Uxío da Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Uxío da Pena
Información persoal
Nome Uxío da Pena Gutiérrez
Nacemento 3 de agosto de 1990 (31 anos)
Lugar de nacemento Lugo
Altura 1,87 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Arenteiro
Número 21
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Eume Deportivo 25 (14)
2013–2014 Atlético Arteixo 7 (4)
2014–2017 Cerceda 81 (45)
2017–2019 Fabril 69 (14)
2019–2021 Salamanca UDS 31 (4)
2021–2022 Bergantiños 17 (0)
2022– Arenteiro 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de febreiro de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Uxío da Pena Gutiérrez, nado en Lugo o 3 de agosto de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Arenteiro, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deu os seus primeiros pasos futbolísticos aos cinco anos na SG Comercial e nos Franciscanos de fútbol sala, proclamándose campión de España coa selección galega aos 10 anos.[1] Tras pasar polo Ural e polas categorías inferiores do CD Lugo, marchou a vivir á Coruña para estudar Dereito. Mentres estudaba xogou en varios equipos (Eirís SD, CD Castro, Galicia de Mugardos e Eume) ata que en 2013 fichou polo Atlético Arteixo, co que marcou 32 goles en 28 partidos e logrou o ascenso a Preferente.[1]

Xogou os tres seguintes anos no CCD Cerceda, en Terceira División, acadando nas tres tempadas a fase de ascenso a Segunda B. No primeiro ano marcou 17 goles mentres que no segundo caeu lesionado na primeira xornada, co ligamento cruzado do xeonllo roto, polo que se perdeu o resto da tempada, recuperándose só para xogar a fase de ascenso.[1] Na súa terceira tempada en Cerceda acabou como máximo goleador da categoría, con 27 goles.[2][3] O 1 de xullo de 2017 foi fichado polo Deportivo da Coruña para o seu equipo filial, logo do ascenso a Segunda División B.[4] Anotou 9 goles na fase regular da súa primeira tempada no Fabril, rematando o equipo segundo clasificado. Na fase de ascenso a Segunda, marcou un gol na ida e outro na volta na eliminatoria fronte ao Extremadura, pero o equipo caeu eliminado polo valor dobre dos goles en campo contrario.[5] Na súa segunda tempada no filial deportivista anotou 5 goles e o club perdeu a categoría tras rematar último.[6]

No verán de 2019 fichou polo Salamanca CF UDS, da Segunda B. No oitavo partido de liga contra o Guijuelo, marcou o primeiro gol do seu equipo e poucos minutos despois caeu lesionado ao sufrir unha nova rotura do ligamento cruzado, lesión que o mantivo afastado do campo durante todo o resto da campaña.[7][8] Na tempada 2020/21 disputou 23 partidos, case todos como suplente, e ao remate da competición deixou o club, descontento coa directiva.[9]

En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Bergantiños, que viña de ascender á nova Segunda División RFEF.[10] Co equipo de José Luis Lemos disputou 19 encontros, 9 deles como titular, e marcou un gol na primeira rolda da Copa do Rei, na vitoria por 2-0 contra o Tudelano, de Primeira RFEF. Con todo, no club de Carballo non contou cos minutos de xogo que esperaba e no mercado invernal chegou a un acordo coa entidade para saír do equipo e fichar polo Arenteiro, da mesma categoría.[11]

Debutou co equipo verde nun partido contra o Langreo no Nuevo Ganzábal, contribuíndo a que o seu equipo lograse un valioso punto ao darlle a asistencia ao senegalés Sylla no gol do empate.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "As pedras negras de Uxío" (en castelán). 31 de decembro de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  2. "El Fabril se interesa por el pichichi de Tercera Uxío". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  3. de Rosende, Rubén (19 de maio de 2017). "No diga gol, diga Uxío". El Progreso (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  4. "Romay e Uxío, reforzos galegos para o Fabril de Segunda B". Deportivo da Coruña. 1 de xullo de 2017. 
  5. "O Fabril cae co Extremadura polo valor dobre dos goles en campo contrario". RC Deportivo. 26 de maio de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  6. Sanz, Miguel (30 de xullo de 2019). "Uxío da Pena ficha por el Salamanca CF". Riazor.org (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  7. "Uxio da Pena renueva por el Salamanca UDS para la próxima temporada". Salamanca CF UDS (en castelán). 2019-10-21. Consultado o 2020-09-10. 
  8. S, A. "¿Uxío al Depor? "En la misma categoría no tendría duda y me quedaría en Salamanca"". www.lagacetadesalamanca.es (en castelán). Consultado o 2020-09-10. 
  9. "Uxío explica las penurias vividas en el Salamanca UDS y apunta a un hecho «desagradable» con el Puma Chávez para su adiós" (en castelán). 9 de xuño de 2021. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  10. "Uxío da Pena encuentra nuevo destino, Boedo y Javi Sánchez se despiden del Fabril" (en castelán). 2 de xullo de 2021. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  11. Rodríguez, Melissa (26 de xaneiro de 2022). "Uxío da Pena abandona el Bergantiños y ficha por el Arenteiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  12. "O Arenteiro suma un valioso punto na súa visista a Langreo". 29 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]