Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación
an |
ar |
ast |
ca |
de |
en |
eo |
es |
eu |
ext |
fr |
gl |
it |
ja |
oc |
pl |
pt |
rmr |
ro |
+/-
Se vostede quere utilizar un bot na Galipedia, primeiro debe aprobarse. Para facelo, engada a súa petición a continuación. Antes de poñer a funcionar o seu bot é boa idea preguntar na Taberna (técnica) se alguén pode facelo por vostede.
Política actual sobre o funcionamento de bots
[editar a fonte]Antes de poñer a funcionar o bot debe pedir a aprobación nesta páxina. Indique claramente que vai facer o bot. Faga un seguimento da conversa e espere pola autorización. Despois de aprobarse o bot, pode facelo funcionar durante un curto período de tempo para que sexa monitorizado. Despois da proba unha persoa do grupo de Burócratas asignáralle a marca de bot.
Por favor, NON comece a utilizar o bot se non segue as instrucións que aparecen a continuación.
Como solicitar o status de bot
[editar a fonte]Votacións |
---|
Artigos e imaxes destacados |
Artigos de calidade (Propor · Votar) |
Políticas e normas |
Votacións para borrar |
Artigos propostos para borrar (Votar) |
Permisos de usuarios |
Siga os pasos expostos a continuación:
I. |
Crear a páxina de usuario do bot e describir a súa función |
| |
II. |
Pór o seu bot na listaxe desta páxina |
| |
III. |
Agardar pola aprobación |
Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
Ademais diso, tamén podes usar:
Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~). |
Avisos
[editar a fonte]- Cando elixa o nome de usuario do bot, por favor asegúrese de que non se confunde cun nome de usuario. Para que se saiba inmediatamente que se trata dun bot, un procedemento usual é chamalo co seu nome de usuario + "bot".
- Os administradores poden bloquear os bots, sen dubidar, se non son aprobados, se fan cousas que o operador non dixese con anterioridade, se crean problemas cos artigos ou se editan con demasiada rapidez.
- O operador do bot debe estar rexistrado no sistema no que estea operando para interromper o funcionamento se se producen erros; se non, o bot será bloqueado sen previo aviso.
- Se ten pensado usar un programa tipo "spider", wget recursivo, ou semellante para conseguir unha copia local da Wikipedia, por favor descárguea do arquivo da base de datos.
- Cargar dinamicamente as páxinas da Wikipedia tamén resulta inaceptable.
- Os operadores deben diferenciar as súas edicións das do bot. Iso significa que non debe estar rexistrado como bot para contestar a outros colaboradores. As cuestións referidas ao bot deben estar na páxina de conversa do bot ou na páxina de conversa do operador, pero o único que debe responde-las é o operador non o bot.
É responsabilidade do operador do bot demostrar o seguinte:
- O bot é inocuo
- O bot é útil
- O bot non é unha carga para os nosos recursos
- O bot foi aprobado
Para comprobar que o bot é inocuo e útil, pode requirirse un período de proba. As queixas referidas ao funcionamento durante o período de probas do bot implican que este deixe de funcionar inmediatamente. Se o bot pasa o período de probas sen problemas, entón a marca de bot será asignada por un burócrata.
Segundo as normas establecidas en Wikipedia:Votacións, para que o bot sexa aprobado, as votacións terán unha duración mínima de 7 días e polo menos 3 votos a favor e un 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos. Unicamente os usuarios rexistrados cunha antigüidade mínima de 60 días e cun mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos (antes do inicio da votación) poden votar.
Solicitudes de aprobación de bots
[editar a fonte]Arquivo de peticións de aprobación de bots