais no resto non. Tes algunha idea ao respecto ou sabes de algún usuario que me poda axudar?? Moitas grazas, un saúdo Piquitoconversa

Alzamento[editar a fonte]

Moitas grazas pola túa axuda no artigo do Alzamento de Pascua, a mellora é importante (na miña opinión). Esta tempada traballei a reo no Códice Calixtino e deixei un pouco esquecido o do Alzamento, nestes días traballarei nel na medida do posible, tentando ampliar o que poda e creando outros artigos. O dito, bo traballo e esperemos mellorar o artigo para que sexa do mellor que temos na galipedia. Unha aperta, Piquitoconversa

Aviso preformatado sobre Ficheiro:Bubela1.jpg[editar a fonte]

Grazas polas imaxes que sobes.

Esta imaxe sobre Galicia foi categorizada en Categoría:Imaxes de aves en Galicia e Categoría:Imaxes de San Xosé de Ribarteme, As Neves.

Non é obrigatorio que categorices as imaxes que subas. Non te preocupes por categorizalas se é un inconveniente tan grave como para provocar que non subas imaxes ou que subas menos imaxes.

Así e todo, cando categoricemos algunha das imaxes que ti subas, procuraremos enviarche este aviso para que vaias coñecendo as diferentes categorías en que se poden incluír as imaxes que ti estás compartindo.

Lembrámosche que se non sabes onde categorizar unha imaxe, podes engadir nos datos das imaxes unha destas dúas etiquetas:

Mesmo é posible empregar as dúas cando, por exemplo, sexa unha imaxe tomada fóra de Galicia (debe constar nos datos da imaxe o lugar), pero relativa a Galicia

Rógoche, se non o fixeches, que engadas datos a imaxe que permitan a localización da imaxe nun espazo xeográfico concreto: Pobra do Caramiñal, Galicia, Xinzo de Limia, Madrid, Dinamarca...

--. HombreDHojalata.conversa 21:20, 19 de xullo de 2011 (UTC)

Un cordial saúdo.

Licenza[editar a fonte]

A imaxe é unha obra independente. Neste caso a súa existencia é mesmo anterior a existencia da propia Wikipedia. Ten unha licencia propia, segundo as súas propias características, que lle outorgan as leis internacionais e nacionais en vigor, neste caso no Dominio Publico pola antigüidade que ten.

Ao nós incluíla nos wikiproxectos non temos motivo para aplicarlle unha licenza mais restritiva (GFDL, por moi aberta que sexa, sempre será máis restritiva que o dominio público).

Tes algo máis de información sobre estes temas en foundation:Terms of use (en varias linguas)--. HombreDHojalata.conversa 17:57, 4 de agosto de 2011 (UTC)

Wikinews Galego[editar a fonte]

Boas Paradanta. Deixete unha mensaxe aquí. Saúdos e da gusto ver o afán que tes como usuario en galego --Elvira (conversa comigo) 13:43, 28 de agosto de 2011 (UTC)

Galencontro[editar a fonte]

Rapás! :), vota na taberna qué día prefires, o 17 ou o 24?. Se nos xuntamos uns cantos podemos montar unha boa... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:10, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Impagamento[editar a fonte]

Efectivamente. Ex.: O impagamento (substantivo) da factura significa que a factura está impaga (part. irregular de pagar). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:14, 10 de setembro de 2011 (UTC)

Ser é un neoloxismo, que conste (a UVigo dáo por tal, pero iso non implica que non se poida usar; todo foi nalgún momento un neoloxismo). --Atobar (conversa comigo) 12:17, 10 de setembro de 2011 (UTC)

Samain[editar a fonte]

Bueno, bueno. Nunca tiven moi claro se isto era algo perdido e recuperado desde hai pouco ou, simplemente, algo inventado. Buscarei información ó respecto e ampliarei o artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:20, 11 de setembro de 2011 (UTC)

RE: *Entorno[editar a fonte]

Pois eu sabía que contorna existía en galego (hoxe descubrín que tamén era válido contorno). O que non sei é se hai algunha referencia para o termo que se emprega especificamente en matemáticas ou se valen as dúas opcións indistintamente. Ou poida que a palabra utilizada sexa outra. --Toliño Fala aquí comigo 14:35, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Resumos de portada[editar a fonte]

Moi ben!

Lembra que hai que meterlle todo o código que hai en Wikipedia:Artigo destacado#Modelo. --. HombreDHojalata.conversa 20:31, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Dálle o de Galicia, non te cortes.
Ten en conta, tamén, que hai que pechar as votacións con {{Cab}}...{{}} (xa o fago eu).--. HombreDHojalata.conversa 20:39, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Artigos de calidade[editar a fonte]

Ola Paradanta, logo de ver o teu comentario nas votacións dos artigos de calidade retomei en certo modo o interese polo artigo do Alzamento de Pascua (que deixara temporalmente de lado para crear artigos de orquestras) e acabei de completarlle a sección do Alzamento na Cultura Popular con literatura e música, o certo é que eu coido que ten méritos máis que suficientes para ser xa de calidade por ser o máis completo que hai en ningunha wiki sobre o tema, penso tamén que non hai moita posibilidade máis de ampliación (se cadra tirar algún contido de First Day of the Easter Rising que non estea - que serán ben poucos -) e o único engadir imaxes (xa lle expuxen a HombreDHojalata as miñas dúbidas ao respecto dos dereitos que tanto me rompen a cabeza ao subir imaxes) doutras wikis que aínda non estean no artigo e de google (que ten unha chea de imaxes ben ilustrativas) para ilustralo aínda máis, se é posible, ou crear unha galería por exemplo. Ao que vou é: pensas que pode sair ben parado dunha nova votación? cres que cumple con tódolos méritos esixibles? Un saúdo, Piquito(conversa)17:16, 9 de novembro do 2011

Premer[editar a fonte]

Tes razón. Podes facer unha redacción alternativa que non empregue *presionar nin premer? A min non se me ocorre. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 19:06, 11 de novembro de 2011 (UTC)

RE: Alzamento[editar a fonte]

Paréceme ben, irei creando uns poucos cando poda (agora estaba cos artigos de óperas e teatros de ópera, pero o aparcarei momentáneamente). Penso que este ano deberiamos tentar propoñer máis artigos de calidade, que hai moitos que ben poderían ser (o malo é que a meirande parte están relacionados con Galiza). Un saúdo, Piquitoconversa 13:11, 6 de xaneiro do 2012

Varios sobre alzamento[editar a fonte]

Ola Paradanta! Xa quedan poucas ligazóns internas no artigo do Alzamento de Pascua (deben quedar unha ducia no artigo e as dúas do modelo). No cabezado vin que no primeiro parágrafo di "independizarse de Gran Bretaña", cres que é correcto poñelo así ou mellor dicir do Reino Unido ou Imperio Británico? Coido que na wiki en inglés figura a segunda opción. Outra cousiña: cres que pode haber algo aproveitable nalgunha outra wiki que non estea neste artigo? o digo porque se queremos que sexa de calidade terá que ser o máis completo, se cadra traducir esto en:First Day of the Easter Rising, mais non sei ata que punto esto pode ampliar o artigo en galego (hai moito que o lin e o principal o incluín no artigo, mais pode ser que ti vexas algo que poda valer ou creas oportuno traducir o outro artigo como apoio). Eu sinceiramente non esperaría a ter absolutamente todas as ligazóns vermellas completadas para propoñelo (as das referencias e outros artigos poden ir completándose na miña opinión, xa que non obstaculizan a lectura e/ou comprensión do artigo), tamén penso que non deberiamos ser ningún de nos quen propuxera nóvamente o artigo para calidade, xa que participamos dun xeito activo na mellora e ampliación, pero bueno, eso é unha opinión. Un saúdo, Piquitoconversa 0:49, 13 de xaneiro de 2012

Empregar contidos de Wikimedia Commons[editar a fonte]

Por suposto! podes empregar tódolos contidos de Wikimedia Commons. Para iso están. --. HombreDHojalata.conversa 16:55, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

Artigos de calidade[editar a fonte]

Boas Paradanta!! Cando queras podes propoñer o artigo de Alzamento de Pascua para calidade, eu comprométome a unha vez comezada a votación ir enchendo as ligazóns en vermello (así me obrigará tamén a facelas). Saúdos, Piquitoconversa 20:28, 26 de xaneiro de 2012

RE: Convencións dos nomes[editar a fonte]

A regra xeral é diferenciar os artigos homónimos mediante o uso de parénteses. O único caso que se me ocorre de uso de comas é para as cidades, parroquias, vilas etc. En calquera caso, sempre hai outros galipedistas atentos para corrixir estas cousas. E en caso de dúbida, sempre se pode preguntar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:29, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

RE: Artigo de calidade[editar a fonte]

Non hai fallo Paradanta, non era urxente nin moito menos. Esperemos pouco a pouco ir tendo máis artigos de calidade, hai algúns que coido que están próximos, mais o nivel é alto e habería que tratar de melloralos. Un saúdo e grazas pola proposta, eu coido que non debía facela por ter engadido contidos doutras wikis, así que grazas de novo. Piquitoconversa 11:35, 17 de febreiro de 2012

Fotos das casas dos concellos da Paradanta[editar a fonte]

Ola.

Andamos completando a Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia.

Ti non terás ocasión de achegar fotos de Covelo, A Cañiza, Crecente ou Arbo? Sen presa e grazas de todas formas. --. HombreDHojalata.conversa 20:26, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

Como digo, presa non hai. Do Condado faltan as de Mondariz e M-Balneario. Esas dúas xa tiña pensado ir a facelas eu, inda que se ti tamén achegas algunha non han de estar de máis. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 18:33, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Cova de Eirós[editar a fonte]

"Uno de los coordinadores de estas excavaciones, Arturo de Lombera, recordó que la principal implicación de este hallazgo arqueológico es el hecho de que se trata "de la primera cueva en todo el noroeste peninsular" donde se han encontrado este tipo de manifestaciones de arte rupestre paleolítico, dado que las más próximas están en el centro de Asturias y en la zona del Duero" (El País, 20.08.2012 [4]). Supoño que todo será onde poñemos as lindes do que é "noroeste peninsular". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:30, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Clima[editar a fonte]

Boas Paradanta! Perdoa por non contestarche, o certo é que non lembraba de ónde os quitei, así que optei por tomar os datos das túas fontes que me parecen máis que fiables. Por certo, sabes se hai algún xeito de asociar unha cor a unha temperatura nas gráficas? Penso que noutras wikis o fan, mais eu teño uns coñecementos moi limitados do formato wiki. Moitas grazas pola túa observación e axuda, unha aperta!!! Piquito (conversa) 10:42, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Edición[editar a fonte]

Non hai de que. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:21, 9 de outubro de 2012 (UTC)

Faro[editar a fonte]

Moitas grazas, compañeiro. Asinei eu porque en opinión a política de empresa non permite que un artigo o asine un colectivo como tal colectivo, pero o traballo foi conxunto, tanto de redacción como de corrección. É importante que estas cousas as digamos no Faro, La Voz, El Progreso, La Región, La Opinión..., e non nos medios que ideoloxicamente se nos supoñen próximos. Aí é onde ten verdadeiro efecto. Anímote a que para a próxima vez que leas unha cafrada galegófoba, mandes ti unha resposta. Estes pequenos xestos axudan, aínda que non se poidan medir ao non ser tanxibles. Non me estendo máis, que isto, xa sabes, non é un foro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:44, 11 de outubro de 2012 (UTC)

Praga[editar a fonte]

Aquí. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:32, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Fai o que creas que debes facer. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:56, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Paradanta. Non é un arco de igrexa. Para outra, primeiro pecha a votación e despois pon a estreliña, e xa está. Non hai que darlle tantas voltas.
Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 09:27, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Juas. Que é sinxelo, que non é tan complicado [5], que non hai que buscarlle tres pés ao gato, que no é tan difícil como quixo parecer, que é pan comido. --. HombreDHojalata.conversa 11:43, 8 de novembro de 2012 (UTC)

Colaboración no Aniversario[editar a fonte]

Ola Paradanta, eu tamén son de Vigo, polo que non me importaría botarte unha man na celebración do aniversario. Saúdos. Nachonion (conversa) 11 de decembro de 2012 ás 12:32 (UTC)

Participación activa[editar a fonte]

Boas, puxen unha ligazón na páxina da proposta de participación activa a unha presentación de introdución á Galipedia, a ver se che é útil. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2012 ás 11:59 (UTC)

Moi ben, as achegas que fagan falta poden comentarse na páxina de Participación activa. Como nota coméntoche que a idea desa presentación é que sirva para facer introdución de 15 minutos que se propuxo na proposta de esquema dos obradoiros, logo desta presentación pasaríase á parte práctica seguindo os comandos da referencia rápida, e que terían que probar os asistentes nos seus ordenadores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2012 ás 16:07 (UTC)

Titanic[editar a fonte]

Boas Paradanta!! Como sei que te involucras bastante cando hai votacións a artigos de calidade e eu non teño demasiado tempo, se podes vótalle un ollo a RMS Titanic e exponlle a AMPERIO os aspectos que vexas que poden mellorar o artigo, eu díxenlle na páxina de votación algúns que vin por riba e logo de ler o artigo lle contarei algo máis se o vexo. Moitas grazas, unha aperta!! Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 17:42 (UTC)

Páxinas a eliminar/lixo[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Non o sabía. Así que abonda con poñer lixo. O que me pasou é que non sei se se pode xa directamente crear unha páxina con título con letras gregas. Entón o que fixen foi crealo coa letra "e" e despois cambiar o nome en "mover" e poñer (copiando e pegando) o "epsilon".--Miguelferig (conversa) 17 de febreiro de 2013 ás 12:55 (UTC)

Sábado e papatoria[editar a fonte]

Boas, vas a achegarte a Santiago mañá? Se te achegas e queres vir despois a comer, ¿podes apuntarte na taberna para saber máis ou menos con cánta xente contamos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:15 (UTC)

Queda para outra entón! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2013 ás 23:43 (UTC)

Alemaña[editar a fonte]

Boas Paradanta!!! Metín unhas cousiñas da Wikipedia en portugués no artigo de Alemaña. Tentarei meter algo máis, mais non teño moito tempo para adicarlle, estou con dous artigos sobre Sibelius co marcador "en uso" e quería amplialos pronto para pasar a outros. Sinto non ter votado a favor, ben sabes que son favorable a ampliar a lista, mais coido que hai cousiñas mellorables e que hai outras que se poderían referenciar máis, a pesar de que o artigo está moi ben... sábeme mal por propoñelo ti, que sempre colaboraches na mellora dos artigos que propuxen eu. Tentarei crear unha sección sobre a música en cultura, tamén penso que estaría ben unha sección de símbolos nacionais que agora non hai... tentarei facelo eu cando poda (esta semana non poderei facer nada nin en Alemaña nin en Sibelius), espero que poda ser antes de que se peche a votación. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 22:24 (UTC)

Alemaña[editar a fonte]

Boas Paradanta!! Engadín uns contidos de xeografía tirados doutras wikis (relevo da wiki en castelán, e hidrografía da wiki en francés), se podes mirar que estean ben adaptados agradeceríacho. Tentarei engadir outros contidos que vin que poden estar ben tales como illas. Se podes ir mirándoos por calquera erro e se cres que se pode engadir ou adornar algo máis con "literatura" para que non semellen listas estaría ben. Finalmente votarei positivo porque o pouco que lle poda faltar se lle pode ir engadindo nestes días, e o que xa había cando se propuxo estaba ben. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 9 de abril de 2013 ás 16:59 (UTC)

RE:Administrador[editar a fonte]

Moitas grazas, a ver se ós poucos lle vou collendo o tranquillo ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2013 ás 11:47 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:09 (UTC)

Boas Paradanta!!! Se cadra co que expoño no outro comentario da proposta se pode abrir unha nova votación sobre o punto 6. Apertas!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:45 (UTC)
Paréceme unha boa idea abrir unha páxina para o debate e outra para as votacións, aínda que se podería facer todo xunto, en todo caso, deberíase separar apartado por apartado, e creo eu, deixar un último para "outros", no que se poderían recoller opinións que non tiveran especial relación con ningún dos apartados. Un saúdo. --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 17:57 (UTC)
Creas xa ti a páxina, fágoa eu, ou esperamos a ver que di Piquito? --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 18:00 (UTC)
Está ben, a ver se me podo poñer agora, de título paréceche ben Wikipedia:Votacións/Varias propostas para votacións, ou cal se che ocorre a ti? --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 18:07 (UTC)

Xa movín a discusión a Wikipedia:Cambios nas políticas sobre artigos de calidade, de momento non lle incluín o apartado seis, de se unha tradución pode ser artigo de calidade, porque como dixeches xa foi debatido, non sei que che parece. Un saúdo. --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 18:57 (UTC)

Vale, non fai falla que te apures. Saúdos! --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 21:34 (UTC)

Votacións[editar a fonte]

Canta máis xente participe nas votacións, mellor, claro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de maio de 2013 ás 18:06 (UTC)

É que eu non creo que deba facelo. Creo que a miña parte de traballo, promovendo a votación, está feita. Creo que se é prudente, alguén o fará. Non tería problema para facelo por unha votación que non promovese eu. De todos os xeitos, vou mirar se é algo que só podemos facer os administradores, ou se pode facelo alguén máis. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de maio de 2013 ás 23:00 (UTC)

Roberto Vidal Bolaño[editar a fonte]

Ola, Paradanta. Grazas polo aviso; vouno protexer durante unha semaniña para que as IPs non poidan editar, a ver se así se limitan os vandalismos. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de maio de 2013 ás 13:55 (UTC)

Oza-Cesuras[editar a fonte]

Ola, Paradanta!

En principio estaba a eliminar as redireccións para non armarme un lío e ir asegurándome de que quedan todas as ligazóns internas reparadas. Con todo, penso que sempre é máis correcto eliminar as redireccións cun nome erróneo, incluídos estes casos. Acábase chegando igual ao artigo buscado (a Wikipedia sempre recomenda artigos con nomes parecidos cando non se atopa o buscado). A xente que non é usuaria habitual das Wikis xeralmente non é consciente de que o formato usado nos topónimos é "parroquia, concello", polo que procurando o nome da parroquia adóitase dar co artigo buscado (amais de que en numerosas ocasións aparece como primeira opción un artigo de homónimos).
Non sei, se cadra pódese debater o asunto na páxina de conversa:Oza-Cesuras (vou deixar unha mensaxe ao respecto), pero eu non son partidario. Saúdos, e grazas pola proposta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xuño de 2013 ás 13:28 (UTC)

Por certo, lembra que amais de mudar os nomes dos títulos, é importante actualizar a info dos artigos; corrixir ligazóns aos modelos, modificar os propios modelos... Eu estou indo aos poucos, primeiro cunha parroquia e corrixindo os modelos e artigos dos seus lugares, etc. Ten ollo con esas cousas para que non queden moitas cousas pendentes, porfi :)
Graciñas pola axuda! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xuño de 2013 ás 13:41 (UTC)
Ola, Paradanta; si, ao mudar os modelos inclúo o novo e elimino o vello; pero lembra que amais do modelo hai que mudar o cabezallo, a categoría e outra info. Podes ver aquí un exemplo dos cambios varios. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xuño de 2013 ás 12:03 (UTC)

{{Benvida}} -> {{subst:Benvida}}[editar a fonte]

Ola Paradanta, cando lle deas a benvida a un novo usuario debes poñer na súa páxina de conversa {{subst:Benvida}}, non simplemente {{Benvida}}. Saúdos! --JaviP96 4 de xullo de 2013 ás 09:03 (UTC)

Axuda cunhas frases en alemán[editar a fonte]

Boas Paradanta! Estou incluíndo unha sección cos números de Tristan und Isolde no artigo, quería traducir os títulos do alemán para ao galego, vou co tradutor de Google, mais non me acaba de convencer, podes revisalo? Xa de paso, se sabes cómo se unen celdas dentro dunha mesma columna agradeceríacho (o digo polas escenas que teñen dous números). Moitas grazas de antemán!! Piquito (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 22:37 (UTC)

Moitas grazas Paradanta! Xa está, o que me comentabas era melodía. Estamos a definir na taberna qué artigos poderiamos propoñer e mellorar para calidade para rematar o ano con 20 artigos de calidade, se queres podes pasarte a propoñer. Temos 3 dos cales 2 non requiren moito traballo (Pontedeume e virus), o da Segunda Guerra Mundial require de máis traballo pero creo que non vai faltar xente que o poda mellorar), podes propoñer algún outro ou cambiar algún dos elixidos por outro. Unha aperta!! Piquito (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 18:14 (UTC)

Foxo do lobo en Covelo[editar a fonte]

Ola, Paradanta! Como sei que che gusta o relacionado coa zona da Paradanta, escríboche para comentarche que na web Patrimonio galego atopei info sobre un foxo do lobo que non coñecía, en Covelo (este); anímaste a incluír info sobre o mesmo nos artigos sobre Campo, Covelo e sobre o propio concello? Xa sería a monda se te animases a ir alí e tomar unhas fotos :)

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de outubro de 2013 ás 00:43 (UTC)

Xuntanza o sábado día 30[editar a fonte]

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:05 (UTC)

Si, espero que poidamos organizarnos desta vez :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2013 ás 11:15 (UTC)
Parece que ó final imos quedar en Pontevedra, vai pola taberna para decidir a hora e o sitio! Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2013 ás 09:24 (UTC)
Xa está decidido!, vémonos ás 4 diante do concello de Pontevedra. Se hai que esperar un pouco por alguén estaremos alí ou perto dalí. Se non vas chegar a esa hora avísame e mándoche o meu teléfono para que poidas contactar con nós. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 14:22 (UTC)
Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:33 (UTC)

Se podes[editar a fonte]

Boas Paradanta! Estiven a ampliar o artigo Also sprach Zarathustra (Strauss), esta completiño, mais hai unha sección na wiki en alemán (Adaptionen) da que penso que se cadra poderiamos tirar algo (pode que coa de Historisches puideramos completar un pouquiño máis a nosa Historia), poderías mirar esa sección (Adaptionen) para ver se se pode incluír algo? Moitísimas grazas, para calquer pregunta aquí me tes! Piquito (conversa) 27 de novembro de 2013 ás 23:21 (UTC)

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Paradanta! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:13 (UTC)

Falacia[editar a fonte]

Boas Paradanta! Dexei unha proposta de definición no teu artigo de Falacia. Tamén, unha posible idea de facer unha clasificación algo máis ordeada. Un saúdo! --Plaslux (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 17:28 (UTC)

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 09:44 (UTC)

Proposta de categorización[editar a fonte]

Boas Paradanta! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:57 (UTC)

Desculpa[editar a fonte]

Boas Paradanta, desculpa por facerte entrar no debate sobre a revogación como administrador de HombreDHojalata, non era intención miña facerte entrar no tema, era únicamente un xeito de introducir o tema (seguramente non o máis axeitado). Un saúdo e disculpas novamente, Piquito (conversa) 8 de febreiro de 2014 ás 23:37 (UTC)

Votación España[editar a fonte]

Boas Piquito, tratei de engadir un pouco de información na liña do que dis na conversa do artigo, a prehistoria... Con respecto ao dos deportes, non sei que se pode cambiar nese apartado, a táboa a importei da wikipedia en castelán. Se pensas que falta algo máis non dubides en dicilo. --AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 13:13 (UTC)

Perdón non era para ti este mensaxe. Un saúdo--AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 13:17 (UTC)

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:20 (UTC)

O soño sulagado[editar a fonte]

Ola Paradanta! Acabo de consultar o artigo sobre O soño sulagado, pois estamos a mirar o libro en clase, e quería darche as grazas, pois é un artigo ben completo, quedouche caralludo. Anímote a facer máis artigos sobre obras poéticas, que a Galipedia está ben escasa deles. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de abril de 2014 ás 09:34 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

Paraños, Covelo[editar a fonte]

Ola, Paradanta; estes días está de actualidade (tristemente) a parroquia de Paraños, Covelo; cadrarache por casualidade pasar por alí e tomar unha foto da igrexa e da casa reitoral?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de abril de 2014 ás 10:54 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)

Grazas a ti pola túa opinión e por cinguirte ao tema de discusión sen entrar a valorar outras cousas. Unha aperta, alédome de verte outra vez por aquí! --Piquito (conversa) 18 de xullo de 2014 ás 09:34 (UTC)

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Pois moi ben, grazas por pasarte por aquí e a ver cando podes volver con tempo :). Unha aperta! Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 08:31 (UTC)

Nova proposta[editar a fonte]

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:36 (UTC)

Galencontro en Pontevedra[editar a fonte]

Boas, estamos organizando un galencontro en Pontevedra para o día 27 deste mes, por se che interesa tes máis información en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Galencontro_en_Pontevedra. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 13:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

WikiEncontro Porto, Portugal[editar a fonte]

Bos días excelentísimo usuario Paradanta. No día 7/14 de agosto de 2016 na cidade do Porto (Portugal) vai haber unha reunión de Wikipedistas e queriache convidar e saber se gústariache participar; se coñeces outros colaboradores da Galipedia tamén son benvid@s! Se estiveres interesado dín na miña conversa na Wikipedia en Portugués. Se estiveres interesado manifesta a túa opinión aqui. Grazas pola súa atención, Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 26 de xullo de 2016 ás 08:17 (UTC)

Falacia[editar a fonte]

Bo día, estiven revisando o artigo de "Falacia". Vin que ti traballaras nel e quería que revisases os cambios que lle fixen e as dúbidas que expuxen na páxina de conversa de cambios que penso que habería que facerlle, mais que non me atrevín a facer. Elimineille a marca de "ortografía", se lle ves algo que quedou atrás, por favor, reponlla. Unhanova (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 07:26 (UTC)

Aves[editar a fonte]

Estou revisando este artigo que na conversa vin que traballaches ti nel. Teño estas dúbidas: direccionada de modo a fixar? a exemplo de? as avetardas, son: eliminar a coma? E penso que habería que cambiar "estudos recentes" e os "actualmente". Só revisei unha parte, se non estás de acordo con algún cambio, avísame. Unhanova (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 09:43 (UTC)

foto[editar a fonte]

Ola, Paradanta! Como che vai?

Escríboche para te animar a tomar unha foto do río Termes, que está o artigo sen ilustrar. Como o ves?

Unha aperta!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de agosto de 2017 ás 08:41 (UTC)