Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34

Forma de citación[editar a fonte]

Hai a proposta de crear ligazóns só cun nome e apelido. Nese caso, nomes máis complexos ou /apelido,nome/, serían redireccionados. Respecto a esto, para os nomes españois paréceme normal usar os dous apelidos.--Agremon 22:26, 5 Oct 2004 (UTC)


  • Creo que por regra xeral debería usarse o nome polo que se coñece á persoa citada, iso habitualmente pode conseguirse poñendo nome e primerio apelido, incluir máis información no nome da páxina fai o enderezo máis largo e é innecesario, como exemplo Pedro Almodóvar ou Pedro Almodóvar Caballero iso levaría aos seguintes enderezos:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Pedro_Almod%C3%B3var
http://gl.wikipedia.org/wiki/Pedro_Almod%C3%B3var_Caballero
En primeiro lugar cun enderezo máis corto evitaríanse erros, tamén o sistema funcionaría un pouquiño mellor (aínda que fora pouco, todas as pequenas cousas suman), neste e outros exemplos o segundo apelido non aporta nada novo incluso non é coñecido en moitos casos.
Nembargantes, cando se poda producir dúbida ou non se sepa claramente a quen queremos nomear tería que aparecer o segundo apelido, exemplo: Luis García Berlanga e Luis García, neste caso é preferible a primeira opción porque a segundo non reflicte a quen non referimos.
Propoño que se mire a páxina dos directores de cine en español Directores de cine dos alí reseñados só utilizan un enderezo de tres nomes: Rainer Werner Fassbinder, Jean Luc Godard, Luis García Berlanga, Pier Paolo Pasolini, Jean Claude Carriere, Francis Ford Coppola e Lars von Trier dun total de 92 nomes (e certo que moitos deles son norteamericanos que teñen só un apelido, pero hai moitos europeos tamén), precisamente nos citados é necesario poñelo así porque senón non saberíamos de quen falamos. Saúdos. --Prevert 08:08, 6 Oct 2004 (UTC)

Nos exemplos citados por Prevert con 3 nomes, só Berlanga leva dous apelidos, os outros son dous nomes e un só apelido. Que eu saiba só nos países iberoamericanos se usan dous apelidos, no resto só un (a excepción de algunha xente da nobleza), razón pola que a case totalidade das referencias nas wikipedias só teñen un apelido. De calquera xeito, é un problema que se pode amañar con redirección de dous -> un apelido. Nembargantes, o faleo ó revés, un -> dous apelidos é máis complicado, porque dúas persoas poden coincidir en nome e primeiro apelido e diferenciarse no segundo. Por eso a miña opinión de facelo con dous apelidos.En fin, a ver se van asíndo opinións, pois canto antes nos poñamos de acordo, mellor.--Agremon 14:40, 6 Oct 2004 (UTC)


  • Ola, a miña opinión é que se faga o máis sinxelo posible. Se chega con poñer un nome e un apelido, mellor, senón, poñer nome e dous apelidos. Non me gustan solucións coma copa(árbore) e copa(recipiente) no título da páxina, mais é unha preferencia miña.

Nomes de localidades[editar a fonte]

Todo comezou cun pequeno comentario do 4 de Novembro de 2004 sobre as páxinas Galicia e Galiza en Discusión Agremon. --Prevert 12:47, 6 Nov 2004 (UTC)


Paso a copiar un comentario de Prevert que creo moi axeitado (aínda que a lexislación citada non leva a tódolos nomes de xeito direito) --Agremon:

Son partidario que como nomes das páxinas utilicemos os nomes oficiais, no contido -na miña opinión- pode escribirse como que se queira. O tema da toponimia supón moitos problemas (en xeral, non me refiro a Galicia-Galiza).

Na Wikipedia en inglés teñen montóns de páxinas discutindo sobre o tema (realmente hai casos moi complicados), teñen un extenso debate entre simplicidade e precisión. Na Wikipedia española teñen unha teima contra -incluso dun xeito agresivo- os nomes oficiais das provincias e outras localidades (A Coruña, Ourense, Girona, Lleida,...,Viveiro,...).

Penso que deberíamos utilizar nos nomes das páxinas o oficial, segundo aparece na páxina do Parlamento Europeo que recolle toda a lexislación sobre o tema Toponimia oficial española e lexislación estatal e autonómica.

Iso levanos a usar: Girona, Llleida, Alacant-Alicante, etc. No caso das Comunidades Autónomas o mesmo: Illes Balears,..., iso conleva utilizar por exemplo: La Rioja en lugar de A Rioxa como título de páxina. Se estamos en contra de castelanizar nomes na wikipedia española tampouco temos que galeguizar nomes doutros lugares do país (todo o tempo os comentarios son sobre o título da páxina non sobre o contido). No caso de Girona, Llleida, Alacant-Alicante, Illes Balears, etc. parece moi claro. Para algún usuario se cadra nos nomes casteláns non lle parece tan claro, pero o criterio debe ser o mesmo.

Sobre os nomes estranxeiros xa teremos ocasión de falar porque hai certas complicacións, das cales creo ter unha solución. Para iso sería mellor crear un Wikiproxecto onde se expoñan os criterios sobre o tema.

Saúdos. --Prevert 11:32, 5 Nov 2004 (UTC)


Eu comprendo perfectamente a teima que teñen os usuarios da wikipedia en español en contra dos nomes oficiais. Obrigar a que un español diga Lleida ou Ourense en troques de Lérida ou Orense (o diptongo OU é dificilísimo de pronunciar para os hispanofalantes) ou obrigar ós galegos a dicir La Rioja (recórdovos que a J non existe na nosa lingua) é unha auténtica BARBARIDADE. Considero que o máis lóxico sería facer as distintas wikipedias accesíbels ó grande público e para iso deberiamos preguntarnos ¿cando un usuario emprega a galipedia vai buscar Illes Balears ou Illas Baleares? ¿un usuario de wikipedia española busca La Curuña ou A Coruña? Creo que a resposta a ámbalas preguntas darame a razón.

Un saúdo --Alyssalover 10:47, 6 Nov 2004 (UTC)


A discusión non trata da fala nin do contido das páxinas (non se pretende que os usuarios pronuncien dunha maneira ou outra), trata de como presentar as entradas. Os usuarios non é que non vaian poder atopar o que buscan, senón que estara no contido da reseña. Na miña opinión a Wikipedia é un lugar relacionado co coñecemento e, polo tanto, como toda enciclopedia debe aspirar a presentar información precisa. Non creo que debamos sacrificar a precisión e exactitude en busca dunha suposta accesibilidade que non parece que vaia ter máis dificultades. No caso de La Rioja como título de páxina basta con poñer no comezo da páxina: En galego -> A Rioxa

Para os galegos dicir Illes Balears, Girona, Alacant, Lleida non nos presenta ningún problema e que nos fagamos adaptacións dos nomes sería como en castelán dicir: Sanjenjo, Carballino, Conjo, ....

O problema fundamental dos wikis é poder dar unha información fiable e de calidade, e moitas veces só se atopan reseñas de moi escaso valor. Hai unha reflexión moi interesante dun usuario da Wikipedia española es:Usuario:Ruiz que na miña opinión en gran parte ten razón (aínda que hai puntos cos que non coincido) e que merece a pena considerar.

Supoño que este debate continurá porque implica moitas cuestións das que apenas só dunha parte -polo momento- temos falado. Pero espero que leve a unha solución mellor que a que utilizan no wiki español. Un cordial saúdo. --Prevert 12:08, 6 Nov 2004 (UTC)

(P.D.: Por certo creo que cando Alyssalover dí: ¿cando un usuario emprega a galipedia vai buscar Illes Balears ou Illas Baleares?, creo que nos levaría a outro debate que nalgún momento teremos que comezar: ¿Cales son os contidos esenciais que debe ter esta Galipea? -por suposto non me refiro a lista de entradas que hai páxina Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter-. O razonamento vai no seguinte sentido: cando un usuario quere saber cousas por exemplo sobre as Illes Balears problamente o mellor sitio para atopar eses coñecementos é a Wikipedia Catalana -evidentemente non sempre ten que ser así-. E non creo que para acceder a esa información haxa problemas porque e fácil de entender e hai un bó traductor web en Internostrum. Entón ¿que buscarán na Wikipedia Galega? Espero que a tomen como referencia para todo aquelo relacionado con Galicia - Galiza. Outra vez saúdos. --Prevert 12:08, 6 Nov 2004 (UTC))


Eu coido que se debería nomear as entradas co topónimo na lingua dese territorio lingüistico, así darían: La Rioja, Girona, Gasteiz e sobre todo, A Coruña. O primeiro comentario de Prevert paréceme moi asisado. Como me gusta levar a contraria :) tamén usaría nomes coma: London, New York, Burdeaux, Normandie, Brugge(Bruxas), etc. Trátase de darlle a lingua galega un enfoque internacional, non isolacionista, que ao mesmo tempo respete ao resto das linguas.

Falando de outra cousa, estaría ben que houbese ligazóns entre os artigos da Galipedia e do "Galizionario" (nome a consensuar) para mellor completar a información facilitada ao usuario. Un saúdo. --Aricum 15:03, 6 Nov 2004 (UTC)


Prevert sobre o que dis de que "cando un usuario quere saber cousas por exemplo sobre as Illes Balears problamente o mellor sitio para atopar eses coñecementos é a Wikipedia Catalana" creo que tes toda a razón. En realidade eu emprego tamén a wikipedia en español e en ingles e non tería demasiados problemas en visitar as versións en portugués, catalán, francés, italiano e (ainda que con dificultades) en alemán. Claro que, segundo iso, se quero información sobre a revolución bolxevique terei que acudir a wikipedia rusa, se busco información sobre a era Meiji, á Xaponesa e se quero saber máis sobre Mao deberei acudir á versión Chinesa. E como eu, tamén deberíano facer todos. Por suposto que ninguén coñece tódolos idiomas do mundo pero iso que o arranxe cada un coma poida. Así que será mellor que borremos tódolos artigos que non teñan nada que ver con Galiza (aforraríase un monte de espacio innecesario) e que cada un que se apañe como poida.

Sinto se estas palabras sentan mal a alguén (por se non se nota, tentei ser sarcástico). Se é así pedirei excusas tódalas veces que faga falla pero simplemente digo o que penso

Por certo, se se decide empregar os nomes oficiais que ninguén se queixe cando eu escriba 東京, Москва ou مصر en troques dos habituais Tokyo, Moscú e Exipto

Un saúdo --Alyssalover 15:15, 6 Nov 2004 (UTC)


Alyssalover gustame a ironia pero sobre todo que o debate vaise animando. Eu tamén me paso por alguna Wikipedia da que non entendo o idioma para ver que se coce por alí, sempre se pode sacar algo en limpo. Pero semella que os rusos non deben traballar demasiado, polo menos, no apartado de cine porque cando quixen saber se habia algún dato non coñecido sobre Eisenstein atopeime con Редактирование Эйзенштейн, Сергей Михайлович que debe ser S.M. Eisenstein e a verdade non da para moito. Pero sen saber ruso seguro que meten menos veces a pata que a reseña que hai na Wikipedia española Serguéi Eisenstein que é un verdadeiro despróposito.

A cuestión que eu propuxen é de tipo xeral, percibo a túa ironia cando dis que se borren tódolos artigos non galegos, non andas moi descamiñado ;-) . Bueno agora en serio sabes que non quero dicir iso, aínda que sería máis productivo centrarse no noso. Entre outras razóns porque unhas wikipedias se "copian" a outras e quen mellor para xerar datos e informacións sobre Galicia - Galiza mais ca nós.

Cando dís: "Por certo, se se decide empregar os nomes oficiais que ninguén se queixe cando eu escriba 東京, Москва ou مصر en troques dos habituais Tokyo, Moscú e Exipto" parece que me les o pensamento ;-) Adiantaches algo sobre os nomes internacionais que non cheguei a propoñer (Nun dos primeiros mensaxes escribín: "Sobre os nomes estranxeiros xa teremos ocasión de falar porque hai certas complicacións, das cales creo ter unha solución. Para iso sería mellor crear un Wikiproxecto onde se expoñan os criterios sobre o tema").

A proposta que ía facer era a a seguinte: En canto os nomes de paises estranxeiros son partidario de utilizar nos títulos das páxinas o nome galego e o nome oficial da cidade que corresponda no seu país separados por un guión. O título sería Nome galego-Nome propio. E ben que me gustaría deixar 東京, Москва ou مصر en troques dos habituais Tokyo, Moscú e Exipto senón fora polo caracteres "raros". Que é tamén máis ou menos a proposta de Aricum.

Saúdos. --Prevert 19:15, 6 Nov 2004 (UTC)


Coido que en certa ocasión vin algo escrito nun diccionario enciclopédico que quizais nos axude a desquitar parte das dudas (se non nos mete noutras mais). No bou facer propaganda pero o que si vou transcribir literalmente parte da información que da sobor dos problemas que se estan plantexando nesta reducto. Di o seguinte: ...[No campo da toponimia, prevalecen os accidentes físicos sobres a entidades de poboación, e estas sobre as circunscricións administrativas (civís, relixiosas e militares, segundo esta orde). Polo que respecta ás palabras que constitúen sintagmas, estas van ordenadas segundo a primeira das palabras; en caso de igualdade, tense ne conta a segunda parte do sintagma e, nalgúns casos, os elementos que van despois da coma (Bóveda, San Miguel de / Bóveda, Santa Baia de / Bóveda Iglesias, Alexandre). En determinados sintagmas a ordenación efectúase polo primeiro dos elementos como independente. Este criterio modifícase no caso dos monarcas e papas xa que se lle dá prioridade á súa numeración sobre outros elementos do sintagma (Carlos I de Nápoles / Carlos II de Hungría / Carlos III, orde de / Carlos de Austria / Carlos Martel). No que atinxe ós antropónimos tamén dicir que figuran en último lugar aqueles apelidos ou formas compostas que van unidos con guión (Bouza Trillo, Luis / Bouza-Brey, Fermín).

  • BIOGRAFÍAS

Presentan sempre a mesma estructura: apelido, ou os dous apelidos, e o nome, separados por unha coma. Por regra xeral, respéctase a lingua orixinal: só se galeguizan os papas, santos, monarcas e membros de casas soberanas, ademais dos personaxes galegos falecidos {-nista parte coido que me excedin nas efemerides-}. Cando o personaxe é coñecido por un pseudónimo ou alcume, este leva a unha remisión á voz onde se desenvolve. Os personaxes portugueses e brasileiros ordénanse polo segundo apelido. Tralo nome inclúese entre paréntese o lugar e data de nacemento e, separado por un guión, o lugar e data da morte; no caso de non coñecer algún destes datos, introdúcese un interrogante. Cando o lugar de morte é o mesmo có de nacemento, este no se repite.

  • XEOGRAFÍA

Dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia recóllense as entradas individualizadas das parroquias, concellos e comarcas hostóricas e actuais, ademais das demarcacións políticas, adminitrativas ou eclesiásticas, actuais e históricas. En canto ó exterior da comunidade teñen entrada as localidades de España de máis de 1500 h, as localidades de Europa de máis de 50.000 h, e as de máis de 100.000 h para o resto do mundo {-persoalmente debérase facer un criterio xeneralizado sobor deste punto se andar con habitantes aiqui e aló-}. Inclúense tamén a divisións administrativas e as súas capitais. Respectase a toponimia oficial (Catalunya, Donostia, La Rioja, Alcobaça), agás naqueles casos en que xa hai traducción fixada no galego (Bos Aires, Castela, Londres).

  • CARTOGRAFÍA

Incorpórase os mapas dos concellos e das comarcas galegas, os mapas das comunidades autónomas de España, dos continentes e dos principais estados do mundo, así como mapas históricos e temáticos.

  • CIENCIAS

Séguese o sistema de clasificación dos seres vivos aceptado pola comunidade científica e baseado en doud criterios: nivel de organización e tipo de nutrición, as normas internacionais sobre nomenclatura química (IUPAC), e as normas internacionais sobre o nome e os símbolos das unidades (Sistema Internacional de Unidades, SI). As entradas de animais, plantas, etc aparecen co nome vulgar {-o meu ver se o ai en galego, mellor-}, acompañadas do nome científico correspondente entre paréntese, por exemplo, anaconda (Eunectus marinus); as entradas do xénero aparecen na forma latina (Eucalyptus), en amba-las dúas a familia á que pertence aparece nos texto. As entradas referentes a compostos químicos levan entre corchetes a fómula química correspondente, por exemplo, cloranfenicol [C11H12C12N2O5], e, nalguns casos, tamén se recolle nos mirerais.]... Como xa dixen no comenzo, quizais des iste nasco de artigo poidamos solventar unhas das dudas sobor de como enfocar os artigos na galipedia. como consello para aquela xente que non esta segura de como buscar un término. É mellor que se poña algo da palabra a buscar e se cerre o tema cun asterisco (exemplo: se non estamos seguros se Illas Baleares ou Illes Balears, provade a poñer Bale* e votalle unha ollada o que saia, no buscador).

Saúdos. --xelo2004


Prevert gústame iso que dis de "En canto os nomes de paises estranxeiros son partidario de utilizar nos títulos das páxinas o nome galego e o nome oficial da cidade que corresponda no seu país separados por un guión" paréceme moi boa idea, pero, porqué limitarse somente ós nomes de países? non sería máis lóxico facelo mesmo con tódolos nomes?

En canto ó dos caracteres "raros" eu non lle vexo ningún problema e penso que se deberían empregar na medida do posíbel

Tamén é certo que ninguén mellor que nós para falar da nosa terra pero creo que autolimitarse a só iso sería un erro descomunal e imperdoábel.

Sinto non ser máis enxeñoso pero xa é bastante tarde e o meu cerebro xa non traballa tan ben coma pola tarde :lol:

Saudos --Alyssalover 22:09, 6 Nov 2004 (UTC)


Nomes de localidades e persoas continúa...[editar a fonte]

Despois do que levamos falando aquí vai a miña proposta:

  • Toponimia de Galicia

Non parece que presente problema, seguimos os nomes oficiais e xa está. No caso de Galicia e Galiza mantemos as dúas páxinas cun contido igual -sen redireccións- (tendo coidado de sustituir nunha páxina e outra Galicia por Galiza e o revés, é máis traballo pero soluciona o posible problema).

  • Toponimia española

Seguimos o que aparece na páxina do parlamento europeo sobre os nomes oficiais: Toponimia oficial española e lexislación estatal e autonómica.

  • Para cidades con nomes cooficiais poñense os dous separados por un guión, exemplo [[Alicante-Alacant]].
  • Para lugares como La Rioja ponse o nome oficial [[La Rioja]] e no inicio da páxina ponse En Galego: A Rioxa, tamén se crea unha páxina chamada [[A Rioxa]] que se redirecciona á anterior. Outro exemplo: Illes Balears faise o mesmo.
  • Outros paises do mundo
  • No caso de que utilicen caracteres como os nosos.
Usar unha solución parecida á da cooficialidade dos nomes españois, exemplo: [[Suecia-Sverige]] con redirección desde a páxina [[Suecia]], tamén propoño que no comezo da páxina se indique como se chama a cidade en tres ou catro idiomas distintos.
  • No caso de outros caracteres
Creo que se debería usar a mesma opción, pero supoño que esto se pode estudar con máis detenemento, exemplo: [[Tokyo-東京]].
  • Lugares co mesmo nome

Exemplo Amazonas: río, estado do Brasil, Colombia, Venezuela,... Gustanme as solucións que usan na Wikipedia en Inglés (como son os que máis artigos teñen moitos problemas surxironlle antes ca nós):

Río Amazonas: Amazon River coincide coa proposta que tiña pensado facer. Lendo noutros sitios semellaba que non era posible. Amazonas Estado do Brasil: Amazonas, Brazil , está opción é moi interesante porque engádense comas a medida que queremos aclarar mellor de que lugar se trata.

Outro exemplo: París. Neste caso hai moitísimos sitios co nome París. Fan que entre directamente na páxina Paris e desde alí propoñen a páxina de desambiguación Paris (disambiguation), en cambio no caso de que o sitio importante non poda entrar directamente como en Amazonas a páxina de aclaración aparece antes Amazonas. Un exemplo aplicado á Galipedia: Miño (Concello de A Coruña e Río, entre outros). Como é máis probable que os usuarios busquen o río, debe aparecer antes a páxina de desambiguación e desde ela ir a: [[Río Miño]] ou [[Miño, A Coruña]] (este exemplo que escollín supón un pequeno problema, pero entraría no que chamaríamos apartado cosmético porque poñer [[Miño, A Coruña]] sería diferente ao modo en que aparecen o resto dos concellos, pero nos outros concellos que agora lembre non se presenta esa situación).

Nota, no que expuxen antes hai un aspecto que non teño absolutamente claro é o seguinte:

Nome de páxina: [[Miño,A Coruña]] ou [[Miño, A Coruña]] poñer o espacio de separación despois da ',' ou non, no wiki inglés teñeno co espacio de separación pero non estou seguro da súa función. O mesmo pasa con [[Suecia-Sverige]] e [[Suecia - Sverige]] con separacións, poñer os espacios da lugar a máis erros pero supoño que se o fixeron así hai algunha razón que se me escapa (quizais teña que ver cos resultados da búsqueda,...)

Sobre o que dí Alyssalover. De acordo en usar o mesmo criterio para os nomes de persoas: usar o nome no seu idioma da persoa (sería a páxina principal), crear unha segunda páxina co nome galego (se o houbera) e redixilo a esa páxina. (Entendo que se se adapta o nome dunha persoa e por razóns de pronunciación ou porque está escrito con caracteres que non temos, pero no wiki eso non é un problema). Co das cidades estou tamén de acordo contigo.

Sobre a mensaxe de xelo2004. Hai varios puntos do escrito que engade que me resultan especialmente interesantes, aínda que me centrarei nas diferencias que creo existen entre unha enciclopedia en papel e unha enciclopedia en internet. Aquí non temos o problema que todas as entradas sobre un termo teñan que comezar por ese termo como no exemplo que inclúes de Bóveda poderíamos aplicar esto o dito sobre Amazonas.

En canto os nomes das persoas a norma que se utiliza nas wikipedias é comezar por nome e apelido ou apelidos (arriba comentamos algo sobre iso), de tódolos xeitos podemos darlle voltas ao asunto ata que cheguemos a algunha conclusión.

O resto pareceme ben.

Bueno ata aquí a miña proposta. ¿que vos parece?. Saúdos. --Prevert 20:03, 8 Nov 2004 (UTC)

  • Estou moi dacordo coa proposta, a verdade é difícil engadir algo máis, non se me ocorre agora mesmo ningún outro caso. Creo que, sendo posíbel, é mellor non abusar das páxinas de desambiguación, xa que ralentiza a procura de información andar pasando por moitas páxinas até chegar á que buscas. aricum
  • A túa proposta é caseque unha obra mestra ;) Neste intre non se me ocorre nada en contra dela así que tes o meu compreto apoio --Alyssalover 22:36, 8 Nov 2004 (UTC)
  • Apúntome. Teño reticencias sobre algunha cousa particular, pero o caso é estar de acordo. Sigo a pensar que estamos facendo lingua, estabilizándoa, ó estilo da academia. Eu votaría por 'Galiza' como substitutivo de Galicia, igual que outros caso achegándome á grafía portuguesa, pero...--Agremon 19:52, 9 Nov 2004 (UTC)


  • Eu tamén preferiría que nos achegasemos máis ó portugués pero o primordial neste intre é chegar a un entendemento e non como pasa na wikipedia española que discuten interminabelmente sen chegar xamais a un acordo. Penso que a proposta de Prevert por agora é máis que suficiente. No futuro, unha vez comprobemos a súa aceptación e/ou funcionalidade, xa veremos de cambiar algo ou mantelo tal como está --Alyssalover 09:02, 10 Nov 2004 (UTC)

Redacción do acordo sobre Toponimia (borrador)[editar a fonte]

A ver que vos parece o borrador que resume as normas sobre Toponimia que falamos aquí, está en: Wikipedia:Política e normas:Toponimia, tamén vou crear en próximos días Wikipedia:Wikiproxecto_Toponimia para incluir toda a información que vaia recollendo sobre as distintas cidades e lugares do mundo. (Se vos parece ben queda así, se resulta díficil de entender ou creedes que algún punto non reflicte fielmente o que tratamos modificase).

Sobre os nome de persoas creo que tamén habería que escribir algo para resumir as posibilidades, o que pon xelo2004 no apartado Biografías pareceme ben e o que dicía Alyssalover tamén pero creo que hai que darlle forma.

Outro punto que quixera comentar e sobre as páxinas de desambiguación, pareceme que ese termo é un pouco estrano, semella que se usa por mimetismo da versión inglesa da Wikipedia e coido que deberamos atopar outro que sexa menos oscuro, a mín ocorrese aclaración pero podería ser calquer outro, ¿que opinades?. Saúdos. --Prevert 17:40, 11 Nov 2004 (UTC)

Sobre os nomes de persoas, creo que o título da páxina debera ser na orde natural de nome de apelidos, e o comezo do artigo (é dicir, o seu interior), no xeito indicado por xelo2004. --Agremon 10:16, 12 Nov 2004 (UTC)

Que vos parece'discriminación'?--Agremon 10:02, 12 Nov 2004 (UTC)


  • Prevert como xa dixen a túa proposta paréceme boa pero hai algo no que discrepo ¿por qué esa distinción entre toponimia española e toponimia do resto do mundo? A última vez que comprobei o mapa España seguía dentro do mundo ¿acaso se mudou a otro planeta sen eu enterarme? Pois iso que eu creo que se debería seguir o mesmo criterio para os nomes españois que para os do resto do mundo.

Un punto que non mencionaches é: ¿qué se fai cando a lingua oficial do pais no que está o lugar que queres nomear non emprega o alfabeto latino? Eu, por suposto, son partidario de empregar neses casos o alfabeto propio desa lingua aínda que supoño que a vos cecais non vos guste esa idea e prefirades neses casos empregar transliteracións ó noso alfabeto, o que conlebaría algúns problemas porque ¿sodes conscientes do complicado que é facer unha transliteración dunha lingua que empregue o alfabeto cirílico ou o xaponés? Un exemplo sería Tokyo (ou Tokio se preferides non empregar a "Y") ¿Como se chamaría o seu artigo, "Tokio - 東京", "Tokio - Toukyou" ou "Tokio - Tôkyô"?

Un saúdo --Alyssalover 20:48, 12 Nov 2004 (UTC)


  • Alyssalover a diferencia entre Toponimia de España e Toponimia de Outros Países do Mundo é unha cuestión de pequeno matiz: o tratamento é igual salvo que, por exemplo: no caso de La Rioja -que é o nome oficial- chegase a páxina La Rioja redirixida desde A Rioxa e con Tokio entrase directamente en Tokio - 東京 sen redirección a 東京. Porque esa diferencia? Pois porque un dos motivos da proposta é precisamente atopar os sitios polos seus nomes verdadeiros e no caso de todos aqueles nomes que empregan alfabetos cos que nos estamos familiarizados suporía un gran problema.
En canto a segunda parte da túa exposición estou completamente de acordo (o único problema para facer correctamente á referencia as cidades e países é de documentación, só é cuestión de buscalos). Pareceche que habería que aclaralo máis en Wikipedia:Política e normas:Toponimia ?. Creo que estamos na mesma postura excepto ese matiz. Saúdos. --Prevert 21:55, 12 Nov 2004 (UTC)


  • Direi que non me convenceches de todo pero estou convencido de que o máis importante é chegar a un acordo ;-) O que si penso é que o asunto dos alfabetos non latinos debería ser, alomenos, mencionado en Wikipedia:Política e normas:Toponimia. Un saúdo --Alyssalover 18:58, 14 Nov 2004 (UTC)


  • Vaia por máis que o intento semella que me falta poder de convición ;-). Senón me equivoco a única diferencia agora está en que se me refiro a Alacante, a páxina chámase Alicante-Alacant e se o fago a Suecia chámase Suecia - Sverige (vaia xa me aprendín de memoria o nome orixinal de Suecia!). Seguindo o mesmo criterio para ambas: a páxina de Alacante debería chamarse Alacante - Alicante - Alacant (e iso?), pareceme que alomenos neste caso complicaría as cousas (ao escribir isto estoume lembrando da famosa escea dos irmáns Marx la parte contratante de la primeira parte... cando tiñan aquel contrato larguísimo, que non entendía ninguén, e que acaba sendo do tamaño dunha servilleta. Non me interpretes mal non o digo polas túas obxecións senón que igual acabo escribindo iso). Sobre os alfabetos non latinos, por suposto, estou de acordo. Terei que pensar como redactalo. Tes algunha idea do que debería incluir? (Aquí supoño que o problema será incluir materiais de axuda). Saúdos da parte contratante da primeira parte....;-) --Prevert 20:37, 14 Nov 2004 (UTC)

Intervención do debate na Wikipedia en castelán[editar a fonte]

Permitídeme reproducir aquí unha intervención dun usuario na Wikipedia española, na que teñen unha discusión moi encarnizada sobre o tema. Por casualidade o usuario Ruiz que citei máis arriba neste debate, defendeu unha postura que sintetiza o que eu penso sobre o tema. Saúdos. --Prevert 22:11, 12 Nov 2004 (UTC)


Con esto me voy a ganar varios enemigos, pero estoy de acuerdo con el anónimo o la persona que está escribiendo sin firmar. Siempre he estado orgulloso de hablar español pero una de las pocas cosas que me averguenzan de la lengua son estas disposiciones (que la verdad no sé qué tanto tengan de lingüísticas, qué tanto sea simple costumbre y qué tanto sea prejuicio). Jamás he comprendido esa "pasión" por cambiarle de nombre a todo lo que se mueve "para que se pronuncie mejor". Si la gente que vive ahí lo escribe de esa forma ¿cuál es el afán de cambiarlo? Lejos de ayudarnos a comunicarnos lo único que consiguen es enfurecer a la gente que vive ahí y confundirnos a todos los demás que no vivimos ahí.

Ya sé que últimamente (a Dios gracias) no "castellanizan" tanto, ¿pero por qué seguir con esa práctica? Yo tampoco sé de dónde salen esas reglas, me imagino que del francés (que en soberbia linguística se llevan el 10) pero nunca he terminado de entenderlas y procuro no utilizarlas. Incluso si quiero utilizarlas no puedo porque parecen sacadas de la manga. Para buscar ciudades alemanas en internet tengo que usar la Wikipedia o cualquier otra enciclopedia en inglés porque en español están irreconocibles. Las pronuncio perfecto, pero no sé de qué están hablando hasta que no abro el artículo. Los nombres igual, hasta hace unos años todavía te topabas con los "Carlos Marx", "Martín Lutero", "Jorge Washington". A ninguno de ellos le hubiese caído en gracia que les cambien el nombre. Por si fuera poco, en este momento tenemos un Sadam Husein que ni es el Saddam Hussein que leo en inglés ni es el "Sadam Juséin" o Sadam Juseín que pronuncian en la tele o en la radio.

Con las ciudades es lo mismo, son nombres propios. En América somos más flexibles con las toponimias. Los estadounidenses tienen más de siglo y medio viviendo en San Antonio, en San Diego, en Sacramento, en San Francisco, en Chicago, en Detroit, en Louisiana y jamás les han cambiado de nombre. Quizás las pronuncien mal, pero no tratan de "americanizar" los nombres. Quienes promueven estas reglas ya estarían viviendo en los Saint Francis y los Saint Anthonys. En América Latina conservamos las toponimias indígenas aún cuando sólo una minoría de la población habla el idioma. Cuando estudias en México tienes que aprender a pronunciar cada lugar. La ciudad de México se pronuncia "méjiko", pero Xochimilco se pronuncia "sochimilko" y Taxco se pronunica "taksko" o "tasko", cada caso es particular. Menos del 2% de la población habla el idioma pero tienes que respetarlo para no verte como un soberbio o como un idiota cuando hables con la gente que vive ahí. Es cultura general.

Esta discusión nació por la toponimia española. Nunca he vivido en España pero algunos ejemplos me parecen contundentes. Si yo viviera en Vilagarcía de Arousa me daría coraje tener que escribir "Villagarcía de Arosa" cuando la pronunciación no es complicada, cuando la ley está de tu lado y cuando escribiéndolo perpetúas la ignorancia y la poca sensibilidad que tuvo el genio al que se le ocurrió tal castellanización, porque ni a traducción llega. Por experiencia sé que la gente no se ofende si pronuncias mal el nombre, porque es obvio que no estás familiarizado con la lengua. Con lo que sí se puede molestar, y de eso estoy seguro, es con tu actitud si llegaras cambiándoles el nombre y diciéndoles que su nombre no es normal en su propio país. Castellanizar toponimias y otros nombres propios lejos de enriquecer a la lengua la empobrecen y de paso nos hace parecer tontos a todos. Además, muchos problemas nos ahorraríamos en esta enciclopedia si comenzamos a utilizar el nombre más usado a nivel local, al menos para aquellas localidades que usen nuestro alfabeto. Es una convención sencilla y nos ahorra horas/Google tratando de adivinar si Ottawa se llama Ottawa o si algún creativo decidió ponerle "Otawa", "Otaua", "Otagua" u otro nombre menos intuitivo.

Saludos, Ruiz 15:08 9 nov, 2004 (CET)


Votación Wiktionary[editar a fonte]

Se vos parece ben poño aquí esta votación que creo pode interesar a todos. Así como a wikipedia galega chamámola agarimosamente como Galipedia,

Que nome alternativo debe ter o wikcionario galego?

Hai varias alternativas ás que podedes votar ou tamén suxerir outras, de momento poden ser:

  • Galegonario
  • Galizionario
  • Voto por esta opción por que inclúe a palabra Galiza, sendo unha maneira de apoiar esta denominación do noso país.--Aricum 21:07, 14 Nov 2004 (UTC)
  • A que diaños tanto o termo de Galicia como Galiza estan observados pola Academia de Lingua, voto por iste xunto con Aricum. --xelo2004
  • Eu xa puxen unha chea de ligazóns ao Galizionario -pensei que xa era definitivo- e agora cambialas sen saber facer un bot semella moito traballo. Por outra banda, se Aricum prefire esa opción non vou ser eu quen me opoña. --Prevert 22:06, 14 Nov 2004 (UTC)
  • Galinario
  • Galicionario
  • a mín gústame máis o nome de Galizionario ou, no seu defecto, Galizonario tamén me parecería ben. O que non podería soportar é iso de Galinario que semella referirse máis un galiñeiro que un diccionario ;-) Saúdos --Alyssalover 21:36, 14 Nov 2004 (UTC) /// Únome.--Agremon 07:20, 16 Nov 2004 (UTC)
  • Wikcionario.
  • A mín gústame Wikcionario porque fai referencia aos "wikis". De todos os xeitos Galizionario non está mal, aínda que "zi" non sexa moi galego ... --Rabalde 12:49, 17 Dec 2004 (UTC)
  • Coido que sodes os que traballades habitualmente no Wikcionario quen tedes que ter a última palabra, e nós expoñer a nosa opinión e refrendar o que decidades. (Nota: Hai Wikipedias que cambiaron o seu nome e o espacio de nomes tamén, ao contrario que á Galipedia que cambio o nome pero conserva o espacio de nomes Wikipedia.) Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert (talk)]] 15:09, 17 Dec 2004 (UTC)
  1. Logo de máis de 15 días de votación o resultado é o seguinte:
  • Galegonario= 0 votos
  • Galizionario= 3 votos
  • Galinario= 0 votos
  • Galicionario= 0 votos
  • wiktionario= 1 votos

Polo tanto, queda decicido Galizionario como o nome do wiki dicionario galego.--Aricum 20:12, 31 Dec 2004 (UTC)

Como chamar as páxinas de 'Desambiguación'[editar a fonte]

Temos pendente de decidir que nome darlle as páxinas que corresponden a palabras que teñen o mesmo nome:

En inglés usan disambiguation Paris (disambiguation)

En español usan desambiguación Wikipedia:Página_de_desambiguación

En portugués usan desambiguação Europa (desambiguação)

En francés usan homonymie Paris (homonymie).

A palabra desambiaguación non parece apropiada porque non existe no noso idioma, e os wikis que a usan semella que o fan por mimetismo da versión inglesa.

Aquí noutras mensaxes falouse das palabras: aclaración, discriminación, homónimos, homonimias,... (non lembro se se citaron algunhas máis). O asunto quedou pendente e agora compre tomar unha decisión.

Abrese o debate de propostas e decisión sobre o tema.

Saúdos. --Prevert 22:46, 24 Nov 2004 (UTC)

Ola,

Segundo o DRAG, 'desambiguación' non existe. O que poderiamos usar é 'homónimo' ou 'homógrafo':

  • homónimo-a adx. Ling. Que se pronuncia, ou ben que se pronuncia e escribe, do mesmo xeito, pero ten un significado diferente [unha palabra con respecto a outra, ou ambas entre si]. O verbo ‘illar’ e o substantivo ‘illar’ son homónimos. ‘Bou’ e unha palabra homónima de ‘vou’. CF. homófono,
  • homógrafo-a adx. Ling. Que se escribe igual pero ten unha significación distinta [unha palabra con respecto a outra, ou ambas entre si]. ‘Podo’, (do verbo podar) e ‘podo’, (do verbo poder), son palabras homógrafas.

Logo, semella máis axeitado 'homógrafo' ca 'homónimo', porque 'bou' é homónima de 'vou' e non para nós este non é un problema. Semella que homónimo = homógrafo + homófono.

Saúdos. --Rabalde 08:40, 25 Nov 2004 (UTC)


  • Penso que homógrafo sería o máis correcto --Alyssalover 09:53, 25 Nov 2004 (UTC)
  • Pois eu creo que estamos no caso de homónimos porque resulta máis xeral. Un dos exemplos que temos na Galipedia é Miño cunha referencia a Minho en Portugal. Este non é un homógrafo e supoño que no futuro aparecerán máis casos (aínda que neste exemplo concreto non fai falta entrar na páxina de aclaración porque xa é a da palabra miño.) A mín en principio valenme as dúas que son bastante mellores que desambiguación pero inclínome por homónimos. Saúdos. --Prevert 10:51, 25 Nov 2004 (UTC)
  • Pois despois de ler o que expón Prevert troquei de idea (que volúbel son XDDD) e penso que ten razón para casos así homónimos sería mellor --Alyssalover 11:24, 25 Nov 2004 (UTC)
  • Non teño moitos casos de homófonos, se cadra podería ser 'fazer' en portugués e 'facer' en galego. Pero tes razón, homónimo é máis xeral. Por certo, estaría ben ter un Template que automáxicamente diga que a páxina é de homónimos e que a poña dentro dunha categoría de 'páxinas de homónimos' --Rabalde 13:13, 25 Nov 2004 (UTC)
  • Xa preparei un Modelo en canto se decida o nome publico a páxina. Saúdos. --Prevert 14:56, 25 Nov 2004 (UTC)

Subartigos nos artigos de países[editar a fonte]

Polo que remata de pasar nos Países Baixos, propoño no futuro deixar a páxina principal dos países cun mínimo de información en cada sección, aínda que logo a información se amplíe nos sub-artigos. Máis opinións?--Agremon 22:37, 25 Nov 2004 (UTC)

  • Estou de acordo. Deberíase deixar un mínimo de información no artigo principal e despois ampliarse nos distintos subartigos --Alyssalover 07:54, 26 Nov 2004 (UTC)
  • Penso que hai que seguir as convencións que se seguiron ata agora, que a información do país estexa na páxina principal do país. Polo momento non hai material suficiente para trasladar ás subpáxinas o contido. O que pasa coa páxina Países Baixos semella seguir os modelos doutras wikipedias.
Noutra orde de cousas, haberá que ir pensando en crear unha categoría de artigos para fusionar, unha páxina de artigos duplicados e unhas plantillas para incluir nas páxinas a fusionar e naquelas outras nas que haxa propostas de fusión -como este caso-. Dese xeito as discusións e propostas de fusión se faríanse alí. O mesmo con borrar. (Eu comecei a facer algunhas probas) ¿ocorresevos algo sobre o tema: nomes de páxinas, palabras a usar, organización,...?. Saúdos. --Prevert 08:49, 26 Nov 2004 (UTC)
  • Voto por Nome (homónimos)--Agremon 09:26, 26 Nov 2004 (UTC)

Políticas e normas[editar a fonte]

Estou a traballar na zona de axuda e nas políticas e normas desta Wikipedia, xa que nós falta moito material nese apartado. A primeira tanda de artigos trata de convencións de amplo uso nas wikipedias de todo o mundo, e na súa maior parte son adaptacións doutros procedentes das wikipedias inglesa, portuguesa e nalgún caso algunha referencia da española,... Publico a mensaxe neste apartado por se considerades que hai que facer algunha precisión ou pensades que algún punto no está claro ou pode ser motivo de discrepancia. Podense ver en Categoría:Wikipedia políticas e normas. Saúdos. --Prevert 23:50, 29 Nov 2004 (UTC)


  • O que lin ata agora estame gustando moito, estás facendo un bó traballo ;-) --Alyssalover 08:26, 30 Nov 2004 (UTC)

Categorías de Historia[editar a fonte]

Dado que se fai necesario crear a categoría Historia e as súas ramificacións parece o momento preciso para comezar o debate sobre como deben ser as categorías aí incluídas.

Aqui vai a miña porposta de debate para un primeiro esquema desa categoría que no futuro podería medrar e que tal como está soluciona as necesidades actuais e fai unha previsión de evolución:

Historia

  • Arqueoloxía
  • Biografías
    • Militares
    • Políticos
  • Civilizacións
    • Pobos antigos
  • Documentos
  • Episodios históricos
  • Historia de Galicia
  • Historia das nacións
    • Historia de Francia
    • Historia de España
  • Historiadores
  • Periodos da historia
    • Idade Media
  • Revolucións

Consideracións:

  • A categoría Biografías ten a vantaxe de que é unha categoría transversal a varias categorías principais. Pode incluir escritores, filósofos, fotógrafos, etc., e cambios posteriores non descompoñen o sistema de clasificación.
  • Civilizacións incluiría por exemplo: Antigo Exipto, Sumeria, etc. e na subcategoría Pobos antigos estarían os clasificados na categoría Etnoloxía que non é apropiada para eles porque os artigos aí incluídos non tratan de "causas e razóns das costumes e tradicións dos pobos" senón que son reseñas de tipo histórico.
  • Documentos sirve por exemplo para falar das Constitucións do mesmo xeito que fan os portugueses.
  • Episodios históricos serviría para clasificar a información de batallas entre outras cousas, e daría pé se aquí o consideraramos necesario a abrir outras subcategorías.
  • Historia de Galicia estaría no primeiro nivel o mesmo que fixemos con Galicia dentro da categoría Xeografía. Mentres que a historia doutras nacións pasaría a estar en Historia das nacións e dentro dela a hisatoria do páis que fora (ex.: Historia de Francia,...) (Un apunte máis habería que pensar se incluir en Historia de Galicia tamén algúns dos artigos clasificados en Autores galegos)
  • Historiadores tamén estaría no primeiro nivel o mesmo que fixemos cos personaxes da informática na categoría Informática.

Aquí queda a proposta para primeiro discutir e logo votar. Un cordial saúdo. --Prevert 22:47, 2 Dec 2004 (UTC)


Estou bastante dacordo coas categorías que prpón Prevert pero teño algunhas matizacións. A categoría Biografías a deixaría como está, como Personaxes Históricos, porque biografía fai mención a un tipo de obra literaria, e aquí estamos a falar de artigos enciclopédicos. Os artigos que hai sobre Churchill, Patton, etc... non son biografías da súa vida senón artigos sobre quen foron e que fixeron, de esta forma pareceme máis axeitada Personaxes históricos. Dentro de esta categoría non so habería militares e políticos, tamén científicos, etc... que influiron na historia. No futuro habería incluso subcategorías de "Políticos españois", "militares españois", etc.. que tamén o serían da subcategoría "Historia de España". A min gustame moito esta estructura de grafo das categorías e penso que hai que exprimila todo o que se poida.

Sobre as civilizacións e os pobos antigos paréceme ben todo, o mesmo para documentos.

Episodios históricos chamaríao mais ben acontecementos, onde irían clasificadas non so as batallas senon tamén as revolucións ou os golpes de estado. Sobre Historia de Galicia considero apropiado tamén que esté a ese nivel, ningunha obxección sobre historia das nacións, asumo que incluiría o artigo xeral de "historia de españa" mais os artigos específicos de cada periodo como ocorre nas demais wikipedias.

Finalmente, Periodos da historia chamariao "Historia do mundo", cun artigo principal sobre a historia do mundo (moi resumido e con amplas miras) e os diferentes periodos como é o caso da Idade Media.

Deste xeito quedaría así:

Historia

  • Arqueoloxía
  • Personaxes históricos
    • Militares
    • Políticos
  • Civilizacións
    • Pobos antigos
  • Documentos
    • Constitucións
    • Tratados
  • Acontecementos históricos
    • Revolucións
    • Guerras
      • Batallas
    • Golpes de estado
    • Declaracións de independencia
  • Historia de Galicia
  • Historia das nacións
    • Historia de Francia
    • Historia de España
      • Historia de España (artigo)
      • Os Reis Católicos (artigo)
  • Historiadores
  • Historia do mundo
    • Idade Media


--Pablo Grandio 00:12, 3 Dec 2004 (UTC)


  • De acordo no tema das Biografías, xa estaba pensando en matizar esa categoría, en realidade é unha categoría máis xeral que pode abranguer tanto as que correspondan a esta rama como a a outras. O que non estou tan seguro é en utilizar a palabra Personaxes. Personaxes aínda que se usa amplamente introduce un termo que está relacionado coa ficción e creo que debería ser máis preciso, inclínome por Personalidades da historia seguindo o mesmo criterio que usamos aquí con Personalidades da informática. (Sobre o tema das subcategorías non son partidario de subdividir en exceso excepto se a cantidade de material o require, pero ese é un tema que xa se verá no futuro se é necesario ou non.)
  • De acordo en Acontecementos históricos cunha salvedade: que as páxinas desa categoría aparecesen clasificadas do seguinte xeito, [[Category:Acontecementos históricos]] [[Category:Batallas]]. A idea é que o xeito de clasificar sexa descriptivo tamén.
  • Aclaración da categoría Documentos, inclúe reseñas de documentos importantes que estarían en Wikisource, nese sentido a subcategoría Declaracións de independencia quizais debera estar dentro de Documentos (aínda que non teñamos os documentos agora e en moito tempo).
  • De acordo en Historia das nacións. Historia de España levaría todos os artigos relacionados con España, o mesmo coa historia doutros países.
  • Sobre a categoría Historia do mundo supoño que ambos falamos do que na clasificación da UNESCO chaman 5504 Historia por épocas Nomenclatura Internacional de la Unesco para los campos de Ciencia y Tecnología ou na Wikipedia inglesa chaman History by period. (Teño algunhas dúbidas sobre o nome da categoría pero estaría de acordo).

Historia

  • Arqueoloxía
  • Personalidades da historia
    • Militares
    • Políticos
  • Civilizacións
    • Pobos antigos
  • Documentos
    • Constitucións
    • Tratados
  • Acontecementos históricos
    • Revolucións
    • Guerras
      • Batallas
    • Golpes de estado
    • Declaracións de independencia?
  • Historia de Galicia
  • Historia das nacións
    • Historia de Francia
    • Historia de España
  • Historiadores
  • Historia do mundo
    • Prehistoria
    • Idade Media

Un cordial saúdo. --Prevert 07:11, 3 Dec 2004 (UTC)


Este Prevert sempre pensa en todo ;-). Estou dacordo en liñas xerais cas vosas propostas. Sobre o asunto das Biografías penso que sería máis axeitado Personalidades da historia coma di Prevert ou tamén Personalidades históricas. Tamén me gusta esa clasificación de Acontecementos históricos con batallas, revolucións e eu tamén incluiría proclamas de independenza e cecais aprobacións de constitucións e firmas de tratados internacionais (coma o Tratado de Quioto sobre o Medio Ambiente) aínda que estes últimos tamén poderían ir na categoría Documentos. Polo momento non teño ningunha obxección a Historia das nacións (ou debería ser Historia dos estados para evitar discusións políticas??), o que non me gusta é o nome de Historia do mundo porque, por exemplo, non estou seguro de se se podería dicir que América ou África pasaron pola Idade Media ou máis ben este período foi algo exclusivo da Eurasia. Consideraría máis correcto Períodos Históricos, Historia por Períodos ou algo similar --Alyssalover 08:57, 3 Dec 2004 (UTC)


Integrando as propostas de Alyssalover coas anteriores para o debate e posterior decisión:

Historia

  • Arqueoloxía
  • Personalidades da historia ou Personalidades históricas ou Personaxes históricos
    • Militares
    • Políticos
  • Civilizacións
    • Pobos antigos
  • Documentos
    • Constitucións
    • Tratados
  • Acontecementos históricos
    • Revolucións
    • Guerras
      • Batallas
    • Golpes de estado
    • Declaracións de independencia
  • Historia de Galicia
  • Historia das nacións ou Historia dos estados
    • Historia de Francia
    • Historia de España
  • Historiadores
  • Historia do mundo ou Períodos Históricos ou Historia por Períodos
    • Prehistoria
    • Idade Media

Nota: en cursiva as categorías onde hai diferentes propostas sobre os nomes nas mensaxes de Pablo Grandio, Alyssalover e Prevert.


Saúdos. --Prevert 10:50, 5 Dec 2004 (UTC)


As categorías de 'Acontecementos históricos' e 'Historiadores' as eliminaría. O principal é determina-los feitos históricos de xeito que sexan navegabeis xeográficamente e cronolóxicamente. --Adalbertofrenesi 17:07, 9 Dec 2004 (UTC)


  • Resumo no seguinte cadro as categorías nas que hai acordo e aquelas nas que hai discrepancia. A continuación procedemos a súa votación.

Historia

  • Arqueoloxía
  • Falta por decidir o nome da categoría entre Personalidades da historia ou Personalidades históricas ou Personaxes históricos
    • Militares
    • Políticos
  • Civilizacións
    • Pobos antigos
  • Documentos
    • Constitucións
    • Tratados
  • Acontecementos históricos Adalbertofrenesi propón eliminala
    • Revolucións
    • Guerras
      • Batallas
    • Golpes de estado
    • Declaracións de independencia
  • Historia de Galicia
  • Falta por decidir o nome da categoría entre Historia das nacións ou Historia dos estados
    • Historia de Francia
    • Historia de España
  • Historiadores Adalbertofrenesi propón eliminala
  • Falta por decidir o nome da categoría entre Historia do mundo ou Períodos Históricos ou Historia por Períodos
    • Prehistoria
    • Idade Media

Votación:

  • Nome entre: Personalidades da historia ou Personalidades históricas ou Personaxes históricos
    • Personalidades da historia
      • A favor:
    • Personalidades históricas
    • Personaxes históricos
  • Nome entre: Historia das nacións ou Historia dos estados
    • Historia das nacións
      • A favor: --Prevert 23:37, 9 Dec 2004 (UTC)

--Adalbertofrenesi 18:27, 10 Dec 2004 (UTC) --Pablo Grandio 18:39, 10 Dec 2004 (UTC)

    • Historia dos estados
      • A favor:
  • Nome entre: Historia do mundo ou Períodos Históricos ou Historia por Períodos
    • Historia do mundo
      • A favor:

--Pablo Grandio 18:39, 10 Dec 2004 (UTC)

    • Historia por Períodos
      • A favor:
  • Eliminar Acontecementos históricos:


Un cordial saúdo. --Prevert 23:37, 9 Dec 2004 (UTC)


Sobre o de Historia das nacións versus Historia dos estados estiven pensando que sería mellor o nome Historia dos estados e das nacións xa que evitaría discusións. Doutra forma eu persoalmente sería incapaz de clasificar un artigo sobre os EEUU ou sobre España en Historia das nacións ou un artigo sobre o kurdistán en historia dos estados Saúdos --Alyssalover 15:15, 10 Dec 2004 (UTC)

Dacordo con Historia dos estados e das nacións. Saúdos --Adalbertofrenesi 18:31, 10 Dec 2004 (UTC)

Paréceme un título demasiado longo e matizado. Decantaríame por Historia das nacións, pois ainda que hai nacións sen estado, tódolos estados salvo quizabes o Reino Unido (onde ninguén ten un concepto de reinounidense), poden considerarse nacións, sexan uninacionais ou plurinacionais. Na miña opinión e sen ánimo de ofender a ninguén.--Pablo Grandio 18:39, 10 Dec 2004 (UTC)

Creo que o matiz que introduce Alyssalover é acertado, tamén coincido con Pablo Grandio en que é un nome un pouco largo. Engadir outras opcións ao debate sería utilizar como noutras Wikipedias Historia por países, ou outra posibilidade Estados e Nacións (é maís corto non obstante non me convence). Finalmente, apuntar que no tempo que levamos coa clasificación en categorías escollemos precisión e exactitude buscando un bloque coherente (esa é a vantaxe de ter comezado máis tarde frente a outros wikis nos que as categorías se crean sobre a marcha sen unidade e resultan esfiañadas). Se pensades que é necesario debatimos un pouco máis sobre esta categoría, senon eu tamén estou de acordo con: Historia dos estados e das nacións. Con respecto a Historiadores se non hai acordo, por mín podería eliminarse ou trasladarse a unha subcategoría de Personalidades históricas. Un cordial saúdo. --Prevert 19:47, 10 Dec 2004 (UTC)



Resultado definitivo das categorías de Historia[editar a fonte]

Con data 13 de decembro de 2004 apróbanse as seguintes categorías no apartado Historia:

Historia

  • Arqueoloxía
  • Personalidades históricas
    • Militares
    • Políticos
  • Civilizacións
    • Pobos antigos
  • Documentos
    • Constitucións
    • Tratados
  • Acontecementos históricos
    • Revolucións
    • Guerras
      • Batallas
    • Golpes de estado
    • Declaracións de independencia
  • Historia de Galicia
  • Historia dos estados e das nacións
    • Historia de Francia
    • Historia de España
  • Períodos Históricos
    • Prehistoria
    • Idade Media

Esta distribución supón, entre outras cousas, que no apartado Historia dos estados e das nacións se poden crear as subcategorías necesarias para os países que vaian surxindo, no apartado Personalidades históricas poden surxir outras subcategorías -respetando sempre o sentido do aprobado aquí-, en Períodos Históricos outros períodos amáis dos sinalados -respetando sempre o sentido do aprobado aquí-. Poden comezarse a utilizar as novas categorías elimando aquelas que se utilizaron provisionalmente. Se hai dúbidas sobre a clasificación dalgún dos apartados pode trasladarse o debate a Wikipedia:A Taberna (axuda) ou Wikipedia:A Taberna (xeral). Un cordial saúdo. --Prevert 18:35, 13 Dec 2004 (UTC)



Template de "mover ao wikcionario"[editar a fonte]

Ola,

Propoño crear un template novo que indique que dita páxina ha ser movida ao wikcionario e que hai que modificar as páxinas que apuntar cara a ela para que apunten ao wikcionario.

Saúdos, --Rabalde 11:48, 10 Dec 2004 (UTC)

  • Mira en Transwiki uns modelos para mover ao Wikcionario e ao Wikisources. Por certo, cal é o nome que debemos usar para o Wikcionario? Aricum propuxo hai unhas semanas unha votación e saiu Galizionario, decidistes usar ese nome ou non?. Outra pregunta: tedes algunha páxina de axuda cun modelo para dar formato as páxinas que se movan?. Un cordial saúdo. --Prevert 09:25, 13 Dec 2004 (UTC)
    • Aínda non temos un nome. Se cadra podería ser Galicionario :-/. Eu uso "wikcionario" porque dá crédito á xente da wikimedia polo de "wik-"
    • Estamos a traballar nestes intres nos modelos de entradas. Podedes comezar a mover as páxinas "a lo bestia" e nós xa as reformataremos.

Artigo nas localidades[editar a fonte]

Despois de botar unha ollada, o primeiro que me chamou a atención foi que A Pontenova(por exemplo)non estea no P, está no A!!!. Non ten sentido ningún, o artigo acompaña ao nome, que é o principal, logo o lóxico sería: Pontenova, A. Calquera enciclopedia aplica ese criterio: dáse prioridade ao nome, non ao artigo.


Sinto dicirche que atoparás moitos erros de todo tipo, precisamente a elaboración dunha Wikipedia require do traballo atento de gran cantidade de usuarios. As veces os problemas veñen de que hai diferentes puntos de vista, outras do descuido, moitas de erros ao teclear, en ocasións do chamado vandalismo, incluso do descoñecemento ou da falta de comprobacións, ata de usuarios que infrinxen o copyright e plaxian textos doutras webs ou publicacións. Polo tanto, se atopas algo que non está ben na maior parte dos casos podes correxilo directamente e outras veces avisar ao resto dos usuarios ou ben nas páxinas de discusión, ou na Taberna segundo os casos. Como indicación lembra que se utilizas a Taberna escollas o apartado correcto para publicar a mensaxe, que na maioría dos casos será A Taberna (xeral). Lembrate tamén de asinar nas páxinas de discusión, para que os usuarios poidan saber con facilidade de quen proceden as mensaxes e en que data se publicaron (basta con premer no segundo botón pola dereita da caixa de edición). Un cordial saúdo. --Prevert 23:36, 10 Dec 2004 (UTC)


Votación de proposta sobre anos negativos[editar a fonte]

Esta proposta ven da Taberna (axuda): Sobre anos negativos onde se pode consultar o debatido ata agora.

Comeza o período de votacións (aberto durante sete días contados a partir do 13 de decembro de 2004):

  • Formato para anos negativos opcións:
    • -XXXX
    • XXXX a.C
      • A favor:
    • XXXX AC
      • A favor:

Un cordial saúdo. --Prevert 19:16, 13 Dec 2004 (UTC)

Apróbase con data 29 de decembro de 2004 a proposta de formato para os anos negativos. Iso implica un tratamento dos anos tanto positivos como negativos como na Wikipedia francesa, pasando as páxinas adicadas aos números a titularse en modo texto (cero, un, dous, tres, etc,...). (Nota: posto que algúns usuarios non se pronunciaron, podería abrirse outro periodo de votacións se se considera oportuno pero agora debería ser en A Taberna (políticas)). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:20, 29 Dec 2004 (UTC)

Ligazóns ao Wikcionario - Galizionario[editar a fonte]

Creo que non estamos sacando o proveito suficiente ao intercambio de ligazóns entre o Galizionario e a Galipedia. Hai moitos termos que aparecen nos artigos, que non son enciclopédicos e non xustifican un artigo na Galipedia. Hainos no Galizionario e con un bó sistema de ligazóns poderíamos ter cubertos moitos frentes. O mesmo sería aplicable a eles, nas entradas de xentilicios amósase o nome do pobo e iso está na Galipedia.

  • Penso que estos artigos haberían ser marcados para ser movidos cara ao Wikcionario. --Rabalde 10:38, 16 Dec 2004 (UTC)

A miña proposta para discusión e posterior votación é: a posibilidade de introducir ligazóns directas ao Galizionario en certas palabras dos artigos. Incluíndo, por exemplo: un superíndice para que se sepa que estamos cambiando de proxecto ao premer no enlace. Exemplo: palabraw   [[wikt:palabra|palabra<sup>w</sup>]] . Un cordial saúdo. --Prevert 22:01, 13 Dec 2004 (UTC)

  • As ligazóns penso que estarían ben para palabras de uso poco frecuente. Pero do superíndice coido que non cómpre facelo. Penso que isto é máis un problema que se vai solucionar de xeito técnico e non nos temos que meter. O que digo é que se podería modificar o mediawiki para que poña una icona automáticamente ao carón das ligazóns cara ao Wikcionario. Do mesmo xeito que agora o fai coas ligazóns externas. Para mín é unha cuestión de tempo para que apareza. --Rabalde 10:38, 16 Dec 2004 (UTC)

A verdade é que non sei se é unha cuestión puramente técnica ou se podemos facer algo desde a propia galipedia. Creo que habería varias formas de facer isto:

  • Unha nova sintaxe tipo enlace: [{nome_do_artigo|texto_a_amosar}], por exemplo (ou algo similar, creo que iso non significa nada actualmente).
  • Un prefixo no nome do artigo: [[Galizionario:palabra|palabra]] (o código un pouco máis enrevesado).
  • Que tódalas palabras teñan unha ligazón a algo. Isto probablemente sería forzar demasiado, pero ten bastante sentido que artigo teña que estar definido ou ben no Galizionario ou ben na Galipedia. O problema serían os nomes propios que non teñen "categoría" para teren un artigo propio.

En caso de utilizar unha sintaxe específica (como as dúas primeiras) creo que debería ser automático sinalalo de forma especial (noutra cor, cun superíndice ou subíndice,...). Se tirasemos polo terceiro camiño, creo que o mellor sería que as entradas do Galizionario non estivesen suliñadas nin noutra cor nin nada, e que cambiasen ou aparecesen suliñadas cando alguén pasase o rato por riba. O problema disto é: ¿qué ocorre cos navegadores modo texto? (Nestes todo aparecería suliñado e iso é bastante incómodo de ler).

Vos diredes, pero penso que deberiamos facer algo ó respecto (solicitalo á xente da Wikipedia en inglés xa que son os que teñen mais artigos, ou polo menos comentarllo a ver qué lles parece). --IvanPerez 14:54, 1 Jan 2005 (UTC)

Dinme de alta no Galizionario e vin que alí utilizan ligazóns de tipo [[w:artigo|artigo]]. Quizais esa forma deixe máis clara (á hora de editar) que unha ligazón é a outro proxecto (e non sería tan sinxelo de ver se usamos [{blablabla}] como eu dicía). --IvanPerez 10:16, 2 Jan 2005 (UTC)

  • As ligazóns ao Galizionario fanse co prefixo wikt:, a cuestión é que se no texto dun artigo -non nun apartado diferenciado- debe indicarse dalgún xeito que se sae fora da Galipedia, quizais sexa suficiente con escribir o URL completo que automaticamente engade a imaxe que indica a saída Mazá http://gl.wiktionary.org/wiki/mazá e non darlle máis voltas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:46, 3 Xan 2005 (UTC)

¿Mitoloxía cristiá?[editar a fonte]

¿Sería posible crear unha subcategoría en Mitoloxía onde situa-las personaxes bíblicas ou deuses de relixións actuais? ¿Ou habería que crea-la categoría independente 'Relixión'? Un saúdo. --Adalbertofrenesi 16:51, 16 Dec 2004 (UTC)

  • Ao ser unha rama de categorías establecida, e o seguir o esquema proposto en Mitoloxía, feitas tamén outras comprobacións parece que non habería problema en crear Mitoloxía cristiá, paso a creala. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 22:23, 16 Dec 2004 (UTC)
  • Na maioría das Wikipedias a relixión non é unha subcategoría da mitoloxía, é o revés a mitoloxía é unha subcategoría da relixión, que aparece en cultura, nas ciencias sociais ou como categoría propia )--Rocastelo 22:47, 16 Dec 2004 (UTC)
  • Rocastelo, cando comezamos unha nova rama de categorías abrimos un debate para crear toda a rama. Neste caso o que propón Adalbertofrenesi é consistente co que xa temos creado (non temos debatido todavía nada sobre relixión porque non foi necesario). O sistema de categorías comezou a usarse aquí de xeito efectivo a partir do 4 de outubro de 2004 (podes ollar Wikipedia:Actualidade para facerte unha idea de como evolucionou a Galipedia). Como dato, antes de crear categorías ollamos entre outras cousas unha serie de Wikipedias, e tamén outras clasificacións externas. Con respecto ás Wikipedias non todas teñen o mesmo grao de consistencia. Unha referencia moi boa case sempre son a inglesa, a francesa, a portuguesa. A española, en cambio, moito menos porque ten moita menos unidade. Bueno toda esta explicación non é tanto para esta categoría en concreto senón para o proceso de traballo. (Na inglesa si teñen Mitoloxía cristiá e polas razóns expostas arriba creei a páxina). Por suposto é opinable e pódese abrir un debate. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 23:12, 16 Dec 2004 (UTC)

Tarefa do mes[editar a fonte]

Ola,

Propoño ter unha "tarefa do mes", isto é unha tarefa específica na que todos á vez colaboremos. Exemplos:

Sería algo así coma a sección "artigos solicitados" da Portada máis, deixando un só.

Saúdos, Roberto --Rabalde 09:17, 24 Dec 2004 (UTC)

  • Estou de acordo coa proposta de Rabalde, sería un bo paso para ter artigos completos e traballados unir o esforzo común nun tema. Saúdos. --Prevert(talk) 17:41, 26 Dec 2004 (UTC)
  • Soa moi ben, pero creo que incide máis aínda nun problema: como somos poucos, estámonos adicando todos a case todo, co que imos a solucionar temas con pouco rendemento. Se nos adicamos todos a un tema, sería aumentar a confusión, a non ser que se tome só como indicativo. Saúdos.--Agremon 18:00, 26 Dec 2004 (UTC)

Efemérides[editar a fonte]

Cando fixen a atual portada pensei en facer as efemérides ao modo catalán (é o unico que mirei), é dicir, con templates. É moi doado e non fai faia atualizar diariamente. A ver se me explico ben:

Simplemente hai que facer un Template co nome do mes e o número do día (a orde da igual), por exemplo Template:Decembro 25, nese Template pónse as efemérides do día. Hai que facer os Template con cada día do ano. Logo na portada pónse {{{{CURRENTMONTHNAME}} {{CURRENTDAY}}}} e así cada día aparecerian as efemérides do dia real sen ter que cambialo manualmente.

Para velo máis claro mirade o código fonte da portada da Wikipedia catalana e fixadevos o que ten posto no lugar das efemérides, e logo mirade o Template do "Desembre 25".

Non sei se me expliquei moi ben. Bo Nadal e a ver se teño máis tempo para colaborar :). --IaRRoVaWo 23:17, 25 Dec 2004 (UTC)

Creo que está ben explicado. O que non está é feito. É dicir: son 365 días de efemérides, que da moito que facer: por eso están por crear a maioría dos días do ano. Agora que comeza podería encargarse alguén de ir creando uns días por diante do calendario.--Agremon 04:33, 26 Dec 2004 (UTC)


  • A idea de IaRRoVaWo e boa. Se non a púxemos en marcha foi polo que Agremon dixo moi ben, faltannos moitas efemérides e así non é posible aplicar a solución proposta. Saúdos. --Prevert 17:55, 26 Dec 2004 (UTC)
    • Home, sempre se pode comezar a facer as efemérides dos vindeiros días. Nas efemérides da portada non fai falla pór todas as efemérides do día, só as máis importantes e as máis importantes para Galiza. Eu podo comezar a facer o que propuxen facendo as efemérides dende hoxe até mediados de xaneiro ou asi. --IaRRoVaWo 23:02, 26 Dec 2004 (UTC)
  • Se non vos parece mal vou comezar a facer o que propuxen. Comezarei coas efemerides do dia de hoxe e logo seguirei até mediados de Febreiro. --IaRRoVaWo 03:19, 28 Dec 2004 (UTC)
  • Xa sabedes que eu xa ando por eiqui. tentarei colaborar niste tema e mellor que poida xa que non me quero forzar na miña saude, e ainda mentres estea de baixa e con iste monitor escarallado que vai a trancas e barrancas. vin que vades emprende-las coas efemerides, eu seguirei con elas, pero engrosandoas de modo que vades a ver un cambio "brutal". eso si o traballo que fagades nelas sera respetado e incorporado coas cousas novas. no unico que necesito axuda (para que poida face-lo) e meterlle a ligazons que se vexan oportunas. polo demais, ando a recabar mais cousas para ir incorporando con xa bos deixei de exemplo neste 1 de xaneiro (o seu lado as dos ingleses teñen moito que facer). unha cousa se me olvidaba. na marxe esquerda falta a ligazon cara a efeméride española que na maioria das páxinas no existe, pero xa a irei correxindo eu. un saudo--Xelo2004 16:35, 28 Dec 2004 (UTC)
  • IaRRoVaWo, por suposto que nos parece ben. Cando xurdiu o tema -hai algunhas semanas- falamos o mesmo, e non foi posible levalo adiante por falta de colaboradores, e polo problema de saúde de Xelo2004. Un estupendo traballo o que fixeches co 1 de xaneiro Xelo2004. Coida a saúde e pouco a pouco -entre todos- os artigos das efemérides irán medrando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:53, 28 Dec 2004 (UTC)

Efemérides: sugestão[editar a fonte]

Caros amigos, uma sugestão minha, quanto a efemérides: creio que o melhor seria não colocarmos efemérides em demasia, e sim, selecionarmos os eventos mais importantes, na Galiza e no mundo, ocorridos naquele dia. Um excesso de efemérides dificulta a visualização dos factos mais importantes daquele dia, em outros anos.

Por exemplo, no dia 4 de xaneiro havia menção ao regulamento das escolas de enfermagem em Cuba, o que me pareceu demasiado figurar ali (por isto, apaguei-o). Da mesma forma que creio, por exemplo, que não seria necessário mencionar - seja na Wikipedia em galego ou em outras, incluindo também a Wikipedia em português - a data de fundação de cada uma das mais de 5.000 (cinco mil) cidades brasileiras, pois isto só dificultaria a visualização de outras informações bem mais relevantes para quem utiliza o nosso trabalho como fonte de pesquisas. No caso das cidades de um país ou região, poderíamos destacar, nas efemérides, a data de fundação daquelas mais conhecidas em todo o mundo, por serem mais populosas (Tóquio, Cidade do México, São Paulo, Shanghai, etc) ou importantes economicamente, ou por serem capitais de países ou de províncias.

  • (02.xan.2005, 10:36 - Hora de Brasília - oficial do Brasil)

Um grande abraço aos amigos, user:Joao Xavier

A vixiar[editar a fonte]

  • Estiven a ollar un pouco polo que habia feito da efemerides e hai que recoñecer que é un traballo moi duro de facer e que da, na maioria dos casos dores de caluga. pero pouco a pouco vaise facendo. sen embargo coido que nos esta estructurado correctamente. por poñer un exemplo

1 de xaneiro te a seguinte forma

  • 1 Acontecementos
  • 2 Nacementos
  • 3 Mortes
  • 4 Santoral
  • 5 Festas
  • 6 Outros
  • Sen embargo adiantandose unhos meses, por poñer un exemplo nas efemerides dos 16 de maio xa aparece a seguinte estructura:
  • 1 Acontecementos:
  • 2 Santoral
  • 3 Nacementos:
  • 4 Mortes
  • 5 Festas
  • 6 Outros
  • Sen contar que aparece aquilo de que "O 16 de maio é o 136º día do ano do Calendario Gregoriano e o 137º nos anos bisiestos. Quedan 229 días para finalizar o ano" cando se habia quedado en que a parte que fala do ano só subsistiria ate o 29 de febreiro e a partires de ahí xa non ten porque figurar nos restantes días do ano.
  • Tamen observei que nalgunhos días, no apartado donde podemos a ligazon a outros idiomas non figura o español como idiona ligado connosco. Amen de outros detalles que se me poidan haber pasado sen me dar conta. Só propoñer a aquelas persoas que se sumen a bota-la man no tema das efemerides que se fixen nestes detalles (e se ven algun outro non comentado eiqui o fagan saber) para pode-lo ir corrixindo sobor do camiño. Pola miña parte seguirei a amplia-las efemerides como viña facendo dende ahi unhos dias. saudos--Xelo2004 21:22, 1 Jan 2005 (UTC)
    • As cousas coma a do 16 de maio son a causa de aplicar mal o modelo para día que poderas ollar en Wikipedia:Modelo para día. Todos os erros hai que solucionalos con paciencia e pouco a pouco, non che hai outra :). Tamén quero dicir que propuxen separar as efemérides galegas das do resto. Podedes ver o debate en Wikipedia_talk:Modelo para día. Saúdos. --IaRRoVaWo 03:26, 2 Jan 2005 (UTC)

Unha base sólida[editar a fonte]

Hoxe cando busquei axuda sobre como poñer imaxes dinme de conta de que existen moitísimas seccións de axuda sen escribir. Penso que para levantar esta galipedia é necesario primeiro unhas boas "infraestructuras". Por iso púxenme inmediatamente a traducir a sección sobre Wikipedia: Como engadir imaxes para que a ninguén lle pasase o mesmo ca min (por certo, necesito unha man nela, porque é necesario colocar imaxes a modo exemplo e revisar o texto para correxir errores)Por iso gustaríame que que entre todos traballemos para crear estes apartados e non envidiar nada a outras wikipedias.

--80.58.24.42 23:59, 29 Dec 2004 (UTC)

  • Neso estamos Rubi, se miras o historial das páxinas de axuda verás que unhas cantas teñen data recente, pero tamén debes saber que somos moi poucos e calquera axuda nese sentido e moi apreciada. Unha consideración final con respecto Wikipedia: Como engadir imaxes habitualmente son bastante mellores as páxinas de axuda da Wikipedia inglesa que as da española (tamén son útiles as da wikipedia portuguesa e francesa), no wiki alemán como ten unha cantidade moi grande de usuarios teñen moita información de todo tipo e é unha boa referencia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:10, 30 Dec 2004 (UTC)

--Rubi 20:19, 30 Dec 2004 (UTC)

O mesmo coa eliminación de artigos. Traducinna do portugués pero deixei en negriña algunhas palabras con dúbida. Se a pode ver algún administrador mellor xa que igual hai cousas que se deben cambiar. Da mesma forma a ver se existe algunha páxina que se poida colocar nos links. Grazas pola vosa atención ;) --Rubi 22:35, 30 Dec 2004 (UTC)

Proposta sobre Borrar[editar a fonte]

Comecei a publicar algunhas páxinas relacionadas co proceso a seguir para borrar unha páxina da Galipedia, dividido en dúas partes a eliminación rápida e as votacións para borrar (ver tamén: Wikipedia:Política e normas:Borrar). Nelas descríbense criterios habituais nas Wikipedias para o borrado de páxinas. Sería interesante que miredes esas páxinas para expoñer a vosa opinión. Propoño a exame e votación en especial as regras da páxina eliminación rápida, entendo que deben ser discutidas e se é preciso poñer as explicacións precisas para que non haxa dúbidas -en canto ao que supón aprobar eses criterios (algúns dos cales son de uso continuo)-. Creo de especial importancia que non se produzan erros de interpretación para o uso futuro -por nos ou por outros usuarios-, polo tanto, a precisión e claridade resultan fundamentales. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 02:45, 31 Dec 2004 (UTC)