José Manuel García Naranjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Naranjo
Información persoal
Nome José Manuel García Naranjo
Nacemento 28 de xullo de 1994 (29 anos)
Lugar de nacemento Rociana del Condado
Altura 1,82 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Leganés
Número 18
Carreira xuvenil
Recreativo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2014 Recreativo B 67 (26)
2013–2015 Recreativo 6 (0)
2014–2015Villarreal B (cedido) 26 (4)
2014Villarreal (cedido) 0 (0)
2015–2016 Gimnàstic 36 (16)
2016–2017 Celta 0 (0)
2017– Genk 9 (2)
2017– Leganés (cedido) 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de agosto de 2017
editar datos en Wikidata ]

José Manuel García Naranjo, máis coñecido como José Naranjo, nado en Rociana del Condado, Huelva, o 28 de xullo de 1994, é un futbolista profesional español que xoga como dianteiro para o CD Leganés da Liga Santander.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do Recreativo de Huelva, Naranjo fixo o seu debut co primeiro equipo, daquela na Segunda División, o 2 de xuño de 2013, no empate do Recreativo por 0-0 contra o Sporting de Gijón.[1] No seu derradeiro ano de contrato co equipo onubense, Naranjo foi cedido ó Villarreal B da Segunda División B,[2] e chegou a debutar co primeiro equipo o 4 de decembro de 2014, nun partido da Copa do Rei contra o Cádiz CF.[3]

O 7 de xullo de 2015, Naranjo asinou un contrato de tres anos co Gimnàstic de Tarragona, recentemente ascendido á Segunda División.[4]

O 17 de xuño de 2016, Naranjo fichou polo Celta de Vigo, e asinou co equipo galego un contrato de cinco tempadas.[5] Tras unha etapa onde tan só participou en tres encontros, dous deles na UEFA Europa League, e sen chegar a debutar na Primeira División, Naranjo marchou traspasado ó KRC Genk belga.[6]

O 1 de setembro de 2017, Naranjo volveu á primeira categoría do fútbol español tras a súa cesión por unha tempada ó CD Leganés.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]