Manu Garrido
Manu Garrido | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Garrido Álvarez | ||
Nacemento | 6 de outubro de 2000 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,89 m. | ||
Posición | Dianteiro centro | ||
Información de club | |||
Club actual | Celta Fortuna | ||
Número | 19 | ||
Carreira xuvenil | |||
2013–2019 | Leganés | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2019 | Leganés B | 37 | (9) |
2020–2023 | Leganés | 7 | (0) |
2020–2021 | → Hércules | 20 | (4) |
2021–2022 | → UCAM Murcia | 22 | (3) |
2023 | → Celta Fortuna | 12 | (0) |
2023– | Celta Fortuna | 7 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 1 de febreiro de 2024 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Garrido Álvarez, coñecido como Manu Garrido, nado en Madrid o 6 de outubro de 2000, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como futbolista na canteira do Leganés, na que ingresou aos 12 anos. Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club e aos 16 anos debutou co filial na Terceira División, nun encontro ante o Alcorcón B.
O 27 de xuño de 2020 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Roque Mesa nunha derrota por 1-2 ante Osasuna.[1] En setembro renovou o seu contrato co club e acto seguido foi cedido ao Hércules, da Segunda División B. No club alacantino disputou un total de 20 encontros, marcando catro goles.
Para a tempada 2021/22 saíu cedido ao UCAM Murcia, da Primeira División RFEF. Ao seu regreso pasou ao primeiro equipo do Leganés, pero ante aos escasos minutos dos que dispuxo, en xaneiro foi cedido de novo, desta vez ao Celta de Vigo B.[2]
En xullo de 2023 asinou un contrato indefinido de tres anos co filial do Celta.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Enric Gallego salva a Osasuna y condena al Leganés". Marca (en castelán). 27 de xuño de 2020. Consultado o 1 de febreiro de 2024.
- ↑ "El C.D. Leganés amplía hasta 2025 el contrato de Manu Garrido, que jugará cedido en el Celta B" (en castelán). 11 de xaneiro de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2024.
- ↑ "Manu Garrido vuelve al Celta para convertirse en el quinto fichaje del Fortuna". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2024.